DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 09 de novembro de 2005 Páx. 18.012

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Cespa, S.A. (centro de traballo Portos de Galicia zona centro-Coruña sur).

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Cespa, S.A. (centro de traballo Portos de Galicia Zona Centro-Coruña Sur) (código convenio 1504311), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 15-7-2005, complementado o día 2-9-2005 e subscrito pola parte económica pola empresa e pola parte social polos delegados de persoal o día 29-6-2005, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de outubro de 2005.

María Debén Alfonso

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Cespa, S.A., para o persoal adscrito ao servizo de limpeza dos portos e instalacións portuarias dependentes do ente público Portos de Galicia zona centro-Coruña sur na provincia da Coruña.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo será de aplicación para todos os traballadores/as da empresa Cespa, S.A. que presten os seus servizos nos centros de limpeza e recollida de residuos nos portos encadrados na demarcación denominada Galicia zona centro-Coruña sur na provincia da Coruña e, dependentes do ente público Portos de Galicia.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e prórrogas.

O presente convenio entrará en vigor, independentemente da data da súa sinatura, o 1 de xullo de 2005.

A súa duración será ata o 31 de decembro de 2007.

A súa denuncia será automática, unha vez finalizada a vixencia prevista no parágrafo anterior.

As partes comprométense, tres meses antes do seu remate, a iniciar as negociacións dun novo convenio.

Este convenio considérase automaticamente prorrogado durante o tempo que medie entre a data de expiración e a de aprobación do novo convenio ou norma que o substitúa. No suposto caso de que non houbera novo acordo de aplicación, garántese anualmente a revisión salarial para todos os conceptos, na mesma proporción que o faga o IPC real de Galicia ao remate de cada ano.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Do non previsto no presente convenio rexerá o disposto no convenio do sector (convenio xeral do sector de limpeza pública, viaria, riscos, recollida, tratamento e eliminación de residuos e limpeza e conservación da rede de sumidoiros, ou norma aplicable que puidera substituílo). O persoal que con anterioridade á entrada en vigor deste convenio gozase de condicións máis beneficiosas que as aquí pactadas, conservaraas ad personam.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As retribucións establecidas no presente convenio compensarán e absorberán todas as existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza e orixe destas.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro por disposicións legais de aplicación xeral, só poderán afectar ás condicións pactadas no presente convenio, cando, consideradas, as novas retribucións en cómputo anual, superen as aquí pactadas.

En caso contrario, serán absorbidas e compensadas por estas últimas, subsistindo o presente convenio nos seus propios termos e sen modificación ningunha nos seus conceptos, módulos e retribucións.

Artigo 5º.-Comisión mixta de garantías.

Estará formada por 1 representante da parte económica e 1 representante da parte social, que será delegado de persoal. Ambas as dúas partes poderán contar con asesores e xuntaranse a instancias de calquera delas cantas veces sexa preciso, debendo celebrarse a reunión dentro dos seguintes cinco días hábiles á convocatoria.

As súas funcións serán:

1. Interpretación auténtica da totalidade das cláusulas deste convenio.

2. Estudo e estimación das novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor do presente convenio, que puidesen afectar o seu contido.

3. Cantas outras actividades tendan a unha eficacia práctica do convenio e a unha mellor solución interna dos conflitos.

As reunións da comisión paritaria non se descontarán do crédito de horas sindicais.

Artigo 6º.-Interpretación e aplicación.

As dúbidas e diverxencias que poidan xurdir sobre a aplicación deste convenio serán sometidas á comisión mixta paritaria antes de presentar a reclamación pertinente ante o organismo competente.

A dita comisión deberá emitir a súa resolución nun prazo máximo de cinco días hábiles, a partir do día en que foi solicitado.

As funcións e actividades da comisión mixta de garantías non obstruirán, en ningún caso, o libre acceso á xurisdición administrativa e contenciosa previstas na lei.

Organización do traballo.

Artigo 7º.-Organización do traballo.

A organización do traballo é facultade exclusiva da empresa.

A empresa facilitará o exercicio do traballo de maneira que o persoal non sufra atrasos no desenvolvemento do seu cometido debido a persoas ou feitos alleos á dita empresa.

Cada traballador/a realizará o traballo propio da súa categoría. Se por necesidade do servizo un traballador/a viñese desempeñando funcións de categoría superior, cobrará, desde o primeiro día, o salario desa mesma categoría.

Artigo 8º.-Promoción.

No caso de existir prazas de superior categoría terá preferencia, para acceder a elas, o persoal activo da empresa do centro de traballo, polo que se promocionarán as ditas categorías ao persoal que demostre a súa aptitude, logo de superación das probas

selectivas, marcando a empresa as bases e requisitos necesarios, para o que esta se compromete a dar as facilidades para que o traballador poida acadar a formación precisa aos traballadores/as que pretendan acceder ás ditas prazas e que reúnan os requisitos adecuados.

No caso de que as prazas quedasen vacantes, a empresa podería solicitar aos distintos profesionais das oficinas de emprego.

Artigo 9º.-Categorías profesionais.

As categorías profesionais para este convenio, só no relativo ás condicións económicas, son as que figuran na táboa salarial do anexo I do convenio.

Artigo 10º.-Contratación.

A contratación de novos traballadores tratará de facerse por medio do Inem, en oferta pública, tentando renunciar sempre a outro tipo de contratacións, especialmente daquelas empresas que practiquen a cesión temporal (ETTs). En todo caso, as contratacións faranse sempre logo de informe aos representantes dos traballadores/as.

Condicións de traballo.

Artigo 11º.-Xornada laboral.

A xornada será de 40 horas semanais, o que supón unha xornada diaria de 8 horas de luns a venres, excepto para aqueles que, neste momento, e/ou por razóns do servizo, teñan establecida outra distribución. Os 20 minutos para o bocadillo computaranse como tempo efectivo de traballo.

A distribución horaria obedecerá ao disposto no seguinte cadro:

ServizoHorario de traballoFrecuencia

* Centro de traballo de Aguiño
Camións RSU1ª quenda: de 6.00 a 14.00De luns a venres

2ª quenda: de 14.00 a 22.00De luns a venres

Máquinas L.V.De 7.00 a 15.00De luns a venres

Equipos de L.V. (Ribeira)1ª quenda: de 7.00 a 15.00De luns a venres

2ª quenda:

De 7.00 a 15.00

De 7.00 a 14.00

De 7.00 a 11.00

Luns

Martes, mércores, xoves e venres

Sábados

Equipo nº 1De 7.00 a 15.00De luns a venres

EncargadoDe 7.00 a 15.00De luns a venres

Equipo LV A PobraDe 7.00 a 15.00De luns a venres

* Centro de traballo de Muros
Equipo nº 2De 7.00 a 15.00De luns a venres

* Centro de traballo de Camariñas
Equipo nº 3De 7.00 a 15.00De luns a venres

Artigo 12º.-Vacacións.

Todo o persoal gozará anualmente de 30 días naturais de vacacións retribuídas conforme a táboa salarial adxunta como anexo I e que computarán como días efectivos de traballo.

O persoal que se incorpore á empresa ao longo do ano, gozará da parte proporcional das vacacións que lle correspondan. Se a dita contratación se fixese despois do 30 de setembro, gozará da parte proporcional dentro do mesmo ano nunha data que se acordará coa empresa.

As vacacións gozaranse entre os meses de xuño e setembro, de acordo co calendario exposto nos taboleiros da empresa, pactado entre os traballadores e esta, de xeito que non existan discriminacións, e se non hai acordo, estas serán rotativas entre os traballadores/as.

Artigo 13º.-Permisos e licenzas.

O persoal terá dereito ao gozo de permisos e licenzas retribuídas nos seguintes supostos:

a) 16 días hábiles en caso de contraer matrimonio.

b) 3 días en caso de enfermidade grave de familiares en primeiro grao. Se o feito se produce fóra da provincia de residencia, o permiso será de 4 días.

c) 3 días en caso de falecemento de calquera familiar en primeiro grao, e 2 días se o é de segundo grao; se o feito ocorre fóra da provincia, o permiso será de 2 días máis.

d) 3 días en caso de nacemento de fillos/as. Se o feito ocorre fóra da provincia de residencia, o permiso será de 4 días.

e) 1 día por traslado de domicilio habitual.

f) 1 día por matrimonio de fillos/as e 2 se é fóra da provincia.

g) O gozo dos permisos necesarios para concorrer a exames, cando se cursen estudos para a obtención dalgún título, tanto académico coma profesional. Deberá ser acreditada sempre a concorrencia aos ditos exames.

h) O tempo necesario para recibir asistencia médica ou sanitaria, sempre que sexa por un médico especialista, debendo acreditarse documentalmente.

i) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

k) Polo tempo necesario para a renovación do carné de conducir, aqueles traballadores que teñan a categoría de conductor.

As licenzas e permisos serán retribuídos a salario real, como se se estivese traballando.

As licenzas e permisos empezarán a contar na data en que se produza o feito que os motiva, ou no día seguinte se o traballador tivese finalizado xa a quenda de traballo. Cando se fala de días enténdense días naturais.

Artigo 14º.-Incapacidade temporal.

No caso de baixa por incapacidade temporal derivada de accidente laboral ou enfermidade profesio

nal, contraída como consecuencia da prestación de traballo neste centro, a empresa complementará ata o 100% do salario real, mentres dure a situación de IT. Para o ano 2006, ademais, en caso de enfermidade común a empresa complementará ata o 75% da base reguladora entre o cuarto e o sexaxésimo día, e os o 85% a partir do sexaxésimo día. En caso de maternidade ou hospitalización, tamén terá dereito á dita prestación.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

A roupa de traballo será de uso obrigatorio para todo o persoal e a empresa facilitará cada ano as seguintes pezas, que serán homologadas tal como indique a lexislación vixente:

VeránInverno

2 pantalón1 pantalón

2 camisas1 camisa

1 par de botas de seguridade1 par de botas de seguridade

1 par de luvas1 par de luvas

1 xersei de verán, 1 chaquetiña1 xersei de inverno, 1 chaquetiña

Unha vez ao anoCada dous anos

1 par de botas de auga1 anorak

1 traxe de augas

1 gorro

1 chaleco

A roupa entregarase do 1 ao 15 de maio, e a roupa precisa para o inverno, entre a que se consideran as botas de auga e a roupa de auga, do 15 ao 30 de setembro. As luvas serán facilitados segundo a necesidade.

Condicións sociais.

Artigo 16º.-Póliza de seguros.

En caso de accidente laboral ou enfermidade profesional como consecuencia da actividade desenvolvida para a empresa, da que se derive morte, incapacidade laboral permanente absoluta ou grande invalidez para calquera actividade laboral, o traballador/a ou os seus beneficiarios percibirán en concepto de indemnización a cantidade de 18.000 A, independentemente das prestacións que puidesen corresponderlle por este motivo.

O traballador/a poderá designar diante da entidade aseguradora e por escrito os seus propios beneficiarios.

Das pólizas asinadas trasladarase copia ao comité de empresa unha vez subscritas.

Para efectos de subscribir a póliza correspondente, o presente artigo terá plena vixencia a partir do 1º de outubro de 2005.

Artigo 17º.-Cobertura por retirada do carné de conducir.

Nos casos de retirada provisional do permiso de conducir, sempre que o feito causante se producira no desempeño das súas funcións, a empresa adaptará o conductor afectado a outro posto de traballo, conservándolle a categoría e soldo durante un período máximo de tres meses. Transcorrido o dito prazo adaptaráselle tanto o soldo como a categoría ao seu novo posto de traballo. O traballador reintegrarase á súa categoría e posto anterior nun prazo de 3 meses a partir da devolución do mencionado carné.

