DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 29 de novembro de 2005 Páx. 18.983

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 22 de novembro de 2005 pola que se nomean, con carácter provisional, membros do Padroado da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia.

A Fundación Axencia Humanitaria de Galicia foi constituída en escritura pública do 30 de xullo de 2003, clasificada de interese benéfico-social por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 1 de outubro de 2003, e declarada de interese galego por orde da Consellería de Emigración do 6 de outubro de 2003.

A composición do padroado, segundo o establecido no artigo 10 dos estatutos, e posterior modificación por acordo do padroado do 10 de maio de 2004, é a seguinte:

Presidente de honra: presidente da Xunta de Galicia.

Presidente: conselleiro de Emigración.

Vogais: conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública; conselleiro de Sanidade; conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado; un membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas; conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, e o secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior.

Como consecuencia das modificacións producidas na estrutura orgánica da Xunta de Galicia, segundo se establece no Decreto 211/2005, do 3 de agosto, prodúcese o cesamento daqueles membros do padroado que, designados por razón do seu cargo, non teñen continuidade na nova estrutura orgánica, resultando unha insuficiencia de membros na composición do padroado que ocasiona a súa inoperatividade para o desenvolvemento das súas funcións de goberno e representación da fundación.

Segundo o establecido no artigo 10 dos estatutos da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia sobre a composición do padroado, permanecen como membros do padroado os seguintes:

Presidente de honra: presidente da Xunta de Galicia.

Vogais: conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; conselleira de Sanidade e un membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

A dita composición resulta insuficiente para acadar as maiorías necesarias para a adopción de acordos necesarios para o goberno e xestión da fundación.

Co obxecto de dar continuidade á actividade fundacional, e de conformidade co establecido no artigo 22 f) da Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, e o artigo 9.2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, así como no artigo 11

dos estatutos da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia, que faculta o protectorado para a designación da persoa ou persoas que integren provisionalmente o órgano de goberno e representación da fundación, procédese ao nomeamento, con carácter provisional, dos seguintes membros do padroado: secretario xeral de Presidencia da Xunta de Galicia; directora xeral de Cooperación Exterior; secretario xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; e secretaria xeral de Benestar da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear, con carácter provisional, os seguintes membros que se integrarán no padroado da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia: secretario xeral de Presidencia da Xunta de Galicia; directora xeral de Cooperación Exterior; secretario xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e secretaria xeral de Benestar da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, quedando o padroado integrado polos seguintes membros:

Presidente de honra: presidente da Xunta de Galicia.

Membros do padroado:

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Conselleira de Sanidade.

Secretario xeral de Presidencia da Xunta de Galicia.

Secretario xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Secretaria xeral de Benestar da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

Directora xeral de Cooperación Exterior.

Un membro da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

A designación de presidente da fundación realizarase por elección entre os membros do padroado na primeira reunión convocada para o efecto.

Artigo 2º

O padroado exercerá as súas funcións de goberno da fundación e procederá á modificación dos estatutos na forma más conveniente ao cumprimento dos fins fundacionais, adaptando a súa redacción ás modificacións que procedan na composición do padroado, de conformidade coa carta fundacional e coa normativa vixente en materia de fundacións de interese galego.

Disposición adicional

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2005.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza