DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 11 de novembro de 2005 Páx. 18.158

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2005 pola que se convoca un seminario sobre alcohol, drogas e tráfico.

Dentro das actividades programadas para o ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a realización dun seminario sobre alcohol, drogas e tráfico, segundo o previsto no artigo 23 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer a actualidade da problemática dos accidentes de tráfico en relación co consumo de alcohol e das drogas.

-Analizar dende o punto de vista xurídico, médico-sanitario e policial todos os aspectos relacionados con esta temática.

Destinatarios.

O seminario vai dirixido aos membros das forzas e corpos de seguridade de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

80.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste seminario deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 24 de novembro de 2005, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia; avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O seminario desenvolverase durante o día 28 de novembro de 2005.

O horario será de 9.30 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 h.

Contido.

-A influencia do alcohol e do consumo de drogas na sinistralidade do tráfico.

-Perspectiva xurídico-penal do consumo do alcohol e das drogas por parte dos condutores e a súa incidencia na operativa policial ordinaria.

-Problemática médico-sanitaria dos controis aos condutores por consumo destas substancias.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 25 de novembro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, ou ben poden confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.

Lugar.

Sede do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avda. da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do seminario entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a este.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do seminario para adaptalo ás necesidades da administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 2 de novembro de 2005.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA