DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 15 de novembro de 2005 Páx. 18.255

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 xullo de 2005, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto do convenio colectivo da empresa Cervezas San Martín, S.A. para o ano 2005.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Cervezas San Martín, S.A. para o ano 2005, código de convenio núm. 3200102, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21 de xuño de 2005; subscrito con data 20 de xuño de 2005, polos representantes da empresa Cervezas San Martín, S.A., en representación da parte económica, e o delegado de persoal, en representación da parte social e; de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás

representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 11 de xullo de 2005.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo 2005 de la empresa

Cervezas San Martín, S.A.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

As estipulacións deste convenio colectivo, a súa aplicación será obrigatoria a todo o persoal que se encontre en alta no momento de ser asinado e que estea comprendido na Ordenanza laboral da industria cervexeira do 23 de xullo de 1971, tendo o carácter de complemento da lexislación vixente e, en particular, da citada ordenanza.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e prórroga.

Este convenio colectivo, que entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2005, estará vixente ata o 31 de decembro de 2005. Poderá ser prorrogado de anoen ano se ningunha das partes o denunciase cunha antelación dun mes, como mínimo, respecto da data da súa expiración, conforme o disposto na Lei 8/1980, do 10 de marzo.

Capítulo II

Condicións económicas

Artigo 3º.-Retribucións.

Apróbase a táboa salarial anexa a este convenio. Establécese un incremento do 4 % sobre a táboa de 2004.

Revisión salarial.-En caso de que o índice de prezos ao consumo (IPC) establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 2005 un incremento superior ao 4%, efectuarase unha revisión salarial pola diferenza entre o incremento pactado (4%) e o real constatado. Esta revisión terá efectos desde o 1-1-2005 e para o seu cálculo tomarase como referencia a táboa salarial do ano 2004.

Artigo 4º.-Antigüidade.

Todos os traballadores fixos de todas as categorías, agás os aspirantes e aprendices, desfrutarán de aumentos periódicos nos seus haberes, consistentes en doce bienios do 5%, como máximo, en razón da súa antigüidade na empresa.

Estas porcentaxes aplicaranse exclusivamente sobre o salario base que lle corresponda á última categoría laboral que posúa o produtor de que se trate.

Artigo 5º.-Pagas extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias pagadas a razón do salario real (salario base+antigüidade+complemento de convenio), nos meses de xullo, setembro e decembro.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que exceda da duración máxima da xornada semanal de traballo pactada no artigo 12º deste convenio, terá a consideración de hora extraordinaria.

O seu aboamento efectuarase cun incremento sobre a hora pactada do 75 por cento, as diarias, e do 100 por 100 as realizadas en domingos e festivos.

A base para o cálculo, así como os importes resultantes por aplicación das recargas sinaladas no parágrafo anterior, son os pactados e que figuran na táboa salarial anexa, que serán igual para todos os traballadores da mesma categoría, sen distinción da antigüidade individual.

Artigo 7º.-Traballos en días festivos do persoal a quendas.

O persoal de traballo a quendas que polas especiais características do proceso non se pode interromper e que traballen en festas laborables, é dicir, festivos que non sexan domingos, percibirán, sen prexuízo da compensación do día de descanso correspondente, a gratificación que se detalla a seguir, a cal será incrementada co complemento de antigüidade que corresponda:

Oficial 1ª x.e.: 46,16 euros.

Oficial 1ª: 44,70 euros.

Oficial 2ª: 43,11 euros.

Axudante: 41,78 euros.

Auxiliar 1ª: 40,40 euros.

Auxiliar 2ª: 39,11 euros.

Auxiliar 3ª: 31,32 euros.

Esta gratificación será absorbida cando a retribución por traballo nestes días festivos teña distinta consideración á de xornada normal.

Durante os períodos de vacacións ou baixas do persoal, en caso de non se cubrir a quenda dos martes e mércores pola mañá, cubrirase necesariamente con quen corresponda, cunha compensación económica do 100% sobre o valor da hora pactada na táboa salarial para 2005, sen que exista ningunha obriga complementaria por parte da empresa.

Artigo 8º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte igual para todo o persoal da fábrica, de igual contía có custo dun billete de ida e volta, en autobús da empresa Cercanías de Ourense e polo traxecto Ourense-polígono.

Artigo 9º.-Nocturnidade e prima de actividade.

Nocturnidade. Os traballadores que realicen a súa xornada laboral nas horas consideradas como nocturnas, é dicir, entre as 22.00 e as 6.00 horas, percibirán un complemento do 25% do salario base.

Prima de actividade. Establécese un incremento do 4 % sobre a prima de actividade de 2004 para todos os traballadores, por mes realmente traballado, quedando fixada esta en 35,77 euros.

Artigo 10º.-Modificación de categoría profesional de implantación de novo sistema de traballo.

Todas as seccións da empresa se consideran como integradas nun único proceso produtivo.

Todos os traballadores, calquera que sexa a súa categoría profesional, atenderán as áreas inherentes ao dito proceso, segundo as instrucións dos seus mandos e responsables, no sentido de optimización e mellora de rendementos e produtividade do proceso. Para iso, promociónase á categoría de oficial de 1ª un máximo de catro oficiais de 2ª e a un mínimo de dous que reúnan as condicións previstas no artigo 24 do Estatuto dos traballadores. Igualmente, promociónase á categoría de oficiais de 2ª un axudante, que igualmente reúna as condicións previstas.

Como consecuencia deste único proceso produtivo, modifícase o sistema de traballo para o actual cadro de persoal de 12 traballadores, formándose 5 equipos de traballo, composto por dúas persoas cada equipo, das cales un deles terá necesariamente categoría de oficial de 1ª. As restantes persoas estarán en réxime de fóra de quenda de luns a venres, con carácter non definitivo e mentres as circunstancias do proceso o permitan.

As quendas serán de carácter rotativo coa seguinte orde:

1ª Quenda de noite.

2ª Quenda de mañá.

3ª Quenda de tarde.

4ª Fóra de quenda.

A reincorporación ao traballo, despois do desfrute das vacacións, farase en réxime de fóra de quenda, en vez de se incorporar á quenda que tiña anteriormente.

Despois dun período de baixa por enfermidade, o traballador reincorporarase ao traballo na quenda que lle correspondería se non estivese de baixa.

En caso de dúas ou máis baixas por enfermidade, adaptaranse as quendas ás necesidades do proceso.

Cando por necesidades do proceso coincidan dous oficiais de 2ª na mesma quenda, un deles farase cargo da quenda, como responsable dela e en funcións de oficial de 1ª, percibindo a diferenza de posto correspondente. A empresa designará o responsable da quenda, en caso necesario.

Como consecuencia desta implantación do novo sistema de traballo, establécense as compensacións económicas seguintes:

Oficial 2ª: 12,02 euros/mes realmente traballado.

Axudante: 18,03 euros/mes realmente traballado.

Esta compensación faise extensiva ao mes de vacacións.

Artigo 11º.-Impostos e cargas sociais.

Os impostos, cargas sociais e calquera dedución de tipo obrigatorio que gravan na actualidade ou que graven no futuro as condicións económicas pactadas neste convenio, serán satisfeitos por quen corresponda conforme a lei.

Capítulo III

Xornada de traballo

Artigo 12º.-Xornada.

Establécese unha xornada para todos os traballadores de corenta horas semanais.

Artigo 13º.-Vacacións.

Todo o persoal, sen distinción de grupos e categorías profesionais, terá dereito a desfrutar anualmente un período de vacacións retribuído de 30 días naturais.

O calendario para desfrute das vacacións pactarase entre a empresa e os traballadores. Se non hai acordo, e tendo en consideración as características do proceso produtivo, a empresa fixará as quendas de descanso do persoal de acordo co preceptuado no artigo 38 da Lei 8/1980, do Estatuto dos traballadores.

Como compensación para o persoal que desfrute das vacacións nos meses de fóra do período de verán (xuño, xullo, agosto e setembro), establécese unha compensación económica de 150 euros, que ten carácter graciable e non computable para efectos de sucesivos convenios, a non ser que haxa pacto en contrario. As quendas de vacacións sortearanse cada ano entre todos os traballadores.

Tal período de vacacións será retribuído na súa totalidade polo salario real que se veña percibindo.

Artigo 14º.-Licenzas con soldo.

A empresa concederá licenzas con soldo nos casos seguintes e coa duración que se indica:

a) Quince días naturais por matrimonio do traballador.

b) Tres días naturais por parto da esposa; esta licenza ampliarase en dous días máis, en caso de intervención cirúrxica.

c) Tres días naturais ou seis medias xornadas consecutivas, por enfermidade grave ou operación cirúrxica maior de cónxuxe, fillos, pais, irmáns, netos e avós.

d) Tres días naturais por falecemento dos familiares citados.

e) Un día natural por matrimonio de irmáns ou fillos.

f) Un día natural por falecemento de familiares indirectos.

g) Polo tempo indispensable para a consulta do traballador polo médico de cabeceira ou especialista, sen que en ningún caso esta licenza poida superar dúas horas.

h) En caso de que o feito causante se desenvolva fóra da provincia do domicilio habitual, estas licenzas serán ampliadas nun día natural.

i) Un día por traslado de domicilio do traballador.

O traballador estará obrigado a presentar, en calquera caso, documentos ou xustificantes legais ou médicos que acrediten a existencia das circunstancias alegadas para a obtención das licenzas anteriores. Estas licenzas terán que se desfrutar no momento de se producir o feito causante.

Artigo 15º.-Festividade da patroa.

Con independencia das festas nacionais e locais dispostas pola autoridade competente, os traballadores afectados por este convenio festexarán a patroa da industria cervexeira, Virxe das Viñas, que normalmente cadra co 10 de setembro, que de ser traballada, haberase que ater ao disposto no artigo 7º deste convenio.

Capítulo IV

Prestacións e servizos sociais

Artigo 16º.-Axuda por incapacidade laboral transitoria.

Todo o persoal afectado por este convenio, en caso de incapacidade laboral transitoria derivada de enfermidade común, accidente non laboral, enfermidade profesional ou accidente laboral, percibirá un complemento ata acadar o 100% do salario real, nos seguintes casos:

a) Enfermidade común, accidente non laboral con internamento en centros hospitalarios. En todos os casos e desde o feito da baixa. Cando despois da alta clínica o traballador debe continuar tratamento no seu domicilio, poderá ser sometido a recoñecemento polo médico de empresa e outro que esta designe, e á vista do xuízo emitido reconsiderarase a concesión deste complemento.

b) Demais casos de enfermidade común. Naqueles casos en que a empresa o considere conveniente logo dos pertinentes informes.

c) Accidente laboral. En todos os casos, sen prexuízo do recoñecemento a que se fai referencia na letra a).

Artigo 17º.-Seguro de vida.

A empresa manterá un seguro de vida, para todo o persoal afectado por este convenio, sendo por conta dela a prima correspondente ata un máximo de dous mil catrocentos catro euros con cinco céntimos

(2.404,05) anuais. Se unha vez coñecido o montante da prima, resultase superior á citada cantidade, o excedente será por conta do persoal, rateado en partes iguais.

A póliza cubrirá as seguintes continxencias:

a) Falecemento por morte natural: 18.030,36 euros.

b) Invalidez permanente absoluta e derivada de enfermidade ou accidente: 18.030,36 euros.

c) Morte por accidente: 36.060,72 euros.

d) Morte por accidente de circulación: 54.091,08 euros.

O condicionado para a eficacia deste seguro será o reflectido na póliza da compañía Winterthur.

Artigo 18º.-Economato.

A empresa comprométese a xestionar directamente cos almacéns de produtos básicos (alimentación, vestiario, etc.) co fin de que o persoal poida efectuar compras, en condicións máis vantaxosas có mercado libre.

Artigo 19º.-Uniforme.

A empresa facilitaralle cada ano ao persoal operativo a roupa de uniforme que cumpra para o desenvolvemento das súas actividades.

Así mesmo, facilitaranse en casos de servizos ao exterior as pezas de roupa de auga e de abrigo adecuadas. As demais pezas de roupa do equipo renovaranse cando se deterioren.

Artigo 20º.-Seguridade e hixiene.

Ambas as partes manifestan a vontade de prover os medios necesarios para unha mellora permanente das condicións de traballo no tocante á seguridade e hixiene; para iso constitúese o comité de seguridade e hixiene na empresa e estará composto por dous representantes da empresa e dous traballadores e presidido polo director da fábrica.

Reunirase, cando menos, unha vez ao mes. Estudaranse os distintos aspectos para a mellora das condicións de seguridade e hixiene. De todas as reunións levantarase a acta correspondente.

Artigo 21º.-Fomento de contratación.

As partes contratantes deste convenio reiteran os seus desexos de fomentaren a contratación indefinida de traballadores.

Malia iso, e como fase previa á estabilidade no posto de traballo, e por estar encadrada a empresa nun sector no que non existe unha problemática específica, establécese a seguinte forma de contratación:

a) Contrato eventual por circunstancias de produción, acumulación de tarefas ou excesos de pedidos: as partes acordan que, de conformidade co establecido no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, modificado pola Lei 63/1997, co obxecto de aproveitar ao máximo as posibilidades de emprego

que ofrece a empresa, a duración máxima do contrato eventual por circunstancias de produción, acumulación de tarefas ou excesos de pedidos será de trece meses e medio dentro dun período de 18 meses.

Capítulo V

Garantías

Artigo 22º.-Garantías sindicais.

Os representantes dos traballadores desfrutarán, en todo momento, das garantías sindicais que estean establecidas pola lexislación vixente. Ningún traballador poderá ser discriminado por razón da súa afiliación política ou sindical.

Artigo 23º.-Reunións.

A empresa porá un taboleiro de anuncios á disposición do delegado de persoal, co fin de que poidan informar a todo o persoal sobre os asuntos que o poidan afectar.

O delegado de persoal celebrará unha reunión ordinaria cada mes cos traballadores, que terá carácter informativo e consultivo, fóra das horas de traballo e logo de comunicación á empresa. En tales reunións, calquera traballador poderá formularlles aos seus representantes os problemas que o afecten persoalmente. Soamente en casos excepcionais de indubidable urxencia e importancia, poderá expor o traballador os seus problemas ante os delegados, fóra das reunións antes citadas.

Así mesmo, poderase efectuar unha reunión extraordinaria, dentro das horas de traballo, cando o problema que hai que tratar teña a suficiente importancia e requira un tratamento de urxencia, logo de comunicación á empresa e conseguinte autorización dela, a quen se informará sobre os asuntos tratados e os acordos adoptados.

Capítulo VI

Disposicións adicionais

Artigo 24º.-Absorción e compensación.

Todas as retribucións, tanto en concepto de salario base, complemento de convenio, como calquera clase de complementos, en canto fosen superiores aos mínimos establecidos con carácter xeral neste convenio, poden ser absorbidas e compensadas no seu conxunto e en cómputo anual, coas que se fixan no presente pacto. Tamén se compensarán ou absorberán as novas condicións que se poidan implantar, durante o período de vixencia deste acordo, por disposición legal de obrigado cumprimento.

Artigo 25º.-Liquidación de salarios.

A empresa liquidará os salarios de forma mensual, aboando o seu importe o último día de cada mes, mediante transferencia bancaria, talón bancario ou calquera outro sistema que garanta o movemento de fondos.

Artigo 26º.-Muller traballadora.

No concernente a dotes, descansos antes e despois do parto, excedencia por matrimonio, rescisión do

contrato por matrimonio, excedencia por parto e reingreso da muller traballadora, haberá que aterse ao disposto legalmente sobre a materia.

Artigo 27º.-Dereito supletorio.

En todos aqueles aspectos non determinados concretamente no presente convenio, haberá que aterse ao establecido nas disposicións legais de carácter xeral e de obrigado cumprimento, así como ao disposto no Regulamento de réxime interior da empresa, que manterá plena vixencia en todas aquelas materias que non se opoñan ao estipulado neste convenio ou non foran derrogadas por el.

Artigo 28º

Dentro da estrutura profesional da empresa créase a categoría de auxiliar 3ª obreiro, que se define como operario maior de 18 anos que executa labores

para a realización dos cales se require predominantemente achega de esforzo físico, e en consecuencia, a instrución para a práctica operatoria será mínima.

Artigo 29ª.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria integrada polos representantes do persoal e da empresa, que interviñeron na negociación do presente convenio, para a vixilancia do seu cumprimento e correcta interpretación, cando fose necesario, do texto aprobado por ambas as partes.

San Cibrao das Viñas, 20 de xuño de 2005.

Pola representación social: Jorge Araújo Rivera.

Pola representación empresarial:

Administrador único: Carlos Walter Schumacher.

Director da fábrica: Ricardo García Blanco.

Táboa salarial 2005

CategoríaNivelSalario baseC. convenioTotalBase h. pactada75%Mellorada

Titulados
SuperiorA1.871,17654,542.525,719,8317,2022,84
Medio AA1.719,44465,382.184,828,7815,3620,36
Medio BB1.511,65465,381.977,037,6113,3117,79
Técnicos
Xefe de 1ªA1.559,28433,921.993,207,6113,3117,79
Xefe de 2ªA1.309,98384,841.694,826,3611,1414,86
Oficial de 1ªA1.086,49381,741.468,235,469,5612,69
Oficial de 2ªA 820,42317,901.138,324,688,1810,88
AuxiliarA 734,53308,951.043,484,057,089,41
Encargado 1.086,49381,741.468,23
Administrativo
Xefe de 1ªA1.559,28433,921.993,207,6113,3117,79
Xefe de 1ªB1.386,93433,921.820,857,0212,2816,33
Xefe de 2ªA1.309,98384,841.694,826,3611,1414,86
Xefe de 2ªB1.169,98369,421.539,405,9110,3313,70
Oficial de 1ªA1.086,49381,741.468,235,469,5612,69
Oficial de 1ªB 996,81341,321.338,135,108,9211,78
Oficial de 2ªA 887,17324,371.211,544,688,1810,88
Oficial de 2ªB 820,42317,971.138,394,688,1810,88
AuxiliarA 734,53308,961.043,494,057,089,41
Subalternos
Subalt. 1ª x.e.A 820,42317,971.138,394,688,1810,88
Subalterno 1ªA 770,67313,131.083,804,347,5910,08
Subalterno 2ªA 719,74307,571.027,313,946,909,18
Obreiros
Oficial 1ª x.e. 28,96323,39 5,018,7711,88
Oficial de 1ª 26,14315,06 4,437,7611,49
Oficial de 2ª 25,00311,25 4,137,2310,95
Axudante 23,99308,28 3,946,9010,38
Auxiliar de 1ª 23,54306,63 3,806,65
Auxiliar de 2ª 22,94305,25 8,1414,26
Auxiliar de 3ª 18,00231,19 2,945,15