DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 16 de novembro de 2005 Páx. 18.316

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2005, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto da acta en que se fixa a revisión salarial para o período comprendido entre o 1 de setembro de 2005 e o 31 de agosto de 2006 do convenio colectivo da empresa Vitivinícola del Ribeiro, S.C.L. de Ourense.

Visto o texto da acta na que se fixa a revisión salarial para o período comprendido entre o 1 de setembro de 2005 e o 31 de agosto de 2006 do convenio colectivo da empresa Vitivinícola do Ribeiro S.C.L. de Ourense (publicado no BOP nº 74, do 31 de marzo de 2004) (código de convenio nº 3200722), que foi subscrito o 26 de marzo de 2005, polo representante da empresa, en representación da parte económica e polos delegados de persoal, en representación da parte social, e; de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de

Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 11 de outubro de 2005.

Carmen Rodríguez Dacosta

Delegada provincial de Ourense

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo

da empresa Vitivinícola del Ribeiro, S.C.L.

Asistentes.

* Pola empresa:

Argimiro Levoso Touceda.

* Polos traballadores:

Cesáreo Dávila Álvarez.

Juan Carlos Rodríguez Expósito.

Xan Losada González (asesor-CIG).

José Gómez Gómez (asesor-CC.OO.).

En Ribadavia, e nos locais da empresa, sendo as 9.30 horas do día 26 de setembro de 2005, reúnense as persoas que se relacionan arriba, a fin de revisar as táboas de salarios para o período 1-9-2005 ata o 31-8-2006.

Unha vez revisadas as táboas de salarios despois de aplicar, o incremento do IPC a 31 de agosto de 2005, incrementado en dous puntos porcentuais segundo acordo artigo 3º do convenio.

Acórdase: por unanimidade asignar as novas táboas de salarios para os períodos antes citados, para o seu rexistro e publicación.

En Ribadavia 26 de setembro de 2005.

Informe: revisión salarial.

Empresa: Vitivinícola del Ribeiro, S. Coop.

Período: do 1-9-2005 ao 31-9-2005.

CategoríaÁreaFunción%Aum.Salario base

mensual

Salario base

anual

B)ComercialXefe de vendas5,3%1.490,22 A21.608,21 A

AdministraciónXefe de administración5,3%1.490,22 A21.608,21 A

AdministraciónAtención ao socio5,3%1.490,22 A21.608,21 A

ProduciónEnólogos5,3%1.490,22 A21.608,21 A

ProduciónXefe de produción5,3%1.490,22 A21.608,21 A

C)ComercialInspector de vendas5,3%1.033,90 A14.991,50 A

AdministraciónXefe de contabilidade5,3%1.173,63 A17.017,65 A

TécnicaEncargado de bodega5,3%1.033,90 A14.991,50 A

TécnicaEncargado de embotellado5,3%1.033,90 A14.991,50 A

TécnicaEncargado de almacén5,3%1.033,90 A14.991,50 A

TécnicaEncargado de mantemento5,3%1.033,90 A14.991,50 A

TécnicaEncargado de produción5,3%1.173,63 A17.017,65 A

D)ComercialPromotor comercial5,3%838,28 A12.155,10 A

AdministraciónAdministrativo 1ª5,3%888,64 A12.885,32 A

TécnicaOficial 1ª5,3%844,32 A12.242,62 A

E)ComercialAutovenda5,3%807,11 A11.703,05 A

AdministraciónAdministración5,3%852,47 A12.360,89 A

TécnicaOficial 2ª5,3%812,95 A11.787,80 A

F)ComercialAxudante de repartición5,3%781,41 A11.330,47 A

AdministraciónAuxiliar administrativo5,3%785,52 A11.390,09 A

TécnicaOficial 3ª5,3%796,50 A11.549,20 A

H)TécnicaPeón-bodega5,3%740,68 A10.739,80 A

TécnicaPeón5,3%740,68 A10.739,80 A

TécnicaLimpeza5,3%740,68 A10.739,80 A

TécnicaAxudante vendima5,3%740,68 A10.739,80 A