DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Xoves, 10 de novembro de 2005 Páx. 18.066

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 13 de outubro de 2005 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato UGT-Galicia.

De acordo co disposto no artigo 4 da Lei 7/1988, do 12 de xullo (DOG do 26 de xullo), de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados polo conselleiro de Traballo.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 5 da dita lei, o sindicato UGT-Galicia acordou a substitución dun dos seus membros titulares e de dous dos seus membros suplentes, da súa representación no consello.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 4 da referida Lei 7/1988, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo un.-Nomear membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato UGT-Galicia, a Eladio A. Romero Ares, en substitución de Mª Luisa Rodríguez Vázquez.

Artigo dous.-Nomear membros suplentes do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do sindicato UGT-Galicia, a Mª Luísa Rodríguez Vázquez en substitución de Eladio A. Romero Ares e a Juan Ramón Pais Andrade en substitución de Luis Sánchez Gala.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2005.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo