DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 09 de novembro de 2005 Páx. 17.996

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 18 de outubro de 2005 pola que se denega a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilamartín de Valdeorras.

O Concello de Vilamartín de Valdeorras remitiu a esta consellería o Plan Xeral de Ordenación Muni

cipal para a súa aprobación definitiva o día 15-7-2005 (R.E. nº 19.470 do 19-7-2005).

Antecedentes de feito.

1. O Concello de Vilamartín de Valdeorras dispón na actualidade dunha delimitación de solo urbano, aprobada definitivamente o 9 de maio de 1995.

2. O 21 de maio de 2004 a Dirección Xeral de Urbanismo, ao abeiro da orde de delegación de competencias do 6 de maio de 2003, emitiu informe previo á aprobación inicial, de conformidade co previsto no artigo 85.1º da Lei 9/2002.

3. O concello aprobou inicialmente o plan o 16 de xullo de 2004, e someteunos a información pública mediante anuncios nos diarios La Voz de Galicia e La Región do 21 e 22 de xullo de 2004 e no DOG do 16 de xullo de 2004. Simultaneamente deulles audiencia aos concellos da Rúa, O Barco de Valdeorras, Petín, Rubiá e Quiroga.

4. Segundo consta no expediente administrativo remitido, foron emitidos os seguintes informes de carácter sectorial:

-Da Deputación Provincial de Ourense, do 29 de xullo de 2004, favorable.

-Da Consellería de Medio Ambiente, do 13 de agosto de 2004, favorable.

-Da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento, de 18 de agosto de 2004, favorable pero con condicións que debería cumprir.

-Da Confederación Hidrográfica do Norte, do 10 de setembro de 2004, que reitera o expresado noutro anterior do 26 de febreiro de 2003, favorable.

-Da Subdirección Xeral de Estradas desta consellería, do 8 de outubro de 2004, en sentido favorable pero condicionado á corrección dunha serie de cuestións.

-Da Dirección Xeral de Patrimonio, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, do 28 de outubro de 2004, favorable.

5. Constan no expediente informe emitido polo secretario municipal o 2 de novembro de 2004, informe do arquitecto técnico municipal do 3 de novembro de 2004 e informe de arquitecto superior do 23 de decembro de 2004.

6. O plan xeral foi aprobado provisionalmente polo concello en sesión plenaria do 12 de novembro de 2004.

7. Por Orde do 23-5-2005, o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda resolveu non aprobar o plan xeral, obrigando o concello a introducir unha serie de modificacións.

8. En sesión de data 15-7-2005 o concello aprobou o documento de plan xeral que contén as modificacións derivadas da Orde do 23-5-2005.

9. A documentación remitida polo concello para a aprobación definitiva está integrada por 3 exemplares do plan xeral, composto cada un deles por

dúas caixas sinaladas con data xuño 2005, o seu contido está dilixenciado facendo constar a aprobación municipal do 15-7-2005.

Fundamentacións xurídicas

De conformidade co disposto polo artigo 89.1º da Lei 9/2002, a competencia para a aprobación definitiva dos plans xerais de ordenación municipal correspóndelle á conselleira competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio.

Logo de analizar o expediente correspondente ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilamartín de Valdeorras, e por proposta do director xeral de Urbanismo de data do 17-10-2005, en que se pon de manifesto que o plan xeral presenta un conxunto de deficiencias que non son susceptibles de emenda,

RESOLVO:

1. De conformidade co disposto no artigo 85.5º c) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, denegar a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vilamartín de Valdeorras.

2. Publíquese esta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2005.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes