DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 17 de novembro de 2005 Páx. 18.374

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2005, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se modifica a autorización dos programas de garantía social en centros públicos para o curso académico 2005-2006.

Por Resolución do 23 de maio de 2005 (DOG do 31 de maio) da Dirección Xeral de Ordenación Educativa autorízanse para o curso 2005-2006 programas de garantía social en centros públicos.

Dada a evolución da demanda existente de programas de garantía social cómpre adecuar a oferta actual, procedendo á ampliación do número de programas autorizados ou á substitución de perfís profesionais por outros máis demandados.

En virtude da Orde do 5 de maio de 1997 (DOG do 29 de maio) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pola que se regulan os programas de garantía social na Comunidade Autónoma de Galicia, e da Resolución do 11 de febreiro de 2005 (DOG do 2 de marzo) da Dirección Xeral de

Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pola que se regula o desenvolvemento de programas de garantía social en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2005-2006 esta dirección xeral, por proposta da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizar a ampliación da oferta de programas ou perfís de garantía social para o curso 2005-2006 en centros públicos segundo os datos que figuran no anexo I desta resolución.

Segundo.-Autorizar a substitución dos programas ou perfís profesionais que constan no anexo II desta resolución.

Terceiro.-Autorizar a ampliación ao nº de grupos de programas de garantía social que constan no anexo III desta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2005.

Mª José Pérez Mariño

Directora xeral de Ordenación e Innovación

Educativa

ANEXO I

Provincia da Coruña

ConcelloCódigoCentroFamilia profesionalCódigoEnsinanzaModalidade

Betanzos15001148IES As MariñasAdministraciónGF04001Servizos auxiliares de oficinaA

Boiro15023338IES Praia BarrañaMadeira e mobleGF15B04Operario de carpintaríaB

Cambre15027873IES Afonso X O SabioComunicación, imaxe e sonGF07B01Auxiliar de imaxeB

Neda15027216IES Fernando EsquíoElectricidade e electrónicaGF09001Instalador electricistaA

Noia15026731IES Campo de San AlbertoMadeira e mobleGF15B04Operario de carpintaríaB

Santiago de Compostela15027502CEE de XordosHostalaría e turismoGF11B02Axudante de cociñaB

Santiago de Compostela15027502CEE de XordosMadeira e mobleGF15002Operario de carpintaría de madeira macizaA

Santiago de Compostela15027502CEE de XordosMadeira e mobleGF15B01Operario de fabricación e instalación de mobles modulares sinxelosB

Santiago de Compostela15027502CEE de XordosMantemento e servizos á produciónGF17B04Operario de fontanaríaB

Santiago de Compostela15027502CEE de XordosTéxtil, confección e pelGF21001Operario de téxtil e confecciónA

Santiago de Compostela15027502CEE de XordosVidro e cerámicaGF22001Operario de olería-cerámicaA

Provincia de Lugo

ConcelloCódigoCentroFamilia profesionalCódigoEnsinanzaModalidade

Burela27013958IES Monte CasteloElectricidade e electrónicaGF09B03Operario de instalacións eléctricas de baixa tensiónB

Mondoñedo27006966IES San RosendoElectricidade e electrónicaGF09B01Instalador electricistaB

Mondoñedo27006966IES San RosendoFabricación mecánicaGF10B05Operario de soldaduraB

Mondoñedo27006966IES San RosendoMantemento de vehículos autopropulsadosGF16B01Axudante de mecánica xeral e electricidade do vehículoB

Rábade27016613IES Río MiñoActividades agrariasGF01B03Operario de explotacións agropecuariasB

Ribadeo27010933IES Dionisio Gamallo FierrosSanidadeGF19B01Auxiliar de puericulturaB

Taboada27012504CPI San Tomé do CarballoEdificación e obra civilGF08B02Operario de albanelaríaB

Provincia de Pontevedra

ConcelloCódigoCentroFamilia profesionalCódigoEnsinanzaModalidade

Ponte Caldelas36020313IES de Ponte CaldelasEdificación e obra civilGF08B07Operario de canteríaB

Ponte Caldelas36020313IES de Ponte CaldelasEdificación e obra civilGF08B03Operario de carpintaría de obraB

Ponteareas36014520IES Pedra da AugaAdministraciónGF04001Servizos auxiliares de oficinaA

Pontecesures36007621CPI de PontecesuresEdificación e obra civilGF08B08Auxiliar de pintura e decoraciónB

Pontecesures36007621CPI de PontecesuresElectricidade e electrónicaGF09B01Instalador electricistaB

Pontecesures36007621CPI de PontecesuresFabricación mecánicaGF10B05Operario de soldaduraB

Pontecesures36007621CPI de PontecesuresHostalaría e turismoGF11B02Axudante de cociñaB

Pontecesures36007621CPI de PontecesuresImaxe persoalGF12B01Auxiliar de perrucaríaB

Pontecesures36007621CPI de PontecesuresMadeira e mobleGF15B04Operario de carpintaríaB

Pontecesures36007621CPI de PontecesuresMantemento de vehículos autopropulsadosGF16B01Axudante de mecánica xeral e electricidade do vehículoB

ANEXO II

ConcelloCódigoCentroFamilia profesionalCódigoEnsinanzaModalidade

Neda15027216IES Fernando EsquíoAdministraciónGF04B01Servizos auxiliares de oficinaB

Neda15027216IES Fernando EsquíoElectricidade e electrónicaGF09B01Instalador electricistaB

Neda15027216IES Fernando EsquíoTéxtil, confección e pelGF21B03Operario maquinista de confección industrialB

Santiago de Compostela15027502CEE de XordosMadeira e mobleGF15001Operario de fabricación e instalación de mobles modulares sinxelosA

Santiago de Compostela15027502CEE de XordosMantemento e servizos á produciónGF17004Operario de fontanaríaA

ANEXO III

Provincia da Coruña

ConcelloCódigoCentroModalidadeNº de grupos

Ferrol15025751EPA Sta. María de CaranzaB3

Laracha15027654IES Agra de LeborísB2

Ribeira15027711IES LeliadouraB2

Provincia de Lugo

ConcelloCódigoCentroModalidadeNº de grupos

Castro de Rei27015891IES da Terra Chá, José Trapero PardoB2

Provincia de Pontevedra

ConcelloCódigoCentroModalidadeNº de grupos

Guarda, A36019244IES A SangriñaB2

Marín36020295IES Mestre LandínB2

Moaña36018999IES As BarxasB2

Moaña36018999IES As BarxasB2