DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 17 de novembro de 2005 Páx. 18.386

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión paritaria sobre interpretación de artigos do convenio colectivo do sector de hospitalización e internamento.

Vista a acta de interpretación de artigos da comisión paritaria do convenio colectivo do sector de hospitalización e internamento, con nº de código 3600755 que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 23-9-2005, subscrita pola comisión paritaria do convenio en data 27-6-2005. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 17 de outubro de 2005.

Pedro Borrajo Rivas

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión paritaria do convenio colectivo do sector de hospitalización e internamento da provincia de Pontevedra

-Asistentes:

CIG:

María del Carmen Comesaña Rial

María Rosa Couto

Elvira Iglesias Fernández

Olga Martínez López

UGT:

Paula Sotelino Alonso

José Agustín Somoza López

Rosa Ferreiroa Rilo

Juan Gil Abalde

CC.OO:

Ana Sierra López

Representación empresarial:

Mercedes Alonso Nogueira. Cruz Roja.

José R. Santamaría Barreiro. Clínica Fátima.

Luis Carlos Rodríguez Rodeiro. Asesor.

Secretaria de actas:

Patricia Vázquez Prada

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, ás dezasete trinta horas do día vinte e sete de xuño de dous mil cinco, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo do sector de hospitalización e internamento da provincia de Pontevedra, para os efectos de proceder á interpretación de artigos do dito convenio.

Asisten as persoas indicadas anteriormente.

Revísase a acta número dez do 21 de outubro de 2003 na que se recolle como debe facerse a revisión salarial do ano 2004.

Achégase a acta nº 10 por parte da representación social para solucionar o problema de interpretación que se presentaba por parte dalgúns empresarios sobre a subida salarial a partir de outubro de 2004.

Acórdase que a interpretación correcta segundo o que se negociou en convenio é que se consolida a subida salarial que se dá a partir do mes en que o IPC sobe do 3% establecido no convenio e non se rebaixa este salario aínda que algún mes baixe o IPC por debaixo do consolidado.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás dezanove horas do día arriba indicado.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA