DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 25 de novembro de 2005 Páx. 18.879

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 22 de novembro de 2005 pola que se dispón o cesamento dos vogais representantes da Comunidade Autónoma de Galicia, nos consellos de administración das autoridades portuarias de San Cibrao-Ferrol e a súa ría, A Coruña, Vilagarcía de Arousa e a súa ría, Marín e ría de Pontevedra, e Vigo e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002 modificado polo do 6 de xuño de 2002, faculta o titular da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación dos vogais dos consellos de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, ao abeiro do disposto no devandito artigo 40 da Lei 27/1992, e, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O cesamento dos seguintes vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias e en representación da Comunidade Autónoma de Galicia.

* Autoridade portuaria de San Cibrao, Ferrol e a súa ría.

-En representación da Xunta de Galicia:

Pablo Ramón Fernández Asensio.

Miguel Ángel López Sieiro.

* Autoridade portuaria da Coruña:

-En representación da Xunta de Galicia:

Andrés Hermida Trastoy.

Manuel Chan González

* Autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría.

-En representación da Xunta de Galicia:

Manuel Chan González.

Rosa Mª Quintana Carballo.

Juan Carlos Maneiro Cadillo.

* Autoridade portuaria de Marín e ría de Pontevedra.

-En representación da Xunta de Galicia:

Paloma Rueda Crespo.

Rosa Mª Quintana Carballo.

Mª del Carmen Bouso Montero.

Juan Carlos Maneiro Cadillo.

* Autoridade portuaria de Vigo e a súa ría.

-En representación da Xunta de Galicia:

Paloma Rueda Crespo.

Mª del Carmen Bouso Montero.

Andrés Hermida Trastoy.

Miguel Ángel López Sieiro.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2005.

María del Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES