DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 25 de novembro de 2005 Páx. 18.880

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 22 de novembro de 2005 pola que se nomean os vogais representantes nos consellos de administración das autoridades portuarias de San Cibrao-Ferrol e a súa ría, A Coruña, Vilagarcía de Arousa e a súa ría, Marín e ría de Pontevedra, e Vigo e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño de 2002, faculta o titular da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación dos vogais dos consellos de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, vistas as propostas de nomeamento realizadas ao abeiro do disposto no devandito artigo 40 da Lei 27/1992 e, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O nomeamento dos seguintes vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias:

* Autoridade Portuaria de San Cibrao, Ferrol e a súa ría.

-En representación da Xunta de Galicia:

Francisco Carballal Lugrís.

José Luis Barcia Picos.

Vicente Irisarri Castro.

José Carlos Baños Márquez.

Ramón Saúl Lueje Espina.

José Carlos Álvarez Villmarín.

* Autoridade Portuaria da Coruña.

1. En representación da Administración xeral do Estado:

Francisco Veloso Cermeño.

2. En representación da Xunta de Galicia:

Ramón Saúl Lueje Espina.

José Luis Méndez López.

Luis Vázquez Rodríguez.

Vicente Irisarri Castro.

Gumersindo Guinarte Cabada.

Jesús Salvador Fernández Moreda.

* Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría.

-En representación da Xunta de Galicia:

Vicente Irisarri Castro.

José Carlos Álvarez Villamarín.

Luis Rodríguez de Robles Gozalo.

Faustino Laya Reboredo.

Daniel Pino Vicente.

José Manuel González Martínez.

* Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra.

-En representación da Xunta de Galicia:

Vicente Irisarri Castro.

Carlos Iglesias Malvido.

Camilo Garrido Torres.

José Benito Gama Calvo.

Pablo Riera Táboas.

* Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría.

-En representación da Xunta de Galicia:

Javier Riera Nieves.

Ángel Rivas González.

Julio Fernández Gayoso.

Vicente Irisarri Castro.

Luis Espada Recarey.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2005.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras

Públicas e Transportes