DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 15 de novembro de 2005 Páx. 18.253

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2005, da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, pola que se lle dá publicidade á adhesión das empresas avaliadoras da conformidade BM Trada Certificación España, S.L. e Sistemas y Procesos de Gestión, Certificación, S.L. (SPG) ao convenio aberto de colaboración entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade para o fomento da certificación en Galicia.

Con data do 12 de marzo de 2004 subscribiuse entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade un convenio aberto de colaboración para o fomento da certificación dos sistemas de xestión en Galicia, que foi publicado no DOG nº 65, do 2 de abril de 2004.

Ná cláusula terceira do convenio considérase a posibilidade de adherirse a él daquelas certificadoras que o soliciten e reúnan os requisitos exixidos no convenio. Conforme o establecido na dita cláusula as certificadoras BM Trada Certificación España, S.L. e Sistemas y Procesos de Gestión, Certificación, S.L. (SPG), presentaron solicitude de adhesión ao dito convenio aberto.

Vista a documentación remitida por ambas as certificadoras, o conselleiro de Innovación e Industria resolveu adherir a BM Trada Certificación España, S.L. con CIF: B39535125 representada por César Menchaca Irueba, e a Sistemas y Procesos de Gestión, Certificación, S.L. (SPG) con CIF: B63208813, representada por José Hermenegildo Mora Martín, ao convenio aberto de colaboración entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as empresas avaliadoras da conformidade para o fomento dos sistemas de xestión en Galicia, do 12 de marzo de 2004.

Cumprida a tramitación regulamentaria procede a publicación no Diario Oficial de Galicia da devandita adhesión co fin de dar publicidade a este feito.

O que se fai público para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2005.

Elena Veiguela Martínez

Directora xeral de Promoción Industrial

e da Sociedade da Información