DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 21 de novembro de 2005 Páx. 18.494

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 7 de outubro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dita a normativa para a pesca da lamprea no río Tea e se fixa o período e condicións para presentar as solicitudes para participar no sorteo de postos de pesca, no vindeiro ano 2006.

Advertido un erro na devandita resolución publicada no DOG nº 208, do venres, 28 de outubro de 2005, é necesario efectuar a seguinte rectificación:

Na páxina 17.428, onde di: «O período hábil de pesca será desde o 17 de xaneiro ata o 30 de abril», debe dicir: «O período hábil de pesca será desde o 16 de xaneiro ata o 29 de abril».

Na páxina 17.429, onde di: «o día 7 de xaneiro de 2006, ás 11.00 horas, á vista....», debe dicir: «o día 9 de xaneiro de 2006, ás 11.00 horas, á vista...».