DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 22 de novembro de 2005 Páx. 18.640

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Feliciano Lorente, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Feliciano Lorente, S.L. (código de convenio

núm. 1503722), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-10-2005 e subscrito pola parte económica pola empresa e pola parte social polo comité de empresa o día 21-9-2005, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de outubro de 2005.

María Debén Alfonso

Delegada provincial da Coruña

Ámbito persoal.

No ámbito persoal inclúese a totalidade do persoal da empresa que presta os seus servizos para Navantia-Ferrol.

Este convenio será aplicable ao persoal que durante a súa vixencia teña asinado ou asine un contrato de traballo coa empresa en calquera das modalidades vixentes.

Vixencia, duración e prórroga.

O presente convenio entrará en vigor o día seguinte da súa sinatura polas partes, con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2005.

Estará vixente ata o 31 de decembro de 2006, prorrogarase de ano en ano, salvo que o convenio fose denunciado por calquera das partes asinantes. En calquera caso, a denuncia deberá ser efectuada con dous meses de antelación ao ano en que remate a súa vixencia ou a de calquera das súas posibles prórrogas.

Xornada laboral.

O cómputo de horas será de idéntica duración e repartición que teña o persoal de Navantia-Ferrol. Respectaranse os actuais horarios establecidos anteriormente a este acordo para o conxunto do persoal.

Vacacións.

Serán de idéntica duración e repartición que as que teña o persoal de Navantia-Ferrol. Polo exercicio

do seu desfrute (interrupción en caso de rebaixe, etc.) haberá que aterse ao disposto en Navantia-Ferrol.

As vacacións anuais non poderán ser compensadas en metálico e aboaranse a razón do 100% de todas as retribucións económicas que perciba cada traballador.

Cando coincidan matrimonios ou réxime de parella na empresa, se o solicitan, haberá que concederlles o permiso nunha mesma data.

Festas.

Haberá que aterse ao disposto no convenio colectivo de Navantia-Ferrol.

Licenzas retribuídas.

Haberá que aterse ao disposto no convenio colectivo de Navantia-Ferrol. Na devandito sentido o traballador/a avisando con antelación, ou se isto non fose posible, xustificándoo a posteriori, poderá faltar ao traballo con dereito a percibir o 100% de todas as retribucións económicas, polas seguintes causas:

1. Cinco días laborables por falecemento do cónxuxe, parella ou fillo. Terá a consideración de parella a persoa coa que se demostre unha convivencia certa.

2. Tres días laborables en caso de falecemento de pais, netos, irmáns e avós, tanto carnais como políticos, prorrogables polo tempo necesario se os mencionados falecementos acontecen fóra da localidade, a criterio da dirección.

3. Un día laborable en caso de falecemento de tíos/as sobriños/as e primos/as todos eles carnais.

4. Por enfermidade grave ou hospitalización do cónxuxe parella ou fillo/a menor de 14 anos, cinco días, prorrogables polo tempo necesario, logo de xustificación médica, a criterio de dirección.

5. Por enfermidade grave ou hospitalización dos fillos/as, pai, nai ou irmáns/ás tanto carnais como políticos, dous días, prorrogables, logo de xustificación médica, por tempo necesario a criterio de dirección.

6. Un día natural en caso de matrimonio ou inscrición oficial como parella de feito dos fillos/as, irmáns/ás, pai ou nai, tanto carnais como políticos, coincidindo coa da celebración da cerimonia.

7. Un día en caso de primeira comuñón e bautizo de fillos/as e netos/as coincidindo coa da celebración da cerimonia ou calquera outra de similar rango doutra relixión.

8. Dous días naturais en caso de nacemento de netos/as.

9. Quince días naturais en caso de matrimonio ou inscrición oficial como parella de feito. Cando a voda ou unión se produza dentro do período de vacacións, considerarase interrompido o seu desfrute.

10. Polo tempo necesario para asistencia a cursos da seguridade social de preparación ao parto.

11. Por nacemento dun fillo/a tres días laborables, prorrogables polo tempo necesario, en caso de gravidade, a criterio da dirección. Cando o nacemento se produza dentro do período de vacacións, considerarase interrompido o seu desfrute.

12. Dous días por traslado do seu domicilio habitual podendo gozarse en días alternos.

13. O tempo necesario para o cumprimento de funcións de carácter municipal e dos entes autonómicos, nos cargos representativos, cando estes dous últimos non sexan retribuídos e sempre que medie a oportuna e previa convocatoria e subseguinte xustificación da utilización.

As funcións de carácter municipal e dos entes autonómicos que sexan retribuídas por estes organismos só darán dereitos a permisos sen retribuír.

14. Polo tempo necesario para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal entendéndose como deber inescusable a citación xudicial ou requirimento da facenda pública, logo da correspondente xustificación en cada caso.

15. Os traballadores/as por coidado de fillos/as menores de doce meses, terán dereito a dúas horas de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. Poderá substituírse este dereito por unha redución de xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

16. Quen por razóns de garda legal teña ao seu coidado directo algún menor de oito anos ou a un diminuído físico, psíquico ou sensorial que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha redución da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, entre polo menos un terzo e un máximo da metade da duración daquela.

Igual dereito a redución de xornada e nas mesmas condicións terá quen precise encargarse do coidado directo dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razón de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo.

17. Os traballadores/as terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atender ao coidado de cada fillo/a, tanto que o sexa por natureza, como por adopción ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contados desde a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terá dereito a un período de excedencia non superior a un ano quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que, por razón de idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

A relación de parentesco referida para o coidado de familiares estenderase tamén ás parellas de feito.

Os sucesivos fillos/as darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ao que viñese gozando. A excedencia recollida constitúe un dereito individual dos traballadores, homes e mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Sempre que se opte por esta excedencia, será considerada como forzosa para os efectos legais, con dereito, polo tanto, do traballador/a ao reingreso automático na empresa e computándose este tempo como antigüidade.

18. En todos os supostos que se consideran neste artigo, en casos extraordinarios e debidamente acreditados, esta licenzas outorgaranse polo tempo que sexa preciso, segundo as circunstancias, convíndose as condicións da súa concesión, podendo acordarse o non percibo de haberes, mesmo o desconto do tempo extraordinario de licenzas para os efectos da súa antigüidade, cando as devanditas licenzas excedan na súa totalidade dun mes dentro do ano natural.

Persoal accidentado.

Ao persoal accidentado a empresa aboaralle un complemento á prestación da Seguridade Social ata o 100% de todas as retribucións económicas pactadas neste convenio (incluído o complemento de transporte). Os recoñecementos que fose pertinente efectuar realizaranse, se o traballador/a así o desexa, dentro da localidade.

Ao persoal que se atope rebaixado á entrada en vigor deste convenio, actualizaráselle o cálculo da indemnización sobre a base das novas condicións pactadas desde o 1 de xaneiro de 2005, aboándolle, se é o caso, as diferenzas que procedan.

Persoal hospitalizado.

Ao persoal hospitalizado a empresa aboaralle un complemento á prestación da Seguridade Social ata o 100% de todas as retribucións económicas pactadas neste convenio, mesmo o complemento de transporte.

Ao persoal que se atope na devanditas circunstancias actualizaráselle o cálculo sobre as bases das novas condicións pactadas desde o 1 de xaneiro de 2005, aboándolle, se é o caso, as diferenzas que procedan.

Persoal rebaixado por enfermidade.

Ao persoal rebaixado por incapacidade transitoria derivada de enfermidade común, a empresa aboaralle un complemento á prestación da Seguridade Social ata o 100% de todas as retribucións económicas pactadas neste convenio, incluído o complemento de transporte. Os recoñecementos que fose pertinente efectuar realizaranse, se o traballador/a así o desexa, dentro da súa localidade.

Ao persoal que se atopa na devanditas circunstancias actualizaráselle o cálculo sobre as novas condicións pactadas desde o 1 de xaneiro de 2005, aboándolle, se é o caso, as diferenzas que procedan.

Horas sindicais.

Os membros do comité de empresa disporán das horas sindicais necesarias para dedicarse ás tarefas propias do seu cargo.

Delegado/a de saúde laboral.

Os delegados/as de saúde laboral terán a mesma duración no cargo que os membros do comité de empresa. A empresa recoñeceralles o seu dereito a participar na negociación colectiva no campo específico que lles corresponda e disporán das horas necesarias para o desenvolvemento da súa responsabilidade.

Recoñecemento médico.

Todos os traballadores/as terán dereito a un recoñecemento médico anual, tendo coñecemento deste, en primeiro lugar, o interesado e o delegado/a de saúde laboral. O devandito recoñecemento efectuarase en horas de traballo, sendo estas retribuídas.

Roupa de traballo.

A empresa entregará a cada traballador/a no primeiro trimestre de cada ano, o seguinte material:

-Un par de botas.

-Unha roupa de traballo máis unha funda.

-Dous pares de zocos para o persoal que traballa en oficinas e despachos.

-Un par de chancos para todo o persoal que o necesite para o desenvolvemento do seu traballo.

-Dúas toallas de lavabo.

-Dúas toallas de baño.

-12 pastillas de xabón.

-Unha roupa de augas (esta peza entregarase cada dous anos).

Traballos especiais.

Nos traballos especiais que tradicionalmente se veñen realizando (supreestrutura das barras de lanzamento, probas, botaduras, manobras e entregas) que haxa que levalos a cabo dentro da xornada de traballo, aboarase un complemento de traballos especiais de 10 A horas. Este complemento será aboado independentemente do que ao traballador lle correspondese percibir baseándose nos conceptos económicos pactados neste convenio.

Horas extraordinarias.

O tope de horas extraordinarias non poderá exceder do establecido na lei. Como norma xeral, procurarase que as horas extras queden limitadas a situacións especiais ou de urxente necesidade.

As horas extraordinarias aboarase a razón de 9,62 A (1.600 ptas.) cando se realicen en sábados, domingos

e festivos. As horas extraordinarias que se leven a cabo en días laborables aboarase a 7,81 A (1.300 ptas.).

Póliza de seguros.

A empresa concertará un póliza de seguro de vida de 15.626,31 A (2.600.000 ptas.) por cada traballador/a en caso de morte ou invalidez total ou absoluta.

Así mesmo, a empresa concertará unha póliza de seguro de vida de 6.611,13 A (1.100.000 ptas.) por traballador/a por riscos naturais.

Asembleas.

A empresa autorizará a celebración de asembleas dentro do recinto e, con carácter xeral, fóra das horas de traballo. En todo caso, comunicarase previamente á dirección a súa convocatoria.

As asembleas correspondentes á aprobación do convenio colectivo e aqueloutras de carácter excepcional que sexan autorizadas expresamente pola dirección non darán lugar a desconto retributivo.

Controis e garantías en aplicación de sancións.

O réxime disciplinario rexerase polo establecido no convenio colectivo de Navantia-Ferrol, a aplicación das sancións -salvo nos supostos de faltas leves, en que abondará coa comunicación escrita ao traballador/a na que se salienten a data e os feitos determinantes da sanción- requirirá os seguintes trámites:

a) Procedemento xeral.

1) Comunicación escrita ao traballador do inicio do expediente, co correspondente prego de cargos.

2) Prazo de cinco días para que este formule un escrito de descargo e achegue as probas que considere oportuno.

3) Finalizado o prazo, a empresa terá sete días para a imposición da sanción.

4) O procedemento rematará coa comunicación por escrito ao traballador/a do resultado do expediente e, se é o caso, da sanción que lle foi imposta.

5) A empresa dará conta á representación dos traballadores/as de toda sanción por falta grave ou moi grave que se impoña.

6) A cualificación de faltas graves ou moi graves por acumulación de sancións de inferior cualificación só terán efecto se se constatan de maneira que faga fe as sancións previas e estas non prescribisen.

b) Membros do comité de empresa.

Seguirase o procedemento xeral, pero antes de resolver darase un prazo de tres días ao comité de empresa para que coñeza o expediente e alegue o que considere oportuno.

c) Traballadores/as afiliados a un sindicato.

Igualmente, sempre que a empresa teña constancia da afiliación sindical do traballador/a, antes de resol

ver -mesmo se se trata de falta leve- daráselles un prazo de tres días aos delegados/as do sindicato ao que pertenza o traballador/a para que coñezan o expediente e aleguen o que consideren conveniente.

Axuda a minusválidos.

Por cada fillo/a, cónxuxe ou parella diminuído que teña recoñecida a mencionada minusvalidez polo Imserso (ou organismo que asuma as súas competencias), a empresa concederá unha axuda de 79,43 A mensuais.

Falecemento.

Garantirase o ingreso na empresa dun fillo/a ou cónxuxe do falecido en accidente, estudando os casos que se produzan conxuntamente co comité, sempre e cando a empresa teña autorización para cubrir a devandita praza.

Obsequio de Nadal.

O seu contido será o equivalente ao que gozan os traballadores/as de Navantia-Ferrol.

Crédito.

Cada traballador/a terá dereito a un crédito anual de 432,73 A (72.000 ptas.) que se descontará en doce meses sen xuros. O mencionado crédito terá a mesma vixencia que o presente convenio.

Todo traballador/a que solicite a devandito crédito terá que notificalo á empresa o día 5 ou 15 de cada mes.

Adscricición e subrogación.

Para os efectos exclusivos de subrogación ou adscrición de persoal, aplicarase en toda a súa extensión o artigo 34 do vixente convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña, publicado no DOG nº 32, do 14 de febreiro de 2003.

Remuneración.

A remuneración de cada traballador/ estará constituída por 12 pagas mensuais, máis dúas pagas extraordinarias nos meses de xullo e decembro, así como un paga de beneficios que se aboará no mes de marzo e unha paga de produción que se aboará no mes de setembro.

Incremento salarial do ano 2005.

No ano 2005 o incremento económico será do 2% en todos os conceptos económicos e con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro. En consecuencia, a remuneración económica para este ano será a seguinte:

a) Salario mensual.

1) Salario base. Fíxase un salario base de 1.056,39 A.

2) Complemento de carencia de incentivos. Establécese para todo traballador/a un complemento de carencia de incentivos de 171,97 A.

3) Complemento de transporte. Establécese un complemento fixo de transporte para cada traballador/a de 91,10 A.

A partir do mes de xullo, o complemento de transporte incrementarase en 12 A mensuais.

b) Complementos.

1) Bonificación de horario de tarde. Ao traballador/a que perciba a devandito concepto aboaráselle 66,60 A mensuais.

2) Antigüidade. O módulo de antigüidade do ano 2005 está fixado en 809,43 A. A antigüidade consolidarase por trienios e estes aboarase a razón do 4% do módulo mencionado.

O módulo de antigüidade verase incrementado na mesma porcentaxe que o pactado no incremento salarial de cada ano.

O importe de cada trienio comezará a percibirse a partir do 1 de xaneiro do ano que cumpra se a data de vencemento é anterior ao 30 de xuño, e desde o 1 de xullo se é posterior.

c) Pagas extraordinarias. Os días 15 de xullo e decembro aboarase integramente a cada traballador/a dúas pagas extraordinarias, máis a antigüidade do módulo salarial pactado. A contía económica da devanditas pagas no ano 2005 están fixadas en 991,61 A, que se verán incrementadas na mesma porcentaxe que o que corresponda a cada un dos anos de vixencia do presente convenio.

En caso de coincidir en sábado ou festivo, aboarase o día anterior.

d) Paga de beneficios. O día 15 de marzo aboarase integramente a cada traballador/a unha paga de beneficios máis a antigüidade do módulo salarial pactado. A contía económica da devandita paga no ano 2005 está fixada en 978,24 A, que se verá incrementada na mesma porcentaxe que o acordado para cada un dos anos de vixencia do presente convenio.

No caso de coincidir en sábado ou festivo, aboarase o día anterior.

e) Paga de produción. O día 15 de setembro aboarase integramente a cada traballador/a unha paga de produción máis a antigüidade do módulo salarial pactado. A contía económica da devandita paga no ano 2005 está fixada en 978,24 A, que se verá incrementada na mesma porcentaxe que o acordado por cada un dos anos de vixencia do presente convenio.

No caso de coincidir en sábado ou festivo, aboarase o día anterior.

Revisión salarial 2005.

Ao finalizar o ano 2005 aplicarase unha revisión salarial en todos os conceptos económicos e con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro, consistente en aboar a diferenza entre o IPC previsto e o IPC real.

Incremento salarial do ano 2006.

No ano 2006 o incremento económico será do IPC previsto en todos os conceptos económicos e con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro. A maiores, o complemento de transporte terá un incremento adicional desde o mes de xullo de 12,00 A mensuais.

A partir de xaneiro do ano 2006, 30 A do complemento de transporte pasarán un concepto fixo cotizable.

Revisión salarial 2006.

Ao finalizar o ano 2006 aplicarase unha revisión salarial en todos os conceptos económicos e con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro, consistente en aboar a diferenza entre o IPC previsto e o IPC real.

Compensación e absorción.

As condicións económicas aquí pactadas son, no seu conxunto, máis favorables que as mínimas legais que ao traballador/a lle corresponden formando parte dun todo indivisible e que, para os efectos da súa aplicación, serán consideradas globalmente.

Así mesmo, as melloras económicas aquí establecidas absorben ou compensan as que puidesen establecerse no futuro por calquera disposición obrigatoria, se estas fosen menores ás pactadas.

Comisión mixta.

Para interpretar o convenio resolverá a representación dos traballadores/as existente en cada momento e a dirección da empresa. Tanto na negociación coma na interpretación deste convenio e sucesivos a parte social poderá solicitar a axuda de asesores, sexan ou non da empresa, a cal será recoñecida como parte integrante da comisión mixta.