DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 25 de novembro de 2005 Páx. 18.879

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 22 de novembro de 2005 pola que se dispón o cesamento de vogais representantes nos consellos de administración das autoridades portuarias de San Cibrao-Ferrol e a súa ría, A Coruña, Vilagarcía de Arousa e a súa ría, Marín e ría de Pontevedra, e Vigo e a súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002 modificado polo do 6 de xuño de 2002 faculta o titular da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación dos vogais dos consellos de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, vistas as propostas de nomeamento realizadas ao abeiro do disposto no devandito artigo 40 da Lei 27/1992 e, en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O cesamento dos seguintes vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias:

* Autoridade Portuaria de San Cibrao, Ferrol e a súa ría.

-En representación da Xunta de Galicia:

Jesús Almuiña Loeda.

Jesús López González.

José Ángel Anidos Nogueira.

Jesús Espada Martínez.

José Carlos Rivas Castro.

Leopoldo Rubido Ramonde.

* Autoridade Portuaria da Coruña.

1. En representación da Administración xeral do Estado:

Francisco Carballal Lugrís.

2. En representación da Xunta de Galicia:

Jesús Almuiña Loeda.

Marcelo Castro Rial-Schuler.

Antonio Gómez Vázquez.

José Luis Meilán Gil.

José Venegas Alonso.

Carlos Negreira Souto.

* Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría.

-En representación da Xunta de Galicia:

Carmen Bianchi Valcarce.

Mónica Pita Rasilla.

Ana Isabel Calzadilla Bouzón.

Manuel Bautís Cheda.

Tomás A. Fole Díaz.

Pedro Piñeiro Lago.

* Autoridade Portuaria de Marín e ría de Pontevedra.

-En representación da Xunta de Galicia:

Ignacio García Santiago.

Gonzalo Arís Leiro.

Francisco A. Pichel Márquez.

Perfecto Rodríguez Muiños.

José Manuel González Álvarez.

* Autoridade Portuaria de Vigo e a súa ría.

-En representación da Xunta de Galicia:

Ángel López Corona.

Juan Rivas Franco.

José Ramón Lete Lasa.

Ramón Fernández Tapias.

Carlos Negreira Souto.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2005.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras

Públicas e Transportes