DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 22 de novembro de 2005 Páx. 18.630

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Bajamar Séptima, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Bajamar Séptima, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Traballo o día 13-10-2005 e subscrito pola parte económica pola empresa e pola parte social polo comité de empresa o día 29-9-2005, de conformidade co dis

posto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de outubro de 2005.

María Debén Alfonso

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo Bajamar Séptima, S.A. 2005

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Este convenio terá aplicación no centro de traballo de Bajamar Séptima, S.A. sito no polígono industrial de Sabón, parcela 13 de Arteixo, A Coruña.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afectará a totalidade do persoal existente, no momento da súa sinatura en Bajamar Séptima, S.A.; así como o que se incorpore posteriormente aos respectivos cadros de persoal.

Artigo 3º.-Vixencia.

Este convenio estará en vigor desde o 1 de xaneiro de 2005 ata o 31 de decembro do mesmo ano. Cando non se produza denuncia dalgunha das partes este convenio entenderase prorrogado de ano en ano en todas as súas cláusulas. A denuncia realizarase cunha antelación de dous meses ao remate da súa vixencia, comunicándollo á outra parte e á autoridade laboral competente. Producida a denuncia manterase en vigor todo o articulado do convenio ata nova sinatura.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

O conxunto das condicións pactadas neste convenio absorberá e compensará aquelas melloras que puidesen establecerse polas disposicións legais vixentes en cada momento.

Todas as condicións económicas establecidas neste convenio teñen carácter de mínimas e son as que figuran nas táboas salariais anexas.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas acordadas en contrato individual entre empresa e traballador, vixente á entrada en vigor do convenio.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións xerais pactadas neste convenio crearase unha comisión paritaria composta por:

Parte social: nove membros repartidos proporcionalmente á representatividade obtida por cada sindicato nas eleccións sindicais.

Parte empresarial: nove membros para ser designados pola empresa.

Cando a comisión paritaria non chegue a acordo na interpretación ou aplicación do convenio, someterase a xurisdición laboral competente.

Artigo 6º.-Grupo de clasificación.

O persoal ao servizo da empresa incluído no ámbito de aplicación deste convenio, queda encadrado nalgún dos seguintes grupos profesionais.

I.-Persoal técnico: clasifícanse neste grupo os que realizan traballos que exixan, con titulación ou sen ela, unha axeitada competencia práctica, exercendo funcións de tipo facultativo, técnico ou dirección especializada.

O devandito grupo clasificarase pola súa vez nos seguintes subgrupos:

I.1.-Técnico con título medio.

I.2.-Técnico con título non superior.

I.3.-Técnicos non titulados.

II.-Administrativos e persoal de mantemento: neste concepto quedan comprendidos os que realicen traballos de mecánica administrativa, contable e outros análogos non comprendidos no grupo anterior, así como o persoal que se dedique a funcións de mantemento. Clasificarase pola súa vez en oficial de primeira, oficial de segunda e auxiliar.

III.-Obreiros e actividades auxiliares: inclúe este grupo o persoal que execute fundamentalmente traballo de índole material ou mecánico, e engloba o persoal de fabricación, cámaras e oficios varios, así como o persoal subalterno. Este pola súa vez clasifícase en oficial de primeira, oficial de segunda e auxiliar.

Artigo 7º.-Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo na previsión de vacantes, cando se requira persoal de novo ingreso, a empresa terá en conta, en primeiro lugar, os traballadores/as que no momento de iniciarse a selección conten con contratos a tempo parcial; en segundo lugar os que estivesen relacionados coa empresa e en terceiro lugar as peticións de fillos ou fillas dos traballadores/as en activo, falecidos, xubilados ou pensionistas, concedéndolles o emprego en todo caso, se supera as probas de aptitude que corresponda. Para postos de certa responsabilidade que precise a empresa, será necesario que

as súas condicións e saber non sexan inferiores ao doutros candidatos.

A empresa está obrigada a informar o comité de empresa das vacantes producidas e postos de nova creación. Así mesmo, daráselle difusión no taboleiro de anuncios.

Artigo 8º.-Postos especiais.

A empresa procurará empregar o persoal que por razóns de idade ou doutra índole se vexa reducida a súa capacidade física ou intelectual en tarefas que se adecúen ás súas condicións reais, en caso de que existan as devanditas tarefas. Igual criterio se seguirá con quen se atope en situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión.

Artigo 9º.-Persoal a tempo completo.

A empresa comprométese a manter un cadro de persoal dos traballadores a tempo completo de 26 traballadores/as. Tanto as novas contratacións que se produzan a tempo completo, como a conversión de contratos a tempo parcial en contratos a tempo completo, entenderase efectuadas en réxime de flexibilidade horarias (horario flexible e distribución irregular da xornada), sen prexuízo de respectar os dereitos adquiridos a titulo individual. As novas incorporacións do novo persoal a tempo completo realizaranse entre os traballadores/as de tempo parcial existentes na empresa respectando as seguintes preferencias: en primeiro lugar incorporaranse a tempo completo os traballadores/as de tempo parcial que teñan máis antigüidade e superen os 50 anos, se non existisen traballadoras/as maiores de 50 anos respectarase o de maior antigüidade para acceder a postos de traballo de tempo completo. Os traballadores/as a tempo parcial que accedan a xornada completa con flexibilidade horaria seguirán

percibindo o complemento de dispoñibilidade mensual, mentres se manteña o mesmo réxime de xornada.

Artigo 10º.-Xornada e horario de traballo.

Non se considerará como traballo efectivo o tempo de descanso que se concede dentro da xornada continuada, sen prexuízo do disposto nos artigos 22º e 30º deste convenio.

A xornada anual será de 1.736 horas de traballo efectivo. Distribuída de luns a venres en quendas de mañá tarde e noite repartidas do seguinte xeito:

* Produción, servizos auxiliares e administración de servizos:

Mañá: 6.00 horas a 14.00 horas.

Tarde: 14.00 horas a 22.00 horas.

Noite: 22.00 horas a 06.00 horas.

* Administración inverno:

-Grupo A

Mañá: 8.00 horas a 14.00 horas.

Tarde: 15.00 horas a 17.10 horas.

-Grupo B

Mañá: 8.00 horas a 14.00 horas.

Tarde: 16.00 horas a 18,10 horas.

Trimestralmente comunicaráselle ao comité o número de quendas realizadas por cada traballador para o seu control. A empresa porá os medios necesarios para que ao rematar o ano o número de xornadas de noite, tarde e mañá sexan iguais para todos os traballadores/as non voluntarios á quenda de noite. O traballo dos sábados farase con persoal, en cuxos contratos así se especifique ou con persoal voluntario.

O tempo de bocadillo que actualmente se vén gozando será realizado entre a 3ª e a 5ª hora do inicio da xornada.

* Administración verán (15 de xuño a 15 de setembro inclusive):

-Grupo A e B

Xornada única de 8.00 horas a 14.30 horas.

Os venres a xornada será de 8.00 a 15.00 horas. A recuperación da devandita xornada realizarase a razón de 15 minutos diarios de luns a xoves.

Horario novas contratacións. Persoal administración. Ante circunstancias novas de contratación, estas axustaranse aos horarios que individualmente se acorden en cada contrato. A xornada máxima así como os descansos semanais e diarios serán establecidos no convenio colectivo. Horario de verán: administrativos e técnicos, do 15 de xuño ao 15 de setembro: mañá das 8.00 horas ás 14.30 horas.

Artigo 11º.-Vacacións.

As vacacións adaptaranse á xornada anual máxima de 1.736 horas e serán pactadas entre o comité e a empresa.

Dada a natureza do seu traballo, o persoal de mantemento gozará das súas vacacións en períodos diferentes aos recollidos no calendario anual do resto do equipo, que coincide coa máxima actividade para eles. Para tal efecto pactarase un sistema de quendas que permita atender as necesidades da empresa, e o gozo das súas vacacións en períodos o máis parecidos posibles aos demais traballadores.

Cando se produza por parte do traballador unha enfermidade ou accidente durante ou antes do período das vacacións, estas interromperanse para gozalas nun período posterior.

Cando por unha situación de baixa por enfermidade ou accidente, algún traballador non puidese gozar as vacacións dentro do ano natural, estas poderán ser gozadas no mes de xaneiro do ano seguinte, co límite máximo ata o 31 de xaneiro.

Persoal administración:

Cando por necesidades excepcionais e circunstanciais, algún traballador ou traballadora, vise modificado o inicio do seu período de vacacións (previamente establecido no calendario de vacacións)

e sempre que se lle comunique cunha antelación mínima de dous meses, percibirá en concepto de bolsa de vacacións, a cantidade de 120,20 euros.

No suposto de que tal modificación, sexa comunicada cun intervalo menor de dous meses, a cantidade que se vai percibir, será de 180,30 euros. Igual cantidade aboarase en caso de que, iniciado o período de vacacións (só por causas de auténtica necesidade), este tivese que ser interrompido. Así mesmo aboaránselle os gastos xustificables que se puidesen ocasionar. Unha vez finalizada a causa que deu motivo a algunha das circunstancias referidas, procederá, segundo sexa, a iniciar as vacacións ou a continuar o gozo do período restante, en todo caso sempre dentro do ano en curso, sendo sempre o traballador/a quen elixa o novo período de vacacións. As cantidades sinaladas serán aboadas nun só pagamento e coincidente coa nómina correspondente ao mes en que se produciu a situación de gozo irregular de vacacións.

Artigo 12º.-Período de proba.

O persoal de novo ingreso terá carácter provisional durante un período de proba variable, segundo a índole do labor que se vai realizar, conforme a seguinte escala:

-Técnicos titulados sen contrato en prácticas: seis meses.

-Resto de persoal e técnicos titulados con contrato en prácticas:

* Contrato de ata seis meses: 15 días efectivos de proba.

* Contrato de máis de seis meses: 1 mes de proba.

Artigo 13º.-Licenzas non retribuídas.

O persoal afectado por este convenio terá dereito a 10 días de permiso non retribuído ao ano para asuntos propios debidamente xustificados, poderase fraccionar en dous períodos, sendo o tempo mínimo que se pode coller de 5 días. O traballador/a avisará cun prazo mínimo de 7 días naturais salvo causas de forza maior.

Artigo 14º.-Licenzas retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificándoo axeitadamente, terá dereito a solicitar licenzas retribuídas nos seguintes casos:

a) Matrimonio: quince días.

b) -5 días naturais en caso de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe e de familiares de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade.

-3 días no caso de enfermidade grave ou falecemento de familiares de segundo grao por consanguinidade ou afinidade.

-2 días en caso de falecemento de familiares de terceiro grao por consanguinidade ou afinidade.

Cando polos motivos antes citados o traballador ou traballadora necesite facer un desprazamento para tal efecto, o prazo incrementarase en dous días.

c) Un día por traslado de domicilio.

d) Un día por intervención cirúrxica sen internamento, ou recoñecemento médico de pais, cónxuxe e fillos.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

f) Polo tempo indispensable para acudir o traballador a probas ou consultas médicas nos centros sanitarios da Seguridade Social, sempre que se acredite fidedignamente, e se teña notificado con anterioridade á empresa.

Concédense os mesmos dereitos ao compañeiro/a que ao esposo/a tanto no caso de parto coma de enfermidade.

Todos os días indicados anteriormente consideraranse naturais.

Artigo 15º.-Vestiario.

A utilización da roupa de traballo deberá ser de uso exclusivo para traballar en Bajamar Séptima, S.A.

Todo o persoal da empresa, dependendo da tarefa que teña que realizar, recibirá o seguinte vestiario:

* Operarios/as:

Cantidade RoupaCambio

2Par de zocosPor reposición

2Calzóns frío home/mullerAnual

2Camisetas de fríoAnual

2CasacasAnual

2PantalónsAnual

4Pares de calcetínsAnual

* Encargados/as:

Cantidade RoupaCambio

2Par de zocosPor reposición

2Calzóns frío home/mullerAnual

2Camisetas de fríoAnual

2BatasAnual

2PantalónsAnual

4Pares de calcetínsAnual

* Cámaras:

Cantidade RoupaCambio

1Par botas-illantes Por reposición

2XerseisPor reposición

2PasamontañasPor reposición

2MonosAnual

1Traxes de fríoPor reposición

4Pares de calcetínsPor reposición

2Camisetas de fríoAnual

* O vestiario de frío entregarase ao incorporarse ao equipo e reporase cando se produzca rotura ou deterioro.

* Administrativos/as e carreteiros/as externos:

Cantidade RoupaCambio

2Par de zocosPor reposición

2PantalónsAnual

2BatasAnual

4Pares de calcetínsAnual

2Camisetas de fríoAnual

2XerseisPor reposición

* Mantemento:

Cantidade RoupaCambio

1Par de botasAnual

4MonosPor reposición

4Pares de calcetínsAnual

2Camisetas de fríoAnual

1Traxe de fríoPor reposición

1Par de botas de fríoPor reposición

1PasamontañasPor reposición

O personal de mantemento contará con roupa adecuada para realizar o traballo en cámaras.

* Resto do persoal:

Cantidade Roupa

1Par de zocos

2Batas

As datas de reposición serán nos meses de xaneiro, abril, xullo ou outubro de cada ano.

Para casos excepcionais e por petición do comité de empresa poderanse adiantar as datas de reposición para que todos os traballadores/as que non teñan completo o seu vestiario como se establece en convenio colectivo.

Por reposición: entenderase que é cando a roupa ou calzado están deteriorados e non vale para traballar habitualmente, no devandito caso cambiarase por unha da mesma calidade, sempre e cando se devolva a garantía deteriorada.

Artigo 16º.-Salarios.

Son os que constan na táboa salarial anexa que, de acordo co pactado, supuxeron unha suba do 3.5% en todos os conceptos.

Os salarios revisarase de forma que o salario pactado se manteña un 0,7% por enriba do índice de prezos ao consumo (IPC) correspondente ao ano 2005. Esta actualización, caso de proceder, aboarase nunha soa paga en xaneiro de 2006 e aumentará na cantidade resultante o salario do ano 2005 para os efectos de futuros incrementos salariais.

Artigo 17º.-Estrutura salarial.

Salario base: será igual para todo o persoal de Bajamar Séptima, sendo o seu valor segundo táboas salariais adxuntas.

Antigüidade: a antigüidade de Bajamar Séptima, S.A., será o tope máximo do 60% do salario base e aboarase en función de trienios consolidados a razón do 6,5% do salario base por cada trienio, aplicando sempre esta porcentaxe sobre o salario base vixente no ano en curso.

Ademais do disposto no parágrafo anterior, os traballadores de Bajamar Séptima terán dereito a un complemento por fidelización nos casos e contías que a continuación se describen:

* Cumprir sesenta anos e,

* Ter acreditada unha antigüidade en BS de 10, 15 ou 20 anos.

Contía do complemento:

20 anos traballados=Tres mensualidades completas=Complemento mensual de fidelización

75 pagas

15 anos traballados=Duas mensualidades completas=Complemento mensual de fidelización

75 pagas

10 anos traballados=Unha mensualidade completa=Complemento mensual de fidelización

75 pagas

Percepción:

O complemento así determinado percibirase mensualmente ata que o traballador finalice a súa relación laboral con BS e incrementarase porcentualmente coas mesmas subas salariais que se pacten nos sucesivos convenios colectivos. Se a relación laboral finalizase antes de que o traballador cumprise os 65 anos, por causa distinta do despedimento procedente disciplinario, o traballador terá dereito a unha indemnización equivalente á parte de complemento pendente de percibir incrementado en quince días dunha mensualidade completa por ano anticipado.

En todo caso o complemento deixará de percibirse coa finalización da relación laboral (nos termos descritos) e polo cumprimento da idade de sesenta e cinco anos.

Complemento de convenio: é o complemento que aparece nas táboas salariais e é idéntico para todas as categorías e seccións.

Complemento de cualificación persoal: complemento de cualificación persoal segundo categorías. Aparece recollido nas táboas anexas.

Complemento de posto de traballo: é o complemento que se percibe polas condicións específicas do posto de traballo.

Complemento de presenza: todo o persoal, como premio por asistencia ao traballo, percibirá, por día efectivo de traballo 1,23 euros. Aboarase nas pagas mensuais. Nas seguintes situacións tamén se percibirá o devandito complemento malia non asistir ao traballo:

Nas horas sindicais reguladas no artigo 68 c) do Estatuto dos traballadores, por IT por accidente de traballo ou enfermidade profesional e sempre que interrompa a súa xornada para asistir a consultas médicas.

A contía diaria para o 2005 será o resultante de aplicar a seguinte fórmula:

276,98 A complemento asistencia anual=1,23 A x día efectivo traballado

224 días efectivos ano

Complemento de nocturnidade: os traballadores/as que realicen a súa xornada na quenda de noite percibirán a cantidade que figura na táboa de salarios anexa. Os traballadores/as que permanentemente traballen en quenda de noite percibirán un complemento mensual que figura na táboa salarial anexa. A empresa e o comité de empresa estudarán as solicitudes de todos os traballadores e traballadoras e en función da súa cualificación e as dispoñibilidades existentes e contestaráselles sobre a súa aceptación ou non para formar parte da quenda de noite, con carácter fixo, nun prazo máximo de 15 días.

As persoas que desexen apuntarse, ou deixar de pertencer, ao devandito grupo deberán comunicarllo á empresa cun mes de antelación.

O persoal de mantemento que realice a xornada nocturna e que supere as 55 noites de xornada nocturna ao ano percibirá, á parte do complemento que viña percibindo, a cantidade de 3,36 euros por noite a partir da noite 56 (inclusive).

Complemento de transporte: o persoal de administración que por ter unha xornada distinta o servizo de autobús que ten posto á disposición dos traballadores a empresa, percibirán unha cantidade calculada coa seguinte fórmula:

C. de transp. mensual (12 pagas)=Custo de autobús A Coruña-Arteixo x viaxes ano X 1.17

12

A revisión do devandito complemento realizarase anualmente tomando como prezo vixente o existente o 1 de xaneiro de cada ano. Para calcular o número de viaxes anuais considerándose 4 viaxes diarias durante a xornada partida e 2 durante a xornada continuada.

Complemento de desprazamento que será cobrado por todo o persoal a razón de 5,91 A/día cando o traballador realice por solicitude da empresa un horario que lle obrigue a desprazarse sen poder empregar o servizo do autobús da empresa, empregue este ou non habitualmente. O persoal de Administración terá dereito a este complemento cando realice un desprazamento extra.

Complemento de serra: as persoas que realicen a súa actividade na máquina de serra de corte manual, recibirán a cantidade de 0,41 céntimos a hora traballada.

Artigo 18º.-Horas extraordinarias.

É firme por vontade de ambas as dúas partes a redución ao mínimo de horas extraordinarias.

As horas extraordinarias serán aboadas segundo a táboa salarial anexa ás cales se lles engadirá a nocturnidade incrementada cunha porcentaxe do 75% ou 100% cando proceda.

As horas extras que se realicen en domingos e festivos ademais de contar coa retribución antes sinalada teñen a bonificación de igual tempo de descanso en xornada laboral habitual que tempo traballado que será gozado nos 15 días inmediatos á súa realización.

Considerar as horas extras estruturais as realizadas para a posta en marcha e peche da empresa.

Considéranse horas extraordinarias estruturais, as realizadas nos seguintes casos:

-Incidencias en quendas provocadas por licenzas retribuídas ou IT.

-Ausencia imprevista de relevo no traballo a quenda.

-Reparacións perentorias que poidan afectar a produción e períodos puntas de traballo.

-Posta en marcha e peche da empresa.

As horas extras terán en todo momento o carácter de voluntarias tal como prevé o ET no artigo 35.4º, salvo o pactado en contratos individuais.

Cando a xornada normal de oito horas exceda en máis de 5 minutos e estea xustificada por razóns de traballo aboarase como a continuación se indica:

Entre máis de 5 minutos e 30 minutos aboarase a razón de media hora extraordinaria.

Entre máis de 30 minutos e 1 hora aboarase a razón dunha hora extraordinaria.

Artigo 19º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado por este convenio, incluído o persoal con contratos para a formación, gozará de 3 pagas extraordinarias aboadas a razón dunha mensualidade máis os complementos salariais que correspondan. As devanditas pagas corresponden a:

a) O día 15 de marzo. O período de remuneración é do 1 de xaneiro ao 31 de decembro.

b) O día 15 de xullo. O período de remuneración é do 1 de xaneiro ao 30 de xuño do ano que se paga.

c) O día 15 de decembro. O período de remuneración é do 1 de xullo ao 31 de decembro do ano no que se paga.

As devanditas pagas serán sempre completas aínda que se produzan baixas por accidente ou enfermidade e serán iguais, facéndose efectivas o día laboral inmediatamente anterior á data sinalada neste artigo.

Así mesmo todos os traballadores e traballadoras cobrarán unha cuarta paga segundo as táboas salariais anexas, máis a antigüidade que será aboada o 15 de outubro. A devandita paga devengarase desde o 1 de xaneiro ao 31 de decembro.

Artigo 20º.-Contrato de aprendizaxe.

Os aprendices non poderán ocupar postos de traballo que quedaron vacantes por despedimento improcedente, obxectivo, ou por calquera tipo de expediente de regulación de emprego.

Características do contrato de aprendizaxe:

Duración: mínima de 6 meses e máxima de 2 anos.

Prórroga: mínima de 6 meses.

Idade: de 16 a 21 anos.

Formación: plan de formación pactado cos representantes dos traballadores.

Titor: cada dous aprendices como máximo terán un titor que teña como mínimo o nivel de cualificación que teña que adquirir o aprendiz.

Salario: o primeiro ano o 100% do salario base do convenio e o segundo o 120% do salario base do convenio.

Artigo 21º.-Axudas de custo.

Cando por necesidades da actividade a empresa se considere preciso a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en dúas ou máis horas extraordinarias, a empresa facilitará unha axuda de custo de 12,07 euros. Facilitaráselles aos/ás traballadores/as un tempo de 15 minutos, que se considerará de traballo efectivo, no que o traballador/a realizará a súa comida. Se esta continuidade da xornada laboral corresponde á segunda quenda de traballo, aplicarase a mesma axuda de custo e tempo de descaso en concepto de cea, cando se realice 1,5 ou máis horas extraordinarias despois da devandita xornada.

En casos especiais se as necesidades do traballo urxente o requiren, o traballador poderá prescindir do tempo previsto para o xantar ou cea, sen que isto signifique a perda da axuda de custo establecida.

Artigo 22º.-Complemento por IT en caso de accidente de traballo.

Cando o persoal da empresa estea en situación de IT terá un complemento de ata o 100% do seu salario real, é dicir, percibirá a totalidade do seu salario coma se estivese a traballar sempre e cando sexa debido a AT ou EP, así mesmo, percibirá ata o 100% do seu salario cando se trate de EP e EC que requira hospitalización.

A todos os traballadores/as da sección e fabricación, mantemento e servizos auxiliares aboaráselles, na totalidade das baixas, o 100% do seu salario se no semestre natural anterior non se superou o 6% de absentismo laboral nestas seccións. Outro tanto sucederá cos traballadores/as de Administración se nesta sección non se superou o 3% de absentismo no semestre anterior.

Artigo 23º.-Indemnización en caso de morte ou invalidez permanente por causa de accidente.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, a empresa mediante a concentración de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, garantiralles aos seus traballadores ou, se é o caso, aos seus herdeiros, e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións, cubrindo a póliza as 24 horas do día.

A.-Por accidente non laboral.

A.1.-Morte do traballador/a: 57.942 euros.

A.2.-Invalidez permanente total: 57.942 euros.

A.3.-Invalidez permanente absoluta: 115.885 euros.

A.4.-Grande invalidez: 231.770 euros.

O traballador/a percibirá a cantidade de cincuenta e sete mil novecentos corenta e dous euros para os primeiros casos, cincuenta e sete mil novecentas corenta y dous euros nos segundos casos cento quince mil oitocentos oitenta e cinco euros nos terceiros casos e douscentos trinta e un mil setecentos setenta euros no último caso.

B.-Por accidente laboral.

B.1.-Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador/a ou, no seu defecto, a persoa que este designase, percibirán a cantidade de cincuenta e sete mil novecentos corenta e dous euros.

B.2.-Invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta e grande invalidez.

O traballador/a percibirá a cantidade de cincuenta e sete mil novecentos corenta e dous euros para os primeiros casos cento quince mil oitocentas oitenta e cinco euros nos segundos casos e douscentos trinta e un mil setecentos setenta euros no último caso.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite o traballador, de modo permanente, para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que poida dedicarse a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanente absoluta, a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente, para toda profesión ou oficio.

Entenderase por grande invalidez a situación do traballador para os efectos de incapacidade permanente absoluta e que, por consecuencia das perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para realizar os actos máis esenciais da vida, como son vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

Estas condicións quedan establecidas na póliza de seguros e cuxa copia será entregada ao comité de empresa.

Artigo 24º.-Xubilación.

Queda establecida a xubilación, con carácter obrigatorio aos 65 anos para todo o persoal da empresa.

Non obstante a empresa realizará os trámites precisos co obxecto de xestionar a xubilación anticipada e voluntaria co 100% da base de cotización que lle correspondería aos 65 anos para aqueles que teñan cotizado ao réxime da Seguridade Social antes do 1 de xaneiro de 1967.

Se a empresa se decide a cubrir estas baixas terá en conta o disposto no artigo 7º.

Xubilación parcial.-A dirección da empresa e o comité de empresa colaborarán para facilitar o acceso dos traballadores á xubilación parcial, de acordo coa lexislación de carácter xeral. En todo caso requirirase o acordo individual entre o traballador/a afectado e a dirección da empresa.

Artigo 25º.-Formación de persoal.

Os obxectivos en formación son os seguintes:

-Integrar a formación na política global de xestión de recursos humanos da empresa.

-Potenciar iniciativas de formación que favorezan a modernización e xestión da empresa.

-Impulsar unha formación continua que asegure o mantemento das competencias dos empregos e asemade, facilite a adquisición de novas capacidades que estimulen a promoción interna.

-Renovar e desenvolver as destrezas e coñecementos en función da previsible evolución das profesións e empregos, centrando a atención nas cualificacións que se requiren para o futuro.

-Ampliar e desenvolver a colaboración con outras institucións públicas naqueles programas que complementen iniciativas de formación da compañía.

Financiamento da formación:

A formación promovida pola empresa poderase realizar dentro ou fóra da xornada laboral. No caso de ser realizada fóra da xornada laboral a empresa aboaralle ao traballador/a horas realizadas a razón do 50% do seu salario/hora ou ben en tempo libre a razón de 50% das horas realizadas de formación.

No caso de que a formación requira desprazamento ou necesidade doutro tipo de axudas de custo estas serán aboadas pola empresa integramente.

Artigo 26º.-Faltas, sancións e procedemento sancionador.

As faltas cometidas polo traballador serán cualificadas, segundo a súa importancia, transcendencia e intención, en leves, graves ou moi graves.

1. Considerarase como faltas leves as accións ou omisións seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo ata tres ocasións nun mes por un tempo total inferior a vinte minutos.

b) A inasistencia inxustificada ao traballo dun día durante o período dun mes.

c) A non comunicación coa antelación previa da inasistencia ao traballo por causa xustificada, salvo que se acreditase a imposibilidade da non notificación.

d) O abandono do posto de traballo sen causa xustificada por breves períodos de tempo e sempre que iso non causase risco á integridade das persoas ou cousas, en cuxos casos poderá ser cualificado, segundo a gravidade, como falta grave ou moi grave.

e) A desatención e falta de corrección no trato co público cando non prexudiquen gravemente a imaxe da empresa.

f) Os descoidos na conservación do material que se tivese a cargo ou for responsable e que produzan deterioracións leves deste.

g) A embriaguez non habitual no traballo.

2. Considerarase como faltas graves as accións ou omisións seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo ata tres ocasións nun mes por tempo total de ata sesenta minutos.

b) A inasistencia inxustificada ao traballo de dous ou catro días durante o período dun mes.

c) O entorpecemento, a omisión maliciosa e o falseamento dos datos que tivesen incidencia na Seguridade Social.

d) A simulación de enfermidade ou accidente, sen prexuízo do previsto na letra d) do número 3.

e) A suplantación doutro traballador, alterando os rexistros e controis de entrada e saída ao traballo.

f) A desobediencia ás ordes e instrucións de traballo, incluídas as relativas normas de seguridade e hixiene, así como a imprudencia ou neglixencia no traballo, salvo que delas derivasen prexuízos graves á empresa, causen avarías á instalacións, maquinarias e, en xeral, bens da empresa ou comportasen risco de accidente para as persoas, en cuxos casos serán consideradas como faltas moi graves.

g) A falta de comunicación á empresa dos danos ou anormalidades observados nos útiles, ferramentas, vehículos e obras ao seu cargo, cando iso derivase un prexuízo grave á empresa.

h) A realización sen oportuno permiso de traballos particulares durante a xornada, así como o emprego de útiles, ferramentas, maquinaria, vehículos e, en xeral, bens da empresa para os que non estivese autorizado ou para usos alleos aos do traballo encomendado, mesmo fóra da xornada laboral.

i) O quebrantamento ou a violación de segredos de obrigada reserva que non produza grave prexuízo para a empresa.

j) A embriaguez habitual no traballo.

k) A falta de aseo e limpeza persoal cando poida afectar o proceso produtivo ou a prestación do servizo e sempre que, previamente, mediase a oportuna advertencia na empresa.

l) A execución deficiente dos traballos encomendados, sempre que diso non se derivase prexuízo grave para as persoas ou cousas.

ll) A diminución do rendemento normal no traballo de xeito non repetido.

m) As ofensas de palabras proferidas ou de obra cometidas contra as persoas, dentro do centro de traballo, cando revistan acusada gravidade.

n) A reincidencia na comisión de cinco faltas leves, aínda que sexa de distinta natureza e sempre que mediase sanción distinta de amoestación verbal, dentro dun trimestre.

3. Considerarase faltas moi graves as accións ou omisións seguintes:

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída no traballo en dez ocasións durante seis meses ou vinte durante un ano debidamente advertida.

b) A inasistencia inxustificada ao traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas ou a apropiación, furto ou roubo de bens de propiedade da empresa, de compañeiros ou de calquera outras persoas dentro das dependencias da empresa.

d) A simulación de enfermidade ou accidente ou a prolongación da baixa por enfermidade ou accidente coa finalidade de realizar calquera traballo por conta propia ou allea.

e) O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada reserva que produza grave prexuízo para a empresa.

f) A embriaguez habitual ou toxicómana se repercute negativamente no traballo.

g) A realización de actividades que impliquen competencia desleal á empresa.

h) A diminución voluntaria e continuada no rendemento do traballo normal pactado.

i) A inobservancia dos servizos de mantemento en caso de folga.

j) O abuso de autoridade exercido polos que desempeñan funcións de mando.

k) O acoso sexual.

l) A reiterada non utilización dos elementos de protección en materia de seguridade e hixiene, debidamente advertida.

ll) As derivadas dos puntos 1 d) e 2 l) e m) deste artigo.

m) A reincidencia ou reiteración na comisión de faltas graves, reiterando como tal aquela situación na que, con anterioridade ao momento da comisión do feito, o traballador fose sancionado dúas ou máis veces por faltas graves, aínda de distinta natureza, durante o período dun ano.

Sancións:

As sancións máximas que se van aplicar polas faltas poderán ser as seguintes:

Por falta leve: amoestación verbal ou escrita.

Pola reiteración de faltas leves: ata 2 días de suspensión de emprego e soldo.

Por falta grave: ata 7 días de suspensión de emprego e soldo.

Por falta moi grave: ata 30 días de suspensión de emprego e soldo ou despedimento disciplinario.

As faltas leves prescribirán aos 10 días, as graves aos 20 días e as moi graves aos 60 días, a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, aos 120 días de cometerse.

As anotacións desfavorables que como consecuencia das sancións impostas puidesen facerse constar nos expedientes persoais quedasen canceladas a cumprirse os prazos de dous, catro ou oito meses, segundo se trate de falta leve, grave ou moi grave.

Procedemento sancionador:

1. A sanción de faltas requirirá a comunicación escrita e motivada ao traballador.

2. A sanción de faltas moi graves requirirá a previa instrución dun procedemento contraditorio sumario, con audiencia do traballador afectado e do comité de empresa tendo este último, quince días naturais para emitir informe previo á imposición da sanción.

3. Durante a substanciación do expediente disciplinario aludido no punto anterior, a dirección da empresa poderá acordar a medida preventiva de suspensión de emprego.

4. A dirección da empresa informará o comité de empresa sobre as sancións impostas por faltas graves e moi graves.

5. Cando o traballador este afiliado a un sindicato, informarase ou oirá o delegado sindical nos casos e cos procedementos previstos nos puntos 2 e 4 deste artigo.

6. Tratándose de delegado sindical ou membro do comité de empresa/delegado de persoal haberá que aterse ao disposto no artigo 68 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 27º.-Garantía dos/das representantes dos/das traballadores/as.

A empresa garantirá que todos os dereitos dos representantes que a Lei 8/1980, do 10 de marzo e a súa reforma (Lei 11/1984) prevé serán escrupulosamente cumpridos.

Non serán contabilizadas no cómputo de horas sindicais as destinadas a reunións coa empresa.

O crédito horario poderase acumular nun ou varios traballadores trimestralmente.

O crédito horario non se computará para os efectos de cálculo do índice de absentismo.

Artigo 28º.-Traballadoras a tempo parcial.

As traballadoras e traballadores a tempo parcial rexeranse polas seguintes condicións na súa contratación:

1. Garantízaraselles unha xornada de 158 días de traballo efectivo, correspondido un 70% da xornada anual do convenio colectivo de Bajamar Séptima, S.A.

A xornada poderase ampliar ata 202 días anuais, se nos últimos meses de cada ano superan a xornada de 158 días, e reducirse no primeiro de xaneiro do ano seguinte a un mínimo de 158 días, en caso de que se superara a xornada no ano.

2. O importe será por hora efectiva de traballo e calcularase baseándose na seguinte fórmula:

S.B.A de categoría

2000

SBA: salario bruto anual.

Garantizaráselles por parte da empresa un mínimo de 27 días trimestrais máis un complemento de dis

poñibilidade mensual segundo táboas salariais anexas; este último independente dos días de traballo no mes.

Como norma xeral o horario de traballo coincidirá cos horarios establecidos. Para o resto do equipo nos casos de que este horario sexa diferente, estas traballadoras e traballadores contarán a parte dos 20 minutos de descanso retribuído con outros 15 minutos de descanso non retribuído que se gozarán conxuntamente entre a terceira e quinta hora desde o seu inicio da xornada.

Garántese un mínimo de dúas horas de traballo por chamada para pizzas refrixeradas, máis un complemento de desprazamento segundo convenio.

Bajamar Séptima comprométese a que todos os venres saia publicada no taboleiro de anuncios a asignación do programa do traballo de cada traballador para a semana seguinte. No caso de que o calendario se vexa reducido a empresa aboará a totalidade das horas programadas e no caso de que se amplíe pagaranse o exceso de horas non programadas como horas extras salvo que o devandito incremento se produza debido a ausencias imprevistas do persoal e do comité.

A empresa empregará traballadores/as de Bajamar Séptima, S.A., a tempo parcial (fixos ou temporais), antes que traballadores/as de ETT, polo cal non poderá haber traballadores do cadro de persoal de Bajamar Séptima, S.A. con xornada reducida (sen traballar), e os traballadores/as de ETT prestando os seus servizos na empresa, podendo esta acollerse no caso de xornada reducida ao Decreto 1561/1995, ata unha vez por semana, non sendo consideradas horas extras as que sexan realizadas por estes mesmos traballadores/as e non figuren incluídas no cadrante de asignación de persoal, agás que estean a superar a xornada máxima diaria, semanal ou anual.

Polo que se refire ás compensacións horarias e descansos haberá que aterse ao disposto no Decreto 1561/1995 mencionado, o convenio colectivo ou contratos individuais.

Para futuras contratacións haberá que aterse ao pactado nos seus contratos.

Artigo 29º.-Excedencia por maternidade.

Os traballadores e traballadoras que soliciten unha excedencia por razón de maternidade de acordo co artigo 46.3º do Estatuto dos traballadores terán dereito durante o prazo máximo de tres anos a ocupar automaticamente o seu posto de traballo, sempre que avise a empresa por escrito con trinta días de antelación á data da súa incorporación.

Pódense prorrogar unha ou varias veces por períodos non inferiores a seis meses.

A petición realizarase por escrito cunha antelación de polo menos 15 días á data do seu inicio.

Os escritos tanto de solicitude de excedencia coma de incorporación ao posto de traballo deberán ser contestados, igual por escrito, pola empresa.

Artigo 30º.-Excedencia por coidado de familiares.

Os traballadores e traballadoras terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atender o coidado dun familiar ata o segundo grao por consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidentes ou enfermidade non puidesen valerse por si mesmos. O período en que o traballador ou traballadora permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para os efectos de antigüidade e o traballador ou traballadora terá dereito a reserva de posto de traballo.

Artigo 31º.-Asembleas.

As persoas que traballan en Bajamar Séptima, S.A., ademais dos dereitos recoñecidos no artigo 77 de ET terán dereito á celebración dentro da xornada laboral dun máximo de 3 asembleas ao ano dunha duración non superior a 30 minutos.

Nos supostos de xubilación anticipada ao traballador/a aboaráselle o complemento de fidelización que lle faltaría por cobrar ata os 65 anos. O devandito complemento incrementarase coas subas salariais pactadas en convenio.

Adicionalmente se o traballador/a adiantase a súa xubilación antes dos 65 anos gratificaráselle con 15 días dunha mensualidade completa, por ano anticipado.

Artigo 32º.-Aplicación deste convenio e vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e, por conseguinte, a non aplicación dalgunha das condicións no pactadas supoñen as da totalidade.

No suposto de que a autoridade ou xurisdición competente, no exercicio das súas facultades, non aprobase ou modificase algunha das súas cláusulas, a comisión negociadora do convenio deberá reunirse para revisalo.

ANEXO I

A partir da entrada en vigor deste convenio as novas contratacións que se realicen recollerán as especificacións relativas ao traballo en produtos refrixerados, xornada anual, vacacións e descansos.

ANEXO II

Os traballos e tarefas que afecten a produción de produtos refrixerados dada á súa substancialidade propia dentro da actividade normal da empresa, poderá cubrirse mediante contratos de obra ou servizo determinado.

ANEXO III

A empresa comprométese a respectar o acordo subscrito con comité de empresa o día 10-9-1996, e rexistrado na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 30-9-1996, co número 438 nos seus puntos 2 e 3.