Este beneficio non terá efecto cando a dita retirada sexa por imprudencia temeraria, condución baixo os efectos das drogas ou alcol.

Artigo 18º.-Comité de seguridade e hixiene.

Rexerá o disposto na Lei de prevención de riscos laborais neste tema. Con todo, antes do primeiro ano de cumprimento deste convenio, a empresa terá elaborado o preceptivo mapa de riscos laborais.

Dereitos sindicais.

Artigo 19º.-Dereitos sindicais.

Os delegados de persoal disporán dun crédito de horas sindicais mensuais retribuídas e establecidas na lexislación vixente, a salario real (como se estivese traballando), para o desenvolvemento das súas funcións representativas e sindicais. Estas horas poderán acumularse mensualmente. A empresa poderá pedir certificación xenérica da utilización destas horas.

As reunións para a negociación do convenio colectivo, así como as que convoque a representación empresarial, non se computarán para efectos do consumo de crédito de horas sindicais.

A empresa manterá en bo estado os taboleiros de anuncios de cada centro, así como facilitará ao delegado o acceso aos medios de reprodución da empresa, sempre que os escritos ou documentos teñan relación coa actividade do delegado dentro da empresa.

Condicións salariais.

Artigo 20º.-Retribucións salariais.

A estrutura do salario está constituída polos seguintes conceptos, coas contías sinaladas no anexo de retribucións:

-Salario base.

-Incentivos (ad personam).

-Antigüidade.

-Complemento tóxico, penoso ou perigoso.

-Complemento transporte.

-Pagas extraordinarias.

-Complemento de responsabilidade.

Artigo 21º.-Salario base.

É o que está recollido para cada categoría na táboa salarial que figura como anexo I deste convenio colectivo.

Artigo 22º.-Antiguidade.

A partir do 1 de xaneiro de 2008 devengarase un complemento mensual polo tempo de servizos prestados a partir de dous, seis, dez, catorce, dezaoito, vinte, vinte e dous, vinte e catro, vinte e seis e vinte e oito anos, coas contías sinaladas no anexo II deste convenio.

Artigo 23º.-Complemento de nocturnidade.

Todo o persoal afecto a este convenio que realice máis da metade da súa xornada laboral diaria entre as 22.00 e as 6.00 horas percibirá un complemento de nocturnidade por cada día efectivo de traballo consistente nun 25% do salario base diario. Se o tempo empregado nos traballos realizados a partir das 22.00 horas non supera a metade da xornada, o tempo traballado retribuirase a razón de horas extraordinarias.

Artigo 24º.-Pagas extraordinarias.

Durante o transcurso do ano percibiranse tres pagas extraordinarias, que serán as seguintes:

1. Paga extraordinaria de verán, que se aboará coa mensualidade de xullo e xerarase a obriga de pagamento semestralmente día a día desde o 1 de xaneiro ata o 30 de xuño. O seu devengo será do 1º de xaneiro ao 30 de xuño.

2. Paga de Nadal, que se aboará o día 15 de decembro e xerarase a obriga de pagamento semestralmente e día a día, desde o 1 de xullo ata o 31 de decembro. O seu devengo será do 1 de xullo ao 31 de decembro.

3. Paga de beneficios, que se aboará coa mensualidade de marzo, consistente na metade dunha paga extra normal do ano anterior, e que se rateará naqueles traballadores que non teñan un ano cumprido de contrato. O seu devengo será do 1º de xaneiro ao 31 de decembro do ano anterior.

Artigo 25º.-Complemento de responsabilidade.

Establécese un complemento de responsabilidade para aqueles traballadores das categorias que, polas características do posto, supoñan unhas especiais circunstancias de mando, responsabilidade e eficacia.

Este complemento establécese con carácter mensual e a contía figura no anexo I deste convenio.

Artigo 26º.-Horas extraordinarias.

Acórdase reducir ao mínimo as horas extraordinarias. Estas só se realizarán en casos excepcionais, por necesidades perentorias de servizos, danos

extraordinarios e urxentes, sendo comunicadas aos representantes dos traballadores e tendo a consideración de horas estruturais; serán aboadas a razón de 7,5 A/hora.

Cando, por razóns de forza maior, un operario teña que traballar en domingo ou festivo, percibirá unha retribución de 12 A por hora traballada, máis o descanso proporcional ao tempo traballado.

Artigo 27º.-Axudas de custo e quilometraxe.

Se por razóns do desempeño do servizo, algún operario estivese obrigado a almorzar, xantar ou cear fóra do seu domicilio, a empresa aboará as correspondentes facturas, despois da súa presentación.

Artigo 28º.-Anticipos.

A empresa porá á disposición dos traballadores cada ano unha cantidade de 9.000 A, á que se poderán acoller os traballadores para necesidades urxentes e perentorias e que terán que devolver, sen ningún tipo de gasto para o traballador, nun máximo de doce mensualidades.

O persoal que así o solicite por escrito, terá dereito a percibir un anticipo á conta do traballo realizado durante a mensualidade en que se solicita, por importe de ata un 80% do salario retribuído.

Os anticipos deberán solicitarse con cinco días hábiles de antelación.

Esta cantidade será distribuída, despois das peticións oportunas, por unha comisión na que estará un representante da empresa e un representante dos traballadores, que será o delegado de persoal. As decisións deberán tomarse por unanimidade.

Artigo 29º.-Pagamento do salario.

O aboamento dos salarios será mensual e o pagamento realizarase mediante transferencia bancaria; para iso a empresa ordenará as ditas transferencias, como límite, antes dos 2 primeiros días do mes seguinte ao que corresponda o pagamento.

Outras condicións.

Artigo 30º.-Subrogación.

Ao remate, rescisión ou abandono da contrata pola concesionaria, neste caso Cespa, S.A., todos os traballadores/as adscritos ao servizo, pasarán a ser adscritos á nova empresa titular da dita contrata, respectando os dereitos e condicións laborais, económicas e sociais, así como as obrigas que contén este convenio colectivo.

A empresa facilitará toda a documentación e información necesaria para que poida efectuarse a dita adscrición coa nova empresa contratista.

Artigo 31º.-Dereito supletorio.

Nas materias non reguladas no presente convenio rexerá o disposto na lexislación vixente.

Artigo 32º.-Incrementos salariais.

Apróbase a táboa salarial adxunta como anexo I que entrará en vigor desde o 1 de xullo de 2005.

-Para o ano 2006 a suba salarial será, para todos os conceptos, a mesma que sufra o IPC real da C.A. de Galicia a 31 de decembro de 2005, incrementado en 0,25 puntos.

-Para o 2007, o incremento será igual ao IPC galego do ano anterior máis 0,5 puntos.

De non mediar acordo entre as partes, unha vez rematado este convenio garantirase unha revisión salarial equivalente ao IPC da C.A. de Galicia.

Segue resto de sinaturas.

ANEXO I

Táboa salarial 2005 (a partir do 1 de xullo)

Categorías

S. base

Incentivos

(ad personam)

P. pen.,

tóx., per.

Complemento

responsabilidade

C. transporte

(x12 pagas)

Pagas extras

verán

Pagas extras

Nadal

Pagas extras

marzo

Bruto/ano

Peón600,0013,050,0095,29600,00600,00300,0010.000,08

Peón especialista 1600,0091,3196,6795,29600,00600,00300,0012.099,24

Peón especialista 2600,0073,0096,6728,44600,00600,00300,0011.077,32

Condutor peón600,0083,7496,6728,44600,00600,00300,0011.206,20

Condutor650,0050,560,0095,29650,00650,00325,0011.175,20

Encargado700,00370,210,00312,9495,291.346,931.346,93673,4721.108,61

ANEXO II

Táboa de antigüidade

(a partir do 1-1-2008)

AntigüidadeEuros

2 anos16

6 anos45

10 anos80

14 anos114

18 anos142

20 anos172

22 anos182

24 anos222

26 anos250

28 anos272