DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 25 de novembro de 2005 Páx. 18.881

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 22 de novembro de 2005 pola que se nomean os vogais representantes da Comunidade Autónoma de Galicia, nos consellos de administración das autoridades portuarias de San Cibrao-Ferrol e a súa ría, A Coruña, Vilagarcía de Arousa e a súa ría, Marín e ría de Pontevedra, e Vigo e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002 modificado polo do 6 de xuño

de 2002 faculta o titular da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación dos vogais dos consellos de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, ao abeiro do disposto no devandito artigo 40 da Lei 27/1992, e, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O nomeamento dos seguintes vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias e en representación da Comunidade Autónoma de Galicia.

* Autoridade portuaria de San Cibrao, Ferrol e a súa ría.

-En representación da Xunta de Galicia:

Miguel Ángel López Sieiro.

José Manuel López Rodríguez.

Jaime Cancio Rodríguez.

* Autoridade portuaria da Coruña:

-En representación da Xunta de Galicia:

Francisco Nicolás Fernández Cortés.

Manuel Cabirta Garrido.

Jesús Etchevers Durán.

* Autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría.

-En representación da Xunta de Galicia:

Manuel Maneiro Castro.

Ramón Dios Suárez.

Francisco Nicolás Fernández Cortés.

* Autoridade portuaria de Marín e ría de Pontevedra.

-En representación da Xunta de Galicia:

César José Iglesias Docampo.

Manuel Cabirta Garrido.

Raimundo Calviño Garrido.

Francisco Andrés Veiga Soto.

* Autoridade portuaria de Vigo e a súa ría.

-En representación da Xunta de Galicia:

Alfonso Paz Andrade.

Manuel Vidal López.

Miguel Ángel López Sieiro.

Aurelio Romero Serrano.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2005.

María del Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca y Asuntos Marítimos