DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 15 de novembro de 2005 Páx. 18.253

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2005, da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, pola que se lle dá publicidade á incorporación dos referenciais IFS (International Food Standard) e BRC (British Retail Consortium) Global Standard-Food ao convenio aberto de colaboración entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade para o fomento da certificación en Galicia.

Con data do 12 de marzo de 2004 subscribiuse entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as empresas avaliadoras dá conformidade un convenio aberto de colaboración para o fomento da certificación dos sistemas de xestión en Galicia, que foi publicado no DOG nº 65, do 2 de abril de 2004.

Ná clausula quinta do convenio considérase a posibilidade de actualizar a lista aberta de referenciais segundo anexo VI en función da innovación nos modelos de xestión e logo da solicitude por parte das certificadoras. Conforme o establecido na dita cláusula, a certificadora BVQI España SAU, con CIF: A79012779 presentou solicitude de incorporación dos referenciais IFS (International Food Standard) e BRC (British Retail Consortium) Global Standard-Food.

Vista a documentación remitida pola certificadora, o conselleiro de Innovación e Industria resolveu actualizar a lista aberta segundo anexo VI do convenio aberto de colaboración entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade para o fomento dos sistemas de xestión en Galicia, do 12 de marzo de 2004, cos seguintes referenciais:

-Especificación.

IFS (International Food Standard).

BRC (British Retail Consortium) Global Standard-Food.

-Descrición.

Estándar para auditar provedores de produtos alimenticios con marca de distribuidor.

Estándar técnico para compañías provedoras de produtos alimenticios coa marca do retallista.

Cumprida a tramitación regulamentaria procede a publicación no Diario Oficial de Galicia da devandita adhesión co fin de dar publicidade a este feito.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2005.

Elena Veiguela Martínez

Directora xeral de Promoción Industrial

e da Sociedade da Información