DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 11 de novembro de 2005 Páx. 18.140

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2005, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto da revisión salarial para o ano 2005 e da modificación do artigo 1º do convenio colectivo aplicable á empresa Persianas Roma, S.L.

Visto o texto da revisión salarial para o ano 2005 e da modificación do artigo 1º do convenio colectivo aplicable a empresa Persianas Roma, S.L., código de convenio número 3201012, subscrito con data do 18 de maio de 2005, polos representantes da empresa, en representación da parte económica, e polos delegados de persoal, en representación da parte social e; de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, de 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás

representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 14 de xuño de 2005.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Revisión salarial do convenio colectivo aplicable á empresa Persianas Roma, S.L. dedicada á venda e fabricación de persianas de interior, toldos e estores

18 de maio de 2005

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

As disposicións deste convenio terán vixencia nos centros de traballo que a empresa Persianas Roma, S.L. ten na rúa Martín Esperanza do polígono industrial de San Cibrao das Viñas en Ourense, na provincia de Pontevedra (cidade de Vigo) e na provincia de Lugo (cidade de Lugo), así como para todos os traballadores pertencentes a calquera outro centro que a empresa puidese manter aberto no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cláusula de revisión salarial.-A comisión negociadora pacta o incremento salarial do IPC do ano 2004 máis o 0,60%, o que supón unha suba salarial do 3,8% durante o ano 2005.

O incremento anteriormente mencionado comezou a súa aplicación con data do 1-1-2005.

Disposición derradeira

Primeira.-Partes asinantes: asinan este convenio os membros da comisión negociadora constituída a petición dos representantes da empresa. A súa composición é a seguinte: delegados de persoal do centro de traballo: Marina Judith Domínguez Castro, María Felisa Lorenzo Espinosa e Julio González Pérez, e como representación da empresa Ramón González Freire e José González García.

Táboa salarial 2004Táboa 2005

* Grupo primeiro: 584,27 A606,47 A

Profesional de oficio de terceira

Vixilante sereno

Cobrador

Conserxe

Empaquetador

Peón

Peón ensamblaxe veneciana

Peón corte veneciana

Peón ensamblaxe lámina de madeira

Peón corte lámina madeira

Peón ensamblaxe de toldo

Peón cosido toldo

Peón cosido estor

Peón compactos

Telefonista

Limpadora

Táboa salarial 2004Táboa 2005

* Grupo segundo: 593,67 A616,23 A

Colocador ou instalador de persiana

Colocador instalador de toldo

Colocador instalador de estor

Auxiliar administrativo

Profesional de oficio de segunda

* Grupo terceiro: 608,41 A631,53 A

Delineante

Profesional de oficio de primeira

Oficial administrativo

Caixeiro

Viaxante

Dependente

* Grupo cuarto: 668,18 A693,57 A

Xefe administrativo

Contable

Xefe de división

Xefe de taller

Xefe de persoal

Xefe de compras

Xefe de vendas

Xefe de delegación

Xefe de almacén

Xefe de servizo mercantil

Titulado de grao medio

* Grupo quinto: 727,97 A755,63 A

Director

Titulado de grao superior

Incremento do complemento transporte para todas as categorías que queda establecido en 70,72 euros mensuais.