DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 24 de novembro de 2005 Páx. 18.831

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2005 pola que se convocan unhas xornadas sobre intervención e defensa persoal policial.

Dentro dos programas de actividades que o Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia ten previsto realizar no ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a realización dunhas xornadas sobre intervención e defensa persoal policial, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

As xornadas teñen por obxectivos xerais a ampliación de coñecementos sobre as últimas técnicas de intervención e actuación ante as distintas situacións problemáticas que se poidan producir no traballo e na función policial.

Destinatarios.

As xornadas van dirixidas aos membros dos corpos das policías locais de Galicia, aos membros da unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso de quedaren prazas vacantes, aos membros do corpo nacional de policía e garda civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan é de 80.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 14 de decembro ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse á sede do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia; avenida da Cultura, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Materiais.

Os que resulten admitidos deberán presentarse a estas xornadas provistos de atavío deportivo e, no caso de ser posible, co material profesional de que dispoñan (grillóns, bastón policial, tonfa...).

Datas.

As xornadas terán lugar durante os días 16, 17 e 18 de decembro de 2005, no seguinte horario:

-Día 16: xornada de tarde (das 16.00 ás 21.00 horas).

-Día 17: xornada de mañá (das 9.00 ás 14.00 horas) e tarde (das 16.00 ás 21.00 horas).

-Día 18: xornada de mañá (das 9.00 ás 14.00 horas).

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 15 de decembro de 2005, ás 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, ou ben poden confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.

Lugar.

Sede do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de participación.

Ao remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a elas.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento normal das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 14 de novembro de 2005.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia