DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 09 de novembro de 2005 Páx. 17.995

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 2 de novembro de 2005 pola que se fai pública a minoración do importe existente para a concesión das axudas e subvencións para os programas formativos, de encontro con Galicia e de participación cultural dos emigrantes galegos residentes no exterior para o ano 2005, convocadas pola Orde do 30 de decembro de 2004 pola que se regulan programas formativos, de encontro con Galicia e de participación cultural dos emigrantes galegos residentes no exterior para o ano 2005.

A Orde do 30 de decembro de 2004, da extinta Consellería de Emigración, pola que se regulan os programas formativos, de encontro con Galicia e de participación cultural dos emigrantes galegos residentes no exterior para o ano 2005 (DOG nº 6, do 11 de xaneiro de 2005), establece na súa disposición adicional quinta o importe do crédito inicial outorgado para esta finalidade.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, e téndose executado a maior parte dos programas previstos na citada orde, nos cales por diversas causas, pero fundamentalmente debido ás crises económicas e sociais de diversos países latinoamericanos que tiveron unha significativa incidencia que redundou nunha menor participación no seu desenvolvemento, existe un saldo de crédito nos gastos autorizados no seu día para o desenvolvemento dos programas, que ascende a 167.250 A

En vista do sucedido, a Secretaría Xeral de Emigración está a deseñar a inmediata execución dunha serie de actuacións a favor das comunidades galegas ao abeiro do establecido na Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, que se pretenden financiar cos remanentes a que se fixo referencia.

Considerando o exposto con anterioridade, é polo que cómpre minorar o importe da contía inicial prevista na Orde do 30 de decembro de 2004 pola que se regulan os programas formativos, de encontro con Galicia e de participación cultural dos emigrantes galegos residentes no exterior para o ano 2005.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Para o exercicio orzamentario 2005 minorarase en 167.250 A o importe da contía inicial prevista na Orde do 30 de decembro de 2004.

Segundo.-Esta modificación non afecta aos prazos establecidos na Orde do 30 decembro de 2004 pola que se regulan os programas formativos de encontro con Galicia e de participación cultural dos emigrantes galegos residentes no exterior para o ano 2005, para a presentación de solicitudes nin tampouco afecta ao resto do articulado da devandita orde.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2005.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA