DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 18 de novembro de 2005 Páx. 18.431

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 17 de outubro de 2005 pola que se dispón o nomeamento de vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

O Decreto 200/2004, do 29 de xullo, polo que se crea o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e se regula o Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, dispón no seu artigo 14 a composición e procedemento de nomeamento dos vogais do dito órgano.

No desenvolvemento da dita previsión publicouse a Orde do 15 de outubro de 2004 pola que se nomean os vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, o artigo 14 do Decreto 200/2004, do 29 de xullo, e o artigo 2 da Orde do 15 de outubro de 2004, en relación co Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Polo cambio producido nos departamentos da Xunta de Galicia, noméanse como vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral:

-Pola Consellería de Sanidade a: o titular da Dirección Xeral da División de Recursos Humanos do Sergas.

-Pola Consellería de Innovación e Industria a: o titular da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Artigo 2º

Polo cambio na designación producida na Unión Xeral de Traballadores de Galicia, noméase como vogal do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, por proposta da Unión Xeral de Traballadores de Galicia, en substitución de Manuel García González, a persoa que se relaciona a seguir:

Titular: Carlos Bellas Cebreiro.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2005.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA