DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 03 de novembro de 2005 Páx. 17.643

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2005 pola que se convoca un curso sobre operadores de radar.

Dentro das actividades programadas para o ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a celebración dun curso sobre operadores de radar, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos: dotar os membros dos corpos das policías locais de Galicia dos coñecementos teóricos e prácticos suficientes para o manexo dos cinemómetros, garantindo unha maior profesionalidade e preparación técnica adecuada de cara á comparecencia diante da autoridade xudicial.

Destinatarios: o curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local dos concellos de Galicia.

Inscrición: a inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas: 30 prazas.

Solicitudes:

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 16 de novembro de 2005, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas:

O curso realizarase en datas do 21 ao 23 de novembro.

O horario será das 9.30 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.00 horas os días 21 e 22 e o día 23 en horario de 9.30 a 13.30 horas, cunha duración de 20 horas lectivas.

Contido:

-Teoría do radar estático e do radar móbil.

-Técnica de medición con equipos estáticos e móbiles.

-Teoría da programación do equipo.

-Teoría da fotografía co radar.

-Prácticas en vías urbanas.

Relación de admitidos: a relación de admitidos farase pública o día 17 de novembro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.

Lugar: o curso desenvolverase no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia: ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións: o Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 21 de outubro de 2005.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director xeral do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia