DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 21 de novembro de 2005 Páx. 18.495

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Cespa, S.A. (persoal adscrito á recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria do concello de Nigrán).

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Cespa, S.A. (persoal adscrito á recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria do concello de Nigrán), con nº de código 3602601 que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 12-8-2005, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 9-8-2005. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de outubro de 2005.

Pedro Borrajo Rivas

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Cespa, S.A. para o seu persoal adscrito aos servizos de recollida de residuos sólidos e limpeza viaria do concello de Nigrán

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo regulará as condicións de traballo da empresa Cespa, S.A. co seu persoal adscrito aos servizos de recollida de residuos sólidos e limpeza viaria do municipio de Nigrán, que Cespa, S.A. ten concertados co concello de Nigrán.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

A duración do convenio será desde o 1 de xaneiro de 2005 ata o 31 de decembro de 2007.

Non obstante, seguirase aplicando ata a sinatura do novo convenio que a substitúa. Nese momento estarase ao disposto na lexislación vixente en materia de negociación colectiva.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, agás as condicións económicas que terán a súa vixencia a partir do 1 de xaneiro do 2005.

Artigo 3º.-Denuncia.

O presente convenio considerarase automaticamente denunciado, unha vez terminada a vixencia prevista no artigo anterior, sen necesidade de ningún aviso previo.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións persoais que en conxunto anual excedan das condicións establecidas no presente convenio, manténdose ad personan.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

As retribucións establecidas neste convenio compensarán e absorberán todas as existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa natureza e orixe.

Os aumentos de retribucións que se puidesen producir no futuro polas disposicións legais, só serán aplicables cando, consideradas globalmente e en cómputo anual, superen as aquí pactadas. No caso contrario serán compensadas e absorbidas manténdose o presente convenio nos seus propios termos.

Artigo 6º.-Comisión mixta paritaria.

No prazo máximo de 10 días a partir da sinatura do convenio, constituirase unha comisión mixta de interpretación e vixilancia do convenio.

Estará formado por un representante da parte económica e un da parte social, que será o delegado de persoal, ambas as dúas partes poderán contar con asesores.

Reuniranse por instancia de parte, cantas veces sexa preciso, debendo celebrar a reunión, dentro das 72 horas seguintes á convocatoria.

As súas funcións serán as seguintes:

a) Interpretación da totalidade das cláusulas deste convenio.

b) Vixilancia e cumprimento do pactado.

c) Estudo e valoración das novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor do presente convenio, que poidan afectar o seu contido.

d) Cantas outras actividades tendan á eficacia práctica do convenio e a unha maior solución interna dos conflitos.

Nas reunións da comisión mixta paritaria, o día correrá a cargo da parte empresarial, cando sexan convocadas pola parte empresarial o día correrá a cargo da empresa, e cando sexan convocadas pola parte social, unha xuntanza será a cargo da parte social e a seguinte a cargo da empresa e así sucesivamente.

Artigo 7º.-Interpretación e aplicación do convenio.

Ambas as partes conveñen, que calquera dúbida ou diverxencia que poida xurdir, sobre a interpretación ou aplicación deste convenio, sexa sometida, antes de establecer reclamación ante os órganos competentes, a informe da comisión mixta paritaria.

A comisión mixta paritaria deberá emitir o seu informe nun prazo máximo de 72 horas, a partir do día seguinte no que fose solicitado.

As funcións e actividades da comisión mixta paritaria non obstruirán en ningún caso, o libre acceso á xurisdición administrativa e contenciosa previstas na lei.

Capítulo II

Retribucións

Artigo 8º.-Sistema salarial.

Considerase salario a totalidade das percepcións económicas dos traballadores, en cartos ou en especies, pola prestación laboral dos servizos laborais por conta allea, xa retribúan o traballo efectivo, calquera que sexa a forma de remuneración, ou os períodos de descanso computables como de traballo.

Non tenderán a consideración de salarios as cantidades percibidas polo traballador en conceptos de indemnización ou suplidos polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral, as prestacións e indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións e despedimentos.

As condicións económicas, pactadas no presente convenio, serán as que, para cada categoría se establecen na táboa salarial anexa, de acordo cos artigos seguintes.

O pagamento da nómina mensual efectuarase o último día hábil de cada mes, cando coincida en festivo ou en sábado efectuarase o día anterior. A entrega da nómina será o día anterior ao pagamento, entregarase respectando a súa privacidade.

Aos traballadores/as que desempeñen funcións de categorías superiores á da súa categoría profesional, aboaráselle a diferenza entre a súa categoría profesional e a superior.

O traballador, logo de notificación á empresa dun mes, poderá elixir calquera entidade bancaria, para o ingreso da súa nómina, presentando, xunto coa solicitude, os datos relativos á súa conta bancaria.

Artigo 9º.-Estrutura das percepcións económicas.

As percepcións económicas estruturaranse segundo os seguintes conceptos:

1.1. Salario base.

1.2. Complementos salariais.

1.3. Gratificacións extraordinarias.

1.4. Retribucións de vacacións.

1.5. Complementos extrasalariais.

Artigo 10º.-Salario base.

O salario base do persoal afecto a este convenio será o que para cada categoría se establecese nas táboas salariais anexas (anexo 1).

O salario base percibirase por cada día natural.

Artigo 11º.-Antigüidade.

O complemento de antigüidade consistirá en tres bienios do 5% e posteriores quinquenios do 7% sobre o salario base de cada categoría.

A antigüidade aboarase a pagar desde o cumprimento do bienio ou quinquenio.

Artigo 12º.-Complementos salariales.

Considéranse como tales os complementos por traballos tóxicos, penosos e perigosos, o complemento de actividade, o complemento de nocturnidade e o complemento de produtividade.

1.1. Complemento tóxico, penoso e perigoso.

O persoal afecto a este convenio percibirá un complemento de posto de traballo denominado complemento tóxico, penoso e perigoso cuxo importe no ano 2005 será o 25% do salario base de cada categoría, para o ano 2006 o complemento será do 30% do salario base de cada categoría.

Quedan exceptuados da percepción deste complemento os postos de traballo desempeñados por empregados técnicos-administrativos.

Este complemento aboarase por día efectivamente traballado.

1.2. Complemento de actividade.

Para as categorías e polos importes que figuran nas táboas anexas percibirase este complemento por día efectivamente traballado.

1.3. Complemento de nocturnidade.

Os traballadores que realicen a súa xornada entre as 22.00 e as 6.00 horas percibirán un complemento de nocturnidade, consistente no ano 2005 será do 30% do salario base de cada categoría, para o ano 2006 o complemento será do 35% do salario de cada categoría.

Este complemento aboarase por día efectivamente traballado en xornada nocturna.

1.4. Complemento de produtividade.

En compensación polo maior esforzo realizado para o normal desenvolvemento do servizo, os días seguintes a domingos e festivos percibirase nos ditos días un complemento de produtividade que será o que se especifica nas táboas salariais anexas.

Artigo 13º.-Gratificación extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de verán e inverno aboarase, cada unha, a razón de 30 días de salario base máis antigüidade. A paga de beneficios será de 15 días de salario base máis antigüidade os anos 2005 e 2006 e de 30 días de salario base máis antigüidade no ano 2007. As pagas de verán e de inverno percibiranse semestralmente. A de verán, do 1 de xaneiro ao 30 de xuño e a de inverno, do 1 de xullo ao 31 de decembro. Aboaranse os días 20 dos meses de xullo e de decembro respectivamente.

A paga extraordinaria de beneficios percibirase do 1 de xaneiro a 31 de decembro, e aboarase o día 20 de marzo do ano seguinte ao do seu percibo.

As pagas extras percibiranse día a día, non percibíndose nas ausencias inxustificadas. Nos casos de IT aplicarase o disposto no artigo 34º.

Artigo 14º.-Festivos traballados.

Os festivos traballados serán aboados na contía de 40 A para todas as categorías, concedendo a empresa ademais un día de descanso, que se aboará como día efectivamente traballado. Esta cantidade percibirase a partir da sinatura do presente convenio.

O traballador coñecerá cunha semana de antelación os días festivos que deberá traballar.

Artigo 15º.-Complemento de transporte.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá un complemento extrasalarial, denominado complemento de transporte, cuxo importe será o establecido na táboa salarial anexa.

Este complemento aboarase por día efectivamente traballado.

Capítulo III

Condicións de traballo

Artigo 16º.-Xornada de traballo.

Establécese unha xornada anual:

Anos anos 2005 e 2006 de 273 días de traballo efectivo, que corresponde a unha xornada diaria de 7 horas de traballo efectivo (incluídos 20 minutos para o bocadillo).

Ano 2007, de 262 días de traballo efectivo, que corresponde a unha xornada diaria de 7 horas de traballo efectivo (incluídos 20 minutos para o bocadillo).

A partir do 1 de xaneiro de 2008 a xornada será de 251 días de traballo efectivo que corresponde a unha xornada diaria de 7 horas de traballo efectivo (incluídos 20 minutos para o bocadillo).

Os días de descanso totais por operario/a serán de:

-22 días nos anos 2005 e 2006.

-33 días no ano 2007.

-A partir do 1 de xaneiro de 2008, o descanso será de 44 días ano. Retribuiranse como efectivamente traballados.

Esta diminución de xornada sofre a contratación do persoal necesario para cubrir os postos de traballo suficientes para compensar a dita diminución. Co fin de levar á práctica este descanso de forma equitativa para todo o persoal, establecerase un correquendas semanal.

A xornada de traballo distribuirase de luns a sábado.

Nos días 24 e 31 de decembro non se realizarán os servizos logo de autorización municipal.

