DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 28 de novembro de 2005 Páx. 18.934

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de novembro de 2005 pola que se nomea director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Por Resolución do 12 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Universidades (Diario Oficial de Galicia nº 68, do 5 de abril), publicouse o convenio de colaboración asinado o día 30 de xaneiro de 2001 entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a creación do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, xunto cos seus estatutos, que figuran como anexo ao citado convenio.

O artigo 22 dos estatutos do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia prevé que o director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia é nomeado polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, oído o Consello de Dirección.

En consecuencia, oído o Consello de Dirección do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, na súa reunión do nove de novembro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.

Nomear director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia a Julio Ernesto Abalde Alonso en substitución de Eugenio Muñoz Camacho.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2005.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria