DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 21 de novembro de 2005 Páx. 18.493

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2005, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se fixan as datas para a realización dos exames ordinarios de 2006 para a obtención de titulacións para o goberno de embarcacións de lecer.

A orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 30 de xullo de 1998 establece a normativa xeral para a realización dos exames para a obtención das titulacións para o goberno de embarcacións de lecer.

Sendo necesario establecer a data e condicións de inscrición nas convocatorias ordinarias previstas para o 2006, esta dirección xeral, en uso do establecido na Orde do 30 de xullo de 1998 (DOG nº 158, do 17 de agosto),

RESOLVE:

Primeiro.-Proceder a convocatoria dos exames teóricos ordinarios de xaneiro, abril e outubro de 2006 nas seguintes datas:

1. Patrón para a navegación básica.

* Día 18 de xaneiro, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

O exame celebrarase na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol.

* Día 18 de abril, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

O exame celebrarase na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira.

* Día 18 de outubro, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

O exame celebrarase no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

2. Patrón de embarcacións de lecer.

* Día 24 de xaneiro, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

O exame celebrarase no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

* Día 25 de abril, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

O exame celebrarase na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol e na Escola Oficial Náutica Pesqueira de Ribeira.

* Día 24 de outubro, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

O exame celebrarase na Escola Oficial Náutica Pesqueira de Ribeira.

3. Patrón de iate.

* Días 25 e 26 de xaneiro, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

Os exames celebraranse na Escola Oficial Náutica Pesqueira de Ribeira.

* Días 26 e 27 de abril, nas horas fixadas polo centro no seus taboleiros de anuncios.

Os exames celebraranse no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

* Días 25 e 26 de outubro, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

Os exames celebraranse na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol.

4. Capitán de iate.

Día 19 e 20 de abril, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

Os exames celebraranse no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

5. Patrón de motos náuticas A e B.

Día 25 de maio, nas horas fixadas polo centro no seu taboleiro de anuncios.

O exame celebrarase no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.

Segundo.-Proceder á convocatoria dos exames prácticos ordinarios a motor de 2006 nas seguintes datas:

1. Patrón para a navegación básica, patrón de embarcacións de lecer, patrón de iate e capitán de iate.

A partir dos días 23 de febreiro, 25 de maio e 22 de novembro nas horas e lugares fixados polos centros nos seus taboleiros de anuncios os candidatos inscritos.

Os exames celebraranse nos seguintes centros: Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo, na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira e na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol.

Terceiro.-Os candidatos deberán solicitar a súa admisión a exame mediante instancia dirixida ao presidente do correspondente tribunal de exame para a obtención das titulacións de referencia para os correspondentes exames teóricos:

Na convocatoria de xaneiro: desde o 15 decembro de 2005 ata o día 9 de xaneiro de 2006.

Na convocatoria de abril: desde o 15 de marzo ata o 7 de abril de 2006.

Na convocatoria de maio: desde o 2 maio ata o 12 de maio de 2006.

E na convocatoria de outubro: desde o 11 de setembro ata o 30 de setembro de 2006.

E para os correspondentes exames prácticos:

Na convocatoria de febreiro: entre os días 3 e 14 de febreiro de 2006.

Na convocatoria de maio: entre os días 4 e 12 de maio de 2006.

E na convocatoria de novembro entre o 2 e 14 de novembro de 2006.

Xunto coa solicitude modelo, será preciso presentar a seguinte documentación:

-Fotocopia do documento nacional de identidade.

-Unha fotografía recente de tamaño carné.

-Xustificante para a Administración do correspondente impreso de autoliquidación de taxas, copia para Administración, debidamente validado pola entidade bancaria onde se realice o ingreso.

a) Para o exame teórico:

-No caso de que os candidatos teñan superado unha parte do programa da titulación ao que se presentan, deberán achegar o certificado do último exame.

-Título, tarxeta ou xustificante de trámite de patrón de embarcacións de lecer, para presentarse a patrón de iate.

-Título, tarxeta ou xustificante de trámite de patrón de iate, para presentarse a capitán de iate.

b) Para o exame práctico:

-Certificado de ter aprobado o exame teórico se este se realizou fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Fotocopia da documentación da embarcación en que se vai realizar o exame, que acredite o cumprimento das condicións establecidas no artigo 8 da Orde do 30 de xullo de 1998 (DOG nº 158, do 17 de agosto).

Cuarto.-As mencionadas solicitudes poderán presentarse en calquera das seguintes dependencias administrativas:

a) No rexistro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos ou de calquera das súas delegacións territoriais ou comarcais.

b) Na secretaría do Instituto Politécnico-Marítimo Pesqueiro do Atlántico en Vigo ou das Escolas Oficiais Náutico Pesqueiras de Ribeira e Ferrol, segundo corresponda.

Quinto.-Os presidentes dos tribunais, á vista das solicitudes recibidas, farán público no taboleiro de anuncios de cada centro examinador as listas de admitidos e excluídos, así como a hora de realización (e o día, se é necesario) das probas correspondentes a cada unha das titulacións.

Sexto.-Rematadas e corrixidas as probas, expoñeranse, no taboleiro de anuncios dos centros realizadores dos exames, as listas das cualificacións obtidas.

Os interesados poderán, se é o caso, formular as reclamacións que consideren oportunas perante o presidente do tribunal, no prazo de 15 días, contado desde a data na que sexan publicada as listas.

Sétimo.-Aqueles solicitantes que se encontren en posesión de titulacións que dan lugar á validación de partes dos programas, solicitarana perante do tribunal ao tempo que solicitan a inscrición para o exame, para o que xuntarán a documentación necesaria para acreditar que están en posesión das titulacións que alegan para a validación. O tribunal resolverá estas na lista pública de admitidos e excluídos.

Oitavo.-Os solicitantes deberán reunir as condicións físicas previstas na Resolución do 30 de decembro de 1997, da Dirección Xeral da Mariña Mercante.

Esta condición acreditarase mediante a presentación de certificado médico expedido de conformidade coa dita resolución, cando se solicite a tarxeta acreditativa.

Noveno.-Estas convocatorias e cantos actos administrativos deriven delas poderán impugnarse nos casos e na forma previstos na vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2005.

Fátima Linares Cuerpo

Directora xeral de Innovación

e Desenvolvemento Pesqueiro