Artigo 17º.-Descanso semanal.

Como norma xeral, o persoal das quendas de mañá e tarde realizarán o seu descanso semanal o domingo. O persoal que efectúe a súa xornada na quenda da noite descansará a noite do domingo a luns.

Non obstante o especificado no punto anterior, e ao tratarse dun servizo público de inescusable realización, existe a obrigatoriedade de prestar o servizo en domingos e festivos. Os traballadores que teñan que traballar nestes días gozarán o seu descanso semanal ou a correspondente festividade noutro día.

Artigo 18º.-Vacacións.

Todo o persoal adscrito ao presente convenio gozará de 30 días naturais de vacacións retribuídas, ou a parte proporcional que lle corresponda en función do tempo traballado.

As vacacións retribuiranse a razón de 30 días de salario base, máis antigüidade, 25 días de complemento tóxico, penoso e perigoso, 25 días complemento de actividade, 25 días de complemento de transporte.

Igualmente, engadiráselle a cantidade que resulte de dividir por 3 a percepción dos tres meses anteriores ao aproveitamento das vacacións, polo concepto de nocturnidade.

As vacacións gozaranse durante o período de xuño a setembro. Para tal fin confeccionarase un calendario de vacacións, que garanta a rotatividade no seu aproveitamento e que o persoal coñecerá coa antelación mínima de dous meses á data do seu aproveitamento.

A empresa concederalle ao persoal que o solicite o aproveitamento das vacacións fóra do período establecido neste convenio, antes da confección do calendario de vacacións anual.

Os traballadores/as da mesma categoría poderán trocar entre si as datas de vacacións asignadas logo de coñecemento da empresa, e sen que merme a efectiva realización dos servizos de limpeza.

Artigo 19º.-San Martón de Porres.

O día de San Martín de Porres cambiarase a partir do ano 2006, polo día 10 de marzo, será considerado festivo.

Capítulo IV

Faltas e sancións

Artigo 20º.-Faltas e sancións.

Será de aplicación o réxime disciplinario de faltas e sancións regulado polo convenio xeral do sector de limpezas pública, viaria, regos, recollida, tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación de rede de sumidoiros Resolución do 12 de febreiro de 1996 e BOE do 7 de marzo.

Todas as sancións por faltas graves ou moi graves, comunicaranse simultaneamente aos traballadores e ao delegado de persoal.

Capítulo V

Seguridade e saúde

Artigo 21º.-Seguridade e saúde.

Dada a importancia que recoñecen os asinantes á prevención de accidentes, inclúese este capítulo dedicado á hixiene e seguridade no traballo, e considerando de obrigada aplicación, ambas as partes, a lexislación sobre seguridade e hixiene, para tal efecto, organizarase un comité de seguridade e saúde, co obxecto de velar polo cumprimento das medidas legais e regulamentarias, así como para a posta en práctica do estipulado na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Artigo 22º.-Medidas de seguridade e saúde.

A dirección da empresa amosará medidas de seguridade e saúde pertinentes, como consecuencia do control do lugar de traballo e das instalacións e instrumentos que pon a disposición dos traballadores. As medidas de protección afectarán igualmente aos traballadores, obrigándose a traballar con seguridade e a coidar que os locais e instrumentos de traballo estean en perfectas condicións, debendo poñer en coñecemento do comité de seguridade e saúde, ou no seu defecto do comité de empresa, todas as anomalías que se detecten para que este tome as medidas pertinentes.

Artigo 23º.-Comité de seguridade e saúde.

O comité de seguridade e saúde terá unha composición de carácter paritario. O representante da parte social será o delegado de persoal.

Dito comité reunirase por instancia da parte, cantas veces sexa necesario, debendo celebrar a reunión dentro das 72 horas seguintes á convocatoria. As reunións non descontarán do seu crédito de horas sindicais aos delegados do comité de seguridade e saúde.

Artigo 24º.-Funcións do comité de seguridade e saúde.

As funcións do comité de seguridade e saúde serán as seguintes:

a) Promover a observancia das disposicións vixentes para a prevención de riscos profesionais.

b) Fomentar a colaboración de todo o persoal na práctica e observancia das medidas preventivas, estimular o ensino, divulgación, propaganda da seguridade e hixiene no traballo, fundamentalmente entre os representantes dos traballadores, tanto do comité de representantes coma entre os propios membros do comité de seguridade e saúde.

A empresa facilitará os medios de propaganda precisos, co fin de que todo o persoal estea ao día sobre as recomendacións, obrigas e prácticas en materia de seguridade e hixiene.

Artigo 25º.-Recoñecementos médicos.

Anualmente faráselles a todos os traballadores/as un recoñecemento médico de carácter voluntario.

O recoñecemento médico consistirá como mínimo en:

-Audiómetro.-Análise de sangue.-Espirometría.-Control da vista.-Análise de urina.-Exploración clínica.

O resultado do recoñecemento anual entregaráselle ao traballador.

Vacinación.

A campaña de vacinación consistirá como mínimo no seguinte:

a) Vacina contra o tétanos.

b) Vacina contra a hepatite B.

Capítulo VI

Melloras sociais

Artigo 26º.-Permisos e licenzas.

O persoal afecto ao presente convenio terá dereito aos seguintes permisos e licenzas:

1. A. Permisos: a empresa concederalle ao persoal que o solicite ata 15 días de permiso ao ano, sen salario. Os permisos deberán ser solicitados coa antelación de 15 días, agás casos de urxente necesidade.

2. B. Licenzas: o persoal terá dereito, sempre que se cumpran os requisitos exixidos pola lei, a aproveitar as licenzas retribuídas na forma e condicións que a continuación se amosan:

a) Por matrimonio: 16 días.

b) Matrimonio de fillos: 1 día se é na provincia e 2 se é fóra dela.

c) Parto de esposa: 2 días e 4 fóra da provincia.

d) Falecemento, enfermidade grave, accidente, ou hospitalización de cónxuxe, pais ou fillos: 3 días.

e) Falecemento, enfermidade grave, accidente, ou hospitalización de avós, irmáns ou netos: 2 días.

f) Por traslado de domicilio habitual: 1 día.

g) Para renovación do carné de conducir das clases B, C, D e E de todo o persoal que o requira para a realización do seu traballo na empresa, polo tempo que lle sexa necesario para efectuar recoñecemento psicotécnico ou exames.

h) A empresa, logo de notificación dos traballadores/as que realicen estudos para obtención dun título oficial, académico ou profesional, e posterior xustificación, concederá as oportunas licenzas para asistir a exames.

i) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Os traballadores da quenda da noite gozarán do día anterior ou posterior.

k) Permiso por atención de fillos/as lactantes. As traballadoras por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións, no caso de parto múltiple ampliarase media hora máis por fillo/a.

Como regra xeral, as licenzas comezarán a contarse na data en que produza o feito que as motiva e en todo caso entenderase que os días de licenza son días naturais.

A referencia que nos puntos anteriores se fai ao cónxuxe, entenderanse feitos, así mesmo, á compañeira/o que de xeito estable e en situación de feito asimilable ao matrimonio, conviva co traballador/a, logo de certificación de convivencia que acredite a dita situación.

Artigo 27º.-Excedencias.

O traballador/a con polo menos unha antigüidade na empresa dun ano, terá dereito a que se lle recoñeza unha excedencia voluntaria de un a cinco anos. A empresa reservará o posto de traballo ao traballador/a na dita situación, concertando para o efecto o contrato de interinidade ou substitución correspondente.

O dito contrato estará suxeito ás disposicións sobre a materia en vigor, no momento da substitución e ata que remate esta.

O traballador/a avisará a empresa con 30 días de antelación á data prevista para a súa reincorporación ao posto de traballo.

Este dereito só poderá ser exercido polo mesmo traballador/a unha vez transcorridos catro anos desde o remate da anterior excedencia.

Excedencia por coidado de fillos e familiares.

Os traballadores/as terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atender o coidado da cada fillo, tanto cando o sexa por natureza, como por adopción, ou no suposto de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contado desde a data de nacemento ou , se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a un ano, os traballadores/as para atender o coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

A excedencia recollida neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores/as da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Cando un novo suxeito causante dea dereito a un novo período de excedencia, o inicio desta dará fin a que, se é o caso, se viñer gozando.

O período en que o traballador permaneza en situación de excedencia consonte o establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade e o traballador/a terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, participación á que deberá ser convocado polo empresario, especialmente con ocasión da súa reincorporación.

Os traballadores/as terán o dereito da reserva do posto de traballo independentemente de cal fose o suxeito causante da excedencia.

En todo o non previsto neste artigo estarase ao establecido con carácter xeral no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes sobre a materia.

Artigo 28º.-Axuda familiar.

Os traballadores afectados por este convenio, que teñan ao seu cargo unha persoa discapacitada psíquica ou física, de acordo coas estipulacións requiridas pola Seguridade Social, e logo de xustificación, percibirán un complemento extrasalarial reflectido na táboa salarial anexa.

Artigo 29º.-Pólixa de accidentes.

A empresa subscribirá unha póliza de accidentes que garanta as seguintes indemnizacións:

a) No caso de falecemento por accidente laboral ou enfermidade profesional, véase táboa anexa.

b) No caso de invalidez absoluta ou gran invalidez derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional, véase táboa anexa.

Para os efectos deste artigo consideraranse accidente de traballo e enfermidade profesional, o sufrido con ocasión da prestación de servizos para esta empresa, incluíndo cando se produza in itinere.

O titular poderá designar, ante a entidade aseguradora, e por escrito, os seus propios beneficiarios.

Artigo 30º.-Xubilación parcial.

1. Ao amparo do artigo 166.2º da Lei de Seguridade Social e do artigo 12.6º do Estatuto dos traballadores, recoñéceselles aos traballadores e traballadoras o dereito suxestivo de solicitar da empresa a xubilación parcial e a redución de xornada no límite máximo legalmente previsto do 85% cando se xunten os requisitos legalmente establecidos e, en especial, o da idade, que non poderá ser inferior aos 60 anos.

2. A solicitude deberase remitir á empresa ou ás empresas cunha antelación mínima de tres meses á data prevista de xubilación parcial. A empresa estudará a solicitude coa vista posta nun acordo coa parte solicitante e, en todo caso, responderá nun prazo máximo de trinta días. Nos casos de discrepancia entre as partes, remitirase a cuestión á comisión paritaria, que resolverá no ámbito das súas funcións e no prazo máximo de trinta días.

3. Dada a particularidade da actividade da empresa e as súas prestacións de servizos a entidades públicas, o que implica que poidan existir cambios de titularidade na adxudicación do servizo que se contrata, e tendo en conta que opera a subrogación empresarial, a empresa entrante ten a obriga de manter as condicións persoais e laborais que no seu día se pactasen coa empresa saínte, tales como: xornada que hai que reducir, distribución de xornada o pagamento de salario.

Así mesmo, a empresa saínte comprométese a facilitar toda a documentación referente a estes traballadores/as, especificando caso por caso as condicións de cada traballador/a.

4. O 15% da xornada que corresponda do traballo efectivo acumularase nos meses inmediatamente seguintes á xubilación parcial e a xornada completa, aínda cando a empresa poida optar por retribuír sen exixir a cambio a prestación efectiva dos servizos e sen prexuízo da aplicación da seguinte escala de bonificacións:

* Con trinta anos ou máis de antigüidade na súa vida laboral, recoñécese unha dispensa absoluta no traballo.

* Con vinte anos de antigüidade na súa vida laboral e ata trinta, recoñécese unha dispensa do 75% do traballo.

* Con dez anos de antigüidade na súa vida laboral e ata vinte, recoñécese unha dispensa do 50% do traballo.

* Todo isto sen prexuízo do acordo ao que poidan chegar os traballadores/as e a empresa.

* Ata que o traballador xubilado parcialmente chegue á idade ordinaria de xubilación, a empresa deberá manter un contrato de revestimento nos termos previstos no artigo 12.6º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 31º.-Xubilación anticipada.

As empresas e traballadores/as poderán pactar, logo de existencia de común acordo por ambas as partes, xubilacións anticipadas aos 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985 do 17 de xullo e a Lei 63 e 64/1997 do 26 de decembro, debendo as empresas cubrir as ditas vacantes con traballadores/as tal como recolle o artigo 46º deste convenio.

Artigo 32º.-Xubilación forzosa.

Co fin de contribuír á realización dunha política de promoción de emprego, a xubilación, para o persoal fixo da empresa, terá carácter de forzosa ao cumprir o traballador/a a idade de 65 anos.

Aquelas/es traballadores/as que, ao chegaren a esta idade, non teñan cumprido o período mínimo de cotización á Seguridade Social para causaren dereito á referida prestación, poderán continuar prestando servizos ata cumpriren o citado período de cotización, momento en que se causará baixa de xeito inmediato.

A empresa cubrirá o posto de traballo segundo necesidades de servizo.

Artigo 33º.-Gratificación por permanencia.

De acordo co 26.1º do Estatuto dos traballadores, establécese unha gratificación de carácter salarial por permanencia na empresa para aqueles traballadores que previo acordo con ela decidan extinguir voluntariamente a súa relación laboral, unha vez cumpridos os 60 anos e antes de cumpridos os 65 e con independencia dos anos de servizo segundo o seguinte baremo:

60 anos: 5 mensualidades

61 anos: 4 mensualidades.

62 anos: 3 mensualidades.

63 anos: 2 mensualidades.

64 anos: 1 mensualidades.

Artigo 34º.-Incapacidade temporal.

Nos supostos de IT a empresa complementará as prestacións da Seguridade Social, ata o 100% do salario mensual desde o 1º día da baixa e na primeira baixa do ano, á 2ª e as seguintes se lles aplicará o marcado na lexislación laboral vixente.

Nos supostos de IT derivada de accidente laboral, a empresa complementará as prestacións de Seguridade Social, ata o 100% do salario mensual desde o 1º día da baixa e mentres dure esta.

De igual xeito actuarase nos casos de hospitalización e mentres dura a hospitalización.

Igual criterio seguirase co respecto ao aboamento das pagas extraordinarias.

Artigo 35º.-Roupa de traballo.

Roupa de inverno:Roupa de verán:

1. Condutores.
2 pantalóns2 pantalóns
2 camisas2 camisas
1 par de calzado1 par de calzado
1 anorak1 cazadora
1 roupa de augas
1 cazadora
1 gorra
1 botas de augas
1 xersei

2. Peóns.
2 pantalóns2 pantalóns
2 camisas2 camisas
1 par de calzado1 par de calzado
1 par de botas de auga1 cazadora
1 par de guantes1 gorra
1 roupa de augas1 anorak
1 cazadora
1 par de botas de augas
1 xersei

3. Mecánicos.
2 Camisas2 camisas
3 pantalóns3 pantalóns
3 cazadoras3 cazadoras
1 par de calzado1 par de calzado
1 anorak
1 gorra
1 roupa de auga
1 xersei

A roupa de abrigo, auga e calzado será toda de calidade.

A roupa de verán entregarase do 1 ao 15 de maio.

A roupa de inverno entregarase do 1 ao 15 de outubro.

Cando realizando o traballo a roupa se rompa, ou quede inservible, a empresa cambiaraa por outra nova, logo de entrega da preza deteriorada.

Artigo 36º.-Retirada do permiso de conducir.

No suposto de que un traballador coa categoría de condutor, realizando o seu cometido cun vehículo da empresa e cumprindo coa función que lle sexa encomendada, lle fose retirado provisionalmente o permiso de conducir, a empresa colocarao noutro posto de traballo adecuado ás súas facultades e respectándolle a retribución de condutor, polo tempo da retirada da mesma. Ao remate da suspensión do permiso de conducir será reintegrado á súa antiga categoría e posto de traballo. O resto das categorías que desempreguen os labores de condutor rexeranse por este artigo.

Se a retirada do permiso de conducir se producise en situación de in intinere co vehículo particular do traballador, a empresa garantirá a retribución de condutor durante a súa retirada.

Estes beneficios non terán lugar cando a causa da retirada do permiso de conducir sexa debida a imprudencia temeraria embriaguez ou drogadición ou cando exista reincidencia.

Artigo 37º.-Mobilidade funcional.

Estarase ao disposto con carácter xeral no Estatuto dos traballadores, no seu capítulo 3º sección 1ª.

Os distritos serán rotativos obrigatoriamente para todo o persoal.

Artigo 38º.-Créditos persoais.

Crearase un fondo de 7.276 A para o ano 2005, 7.785,32 A para o ano 2006, 8.330,29 A para o ano 2007; será regulada pola comisión mixta paritaria a forma de distribución e reintegro.

Artigo 39º.-Axudas de custo.

Compensaranse economicamente os desprazamentos por motivos laborais fóra do municipio, sempre que teña de pernoitar no lugar de desprazamento, ou cando sexa preciso xantar ou cear nel.

As cantidades reflíctanse na táboa salarial anexa.

Capítulo VII

Dereitos sindicais

Artigo 40º.-Dereito de información.

En todo o referido aos dereitos sindicais aplicarase o estipulado con carácter xeral no capítulo XIII do convenio colectivo de limpeza pública, viaria, regos, recollida tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación de rede de sumidoiros (BOE nº 58, do 7 de marzo de 1996), así como ao establecido no artigo 64.1º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 41º.-Cota sindical.

A empresa descontará da nómina dos traballadores a cota sindical, logo de solicitude escrita de cada un deles.

Artigo 42º.-Información de absentismo.

A empresa facilitará trimestralmente, información sobre absentismo, baixas por enfermidade e faltas inxustificadas e baixas por accidente.

Artigo 43º.-Altas e baixas na empresa.

Facilitaráselle ao delegado de persoal os modelos de contrato de traballo que se utilizan na empresa.

Ao traballador entregaráselle copia do seu contrato de traballo.

Cando existan altas de novos traballadores fixos e eventuais, a empresa comprométese a comunicarllo ao delegado de persoal, indicando apelidos, nome e categoría do novo traballador, así como o tipo de traballo efectuado.

O traballador que desexe cesar na empresa deberá comunicarllo cunha antelación de 7 días. Este prazo será de 15 días para o persoal administrativo, e dun mes para o persoal titulado.

Artigo 44º.-Asembleas.

Os traballadores disporán dun crédito de 8 horas anuais para a celebración de asembleas dentro da xornada de traballo, logo de notificación á empresa.

Capítulo VIII

Subrogación do persoal

Artigo 45º.-Subrogación do persoal.

Punto 1. Subrogación do persoal.

Co obxecto de contribuír e garantir o principio de estabilidade no emprego, a absorción de persoal entre quen se sucedan, mediante calquera das modalidades de contratación de xestión de servizos públicos, contratos de arrendamento de servizos ou doutro tipo, na realización do servizo de limpeza e recollida de residuos sólidos do concello de Nigrán, levarase a cabo nos termos indicados neste punto e os seguintes.

No sucesivo, o termo contrata engloba con carácter xenérico calquera modalidade de contratación, tanto pública como privada, e identifica unha concreta actividade, neste caso o servizo de limpeza e recollida de residuos do concello de Nigrán, que pasa a ser desenvolvida por unha determinada empresa, sociedade ou organismo público.

A) En todos os supostos de remate, pérdida, rescisión, cesión ou rescate da contrata, así como respecto de calquera outra figura ou modalidade que supoña a substitución entre entidades, persoas físicas ou xurídicas que leven a cabo a actividade xa descrita anteriormente, os traballadores da empresa saínte pasarán a adscribirse á nova empresa ou entidade pública que vaia realizar o servizo, respectando esta os dereitos e obrigas que gozasen na empresa substituída. Producirase a mencionada subrogación do persoal sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

1. Traballadores/as en activo que presten os seus servizos cunha contrata cunha antigüidade mínima dos catro últimos meses anteriores ao remate efectivo desta pola empresa saínte, sexa cal sexa a modalidade do seu contrato de traballo, con independencia de que con anterioridade ao citado período de catro meses, traballasen noutra contrata.

2. Traballadores/as con dereito á reserva do posto de traballo, que no momento do remate efectivo da contrata teñan unha antigüidade mínima de catro meses nela e estean enfermos, accidentados, en excedencia, vacacións, permiso, descanso maternal, así como traballadores acollidos á xubilación parcial e traballadores con contrato de revezamento, ou situacións análogas.

3. Traballadores/as que con contrato de interinidade, substitúan a algún dos traballadores nomeados no punto nº 2, con independencia da súa antigüidade e mentres dure o seu contrato.

4. Traballadores/as de novo ingreso que por exixencias do cliente se incorporasen á contrata de servizos públicos como consecuencia dunha ampliación, nos catro meses anteriores ao remate seu.

5. Traballadores/as que susbstitúan outros que se xubilen, tendo cumpridos sesenta e catro anos, den

tro dos catro últimos meses anteriores ao remate efectivo da contrata e teñan unha antigüidade mínima nela de catro meses anteriores á xubilación, sempre que esta estea pactada no convenio colectivo estatutario de ámbito inferior, en virtude do Real decreto 1194/85, do 17 de xullo.

B) Todos os supostos anteriormente recollidos, deberán ser acreditados verídica e documentalmente pola empresa saínte á entrante, mediante os documentos que se detallan no número 5 do presente artigo e no prazo de dez días hábiles contados desde o momento en que, ben a empresa entrante ou a saínte, comunique verazmente a outra empresa o cambio de adxudicación de servizo.

C) Os traballadores/as que non gozasen as vacacións regulamentarias ao producirse a subrogación, as gozaranas coa nova adxudicataria do servizo; que só aboará a parte proporcional do período que a ela lle corresponda, xa que o aboamento do outro período lle corresponde ao anterior adxudicatario, que deberá efectuar a correspondente liquidación.

D) A aplicación deste artigo será de obrigado cumprimento para as partes ás que vincula: empresarios ou entidade pública ou privada cesante, nova adxudicataria e traballador/a.

Punto 2. División de contratas.

No suposto de que unha ou varias contratas en que a actividade veña sendo desenvolvida por unha ou distintas empresas ou entidades públicas, se fragmente ou dividan en distintas partes, zonas ou servizos co obxecto de posterior adxudicación pasarán a estar adscritos ao novo titular aqueles traballadores/as que realizasen o seu traballo na empresa saínte nas concretas partes, zonas ou servizos resultantes da división producida, cun período mínimo dos catro últimos meses, sexa cal fose a modalidade de contrato de traballo, todo isto aínda cando con anterioridade traballasen noutras zonas ou servizos distintos.

Subrogaranse, así mesmo, os traballadores/as que se atopen nos supostos 2 ao 5, ambos os dous inclusive do punto 1 do presente artigo e que realizasen o seu traballo nas zonas, divisións ou servizos resultantes.

Punto 3. Agrupación de contratas.

No caso de que distintas contratas, servizos, zonas ou divisións daquelas, se agrupen nunha ou varias, a subrogación do persoal operará respecto de todos aqueles traballadores/as que, con independencia da modalidade do seu contrato de traballo, realizasen o seu traballo nas que resulten agrupadas, cun tempo mínimo dos catro meses anteriores, e todo iso, aínda cando con anterioridade prestasen servizos en distintas contratas, zonas ou servizos.

Subrogaranse, así mesmo, os traballadores/as que se atopen nos supostos 2 ao 5, ambos os dous inclusive do punto 1 do presente artigo e que realizasen o seu traballo nas zonas, divisións ou servizos agrupados.

Punto 4. Obrigatoriedade.

A subrogación do persoal, así como os documentos que se facilitarán, operarán en todos os supostos de substitución de contratas, partes, zonas ou servizos que resulten da fragmentación, ou división delas, así como nas agrupacións que daquelas poidan efectuarse, aínda tratándose das normais substitucións que se produzan entre empresas e entidades públicas ou privadas que leven a cabo a actividade dos correspondentes servizos, e isto aínda cando a relación xurídica se estableza só entre quen adxudica o servizo por un lado e a empresa que resulte adxudicataria por outro, sendo de aplicación obrigatoria, en todo caso, a subrogación do persoal, nos termos indicados, todo isto con independencia tanto de aplicación, se é o caso, do previsto no artigo 44 do Estatuto do traballadores, como da existencia por parte do empresario saínte doutras contratas allea ás que son obxecto de sucesión.

Punto 5. Documentos facilitados pola empresa saínte á empresa entrante:

-Certificado do organismo competente de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

-Fotocopia das catro últimas nóminas mensuais dos traballadores afectados.

-Fotocopia dos TC-1 e TC-2 de cotizacións á Seguridade Social dos catro últimos meses.

-Relación de persoal en que se especifique nome e apelidos, domicilio, número de afiliación á Segu

ridade Social, antigüidade, categoría profesional, xornada, horario, modalidade de contratación e data do goce das súas vacacións.

-Se o traballador/a é representante legal dos traballadores, especificarase o seu período de mandato.

-Fotocopia dos contratos de traballo do persoal afectado pola subrogación.

-Copia de documentos debidamente dilixenciados por cada traballador/a afectado, en que se faga constar que este recibiu da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais dos seus haberes ata o momento da subrogación, non quedando pendente cantidade ningunha. Estes documentos deberán estar en poder da nova adxudicataria na data do inicio do servicio da nova titular.

Disposicións derradeiras

Primeira.-En todo o non regulado no presente convenio, aplicarase o disposto no convenio colectivo del sector de limpeza pública, viaria, regos, recollida tratamento y eliminación de residuos, limpeza y conservación de rede de sumidoiros (BOE nº 58, do 7 de marzo de 1996), así como no establecido no Estatuto dos traballadores e demais lexislación laboral vixente.

Segunda.-Este convenio constitúe un todo orgánico e indivisble e, para efectos da súa aplicación práctica, considerarase globalmente e en cómputo anual.

Convenio Nigrán (táboas salariais 2005-2007)

Táboa salarial ano 2005

Categorías

Salario base A

Complemento

tóxico A

Complemento

nocturnidade A

Complemento

actividade A

Complemento

transporte A

Complemento

produtividade A

Pagas

verán-inverno A

Paga

beneficios A

Encargado34,158,5410,259,572,725,751.024,63512,32

Condutor día/oficial 1ª mecánico21,835,461,832,725,49654,84327,42

Condutor noite21,835,466,551,832,725,49654,84327,42

Peón día20,725,181,312,725,49621,46310,73

Peón noite20,725,186,211,312,725,49621,46310,73

Administrativa621,4344,3268,11621,43310,72

Axuda familiar: 39,04 A.

Póliza accidente alínea a): 14.043,75 A.

Póliza accidente alínea b): 14.043,75 A.

Créditos persoais: 7.276 A.

Axuda de custo completa: 43,38 A.

Axuda de custo media: 21,69 A.

Festivos: 40 A.

Táboa salarial ano 2006

Categorías

Salario base A

Complemento

tóxico A

Complemento

nocturnidade A

Complemento

actividade A

Complemento

transporte A

Complemento

produtividade A

Pagas

verán-inverno A

Paga

beneficios A

Encargado36,5510,9610,9610,242,916,151.096,36548,18

Condutor día/oficial 1ª mecánico23,367,011,962,915,87700,68350,34

Condutor noite23,367,017,011,962,915,87700,68350,34

Peón día22,176,651,402,915,87664,96332,48

Peón noite22,176,656,651,402,915,87664,96332,48

Administrativa664,9464,6872,87664,94332,47

Axuda familiar: 41,78 A.

Póliza accidente alínea a): 15.026,81 A.

Póliza accidente alínea b): 15.026,81 A.

Créditos persoais: 7.785,32 A.

Axuda de custo completa: 46,41 A.

Axuda de custo media: 23,21 A.

Festivos: 42,80 A.

Táboa salarial ano 2007

Categorías

Salario base A

Complemento

tóxico A

Complemento

nocturnidade A

Complemento

actividade A

Complemento

transporte A

Complemento

produtividade A

Pagas

verán-inverno A

Paga

beneficios A

Encargado39,1011,7313,6910,953,116,581.173,101.173,10

Condutor día/oficial 1ª mecánico24,997,502,093,116,28749,73749,73

Condutor noite24,997,508,752,093,116,28749,73749,73

Peón día23,727,121,493,116,28711,50711,50

Peón noite23,727,128,301,493,116,28711,50711,50

Administrativa711,4869,2177,97711,48711,48

Axuda familiar: 44,70 A.

Póliza accidente alínea a): 16.078,69 A.

Póliza accidente alínea b): 16.078,69 A.

Créditos persoais: 8.330,29 A.

Axuda de custo completa: 49,66 A.

Axuda de custo media: 24,83 A.

Festivos: 45,80 A.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA