DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 11 de novembro de 2005 Páx. 18.139

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2005 pola que se concede o Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente aos Premios Galicia de Investigación 2005.

Pola orde da Consellería de Innovación e Industria do 21 de xuño de 2005 (DOG do 28 de xuño), convocouse o Premio Galicia á Innovación Empresarial, correspondente aos Premios Galicia de Investigación 2005.

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a decisión adoptada polo xurado debe coñecerse mediante a correspondente publicación do Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, e tendo en conta a proposta elaborada polo xurado

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlle o Premio Galicia á Innovación Empresarial á empresa G.O.C., S.A., pola súa

traxectoria innovadora, que lle permitiu pasar de ser unha Peme a ser xa unha grande empresa, todo isto baseado no desenvolvemento de proxectos de I+D, a colaboración con outras entidades e o rexistro dos seus resultados.

Esta resolución pon fin á vía administrativa segundo o disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2005.

P.D. (Orde 27-9-2005)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería

de Innovación e Industria