DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 21 de novembro de 2005 Páx. 18.495

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 7 de outubro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dita a normativa para a pesca da lamprea no río Ulla e se fixa o período e condicións para presentar as solicitudes para a súa adxudicación no vindeiro ano 2006.

Advertido un erro na devandita resolución publicada no DOG nº 208, do venres, 28 de outubro de 2005, é necesario efectuar a seguinte rectificación:

Na páxina 17.426, onde di: «O período de pesca será: desde o lugar de Areas (Herbón) ata o lugar denominado Bellas ambos inclusive, do día 10 de xaneiro ao 31 de marzo; e no tramo comprendido desde a canle de Herbón ata o lugar de Sinde do 7 de febreiro ata o 29 de abril», debe dicir: «O período de pesca será: desde o lugar de Areas (Herbón) ata o lugar denominado Bellas ambos inclusive, do día 9 de xaneiro ao 31 de marzo; e no tramo comprendido desde a canle de Herbón ata o lugar de Sinde do 6 de febreiro ata o 28 de abril».