DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 24 de novembro de 2005 Páx. 18.804

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Centro Tecnológico de Grupo Copo, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Centro Tecnológico de Grupo Copo, S.L., con nº de código 3603802, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 29-9-2005, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 16-9-2005. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que se atopa nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 17 de outubro de 2005.

Pedro Borrajo Rivas

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Centro Tecnológico de Grupo Copo, S.L. e os traballadores

En Mos o 16 de setembro de 2005. Reunidos:

Dunha parte, Arturo González Pérez, en nome e representación da empresa Centro Tecnológico de Grupo Copo, S.L., e Rodrigo Piñeiro Pazos, secretario para o levantamento de actas.

E doutra parte, o comité de empresa, representado legalmente polos señores Ángel Rey Costas (CIG), José Antonio Rocha Barbosa (CIG), Sixto Enrique Rodríguez Coello (CIG), Alfonso Hermida Couso (CIG) e Ángel Isaac Acuña Fernández (CIG).

Ambas as dúas partes recoñécense no concepto no que interveñen, coa capacidade legal necesaria para negociar o presente convenio, e para o efecto establecen o seguinte:

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito territorial deste convenio é para o centro de traballo da empresa Centro Tecnológico de Grupo Copo, S.L., situada actualmente no municipio de Mos.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio afecta o persoal pertencente ao cadro de persoal da empresa, salvo aos que desempeñan cargos de conselleiros da empresa, e aos de alta dirección ou de alta xestión na empresa.

Coa sinatura deste convenio, todo o persoal que actualmente presta os seus servizos nesta empresa, así como aquel que ingrese no futuro, renuncia expresamente á vinculación a calquera outro convenio de empresa anterior que lle fora de aplicación.

Artigo 3º.-Vixencia.

A vixencia deste convenio será desde o 1 de xaneiro de 2005 ata ao 31 de decembro de 2005.

Ben entendido que a dita vixencia só supón retroactividade nos conceptos económicos.

Mentres non se pacte un novo convenio, manteranse en vigor as cláusulas deste.

Artigo 4º.-Denuncia e prórroga.

As partes asinantes fan constar expresamente que este convenio non precisa denuncia logo de para a súa total extinción o 31 de decembro de 2005.

Iniciada a negociación para a revisión do convenio, se esta se prorrogase por prazo que excedera o da vixencia do mesmo, o contido normativo e obrigacional daquel entenderase prorrogado ata a entrada en vigor dun novo pacto.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

A empresa respectará as condicións económicas individuais que no seu conxunto anual resulten máis

beneficiosas cás pactadas neste convenio, subsistindo para aqueles traballadores que as veñan desfrutando.

Artigo 6º.-Absorbibilidade.

Terán o carácter de absorbibles e compensables en cómputo anual coas condicións aquí establecidas, as melloras económicas que poidan estar desfrutando os traballadores/as ou calquera outras que por disposición legal, durante a vixencia deste convenio, puideran establecerse.

Artigo 7º.-Comisión de seguimento e interpretación (paritaria).

Durante a vixencia deste convenio actuará unha comisión de seguimento e interpretación que, sen prexuízo das atribucións que en cuestión de vixencia teñen os comités de empresa, terá por funcións:

1. Vixilancia do cumprimento do pactado.

2. Actuar como órgano de interpretación, arbitraxe e conciliación, sen prexuízo da posibilidade da reclamación ante a xurisdición administrativa e contenciosa previstas na lexislación vixente.

a) Polos traballadores, a comisión estará composta por Ángel Rey Costas e José Antonio Rocha Barbosa, membros do comité de empresa asinantes deste convenio, e por Arturo González Pérez e Rodrigo Piñeiro Pazos, como representantes da empresa, aceptando todos eles os seus respectivos cargos.

b) Os representantes designados tanto pola empresa como polos traballadores poderán ser substituídos mediante comunicación á outra parte.

Por acordo de ambas as dúas partes, poderase nomear un presidente entre os membros da comisión.

As normas de funcionamento da comisión serán as determinadas pola propia comisión.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí acordadas forman un todo único e indivisible, e para efectos da súa práctica serán consideradas globalmente.

TÍTULO II

Condicións laborais

Artigo 9º.-Clasificación profesional e definicións.

1. Clasificación.

A clasificación do persoal recollida neste convenio é meramente enunciada e non supón a obriga de ter cubertas todas as prazas enumeradas, se as necesidades e volume da empresa non o requiren.

O persoal que preste os seus servizos na empresa clasificarase en atención á función básica que desenvolva nos seguintes grupos profesionais:

a) Técnicos e titulados.

b) Persoal de taller.

c) Persoal de mantemento e instalacións.

d) Persoal de laboratorios e planta piloto.

e) Persoal de oficinas técnicas e metroloxía.

f) Persoal de administración.

g) Persoal de servizos xerais.

Dentro dos grupos descritos na norma anterior quedará clasificado nas seguintes categorías:

a) Técnicos e titulados:

-Enxeñeiro superior ou licenciado.

-Enxeñeiro técnico ou titulado de grao medio.

-Enxeñeiro técnico ou licenciado de 1 ano.

b) Persoal de taller:

-Responsable de taller.

-Encargado de taller.

-Oficial de 1ª fresadora.

-Oficial de 1ª taller.

-Oficial de 2ª fresadora.

-Oficial de 2ª taller.

-Oficial de 3ª taller.

-Oficial de 3ª fresadora.

-Auxiliar de departamento.

c) Persoal de mantemento e instalacións:

-Responsable de mantemento e instalacións.

-Oficial de 1ª mantemento.

-Oficial de 2ª mantemento.

-Oficial de 3ª mantemento.

-Auxiliar de departamento.

d) Persoal de laboratorios e planta piloto:

-Responsable de laboratorio ou planta piloto.

-Responsable de proxecto.

-Encargado de laboratorio ou planta piloto.

-Analista de laboratorio.

-Especialista de laboratorio.

-Auxiliar de laboratorio.

-Auxiliar de departamento.

e) Persoal de oficinas técnicas/metroloxía:

-Responsable de oficina técnica/metroloxía.

-Técnico de deseño/metroloxía.

-Proxectista de deseño/metroloxía.

-Delineante de deseño/metroloxía.

-Delineante/controlador.

-Auxiliar de departamento.

f) Persoal de administración:

-Responsable de sección.

-Oficial de 1ª administrativo.

-Oficial de 2ª administrativo.

-Auxiliar administrativo.

-Auxiliar departamento.

g) Persoal de servizos xerais:

-Técnico comercial.

-Secretario/a de dirección.

-Secretario/a.

-Telefonista-recepcionista.

Artigo 10º.-Confidencialidade.

Dadas as especiais características dos servizos desenvolvidos na empresa, establécese, para todos os traballadores, o deber de confidencialidade e segredo sobre cantas investigacións, coñecementos e resultados sexan coñecedores con ocasión do desempeño do seu posto de traballo.

Artigo 11º.-Cómputo horario anual.

O cómputo horario anual para realizar no ano 2005 será de 1.748 horas.

Para cumplir o horario anual correspondente ao ano 2005 atenderase ao calendario anexo ao convenio.

Artigo 12º.-Xornada laboral e quendas.

