DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 24 de novembro de 2005 Páx. 18.829

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros das táboas salarias do convenio colectivo do sector de comercio retallista téxtil.

Vista a acta da comisión paritaria de interpretación do convenio colectivo do sector de comercio retallista téxtil da provincia de Pontevedra, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 23-9-2005, subscrita polos seus membros o 12-9-2005, solicitando a corrección de erros cometidos nas táboas salariais do convenio colectivo publicado no DOG nº 179, do 16 de setembro, e no BOP nº 167, do 31 de agosto de 2005, e no senso que se fai figurar no texto da devandita acta.

Que ao abeiro do disposto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), as administracións poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Rectificar o erro material sufrido nas táboas salariais do convenio colectivo do sector de comercio retallista téxtil, da provincia de Pontevedra, publicado no DOG nº 179, do 16 de setembro, e no BOP nº 167, do 31 de agosto de 2005, e no senso que figura no texto da acta.

Segundo.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Terceiro.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Cuarto.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 26 de outubro de 2005.

Pedro Borrajo Rivas

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión paritaria do convenio colectivo de traballo para o sector do comercio retallista téxtil de Pontevedra

Asistentes:

Representación social:

Por UGT:

Ana Canabal Villanueva.

Roberto Puga Hermida.

Por CC.OO.:

Rosario Pérez Graña.

Jorge Carneiro Penedo.

Guillermo García Costas.

Representación empresarial:

Mª Concepción Pérez Álvarez.

José Luis Varela Paz.

José Antonio López García.

Hermenegildo Rguez. Novoa.

Antonio Campos García.

Secretario:

José A. Porcel Villar.

Acta

Nos locais da Confederación Provincial de Empresarios, sendo as dezanove horas do día 12 de setembro de 2005, reúnense, previamente convocados, os membros da comisión paritaria do convenio colectivo de traballo do comercio retallista téxtil da provincia de Pontevedra, que na marxe se citan, para tratar da seguinte.

Orde do día.

Punto único: corrección de erros detectados na elaboración de táboas salariais do convenio colectivo de traballo para o sector retallista téxtil de Pontevedra, de vixencia do 1-1-2004 ao 31-12-2005.

Aberto o acto, a comisión procede á emenda dos erros cometidos á hora de trasladar ás táboas salariais do convenio ao que fai referencia a orde do día, o acordo alcanzado, cuxo asinamento tivo lugar o pasado 4 de xullo e que se publicou no BOP do día 31 de agosto (nº 167).

Estes erros afectan as categorías comprendidas no grupo IV, persoal de servizos e actividades auxiliares, e grupo V, persoal subalterno, que quedan redactados e corrixidos nos termos que en folla anexa se citan, e que serán remitidos á delegación provincial para o seu rexistro e posterior publicación no BOP e no DOG.

Non tendo máis asuntos que tratar, dáse por finalizada a reunión e por emenda dos erros detectados, todo o que se acredita pola presente acta que é asinada de conformidade por todos os presentes.