ANEXO IV

Descontos en compras e subscrición de guía de servizos: a empresa comprométese, unha vez coñecidas as necesidades do persoal comunicadas polo comité de empresa, a entregar unha proposta para a efectividade destes dereitos nunha próxima reunión co comité de empresa.

ANEXO V

Categorías: compromiso de recomposición das categorías, especialmente a categoría de operario/a, para pasar á de especialista, pasando previamente

por un período de formación. Os plans de formación que sexan elaborados para o efecto pola dirección da empresa levarase a cabo coa participación dos representantes dos traballadores.

ANEXO VI

Intervención cirúrxica: compromiso de que no ano 2003, a dirección da empresa e o comité de empresa definan os criterios e o nivel de gravidade da intervención cirúrxica e as circunstancias para acollerse aos días de permiso retribuído.

Táboa salarial por sección e categoría, ano 2005.

CÓDIGOSECCIÓNS E CATEGORÍASSALARIO

BASE

COMPLEM.

CONVENIO

COMPLEM.

CATEGORÍA

COMPLE. X 11

PRESENCIA

SALARIO

MENSUAL

(12 MESES)

EXTRA

OUTUBRO

(1 EXTRA)

PAGA

EXTRA

SALARIO

ANUAL

HORA

EXTRA

HORA

EXTRA FEST.

HORA

FORMACIÓN

100TITULADOS E TÉCNICOS

101GRAO SUPERIOR OU ASIMILIADOS555,7769,881.110,4225,181.736,07645,011.736,0726.962,9926,5630,3515,16

102GRAO MEDIO OU ASIMILADOS555,7769,88995,4025,181.621,05645,011.621,0525.237,7024,8328,3714,18

103TÉCNICOS TITULADOS555,7769,88535,3025,181.160,95645,011.160,9518.336,1917,8920,4410,22

104TÉCNICOS NON TITULADOS555,7769,88420,2825,181.045,93645,011.045,9316.610,9516,1618,479,23

105AXUDANTE TÉCNICO TITULADO555,7769,88305,2625,18930,91645,01930,9114.885,5814,4216,498,24

106AXUDANTE TÉCNICO NON TITULADO555,7769,88204,4825,18830,13645,01830,1313.373,9412,6914,507,25

200ADMINISTRACIÓN XERAL

201XEFE DE DEPARTAMENTO555,7769,881.149,1025,181.774,75645,011.774,7527.543,1927,1331,0115,51

202XEFE DE SECCIÓN555,7769,881.121,3825,181.747,03645,011.747,0327.127,3926,7430,5315,27

203OFICIAL 1ª555,7769,88424,5225,181.050,17645,011.050,1716.674,4916,1218,429,20

204OFICIAL 2ª555,7769,88391,5325,181.017,17645,011.017,1716.179,6115,7317,978,98

205AUXILIAR 1ª555,7769,88190,2225,18815,87645,01815,8713.159,9912,6914,507,25

206AUXILIAR 2ª555,7769,8875,2125,18700,86645,01700,8611.434,8810,9612,526,26

207ASPIRANTE OU BOLSEIRO555,7769,8846,4425,18672,09645,01672,0911.003,2910,5312,036,01

300CÁMARAS E ALMACÉNS

300XEFE DE EQUIPO555,7769,88592,8225,181.218,46645,011.218,4619.198,9518,7621,4310,72

301OFICIAL 1ª555,7769,88305,2525,18930,90645,01930,9014.885,4414,4216,488,24

302OFICIAL 2ª555,7769,88240,2725,18865,92645,01865,9213.910,7913,4515,367,68

303ESPECIALISTA CARRETEIRO555,7769,88171,8225,18797,47645,01797,4712.884,0512,4114,197,09

304OPERARIO/A555,7769,8824,6025,18650,25645,01650,2510.675,7410,1911,655,82

305MOZOS555,7769,880,0025,18625,65645,01625,6510.306,699,8211,235,61

400MANTEMENTO

401XEFE DE EQUIPO555,7769,88582,8025,181.208,45645,011.208,4519.048,6918,7621,4310,72

402OFICIAL 1ª555,7769,88535,3025,181.160,95645,011.160,9518.336,1917,8920,4410,22

403OFICIAL 2ª555,7769,88486,9925,181.112,64645,011.112,6417.611,6217,1619,619,80

404ESPECIALISTA555,7769,88286,2825,18911,92645,01911,9214.600,8614,1416,168,08

405OPERARIO/A555,7769,88190,2325,18815,88645,01815,8813.160,1812,6914,507,25

500FABRICACIÓN

501ENCARGADA XERAL555,7769,88822,8625,181.448,51645,011.448,5122.649,5922,2225,4012,69

502XEFE/A DE EQUIPO555,7769,88535,3025,181.160,95645,011.160,9518.336,1917,8920,4410,22

503OFICIAL 1ª555,7769,88305,2525,18930,90645,01930,9014.885,4414,4216,498,24

504OFICIAL 2ª555,7769,88240,2725,18865,92645,01865,9213.910,7513,4415,367,68

505ESPECIALISTA555,7769,88171,8225,18797,47645,01797,4712.884,0012,4114,196,85

506OPERARIO/A555,7769,8824,6025,18650,25645,01650,2510.675,7210,2111,655,82

OUTROS COMPLEMENTOSANO/MESMES/DÍA

FRÍO -25º COMPLEMENTO ANO/12 PAGAS1.536,23128,02

FRÍO 0º COMPLEMENTO ANO/12 PAGAS830,7269,23

NOCTURNIDADE DIARIA11,33

COMPLEMENTO TRANSPORTE MENSUAL1.167,1297,26

COMPLEMENTO DE DISPONIBILIDADE MENSUAL929,6677,47

ANTIGÜIDADE TRIENIO576,8036,05

Subida desde o 1-1-2005 o 3,5% de subida salarial