A xornada laboral de traballo será de 40 horas semanais de acordo co seguinte cadro de horario:

1ª quenda: das 7.00 ás 15.00 horas de luns a venres.

2ª quenda: das 15.00 ás 23.00 horas de luns a venres.

3ª quenda: das 23.00 ás 7.00 horas de luns a venres.

Xornada continua: das 7.00 ás 15.00 horas de luns a venres.

Quenda partida:

-De luns a xoves: das 8.00 ás 13.30 horas e das 14.30 ás 17.15 horas.

-Venres de todo o ano: das 8.00 ás 15.00 horas.

O descanso destinado á comida, para a quenda partida poderá oscilar, de acordo cos afectados, e en función das necesidades do posto.

Dentro das 40 horas semanais dos traballadores con xornada continuada de oito horas, están computados 17 minutos diarios por parada de bocadillo, que se collerán por quendas.

A empresa, logo de comunicación ao comité de empresa e ao traballador afectado con 15 días de antelación, poderá adscribir o persoal a calquera das quendas anteriormente descritas, tendo en conta que os cambios de quendas deberán responder a probadas razóns económicas, organizativas ou de produción.

As quendas normais de traballo son as diúrnas, e no o caso de darse o cambio a quendas de noite, a empresa faráo dito cambio de acordo co comité de empresa.

Ao principio de cada ano confeccionarase un cuadrante de quendas por sección, que poderá ser modificado pola empresa para garantir o bo funcionamento do proceso produtivo e en concordancia co punto 2 do artigo 15.

Para a confección do cuadrante de quendas ou para a súa modificación, a empresa terá en conta aqueles postos de traballo, que por motivos de seguridade, é necesario que estean supervisados por outros traballadores, de maneira que se a empresa quere modificar as quendas destes postos de traballo, implicará a modificación das quendas dos traballadores que se encarguen da súa supervisión.

Os descansos que correspondan por quendas que teñan que traballarse por suplencia de enfermidade ou ausencias xustificadas, retribuiranse co salario correspondente ás horas extraordinarias estruturais, no caso de que non se dispoña dunha data inmediata para a concesión de descanso ao suplente.

Para o período que vai desde o 15 xuño ao 15 de setembro e nas seccións de quenda partida que a empresa considere oportuno, en función das necesidades produtivas, poderase facer xornada continua de luns a venres.

Todo traballador desprazado a outra empresa por razón de servizo, atenderá ao horario do centro de traballo de destino, se ben, no caso de horario es entre a empresa de orixe e a empresa de destino, para efectos do cómputo das horas traballadas durante a duración do seu desprazamento, respectaranse as existentes na súa empresa de orixe.

Artigo 13º.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais continuados, que se collerán preferiblemente no período que vai do 15 de xuño ao 15 de setembro.

As vacacións para cada ano negociaranse, por seccións, en función do calendario laboral pactado, tendo en conta que en principio e salvo mellor decisión da empresa, a sección non se pode pechar; e ademais, tendo en conta as preferencias dos traballadores e as marcadas pola lei, procurando o seu carácter rotativo no caso de conflitos, e atendendo sempre ás necesidades da empresa.

Se antes do desfrute das vacacións, algún produtor estivese en situación de baixa por accidente, desfrutará as vacacións desde o primeiro día da situación de alta. Se a baixa por accidente durase todo o tempo vacacional, unha vez dado de alta, poñeríase de acordo coa dirección da empresa para analizar os días de desfrute delas.

Se a baixa por maternidade dunha traballadora coincidise co período vacacional da empresa, a traballadora terá dereito a desfrutar as vacacións dentro dese ano, poñéndose de acordo coa dirección da empresa para analizar os días de desfrute delas.

O período de desfrute das vacacións para o ano 2005 incorporase no calendario anexo ao convenio.

Artigo 14º.-Licenzas e permisos.

Todo produtor, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito á remuneración total como día efectivamente traballado, por algún dos motivos seguintes e polo tempo indicado a continuación:

1. Matrimonio:18 días naturais.

2. Nacemento de fillo: 4 días laborais.

3. Enfermidade grave ou falecemento de parentes de 1º grao de afinidade ou consanguinidade: 5 días naturais.

4. Enfermidade grave ou falecemento de parentes de 2º grao de afinidade ou consanguinidade: 2 días laborais.

5. O mesmo que 14º.3 e 14º.4 con necesidade de desprazamento.

a) Dentro da Comunidade Autónoma galega: 4 días laborables.

b) Fóra da Comunidade Autónoma galega: 5 días laborables.

6. Falecemento de tío de consanguinidade ou parentes de 3º grao: 1 día laborable.

7. Traslado de domicilio: 2 días naturais.

8. Cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal: polo tempo indispensable.

9. Para realizar funcións sindicais ou de representación de persoal: nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

10. Por lactación: as traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. A traballadora, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha redución da xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

A concreción horaria e a determinación do período de desfrute do permiso de lactación previstos pola Lei 39/1999, do 5 de noviembre, corresponderá ao traballador/a dentro da súa xornada ordinaria. O traballador/a deberá avisar a empresa, con 15 días de antelación, a data na que se incorpora a xornada ordinaria.

Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai no caso de que os dous traballen.

11. Para estudos: de acordo co artigo 23 do Estatuto dos traballadores, o traballador terá dereito ao desfrute de permisos para concorrer a exames, ou a unha preferencia para elixir quenda de traballo. A empresa concederá unha redución da xornada non retribuída a aqueles traballadores que, acreditando cursos de formación, estudos, etc., soliciten o dito permiso. A dita redución non excederá en dúas horas diarias.

12. Asistencia á consulta médica: cando, por razón de enfermidade, o traballador necesite asistir a consultorio médico en horas coincidentes coa súa xornada laboral, a empresa concederá o permiso necesario sen perda da retribución especificada ao comezo do artigo, debendo xustificarse o dito permiso co correspondente volante visado polo facultativo. No mesmo, deberá constar a hora de consulta, xa que sen tal requisito non se aboará cantidade ningunha.

Poderán exercer o dereito ao dito permiso aqueles traballadores que necesiten asistir con fillos menores de 16 años ou maiores incapacitados, ademais de familiares directos (pais, nais, avós) maiores de 65 anos ou incapacitados.

13. Para asistencia a matrimonio de pais, fillos ou irmáns de consanguinidade: 1 día natural.

14. Coidados a menores ou a diminuídos físicos ou psíquicos: o traballador que teña ao seu coidado directo un menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico, e sempre que este non desempeñe ningunha actividade retribuída, terá dereito a unha redución de xornada de traballo entre un terzo e a metade da súa duración, coa correspondente diminución de salario.

15. Os traballadores poderán ter: cinco días de permiso non retribuídos por motivos persoais, para o que deberán solicitalo con 48 horas de antelación,

e debendo ser compatibles coas necesidades da empresa.

Para efecto de aclarar conceptos utilizados nos números anteriores, fanse as seguintes matizacións:

1.-Considérase desprazamento todo traslado a localidade distante máis de cen quilómetros do domicilio habitual do traballador.

2.-Faise extensivo o desfrute dos permisos anteriormente citados a aqueles traballadores que conviven maritalmente con outra persoa e acrediten a súa situación de convivencia por medio dun certificado estendido polo concello ou por medio do libro de familia.

3.-Definición de graos de consanguinidade e afinidade:

*Consanguinidade ascendente:

-Pais: 1º grao.

-Avós: 2º grao.

-Tíos: 3º grao.

*Consanguinidade descendente:

-Fillos: 1º grao.

-Netos: 2º grao.

-Sobriños: 3º grao.

*Consanguinidade colateral:

-Irmáns: 2º grao.

*Afinidade:

-Cónxuxe: 1º grao.

*Afinidade ascendente:

-Pais pol.: 1º grao.

-Avós pol.: 2º grao.

*Afinidade colateral:

-Irmáns pol.: 2º grao.

Artigo 15º.-Organización do traballo.

1. Centro Tecnológico de Grupo Copo, S.L. está dividido en departamentos, á fronte dos cales se atopa un responsable de departamento.

Os departamentos divídense, á súa vez, en seccións, cada unha das cales conta con persoal específico, adscrito á mesma, e ao mando do correspondente responsable de sección.

A organización do traballo dentro desta estrutura empresarial, e conforme o prescrito na lexislación vixente e neste convenio, é facultade e responsabilidade da dirección da empresa. O comité de empresa terá a función de orientación e elaboración de propostas e informes no relacionado coa dita organización do traballo.

2. De conformidade coa lexislación vixente, o comité de empresa será informado pola empresa dos traslados de posto, cambios de quenda ou sección e en todo o derivado á mobilidade funcional dos traballadores dentro da estrutura organizativa da empresa.

3. Os traslados ou cambios de posto non minguarán as condicións salariais dos traballadores afectados, agás os incentivos ou complementos inherentes ao posto (prima de produción e outros) que serán os estipulados para o dito novo posto.

4. Ante a implantación dun novo sistema de prima de produción, un novo método de traballo ou nova actividade, a empresa informará previamente o comité de empresa e estudará os informes que o mesmo puidera emitir, o obxecto de contemplar e negociar as súas achegas á nova implantación.

5. Cando a empresa introduza novas tecnoloxías que supoñan para os traballadores modificacións substanciais nas condicións de traballo, a empresa comunicará as mesmas ao comité de empresa, que emitirá un informe dando a súa opinión. A empresa, de acordo co comité, dará a información que estime necesaria en cada caso, para a formación e adaptación técnica dos traballadores afectados polas ditas tecnoloxías.

6. Os traballadores en período de descanso poderán utilizar as instalacións de comedor, área de descanso ou servizos, evitando outras zonas por cuestión de seguridade e hixiene.

Artigo 16º.-Condicións dos contratos.

A contratación de traballadores axustarase ás normas legais xerais sobre colocación vixentes en cada momento e ás específicas que figuran nesta convenio, comprometéndose a empresa á utilización dos distintos modos de contratación previstos na lei, de acordo coa finalidade de cada un dos contratos.

Os traballadores baixo contratos eventuais terán os mesmos dereitos que os demais traballadores do cadro de persoal, salvo as limitacións derivadas da natureza do seu contrato e deste convenio.

Cando un traballador finalice o período de contratación estipulado legalmente como máximo anual, a empresa, o rescindirlle o contrato, aboarálle en concepto de indemnización, a contía do salario correspondente á base de cotización da súa liquidación, dividindo a mesma en días e multiplicando esta por un coeficiente de 2 días por cada mes de servizo á empresa.

1. A empresa non poderá subscribir contratos con empresas de traballo temporal (ETT).

Artigo 17º.-Técnicos e cadros.

1. Xornada laboral: será a pactada no convenio.

2. Definiranse as súas responsabilidades, funcións e obxectivos por departamentos.

3. Formación: terán dereito a unha atención preferente neste aspecto, para a posta ao día nos temas propios da súa actividade na empresa, todo iso segundo o artigo 21º deste convenio. Prestarase especial importancia a aspectos como formación do seu equipo, técnicas de exercicio de mando, técnicas de traballo en equipo, participación na toma de decisións.

4. Información: potenciarase o nivel de información facilitada a estes colectivos para o mellor desenvolvemento da súa función.

5. Participación: promoverase un maior nivel de participación nas decisións e propostas.

Artigo 18º.-Ascensos e provisión de vacantes.

Os ascensos realizaranse de acordo co indicado no Estatuto dos traballadores, é dicir, tendo en conta a formación, coñecemento do posto de traballo, méritos, antigüidade do traballador, así coma as facultades organizativas do empresario.

Os postos vacantes serán cubertos libremente a xuízo da empresa; non obstante, á hora de tomar a decisión, terase en conta o persoal das categorías inferiores.

A empresa comunicará ao comité de empresa as necesidades de vacantes e de postos de ascenso para cubrir, e atenderá as súas consideracións ao respecto.

Todos os ascensos consideraranse feitos a proba, confirmándose a designación no caso de cobertura do posto de mando aos seis meses, e nos restantes aos tres meses, salvo que deste período de proba se deduza a falta de idoneidade para a vacante do electo, neste caso comunicaráselle ao traballador, que continuará na súa situación anterior, quedando vacante novamente a praza.

A empresa remunerará o traballador co salario correspondente á nova categoría profesional que vai desempeñar durante todo o tempo que permaneza nela.

Os traballadores con categoría de auxiliar de departamento, é decir, aqueles traballadores en período de formación, xa que non teñen experiencia no posto de traballo que van desenvolver, unha vez cumpridos seis meses de servizo na empresa, ascenderán automaticamente á categoría inmediata superior. Este período será dun ano para os traballadores contratados coa categoría de enxeñeiro ou licenciado (1º ano). Para o cómputo deste tempo, a empresa terá en conta todo o tempo de servizo que o traballador prestase na mesma, no caso de que este período fora interrompido e sempre que sexa para o desenvolvemento da mesma función.

Se o posto de traballo desenvolvido por este tipo de contrato ten continuidade na empresa, esta non substituirá o traballador contratado por outro nas mesmas condicións.

Artigo 19º.-Creación de emprego fixo.

Durante a vixencia deste convenio, a empresa comprométese a converter en fixas aquelas persoas que estando en situación de temporais, cumprisen o prazo establecido de acordo coa lexislación vixente e continúen traballando na empresa. Seguindo con ese compromiso, acórdase facer fixas catro persoas no ano 2005.

En canto ás vacantes por xubilación, invalidez ou morte que puideran xerar postos fixos, negociaranse cada ano.

Cando a empresa queira facer uso do dereito concedido no artigo 52.1º c) do Estatuto dos traballadores e conforme o procedemento establecido no

artigo 53º deste texto legal, deberá entregar unha memoria explicativa que faga referencia á causa de extinción, tanto ao traballador ou traballadores afectados como ao representante ou representantes dos traballadores da empresa.

Sen prexuízo da eficacia e executividade do acordo extintivo, conforme o procedemento establecido na lei, os representantes dos traballadores emitirán informe motivado sobre a decisión empresarial e a causa extintiva alegada no prazo de catro días hábiles.

Estes informes enviaránselle á empresa para que figuren como anexo ao expediente, entendéndose que, se transcorrido o prazo establecido para a súa emisión sen o facer, se desiste de tal dereito.

O procedemento establecido neste artigo non suspenderá os prazos previstos no artigo (53.1º c) do Estatuto dos traballadores.

Esta cláusula considerase para todos os efectos de carácter obrigacional.

Artigo 20º.-Capacidade diminuída.

No suposto de incapacidade permanente parcial, o traballador afectado terá un dereito preferente para ocupar aquel posto de traballo que poida desempeñar con eficacia suficiente no seu estado de invalidez. Abrirase un expediente no que será preceptivo un informe médico sobre a adecuación do traballador ao novo posto, con base nas súas condicións físicas e/ou psíquicas, que será comentado co comité de empresa.

Artigo 21º.-Formación.

Potenciarase a política de formación para posibilitar:

-Un mellor desenvolvemento profesional do posto.

-A adecuación dos recursos humanos aos cambios organizativos e tecnolóxicos.

-O desenvolvemento dun mando e unha toma de decisións máis participativa.

-A creación de novas expectativas de ascenso.

-A adaptación dos novos empregados á empresa.

1. Continuarase coa potenciación dos cursos de formación, ampliándoos sucesivamente.

A empresa consultará logo demente co comité de empresa a posta en marcha dos plans de formación.

Asemade, fomentarase a formación do persoal apropiado no concernente ao coñecemento das novas tecnoloxías que se poidan aplicar na empresa.

Evitaranse novas contratacións sempre que o persoal actual poida formarse ao nivel de coñecementos técnicos requiridos pola empresa e nun prazo razoable definido por aquela.

2. A asistencia aos cursos de formación que organice e/ou contrate a empresa en horas laborais será obrigatoria para os grupos de traballadores que se determine, salvo naqueles casos nos que se estableza expresamente o seu carácter voluntario. Tanto os mandos como o comité da empresa colaborarán na difusión das accións formativas que se promovan.

En todo caso será obrigatoria a asistencia naqueles casos de convocatorias como antecedente obrigado para certas promocións, cando a necesidade de formación sexa requirida para o adecuado e seguro desenvolvemento do contido do posto de traballo.

3. Estudaranse por parte da empresa as peticións de permisos extraordinarios solicitados polos traballadores que teñan como fin a formación propia ou a reciclaxe.

4. Crearase unha comisión de formación, que estará composta por dous membros do comité de empresa e dous representantes da empresa. Todos os cursos de formación continua, que sexan impartidos ou subvencionados polos organismos oficiais (Forcem, comisión territorial de Galicia, etc.), serán acordados pola dita comisión.

5. Cando os cursos se realicen dentro da xornada laboral, a empresa aboará os km percorridos para asistir ao curso e o importe da comida, sempre que proceda o pagamento destes conceptos, polos seguintes importes:

-Km: ano 2005: 0,30 euros.

-Comidas: ano 2005: máximo de 7,97 euros.

-As comidas aboaranse logo de presentación da factura correspondente.

6. Cando os cursos se realicen fóra da xornada laboral, distínguese entre:

a) Cursos realizados en Mos ou concellos limítrofes: a empresa aboará a cantidade simbólica de 5,14 euros/hora curso (cantidades na que xa están engadidos os km), así como o importe da comida, cando o tempo transcorrido entre fin da xornada laboral e o comezo do curso sexa inferior a dúas horas. O importe de comida será aboado logo da presentación da factura correspondente e por unha cantidade máxima para o ano 2005 de 7,97 euros. Quedan excluídos os cursos de idiomas ou de longa duración logo de acordo co comité de empresa.

b) Resto de casos: a empresa aboará todos os gastos orixinados pola asistencia dun traballador a un curso, logo de presentación dos correspondentes xustificantes e facturas.

7. En todos os casos de asistencia a cursos previstos nos puntos anteriores, a dirección da empresa poderá exixir a presentación de certificados do centro de ensino que acrediten a asistencia do interesado.

8. Os asistentes aos cursos de formación deberán cumprir co procedemento interno en vigor, cubrindo a ficha de valoración que porá á súa disposición a empresa.

Artigo 22º.-Excedencias.

Rexerá o establecido no Estatuto dos traballadores e leis complementarias sobre o particular.

Aquelas persoas cunha antigüidade mínima de catro anos terán dereito a solicitar unha excedencia equivalente á duración dun curso lectivo e destinado á formación do solicitante.

Asemade, sobre as excedencias por maternidade, rexerá o disposto na Lei 39/1999, do 5 de novembro de 1999, e demais disposicións legais de aplicación.

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitará pezas de roupa apropiadas de traballo ao persoal seguinte:

1. Persoal de taller:

Efectuaranse tres entregas anuais da seguinte forma:

-1ª entrega: do 15 ao 31 de marzo.

-2ª entrega: do 1 ao 15 de xullo.

-3ª entrega: do 15 ao 31 de outubro.

Ao persoal de taller facilitaránselle as seguintes pezas, en cada unha das entregas:

a) Un conxunto chaquetiña-pantalón.

b) Unha camisa ou polo de manga longa.

c) Xogo de botas de seguridade.

d) Gorro ou gorra.

e) Lentes de plástico para repasar.

Ademais da entrega ordinaria, tamén se lles facilitará, ao incorporarse ao posto de traballo, un mandil de coiro, unha pantalla de soldar, unha amoladora, ademais dun kit de ferramentas.

2. Persoal da planta piloto e laboratorios.

Facilitaráselles, coincidindo coas datas sinaladas no punto anterior, un conxunto de chaquetiña e pantalón, dúas batas e o calzado apropiado, que poden ser zocos ou tenis. Coincidindo coa 3ª entrega, facilitaráselles tamén un chaquetón. Todo isto sempre que sexa necesario dadas as características do posto de traballo desempeñado.

3. Persoal de oficinas técnicas/metroloxía.

Ao persoal dos departamentos técnicos facilitaráselles ata un máximo de tres batas ao ano, dependendo das necesidades do traballador. As entregas serán coincidentes coas entregas do taller.

4. Ao persoal de nova incorporación á empresa comprendido nos grupos anteriores, facilitaráselles unha entrega dobre da roupa e/ou calzado que corresponda. A seguinte entrega será normal.

5. Se algún dos traballadores tivese a súa peza de roupa de traballo en malas condicións, como consecuencia da actividade que desempeña, terá dereito á súa reposición, logo de xustificación.

6. Todo produtor que cause baixa por enfermidade ou accidente, por un tempo de oito meses, recibirá unha soa entrega. Se a baixa fora por doce meses, non terá dereito a entrega ningunha.

7. Todas as pezas de roupa e material entregado ao persoal terá que ser aprobado e revisado polo Comité de Seguridade e Saúde laboral.

Os traballadores deberán asinar xustificante de recepción do material posto á súa disposición no momento da entrega.

Artigo 24º.-Seguridade e saúde laboral.

Crearase o Comité de Seguridade e Saúde laboral, que será unha comisión paritaria formada por dous membros representantes da empresa, á súa libre elección, e os dous delegados de prevención como representantes dos traballadores.

Durante a vixencia deste convenio colectivo aplicaranse as normas de seguridade e saúde que para tal efecto aprobe o Comité de Seguridade e Saúde Laboral.

Acórdanse, ademais, as seguintes cláusulas:

1. O Comité de Seguridade e Saúde Laboral fará chegar á dirección da empresa, no mes de xullo de cada ano, as súas propostas de melloras nesta materia para o seu estudo e posible inclusión no plan de investimentos do ano seguinte.

2. Concédese a cada un dos membros do Comité de Seguridade e Saúde un día libre cada tres meses co fin de inspeccionar, xunto co secretario do dito comité as instalacións e os produtos. O Comité de Seguridade e Saúde avisará con 48 horas de antelación ao responsable de sección afectada, que persoa tomará o dito día.

O día libre para inspección tomarano os integrantes do Comité de Seguridade e Saúde Laboral dun en un. Os integrantes do comité que realicen a inspección confeccionarán un informe por escrito que se enviará á xerencia e ao comité de empresa.

3. Os integrantes do Comité de Seguridade e Saúde Laboral terán as mesmas garantías que os membros do comité de empresa en canto á apertura de expedientes contraditorios e despedimentos por sanción con base no exercicio da súa representación.

4. A elección dos representantes dos traballadores dentro do Comité de Seguridade e Saúde Laboral realizarase por votación entre os propios membros do comité de empresa.

5. Toda traballadora que realice o seu traballo por quendas, e estea en situación xestante, realizará o seu traballo na quenda a elixir por ela, sempre e cando non altere o equilibrio entre todas as quendas, sendo, en última instancia, a comisión paritaria quen decida ao respecto.

6. Debido ás características dos produtos utilizados pola empresa, aplicarase ás traballadoras en estado de xestación un especial tratamento, procurando que non estean en contacto con produtos que poidan ser considerados nocivos para a súa saúde ou para o feto.

Artigo 25º.-Desprazamentos.

O persoal que por petición da empresa teña que desenvolver o seu traballo fóra dela terá dereito ao reembolso de todos os gastos de transporte, aloxamento e comidas nas que incorra con ocasión do dito desprazamento, logo de presentación das facturas e/ou xustificantes correspondentes.

A empresa anticipará diñeiro en efectivo ou facilitará tarxeta de crédito, para cubrir os gastos previstos en cada desprazamento, coa obriga de posterior xustificación e liquidación dos gastos efectivamente habidos.

A empresa comunicará ao comité todo desprazamento que afecte a calquera traballador/a con categoría inferior a responsable de sección, nome de operario, condicións, duración estimada, horario e traballo que hai que desenvolver.

Os desprazamentos de ámbito nacional ou comunitario serán de luns a venres.

A empresa facilitará os medios de transporte necesarios ao traballador unha vez rematada a xornada laboral.

Todos os traballadores/as que vaian facer uso do artigo 25 do convenio colectivo nos termos que nel se expresan cumprirán obrigatoriamente as lexislacións laborais e civís dos países onde vaian desenvolver o seu traballo, sen detrimento das melloras que poidan substanciarse da aplicación da lexislación española.

Todos os incumprimentos que poidan producir unha situación de indefensión legal ao traballador, derivado do traballo, entendendo exclusivamente por aqueles os producidos no centro de traballo, ao ir ou vir do mesmos ao domicilio ou residencia habitual do traballador (incluídos os desprazamentos en avión e entrada e saída ao país), terán que ser cubertos tanto legalmente como economicamente pola empresa.

1. Para desprazamentos superiores a 50 quilómetros e de curta duración, entendendo por tales os que teñan unha duración inferior a 30 días, estableceranse as seguintes condicións:

a) De 1 a 6 días ininterrompidos, incremento do 35% da retribución diaria total para todo o tempo que dure o desprazamento, exceptuando os traballadores con categorías iguais ou superiores a responsables de sección, así como aqueles traballadores que para o normal desenvolvemento da súa actividade na empresa requiran desprazarse habitualmente.

b) De 7 a 14 días ininterrompidos, incremento do 35% da retribución diaria total para todo o tempo que dure o desprazamento.

c) De 15 a 21 días ininterrompidos, incremento do 50% da retribución diaria total para todo o tempo que dure o desprazamento.

d) De 22 a 30 días ininterrompidos, incremento do 50% da retribución diaria total para todo o tempo que dura o desprazamento, máis un día libre retribuído.

Para estes efectos entenderase por retribución diaria a remuneración total percibida polo traballador incluíndo, se é o caso, as horas extras realizadas durante o desprazamento.

O desprazamento considerarase ininterrompido cando a empresa non se faga cargo dos gastos de viaxe ao seu domicilio habitual nos que poida incorrer o traballador durante o período do desprazamento. Polo contrario, considerarase interrompido cando estes gastos sexan a cargo da empresa.

O cómputo dos días de duración efectiva do desprazamento calcularanse do seguinte modo:

a) Tomaranse as horas desde o inicio ata a fin do desprazamento.

b) A cantidade resultante de horas dividirase entre 24.

c) O resultado redondearase por exceso sempre que sexa maior ou igual a 0,5.

2. Para os desprazamentos superiores a 50 quilómetros e de longa duración, é dicir, por tempo superior a 30 días ininterrompidos, aboarase un incremento do 50% sobre a retribución diaria e concederanse dous días libres retribuídos por cada mes que dure o desprazamento.

Estes días de vacacións desfrutaranse ao regreso no domicilio de orixe do traballador.

3. Seguros de vida, enfermidade e asistencia en viaxe.

A empresa concertará para todos os seus traballadores desprazados por máis de oito días a un país da Unión Europea e a partir do primeiro día no caso de desprazarse fóra da Unión Europea, e para todo o tempo que dure o desprazamento, seguro de vida 24 horas por un importe de 96.478,49 euros, e seguro de enfermidade e asistencia en viaxe.

O seguro de vida cubrirá as seguintes indemnizacións polas seguintes causas:

* Falecemento: 96.478,49 euros.

* Incapacidade/total e absoluta/común e profesional: 96.478,49 euros.

4. O traballo que presten os traballadores contratados pola empresa cando desenvolvan o seu servizo no estranxeiro someterase estritamente á lexislación española e ao presente convenio. En consecuencia, os ditos traballadores terán, como mínimo, os dereitos económicos que lles corresponderían no caso de traballar en territorio español. O traballador e o empresario someterán os seus litixios á xurisdición laboral española.

TÍTULO III

Aspectos sociais

Artigo 26º.-Seguro de vida.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de seguro a favor dos traballadores da empresa, para cubrir as seguintes indemnizacións polas seguintes causas:

Ano 2005:

-Morte: 17.349,22 euros.

-Inc. perm. abs.: 17.349,22 euros.

Morte por accidente: 34.698,48 euros.

Morte acc. tráfico : 52.047,71 euros.

Inc. perm. total com/prof.: 17.432,25 euros.

Este último seguro será custeado polas bonificacións do seguro de vida, e a diferenza ata o custo total, por achega da empresa.

Acórdase facilitar a cada traballador/a un certificado da empresa onde se indiquen as cantidades aseguradas. Este certificado entregarase a mediados de cada ano. Aos/Ás traballadores/as de nova contratación entregaráselle xunto co manual de acollida.

A empresa poderá anticipar ao afectado un importe equivalente a 6.000 euros sobre as cantidades devanditas, importe que se fará efectivo a través da comisión do fondo social.

Artigo 27º.-Fondo social.

Dotarase o fondo social para o ano 2005 de 2.572,71 euros máis o sobrante dos cartos da chatarra, o cal será administrado por unha comisión formada por dous membros do comité de empresa e dous representantes da empresa.

O fin do fondo é atender as axudas de carácter social que sexan solicitada polo persoal a que afecta o convenio.

O fondo social rexerase polo regulamento anexo a este convenio colectivo.

Artigo 28º.-Comedor.

A empresa aboará os gastos de comidas, orixinados por necesidades da mesma na contía fixa no ano 2005 de 11,32 euros, sempre que a xornada laboral se alongue en máis dunha hora. Queda excluído o caso do persoal contratado en réxime de quenda partida, o cal terá dereito ao cobramento da dita cantidade no caso de que realice horas extras durante o período de tempo destinado á comida.

Asemade, a empresa aboará a todo o persoal con quenda partida os gastos de comida na contía máxima de 7,97 euros logo de xustificación mediante a presentación da factura correspondente expedida a nome de Centro Tecnológico de Grupo Copo, S.L.

Artigo 29º.-Anticipos.

O persoal terá dereito aos anticipos estipulados legalmente (artigo 29 ET: anticipos sobre o xa traballado). Os anticipos extraordinarios para outros fins serán obxecto dun estudo particular por parte da empresa.

O traballador que o solicite poderá pedir un anticipo equivalente ao importe total das gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios, sendo en última instancia a comisión de xestión do fondo social a que ditamine sobre a súa concesión.

Artigo 30º.-Quilometraxe.

O importe do kilómetro para desprazamentos con vehículo propio por necesidades da empresa fíxase en 0,30 euros/km bruto. Inclúe tamén os desprazamentos á mutua de accidentes tanto por revisión periódica como por asistencia médica por accidente de traballo.

Artigo 31º.-Axuda a fillos.

1. Axuda por fillos diminuídos.

Por petición do comité de empresa e para as persoas que se solicite, durante a vixencia deste convenio, a empresa aboará a cantidade mensual de 242,68 euros, por cada fillo diminuído físico o psíquico recoñecido pola Seguridade Social e que estea a cargo do traballador/a.

Esta cantidade regularizarase en xaneiro de 2006 co IPC real 2005.

2. Axuda para libros.

Durante este convenio a empresa subvencionará cun 20% os gastos de libros escolares a todos os traballadores/as con familia numerosa, acreditada legalmente por medio dun libro de familia ou certificación oficial. Este aboamento producirase no mes de outubro e o traballador/a terá que presentar

as facturas ademais do recibo de libros pedido polo centro escolar ao que asisten os fillos do beneficiario.

TÍTULO IV

Aspectos sindicais

Artigo 32º.-Asembleas.

No que a esta materia se refire rexerá o establecido no Estatuto dos traballadores sobre o dereito de reunión. A comunicación á empresa e demais requisitos efectuaranse polo menos con 48 horas de antelación.

A empresa, por petición do comité de empresa, autorizará asembleas para tratar asuntos importantes e urxentes.

Artigo 33º.-Acumulación de horas sindicais.

As horas establecidas para os membros do comité de empresa son 21 horas por membro, e poderán ser acumuladas anualmente para un ou varios membros do dito comité, sempre e cando se indique á dirección da empresa a distribución delas.

Artigo 34º.-Dereitos sindicais.

O comité de empresa terá dereito a ter coñecemento e control de todos os contratos de traballo do persoal suxeito a este convenio conforme o Estatuto dos traballadores, artigo 8 punto 3A.

O comité de empresa terá coñecemento con anterioridade de calquera sanción ou despedimento dun traballador do cadro de persoal.

Artigo 35º.-Taboleiros de anuncios.

A empresa porá á disposición dos traballadores dous taboleiros de anuncios que poderán ser utilizados polos seus representantes e os sindicatos máis representativos; un deles colocarase nas instalacións da planta piloto e outro no departamento de utillaxes.

TÍTULO V

Conceptos económicos

Artigo 36º.-Retribucións e masa salarial bruta.

1. Para o ano 2005 acórdase un incremento do IPC real alcanzado no ano 2005 sobre todos os conceptos económicos fixos, quedando conxelados os conceptos variables de horas extras, cursos, formación, km e comidas.

No obstante o disposto no parágrafo anterior, os salarios e remuneracións establecidos neste convenio teñen o carácter de mínimos, podendo ser mellorados por concesión da empresa ou contratos individuais de traballo.

2. Definición de masa salarial bruta.

A masa salarial bruta estará integrada polos seguintes conceptos:

a) Salario base.

b) Beneficios e complementos.

c) Incentivos e primas de produción.

d) Pagas extraordinarias.

e) Complementos de posto de traballo.

f) Retribución por horas extraordinarias.

g) Complemento persoal.

Entendese por complemento persoal o complemento que recolle o montante de diñeiro que lle resta

a un traballador unha vez descontado o importe correspondente aos seguintes conceptos: salario base, complemento de asistencia, complemento de puntualidade (que figuran na táboa salarial anexa), complemento de antigüidade, complemento de convenio 1994, retribución por horas extraordinarias e retribución por prima de produción, tendo en conta que os catro últimos conceptos recolleranse só no caso de que o traballador teña dereito a cobralos.

O complemento persoal considerase consolidable e terá, para todos os efectos, carácter de non absorbible.

Estes conceptos estarán referidos a todos os traballadores da empresa excepto alta dirección, responsables de departamento, e aqueles con condicións individuais pactadas en contrato.

Artigo 37º.-Complemento de antigüidade, complemento de convenio 94 e complemento convenio 2000.

1. Complemento de antigüidade.

O complemento de antigüidade consistirá en seis trienios do 5% cada un, calculado sobre o salario mínimo interprofesional aprobado anualmente por real decreto do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, incluídas o número de pagas extras reflectidas neste convenio e que ascenden a 15 por ano.

2. Complemento de convenio 94.

O complemento de convenio 94 mantense para o persoal de Centro Tecnológico de Grupo Copo, S.L. que o vén percibindo, sendo o seu importe o equivalente á diferenza entre o 30% do salario base da táboa salarial vixente en 1993 e o complemento de antigüidade mencionado no punto 1 deste artigo.

Este complemento de convenio terá carácter de absorbible nos anos vindeiros na mesma contía no que se incremente o complemento de antigüidade.

Agora ben, todo traballador que o 31-12-1993, xa tivese unha antigüidade na empresa que dese lugar a un complemento de antigüidade do 30%, a porcentaxe maior por aplicación do complemento de antigüidade vixente en 1993, consolidará para 1994 a porcentaxe aplicable en 1993 e incrementarase coa parte da porcentaxe que correspondese ao 31-12-1993 en función do tempo transcorrido desde o devengo do último quinquenio. Polo tanto, o seu complemento de convenio será o resultado de aplicar a dita porcentaxe sobre a táboa salarial vixente en 1993 minorado polo complemento de antigüidade calculado en conformidade co artigo 37.1º.

3. Complemento convenio 2000.

O complemento convenio 2000 manterase para todo o persoal do Centro Tecnológico de Grupo Copo, S.L. e enténdese como compensación da perda de poder adquisitivo sufrido no exercicio 2000.

Esta paga de 276,34 euros no ano 2005 farase efectiva coa nómina do mes de agosto e sufrirá o incremento de 112,80 euros derivada da aplicación lineal para todos os traballadores do 0,5% da masa salarial bruta, sendo a súa contía total de 389,14 euros.

Artigo 38º.-Complemento de asistencia e complemento de puntualidade.

O importe destes dous complementos percibirase na contía fixa mensual que figura na táboa salarial anexa. Estes dous complementos cobraranse por día efectivo de traballo.

Os atrasos que se produzan á hora de entrada ou faltas parciais ao traballo nun día determinado, implicarán a perda da parte proporcional do complemento de asistencia (sempre que o atraso sexa superior a unha hora) e do cen por cento do complemento de puntualidade dese día.

Nas faltas ao traballo durante todo o día, non se pagará o importe de ambos os complementos do dito día, exceptuando as licenzas e permisos recollidas no artigo 14º deste convenio (salvo nas que se indique o contrario), así como as saídas ao consultorio médico por razóns de enfermidade do traballador.

Artigo 39º.-Complemento de toxicidade.

Este complemento está integrado no salario base que figura na táboa salarial anexa e constitúe un dez por cento del.

Artigo 40º.-Complemento de nocturnidade.

Este complemento será do 30% sobre todos os conceptos salariais, e pagarase o dito complemento na xornada comprendida entre as 22.00 e as 6.00 horas, excepto no caso de darse a 2ª quenda das 15.00 ás 23.00 horas, xa que neste caso a hora que excede as 22.00 horas non xerará dereito ao cobramento do complemento de nocturnidade. Cando, por necesidades da empresa, o persoal teña que prolongar a súa xornada laboral despois das 6.00 horas, para efectos do cobramento será considerado como horas nocturnas.

Artigo 41º.-Baixas por accidente.

Nas baixas por accidente garánteselle ao traballador afectado o cen por cento da súa retribución, incluíndo a prima de produción se estivera suxeito á mesma. Para o cálculo desta, tomarase como base o importe/hora que se obteña no mes correspondente, excluíndo as horas de baixa por accidente para o cálculo dela.

A base reguladora obtense por adición de 2 sumandos:

-A base de cotización por continxencias profesionais do mes anterior, sen horas extra, dividida polo número de días a que corresponda a dita cotización:

1º módulo = BC (mes anterior)-H.E. (mes anterior)/ nº días cotizados no dito mes.

-A cotización por horas extraordinarias máis prima do ano natural anterior, dividida entre 365 días.

2º módulo = horas extra+primas (12 meses anteriores a baixa)/ nº de días cotizados no dito ano (365 días).

A indemnización por baixa calcularíase multiplicado o 75% a base reguladora polos días de baixa médica, tendo en conta que o empresario aboará o soldo do día da baixa para o cómputo dos días que hai que indemnizar.

A diferenza ata cubrir o 100% do soldo máis prima garantirao segundo convenio actual a empresa.

Artigo 42º.-Baixas por enfermidade.

Nas baixas por enfermidade, sempre e cando o afectado necesite hospitalización, a retribución do traballador será do cen por cento da base de cotización do mes anterior, só durante o período de hospitalización e sempre que o dito período non supere os oitenta días. No resto de baixas por enfermidade cobrarase a razón do seguinte:

Os 3 primeiros días da baixa rexerá o disposto na lexislación vixente ou normas concordantes.

70% da base tarifa do mes anterior desde o 4º día ata o 20º día.

100% da base tarifa do mes anterior a partir do día 21 de baixa.

Estudaranse aquelas baixas de enfermidade que, despois do informe médico, e de acordo coas súas características, puideran ser merecedoras do cobramento do 100% da súa retribución desde o primeiro día.

Artigo 43º.-Gratificacións extraordinarias.

1. As gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios serán aboadas, para todo o persoal, na contía fixa dunha mensualidade do salario base, complemento de asistencia e puntualidade da táboa salarial anexa, así como, a aqueles traballadores/as que lle corresponda, a antigüidade, complemento de convenio 1994, desprazamentos, nocturnidade e complemento persoal correspondentes.

As datas de pagamento das gratificacións de xullo e Nadal serán efectivas os días 15 de xullo e 15 de decembro respectivamente, sendo a de beneficios o 25 de xaneiro do ano seguinte. No caso de que algún día dos fixados coincidise cun día inhábil, pagaríanse o primeiro día hábil seguinte.

Artigo 44º.-Prima de produción.

O método de cálculo recóllese como anexo ao convenio.

Artigo 45º.-Horas extraordinarias.

A empresa e o comité acordan a conveniencia de reducir ao mínimo indispensable as horas extraordinarias conforme os seguintes criterios:

1. Horas extraordinarias habituais:

Suspensión.

2. Horas extraordinarias motivadas por forza maior:

Enténdense como tales as que veñan exixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización.

3. Horas extraordinarias estruturais:

Co fin de clarificar este concepto, entenderanse como tales as necesarias por períodos punta de produción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas, substitución de horas sindicais ou outras circunstancias de carácter estrutural

como avarías ou mantemento urxente, todo isto, sempre que non poidan ser substituídas por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

A dirección da empresa entregará ao comité de empresa copia do rexistro mensual de todas as horas extraordinarias, indicando o nome do traballador/a, sección onde se realizaran, causas das mesmas e número delas. Asemade, e en función desta información e cos criterios sinalados anteriormente, a empresa e o comité determinarán o carácter e natureza das horas.

Por razóns de tipo operativo a comunicación a cada traballador/a das horas extraordinarias realizadas por el mesmo será mensual.

As horas extraordinarias realizadas por causas de forza maior e as estruturais, non terán cargo nas cotizacións á Seguridade Social a que se refire o Real decreto 2001/1983, de xullo e os reais decretos 1858/1981, do 20 de agosto e 1/1985, do 5 de xaneiro.

Para isto notificaranse mensualmente á autoridade laboral, conxuntamente pola empresa e o comité.

O valor da hora extraordinaria será o indicado, en cada categoría, no anexo da táboa salarial aplicándolle en cada caso o incremento salarial pactado.

TÍTULO VI

Conceptos legais

Artigo 46º.-Lexislación aplicable.

No referente ao que non estea expresamente disposto neste convenio, rexerá o que determine o Estatuto dos traballadores, e demais disposicións concordantes.

Artigo 47º.-Comisión negociadora.

Está constituída por Arturo González Pérez e Rodrigo Piñeiro Pazos en nome e representación da empresa Centro Tecnológico de Grupo Copo, S.L., e o comité de empresa, representante legal dos traballadores/as.

Asinado:

O representante da empresaO comité de empresa.

Prima de produción

1º. Método de cálculo da prima de produción.

1.1. Nivel de actividade (NA).

O nivel de actividade é o parámetro que determina o valor da hora correspondente á prima. O responsable do departamento de utensilios, xunto co responsable do taller, establecen os valores monetarios que correspondan a cada nivel de actividade. Os niveis van desde un mínimo de 100 ata un máximo de 140.

1.2. Nivel de actividade proposto (NP).

O nivel de actividade proposto son as horas máximas outorgadas para cada traballo, establéceo o responsable do departamento de utensilios, tendo en conta a súa dificultade, prazo de entrega, oferta, etc.

Fondo social

Capítulo I

Normas básicas de funcionamento

Artigo 1º

Por acordo entre o comité de empresa e a empresa Centro Tecnológico de Grupo Copo, S.L constitúese o fondo social, co fin de atender as axudas de carácter social que sexan solicitadas polo persoal afectado por este convenio.

Artigo 2º

O obxecto do fondo social é o de atender a todas as obras sociais, profesionais, benéficas e de infortunio a favor de todos os traballadores da empresa Centro Tecnológico de Grupo Copo, S.L.

Artigo 3º

Os fondos económicos do fondo social estarán integrados segundo a cantidade establecida no convenio colectivo no seu artigo 27º. A empresa porá á disposición do fondo social os fondos correspondentes segundo o acordado en convenio.

Artigo 4º

O fondo social será administrado por unha comisión formada por dous membros do comité de empresa asinantes deste convenio e dous representantes designados pola empresa.

Artigo 5º

O domicilio social desta comisión será o de Centro Tecnológico de Grupo Copo, S.L.

Artigo 6º

A duración da dita comisión será de 4 anos.

Artigo 7º

Estas normas entrarán en vigor unha vez aprobadas pola comisión do fondo social e o comité de empresa.

Artigo 8º

Estas normas poderán ser modificadas ou substituídas por acordo da comisión do fondo social co visto e prace da dirección da empresa e do comité de empresa.

Capítulo II

Obrigas e dereitos do persoal

Artigo 9º.-Obrigas dos traballadores.

a) Cumprir as normas e observar as formalidades nelas previstas.

b) Cumprir os acordos e as resolucións da comisión do fondo social.

c) Prestar a súa colaboración persoal para o mellor cumprimento do fondo.

d) Non defraudar ou abusar do fondo social.

e) Non destinar os fondos outorgados a outro fin distinto do solicitado.

Artigo 10º.-Dereitos dos traballadores.

a) Percibir do fondo social os beneficios que lle correspondan de conformidade co establecido nestas normas.

b) Intervir na administración e modificación das normas do fondo social a través dos seus representantes.

Artigo 11º

A comisión de fondo social poderá impor aos traballadores, nos casos de incumprimento das súas obrigas, as sancións seguintes:

a) Privación de recibir os beneficios do fondo social.

b) As sancións que considere oportunas aplicar a comisión deberán comunicárselle por escrito, con expresión dos motivos que a ocasionan. Dentro dos 10 días seguintes a esta comunicación, o interesado pode elevar un prego de descargos á dita comisión, que unha vez examinado resolverá definitivamente segundo proceda.

Capítulo III

Organización e funcionamento

Artigo 12º

Son órganos de goberno do fondo social:

a) Comité de empresa.

b) Comisión do fondo social.

Artigo 13º

O comité reunirase regulamentariamente unha vez ao ano para decidir sobre as seguintes cuestións:

1. Aprobar o balance e memoria anuais.

2. Aprobar os orzamentos anuais.

3. En xeral, calquera modificación dos estatutos.

a) A convocatoria levarase a cabo pola comisión do fondo social, o texto da convocatoria e a orde do día será entregado ao secretario do comité de empresa e publicado nos taboleiros de anuncios da empresa.

b) O comité entregará á dirección da empresa unha copia da convocatoria da dita reunión.

c) Terán dereito de asistencia todos os membros do comité de empresa e da comisión con voz e voto.

Artigo 14º

De entre os membros do fondo social elixirase un presidente e un secretario.

Artigo 15º

A comisión do fondo social reunirase unha vez cada dous meses.

Artigo 16º

Existirá un fondo de reserva de polo menos un 15% do total.

Artigo 17º

Os acordos que tome a comisión do fondo social, para a súa validez, deberán ser aprobados por maioría de votos entre os presentes. No caso de empate, e se non se conseguise chegar a un acordo dentro do comité, farase consulta ao comité de empresa que decidirá por maioría dos seus membros.

Artigo 18º.-Facultades do presidente.

a) O presidente da comisión do fondo presidirá as reunións que se celebren. Dirixirá, convocará e vixiará a execución dos acordos que nelas se tomen.

b) En caso de ausencia será substituído por un vogal que designen os demais membros.

Artigo 19º.-Facultades do secretario.

a) O secretario da comisión do fondo social estenderá e levantará actas de todas as reunións, serán asinadas por el mesmo e levarán o visto e prace do presidente.

b) En caso de ausencia, será substituído polo vogal que designe a comisión.

c) Os vogais da comisión do fondo social colaborarán nas funcións asinadas á dita comisión emitindo o seu voto en todos os asuntos que se presenten e achegando as suxestións que estimen convenientes.

Artigo 20º.-Facultades da comisión do fondo social.

a) Representar o fondo social en todos os ámbitos e exercer todas as accións e dereitos que lle competan, así como delegar esta representación para casos concretos na persoa que estime conveniente.

b) Aprobar as normas de aplicación dos servizos e prestacións do fondo social.

c) Aprobar con carácter previo os orzamentos anuais, balance, memoria; en xeral, calquera acordo que deba ser sometido ao comité de empresa.

d) Acordar, con carácter excepcional, a realización de gastos que non teñan consignación nos orzamentos

anuais, dando conta na primeira reunión do comité de empresa.

e) Acordar a realización de prestacións extraordinarias.

f) Aprobar a apertura de contas en entidades bancarias e designar as persoas que poidan utilizalas.

Para estes efectos será necesario a sinatura conxunta do presidente, o secretario e un vocal.

g) A organización e administración do fondo social.

h) Resolución de todas as pretensións de todos os traballadores en relación con estes estatutos.

i) Resolver as reclamacións que poidan formularse en relación coas prestacións da comisión do fondo.

j) Velar polo cumprimento dos seus estatutos.

Capítulo IV

Prestacións

Artigo 21º.-Prestacións do fondo social.

1. Préstamos con devolución a pactar segundo o caso.

2. Sen devolución.

As solicitudes para as ditas prestacións deberán ir debidamente acompañadas coa documentación na que se basea a petición, e as causas que motivaron a solicitude.

As solicitudes serán presentadas á comisión do fondo social de acordo co modelo incorporado a estas normas como anexo para o seu estudo, a cal responderá ao solicitante da súa decisión.

Non se aboará nada relacionado con estudos, así como nada do que estea cuberto pola Seguridade Social.

As facturas para presentar ao fondo social teñen unha validez de 3 meses a partir da súa data de emisión sen contar cos días de vacacións ou de axuste horario.

Poderanse conceder axudas para rehabilitación, non cuberta pola Seguridade Social, baixo prescrición facultativa e con entrega periódica anual do informa médico onde se indique a súa continuidade con tratamento.

Capítulo V

Cláusula de confidencialidade

Artigo 21º

A comisión do fondo social, o comité de empresa e a dirección da empresa se comprométense a gardar confidencialidade de todos os casos tratados.