DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 15 de novembro de 2005 Páx. 18.259

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2005 do convenio colectivo da empresa Estiba y Desestiba del Noroeste, S.L. (Estinorte).

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2005 do convenio colectivo da empresa Estiba y Desestiba

del Noroeste, S.L. (Estinorte) con nº de código 3602232, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 22-8-2005, subscrita en representación da parte económica pola representación da empresa e da parte social, polo comité de empresa, con data 2-6-2005. De conformidade co disposto no artigo 5º do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22

de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de outubro de 2005.

Pedro Borrajo Rivas

Delegado provincial de Pontevedra

Acta

Reunidos, pola parte económica, Silvino Tenorio Rey, en calidade de representante legal da empresa Estiba y Desestiba del Noroeste, S.L. (Estinorte).

E, pola parte social, o comité de empresa constituído polos seguintes membros:

UGT:

Ignacio Souto Valverde

Eva Fernández Martínez

Matilde Piñeiro Fervenza

CUT:

Cándido Villar Rodríguez

Cándido Santomé Alves

ACORDAN:

Único.-Aprobar as táboas salariais para o ano 2005, en relación ao artigo 5º do convenio colectivo desta empresa.

Moaña, 2 de xuño de 2005.

ANEXO I

Estiba y Desestiba del Noroeste, S.L. Táboa salarial ano 2005 (en euros)

+

123456789

Estibador especialista18,737,4915,34-----3,082,842,106,0155,59

Amanteiro18,737,4915,34-----3,082,842,106,0155,59

Enganchador18,737,4915,34-----3,082,842,106,0155,59

Estibador17,106,849,81-----2,812,241,256,0146,06

Mozo especializado18,027,21-----4,822,961,902,07-----36,98

Mozo17,106,84-----4,582,811,810,94-----34,08

1. Salario base.

2. Inhábiles.

3. Tóxico, penoso, perigoso.

4. Gratificación voluntaria.

5. Extras xullo e decembro.

6. Vacacións.

7. Transporte.

8. Axudas de custo.

9. Total salario día.