DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 09 de novembro de 2005 Páx. 17.995

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 7 de xuño de 2005 pola que se outorga a aprobación definitiva ao proxecto de modificación puntual número un do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Poio (Pontevedra), en Combarro. (Expediente PO 04/032 AD).

O Concello de Poio conta con Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aprobado definitivamente por acordo plenario en data 28-7-2000.

A documentación remitida consta de expediente administrativo e proxecto técnico da modificación.

O obxecto do presente proxecto é o cambio das ordenanzas da 1 á 2, de determinados soares e o alargamento de calzadas e construción de rotonda.

De conformidade co sinalado no artigo 93.4º da Lei 9/2002, as modificacións de calquera dos elementos dos plans, proxectos, normas e ordenanzas suxeitaranse ás mesmas disposicións enunciadas para a súa tramitación e aprobación.

Terminada a fase de elaboración da modificación puntual, e inmediatamente antes da súa aprobación inicial, o concello remitiu o expediente a informe preceptivo desta consellería, que foi emitido en data do 16-11-2004, de conformidade co disposto no artigo 85.1º da Lei 9/2002.

O Pleno do concello o 30-11-2004 acordou a aprobación inicial, publicada en prensa e no DOG do 28-1-2005, co resultado da fase de información pública que consta no expediente tramitado e aprobado provisionalmente polo Pleno do concello o 29-3-2005.

Revisado o documento relativo á modificación puntual nº 1 do PXOM en Combarro, e analizados os

aspectos sinalados no artigo 85.7º da Lei 9/2002 LOUG, procede sinalar:

O obxecto da modificación puntual é a obtención de terreos para construír unha rotonda na C-550, necesaria segundo se xustifica no convenio subscrito entre o concello e a CPTOPV, o que en si mesmo xustifica o interese xeral da modificación.

Xustifícase o cumprimento do artigo 47.2º en relación co 94.3º da Lei 9/2002.

De conformidade co disposto no artigo 89.1º da Lei 9/2002, a competencia para a aprobación definitiva dos plans xerais de ordenación municipal correspóndelle ao conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio.

En consecuencia, de conformidade co establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e por proposta da Dirección Xeral de Urbanismo, desta mesma data,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual nº 1 do PXOM en Combarro do Concello de Poio.

Artigo 2º

De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar a normativa e ordenanzas da modificación aprobada definitivamente no BOP.

Disposición derradeira

Contra esta orde cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2005.

Alberto Núñez Feijoo

Vicepresidente primeiro e conselleiro de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES