DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 11 de novembro de 2005 Páx. 18.139

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 7 de novembro de 2005 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión de axudas aos plans de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia convocadas pola Orde do 23 de marzo de 2005.

Pola Orde do 23 de marzo de 2005 convocáronse, para o ano 2005, as axudas aos plans de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (Diario Oficial de Galicia nº 60, do 30 de marzo). As bases reguladoras destas axudas establécense na orde desta consellería, do 5 de setembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 175, do 8 de setembro).

No artigo 8 da Orde do 23 de marzo de 2005, relativo ao financiamento destas axudas, detállase a aplicación orzamentaria e o importe económico previsto para elas. Este artigo prevé expresamente a posibilidade de incrementar a dotación orzamentaria contida na referida orde, polo que tendo en conta que o número de solicitudes presentadas superou as previsións realizadas por esta consellería, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, de 22 de febrero reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na orde desta consellería, do 23 de marzo de 2005 (Diario Oficial de Galicia nº 60, do 30 de marzo), pola que se modifican as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e se convocan para o ano 2005.

2. O incremento de dotación para o exercicio 2005, será de 2.400.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 57.03.614-A 776.1, e de 100.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 57.03.614-A 776.0, dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005. Para exercicios futuros, con cargo á aplicación orzamentaria 57.03.614-A 776.1, incrementarase a dotación en 500.000 euros no exercicio 2006, 400.000 euros no exercicio 2007 e 400.000 euros no exercicio 2008.

3. Tamén se poderán utilizar outros remanentes adicionais que puidesen existir nas mesmas aplicacións. En todo caso, a concesión das axudas aos plans de reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia, estará condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente e limitarase ás dispoñibilidades orzamentarias.

4. Esta modificación non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 23 de marzo de 2005.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2005.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural