DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 14 de novembro de 2005 Páx. 18.205

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2005 pola que se crean ficheiros de datos de carácter persoal da Universidade de Vigo.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderá facer por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

A implantación efectiva de medidas de seguridade na Universidade de Vigo, así como a realización de novos servizos ou actividades, fixeron aconsellable a creación de novos ficheiros de protección de datos que se engaden aos xa existentes.

Deste xeito, créanse os ficheiros de Extensión Universitaria, Saum, Telefonía, Usuarios, Riga, Rexistro e Xestión académica de cursos de posgrao.

Na súa virtude, e co fin de dar cumprimento ao mandado legal do artigo 20 da LOPD, sobre creación ou modificación de ficheiros que conteñan datos de carácter persoal xestionados pola Universidade de Vigo, e de lles asegurar aos administrados o exercicio dos seus lexítimos dereitos.

Esta reitoría

RESOLVE:

Primeiro.-Créanse os ficheiros de datos de carácter persoal que se inclúen no anexo I. A súa descrición contense no anexo desta resolución, indicando o nivel de medidas de seguridade básico, medio ou alto correspondente a cada un destes ficheiros, en aplicación do Real decreto 994/1999, do 25 de xuño, Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal.

Segundo.-Os ficheiros que se indican no anexo rexeranse polas disposicións xerais e instrucións que se detallen para cada un deles, e estarán sometidos, en todo caso, ás normas legais e aos regulamentos de superior rango que lles sexan aplicables.

Terceiro.-Ademais das cesións previstas para cada un dos ficheiros, poderanse realizar cesións sempre que así se recolla nunha norma ou para os efectos de lles remitir datos aos servizos estatísticos, tanto estatais como da comunidade autónoma, para o desenvolvemento das funcións propias destes servizos ou entidades, e cos límites establecidos na lei.

Cuarto.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de outubro de 2005.

Domingo Docampo Amoedo

Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO I

1. Extensión universitaria.

Nome ficheiro: extensión universitaria.

1. Órgano responsable do ficheiro: Vicerreitoría de Extensión Universitaria.

2. Servizo ou unidade onde poden exercerse os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación: Secretaría da Vicerreitoría de Extensión Universitaria.

3. Nome e descrición do ficheiro: extensión universitaria. Base de datos da Vicerreitoría de Extensión Universitaria para matriculación de alumnos en cursos non oficiais.

4. O carácter de automatizado ou manual estruturado do ficheiro: automatizado.

5. Sistema de información a que pertence o ficheiro: extensión universitaria.

6. Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán:

a) De carácter identificativo.

b) Académicos e profesionais.

c) De detalles de emprego.

d) Económico-financeiros.

7. Descrición detallada da finalidade e usos previstos do ficheiro: matrícula en cursos de ensino universitario non regrado.

8. Persoas e colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos:

a) Alumnos que se matriculan nos distintos cursos non oficiais ofertados pola Universidade de Vigo.

9. Procedencia e procedemento de recolla de datos: declaracións e impresos normalizados cubertos polo propio interesado en soporte papel, soporte magnético ou vía telemática.

10. Órganos ou entidades destinatarias das cesións previstas, indicando de forma expresa as que constitúan transferencias internacionais: non se prevén.

11. Nivel e medidas de seguridade: nivel básico.

2. Saum.

Nome ficheiro: Saum.

1. Órgano responsable do ficheiro: Vicerreitoría de Innovación e Calidade.

2. Servizo ou unidade onde poden exercerse os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación: Servizos Informáticos de Investigación.

3. Nome e descrición do ficheiro: Saum. Base de datos del Servizo de Atención ao Usuario.

4. O carácter de automatizado ou manual estruturado do ficheiro: automatizado.

5. Sistema de información a que pertence o ficheiro: Saum.

6. Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán:

a) De carácter identificativo.

7. Descrición detallada da finalidade e usos previstos do ficheiro: mantemento de partes de traballo dos Servizos Informáticos de Investigación e información de configuración de equipamentos informáticos.

8. Persoas e colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos:

a) Comunidade universitaria da Universidade de Vigo.

9. Procedencia e procedemento de recolla de datos: declaracións e impresos normalizados cubertos polo propio interesado en soporte papel, soporte magnético ou vía telemática.

10. Órganos ou entidades destinatarias das cesións previstas, indicando de forma expresa as que constitúan transferencias internacionais: non se prevé.

11. Nivel e medidas de seguridade: nivel básico.

3. Telefonía.

Nome ficheiro: telefonía.

1. Órgano responsable do ficheiro: Vicerreitoría de Innovación e Calidade.

2. Servizo ou unidade onde poden exercerse os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación: Servizos Informáticos de Investigación.

3. Nome e descrición do ficheiro: telefonía, base de datos de telefonía para control de facturación e directorio telefónico.

4. O carácter de automatizado ou manual estruturado do ficheiro: automatizado.

5. Sistema de información a que pertence o ficheiro: telefonía.

6. Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán:

a) De carácter identificativo.

b) De detalle de emprego.

c) Económico-financeiros.

7. Descrición detallada da finalidade e usos previstos do ficheiro: directorio telefónico e facturación das chamadas.

8. Persoas e colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos:

a) Traballadores da Universidade de Vigo.

9. Procedencia e procedemento de recolla de datos: declaracións e impresos normalizados cubertos polo propio interesado en soporte papel, soporte magnético ou vía telemática.

10. Órganos ou entidades destinatarias das cesións previstas, indicando de forma expresa as que constitúan transferencias internacionais: non se prevé.

11. Nivel e medidas de seguridade: nivel básico.

4. Usuarios.

Nome ficheiro: usuarios.

1. Órgano responsable do ficheiro: Vicerreitoría de Innovación e Calidade.

2. Servizo ou unidade onde se poden exercer os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación: Servizos Informáticos de Investigación.

3. Nome e descrición do ficheiro: usuarios. Directorio de usuarios para asignación de permisos de acceso a recursos e servizos.

4. O carácter de automatizado ou manual estruturado do ficheiro: automatizado.

5. Sistema de información a que pertence o ficheiro: usuarios.

6. Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán:

a) De carácter identificativo.

b) Datos académicos e profesionais.

7. Descrición detallada da finalidade e usos previstos do ficheiro: asignación de permisos de acceso a recursos e servizos para os usuarios dos sistemas informáticos.

8. Persoas e colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos:

a) Comunidade universitaria da Universidade de Vigo.

9. Procedencia e procedemento de recolla de datos: declaracións e impresos normalizados cubertos polo propio interesado en soporte papel, soporte magnético ou vía telemática.

10. Órganos ou entidades destinatarias das cesións previstas, indicando de forma expresa as que constitúan transferencias internacionais: non se prevé.

11. Nivel e medidas de seguridade: nivel básico.

5. Riga.

Nome ficheiro: Riga.

1. Órgano responsable do ficheiro: Vicerreitoría de Investigación.

2. Servizo ou unidade onde se poden exercer os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación : Secretaría da Vicerreitoría de investigación.

3. Nome e descrición do ficheiro: Riga. Rexistro de Investigadores de Galicia con vínculos na Universidade de Vigo.

4. O carácter de automatizado ou manual estruturado do ficheiro: automatizado.

5. Sistema de información a que pertence o ficheiro: Riga.

6. Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán:

a) De carácter identificativo.

b) De características persoais.

c) Académicos e profesionais.

d) De información comercial.

7. Descrición detallada da finalidade e usos previstos do ficheiro: rexistro de datos de produción científica para fins científicos, históricos ou estatísticos.

8. Persoas e colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos:

a) Profesores adscritos á Universidade de Vigo.

9. Procedencia e procedemento de recolla de datos: declaracións e impresos normalizados cubertos polo propio interesado en soporte papel, soporte magnético ou vía telemática.

10. Órganos ou entidades destinatarias das cesións previstas, indicando de forma expresa as que constitúan transferencias internacionais:

a) Centro de Supercomputación de Galicia.

11. Nivel e medidas de seguridade: nivel básico.

6. Rexistro.

Nome ficheiro: rexistro.

1. Órgano responsable do ficheiro: Secretaría Xeral.

2. Servizo ou unidade onde se poden exercer os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación: Servizo de Rexistro.

3. Nome e descrición do ficheiro: rexistro. Base de datos do Rexistro da Universidade de Vigo.

4. O carácter de automatizado ou manual estruturado do ficheiro: automatizado.

5. Sistema de información a que pertence o ficheiro: rexistro.

6. Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán:

a) Afiliación sindical.

b) Infraccións administrativas.

c) De carácter identificativo.

d) De características persoais.

e) De circunstancias sociais.

f) Académicos e profesionais.

g) De detalle de emprego.

h) Económico-financeiros.

i) Datos de transaccións.

7. Descrición detallada da finalidade e usos previstos do ficheiro: almacenamento de solicitudes, escritos e comunicados á administración da Universidade de Vigo en función da Lei de procedemento administrativo 30/1992.

8. Persoas e colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos:

a) O propio interesado.

b) Rexistros públicos.

c) Entidades privadas.

d) Administracións públicas.

9. Procedencia e procedemento de recolla de datos: documentos en papel de entrada e saída do rexistro xeral da Universidade de Vigo.

10. Órganos ou entidades destinatarias das cesións previstas, indicando de forma expresa as que constitúan transferencias internacionais:

a) Outras universidades.

b) Administracións públicas.

11. Nivel e medidas de seguridade: nivel alto.

7. Xestión académica cursos posgrao.

Nome ficheiro: xestión académica cursos posgrao.

1. Órgano responsable do ficheiro: Vicerreitoría de Titulacións, Posgrao e Formación Permanente.

2. Servizo ou unidade onde se poden exercer os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación: Área de Posgrao Virtual.

3. Nome e descrición do ficheiro: xestión académica cursos posgrao. Ficheiro cos datos dos participantes en cursos de posgrao cuxa xestión realiza a Área de Posgrao Virtual, incluíndo cualificacións dos estudantes.

4. O carácter de automatizado ou manual estruturado do ficheiro: automatizado.

5. Sistema de información a que pertence o ficheiro: xestión académica cursos posgrao.

6. Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán:

a) De carácter identificativo.

b) De características persoais.

c) Académicos e profesionais.

7. Descrición detallada da finalidade e usos previstos do ficheiro: xestionar a relación dos estudantes cos cursos de posgrao (preinscricións, matrículas, actas, etc.).

8. Persoas e colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resulten obrigados a subministralos:

b) Estudantes de cursos de posgrao.

9. Procedencia e procedemento de recolla de datos: declaracións e impresos normalizados cubertos polo propio interesado en soporte papel, soporte magnético ou vía telemática.

10. Órganos ou entidades destinatarias das cesións previstas, indicando de forma expresa as que constitúan transferencias internacionais: non se prevé.

11. Nivel e medidas de seguridade: nivel básico.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA