DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 24 de novembro de 2005 Páx. 18.790

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de novembro de 2005 pola que se conceden as axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo correspondentes aos estudos de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño, e programas de garantía social cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

De conformidade co establecido no punto décimo primeiro da Orde do 23 de abril de 2005 (DOG do 4 de maio), pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo correspondentes aos estudos de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño, e programas de garantía social cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e unha vez cumpridos os trámites previstos no seu punto sétimo, debe publicarse anuncio da exposición das listaxes definitivas dos beneficiarios das axudas.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no punto noveno da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas das axudas concedidas correspondentes ao curso 2004-2005, que están expostas no taboleiro de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, na Consellería de Presidencia (Oficina de Atención ao Cidadán), e nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Segundo.-Tendo en conta que a contía total da suma das solicitudes superou o crédito dispoñible, a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, segundo o establecido no punto quinto da citada orde, tivo que axustar os importes correspondentes.

Terceiro.-Contra esta resolución, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2005.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria