DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 09 de novembro de 2005 Páx. 18.017

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de corrección de erros do calendario laboral do convenio colectivo do sector de construción.

Visto o expediente do acordo de corrección de erros do calendario laboral do convenio colectivo do sector de construción, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-9-2005 e subscrito pola parte económica por Apecco e pola parte social por UGT, CC.OO. e CIG o día 26-9-2005, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autó

noma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de outubro de 2005.

María Debén Alfonso

Delegada provincial da Coruña

Acta nº 5. Convenio da construción. Provincia da Coruña

Asistentes.

-Por Apecco:

Antonio Fernández Durán

Silviano Pizarro Gómez

Ignacio Tuñón Gurrea

Antonio Fernández Chao (asesor)

Miguel García Eiroa (secretario)

-Por UGT:

Jesús Mª Calvo Romero

Celestino Pérez Vázquez

-Por CC.OO.:

Santiago Huertas Pozurama

Eduardo da Silva Pérez

-Por CIG:

Victorino Ares Prado

Faustino Barcia Santos

Na cidade da Coruña, 26 de setembro de 2005, ás 17.00 horas, reúnense nos locais de Apecco, os señores arriba relacionados, membros da mesa de

negociación do convenio colectivo provincial da construción e obras públicas para o ano 2005/2006. Acordan:

Primeiro.-Advertido un erro no calendario laboral publicado no BOP nº 166, do 21 de xullo e no DOG nº 138, do 19 de xullo de 2005, en canto ás festas de convenio se refire (FC-8), cómpre facer as oportunas rectificacións no sentido de anular o calendario publicado nos boletíns antes mencionados e remitirse ao publicado no BOP nº 293, do 22 de decembro e no DOG nº 251, do 28 de decembro de 2004, e que se corresponden coa acta nº 1, asinada polas partes negociadoras do convenio con data do 22 de novembro de 2004, cuxo acordo se trascribe a seguir:

«... páctanse como festivos para o ano 2005 os que figuran no calendario anexo, que son os seguintes:

7 de xaneiro

7 e 8 de febreiro

16 de maio

31 de outubro

5, 7 e 9 de decembro

23 de decembro (xornadas de 4 horas)».

Segundo.-Facúltase a Miguel García Eiroa, secretario, para a presentación do calendario citado ante a Delegación Provincial de Traballo da Xunta de Galicia, para efectos da súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

E en proba de conformidade, asínase esta acta no lugar e na data máis arriba indicados.