DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 03 de novembro de 2005 Páx. 17.630

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2005, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de materiais de construción e saneamento da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector sector do comercio de materiais de construción e saneamento da provincia de Lugo (código 2700175), asinado o día 30 de xuño de 2005, pola representación da Asociación de Empresarios de la Construcción de Lugo (APEC) e das centrais sindicais MCA-UGT (44,4%), Fecoma-CC.OO. (55,6%), FCM-CIG (0%) e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitir o texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Disponer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 28 de xullo de 2005.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Asistentes e representantes:

Representación sindical:

Por MCA-UGT, co 44,4%:

Carlos García Vázquez, José Seijas Rouco, José Luis Combarro Infante,

Manuel Golpe Gómez (asesor).

Por Fecoma-CC.OO. co 55,6%:

Ángel Barreiro Pérez, José Antonio Cabo Martínez, Jesús Varela Lodeiro, José Manuel Brea Méndez, Ramiro López Peruga, Manuel Valín Ceide, Javier Enríquez Simón.

Por FCM-CIG:

Antonio Niño Saavedra, Susana Riveiro Fernández, Carmen Antas Pérez, Luis Vigo Lage, Jorge Caldeiro Díaz (asesor).

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidad Losada, Ricardo Castro López, Luciano Méndez Lodos, Manuel Sánchez Varela, José Bouso Alvite.

Asesora: Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo na sede da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo, sita na avenida das Américas, 15-17 entreplanta, ás 12.00 horas do día 30 de xuño de 2005, reúnense logo de convocatoria cursada para o efecto, os representantes citados das centrais sindicais e da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo, que forman parte da comisión deliberadora do convenio colectivo de traballo para a actividade de comercio de materiais de construción e saneamento na provincia de Lugo, constituída o pasado 19 de abril de 2005, co obxecto de negociar o incremento económico e a actualización do referido convenio publicado no BOP de Lugo nº 238, do 15 de outubro de 2004. Ambas as partes, constituídas en comisión deliberadora, recoñécense lexitimación e capacidade suficiente para negociar na representación que posúen.

Aberta a sesión e tras unha ampla deliberación, chégase aos seguintes acordos:

1. Aprobar a táboa de retribucións para o ano 2005, que se xunta como anexo I do corpo do convenio.

2. Aprobar o convenio colectivo de traballo para a actividade de edificación e obras públicas na provincia de Lugo para o ano 2005, cuxa redacción se xunta con todos os seus anexos (I, II, III, IV, V, VI e VII).

3. Remitir a presente acta, a acta de constitución da mesa deliberadora e o texto do convenio e documentación adxunta á Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais de Lugo para o seu rexistro e envío ao DOG e ao BOP para a súa publicación.

4. Que os atrasos de retribucións se aboarán no mes seguinte á publicación deste acordo no BOP ou DOG. Aquelas empresas que aboasen cantidades á conta dos incrementos establecidos nas presentes táboas aboarán unicamente as diferenzas que resulten de aplicación.

5. Autorizar expresamente a asesora da comisión negociadora Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa á delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para os efectos de proceder á tramitación, depósito e publicación.

E, en proba de conformidade, asínase a presente acta e documentos que son achegados polos integrantes da comisión negociadora, no lugar e data expresados no encabezamento.

Convenio colectivo de traballo revisado para a actividade de comercio de materiais de construción e saneamento

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

O presente convenio colectivo regula as condicións de traballo en todas as empresas que se dediquen á actividade de comercio de materiais de construción e saneamento.

Artigo 2º.-Carácter.

As condicións que nel se estipulen teñen o carácter de mínimas e, na súa virtude, son nulos e non producirán efecto ningún entre as partes os pactos ou cláusulas que, individualmente ou colectivamente, impliquen condicións menos favorables para os traballadores.

Artigo 3º.-Lexislación supletoria.

No non previsto neste convenio será de aplicación a lexislación xeral e o convenio xeral do sector da construción publicado no BOE do 10 de agosto de 2002, así como o acordo sectorial nacional vixente.

Artigo 4º.-Ámbito funcional.

O convenio afecta a todos os traballadores e empresas incluídas no ámbito funcional salvo o persoal directivo nivel I.

Artigo 5º.-Ámbito territorial.

Este convenio colectivo de traballo é de aplicación obrigatoria a toda a provincia de Lugo e afectará aos centros de traballo radicados nela, aínda cando tivesen as empresas o seu domicilio social noutras, e aos traballadores que fosen trasladados doutras a esta.

Artigo 6º.-Vixencia e incrementos salariais.

A vixencia para efectos económicos deste convenio será desde o 1 de xaneiro de 2005 ao 31 de decembro de 2005, logo da súa publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante o anterior, e en evitación do baleiro normativo que noutro caso se produciría, unha vez rematada a súa vixencia inicial, ou a de calquera das súas prórrogas, continuará rexendo na súa totalidade tanto o seu contido normativo como no obrigacional ata que sexa substituído por outro.

Artigo 7º.-Incrementos económicos.

O incremento económico atópase reflectido nos conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complementos salariais e extrasalariais que figuran no anexo I.

Artigo 8º.-Cláusula de garantía salarial.

No suposto de que o incremento anual do índice de prezos de consumo (IPC) o 31 de decembro de 2005 supere o 2,2 %, efectuarase unha revisión económica sobre o exceso producido, con efectos desde o 1-1-2005.

A dita revisión, se é o caso, afectará aos conceptos previstos no artigo 7º deste convenio.

Artigo 9º.-Indivisibilidade e vinculación á totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, este convenio será nulo e quedará sen efecto no suposto de que a xurisdición competente anulase ou invalidase algún dos pactos. Se se dese tal suposto as partes signatarias deste convenio comprométense a reunirse dentro dos 10 días seguintes ao da firmeza da resolución correspondente, co obxecto de resolver o problema formulado. Se no prazo de 45 días, a partir da data da firmeza da resolución en cuestión, as partes signatarias non acadasen un acordo, comprométense a fixar o calendario de reunións para a negociación do convenio na súa totalidade.

Artigo 10º.-Rescisión.

A denuncia de rescisión ou revisión do convenio haberá de efectuarse cunha antelación de tres meses á súa data de terminación, mediante comunicación escrita á outra parte.

Artigo 11º.-Absorción, compensación, condicións mínimas e condicións máis beneficiosas.

As condicións deste convenio absorberán ou compensarán calquera outra que exista á entrada en vigor e as que puidesen establecerse durante a súa vixencia, con respecto das condicións máis beneficiosas que os traballadores teñan recoñecidas á entrada en vigor do convenio.

Artigo 12º.-Aviso previo do cesamento.

O persoal comprendido neste convenio obrígase a comunicar, por escrito, o cesamento na empresa, cos prazos seguintes:

Técnicos: tres meses, como mínimo.

Empregados: quince días de traballo efectivo como mínimo.

Persoal obreiro: dez días de traballo efectivo como mínimo.

Artigo 13º.-Conservación do equipamento mecánico.

Todo traballador responsable dun equipo mecánico de traballo terá a obriga, durante a xornada laboral de traballo-e nos tempos mortos-de coidar da boa conservación e mantemento del, podéndose exixir responsabilidades en caso contrario.

Artigo 14º.-Categorías profesionais.

Os empregados percibirán niveis retributivos que lles correspondan segundo a súa categoría profesional e aténdose, para iso, á clasificación que fai a ordenanza de traballo da construción, vidro e cerámica de 1970, modificada pola Orde do 27 de xullo de 1973.

Réxime de traballo

Artigo 15º.-Xornada laboral.

A xornada laboral normal de traballo será de 1.748 horas efectivas anuais de traballo que se realizarán en razón de 40 horas semanais, para repartir de luns a venres a razón de 8 horas diarias, sendo inhábiles sábados e domingos, conforme o calendario fixado pola comisión deliberadora do convenio.

Artigo 16º.-Vacacións.

As vacacións terán unha duración de trinta días naturais para todas as categorías, dos cales 21 serán laborables.

O inicio das vacacións por parte dos traballadores farase sempre en día laborable, que non sexa venres, mentres subsista esta obriga no convenio xeral do sector da construción.

En todo momento haberá que aterse ao disposto no artigo 38 do Estatuto dos traballadores, que di textualmente:

1. O período de vacacións anuais retribuídas, non substituíbles por compensación económica, será o pactado en convenio colectivo ou contrato individual. En ningún caso a duración será inferior a trinta días naturais.

2. O período de desfrute fixarase de común acordo entre o empresario e o traballador, que tamén poderán convir na división en dous do período total. Na falta de acordo haberá que aterse ao disposto nos convenios colectivos sobre planificación anual das vacacións, respectándose, en calquera caso, os criterios seguintes:

a) O empresario poderá excluír como período vacacional aquel que coincida coa maior actividade produtiva da empresa, logo de consulta cos representantes legais dos traballadores.

b) Por acordo entre o empresario e os representantes legais dos traballadores poderase fixar os períodos de vacacións de todo o persoal, xa sexa en quendas organizadas sucesivamente, xa sexa con suspensión total de actividades laborais, sen máis excepcións que as tarefas de conservación, reparación e similares.

c) Cando exista un réxime de quenda de vacacións, os traballadores con responsabilidades familiares teñen preferencia a que as súas coincidan cos períodos de vacacións escolares.

d) Se existise desacordo entre as partes, a xurisdición competente fixará a data que para o desfrute corresponda e contra a súa decisión non caberá recurso.

3. O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle corresponden dous meses antes, polo menos, do comezo do desfrute.

4. As vacacións desfrutaranse por anos naturais. No primeiro ano de prestación de servizos na empresa só se terá dereito ao desfrute da parte proporcional

correspondente ao tempo realmente traballado durante o dito ano.

5. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cese durante o transcurso do ano, terá dereito ao aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación da súa baixa na empresa.

6. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade laboral transitoria, sexa cal for a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ao desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase aquel se ao vencemento deste o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibir a diferenza entre a retribución de vacacións e a prestación de IT.

7. Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións, se sobreviñese a situación de incapacidade laboral transitoria, a súa duración computarase como días de vacación, sen prexuízo do dereito do traballador a percibir a diferenza entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de IT.

Se a incapacidade temporal se producise despois de pactada a data de inicio para o desfrute individual das vacacións e antes de chegar a dita data, o traballador manterá o dereito a desfrutar as vacacións ata o transcurso do ano natural, acordándose un novo período de desfrute despois de producida a alta da IT.

O parágrafo anterior non será de aplicación nos supostos de vacacións colectivas de todo un centro de traballo.

8. O desfrute das vacacións, como norma xeral e salvo pacto en contrario, terá carácter ininterrompido.

Artigo 17º.-Permisos e licenzas.

1. O traballador, con aviso previo de polo menos 48 horas, salvo acreditada urxencia, e xustificación posterior, está facultado para ausentarse do traballo, mantendo o dereito á percepción de todos aqueles conceptos retributivos que non se encontren vinculados de forma expresa á prestación efectiva da actividade laboral, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días naturais por nacemento ou adopción dun fillo.

c) Un día por matrimonio de fillos.

d) Tres días naturais por falecemento do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

e) Dous días naturais por enfermidade grave do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

f) Un día por traslado do domicilio habitual.

g) Polo tempo necesario para concorrer a exames como consecuencia dos estudos que estea realizando en centros de ensino universitarios ou de formación profesional de carácter público ou privado, recoñecidos.

Cando polos motivos expresados nos puntos b), c), d) e e), o traballador necesite efectuar un desprazamento para o efecto, os prazos sinalados neles incrementaranse en dous días naturais.

2. Nas mesmas condicións que as previstas no punto 1 deste artigo, o traballador poderá ausentarse do traballo polo tempo necesario para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal un período determinado de ausencia, haberá que aterse ao que esta dispoña, en canto á súa duración e compensación económica.

No suposto de que, polo cumprimento do deber ou desempeño do cargo público, o traballador perciba unha compensación económica, calquera que sexa a súa denominación, descontarase o importe dela da retribución a que tivese dereito na empresa.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade de prestación de traballo en máis do 25% das horas laborables nun período de tres meses, a empresa encóntrase facultada para decidir o paso do traballador afectado á situación de excedencia forzosa, con todos os efectos inherentes a ela.

3. Os traballadores, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito, sen perda ningunha de retribución, a unha hora diaria de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, e igualmente sen perda de retribución, poderá substituír este dereito por unha redución da xornada laboral en media hora diaria coa mesma finalidade. No caso de que a nai e o pai traballen, este permiso poderá ser desfrutado unicamente por un deles.

4. O traballador que, por razóns de garda legal, teña ao seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terán dereito a unha redución da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, entre un terzo e un máximo da metade da duración daquela.

O exercicio deste dereito por parte do traballador durante os primeiros nove meses de vida do menor é incompatible co previsto no punto 3 deste artigo.

Réxime económico

Artigo 18º.-Percepcións económicas.

1. Do conxunto de percepcións económicas, en diñeiro ou en especie, que o traballador obtén na

relación de traballo por conta allea, unhas percíbeas como retribución ou contraprestación directa pola prestación do seu traballo e son as que constitúen o salario. Outras recíbeas como compensación de gastos, como prestacións e os seus complementos e indemnizacións ou por modificacións na súa relación de traballo, non formando ningunha delas parte do salario por seren percepcións de carácter extrasalarial.

2. Percepcións económicas salariais:

a) Salario base é aquela parte da retribución que se fixa atendendo exclusivamente á unidade de tempo, co rendemento normal exixible, de acordo coa táboa salarial exposta no anexo I.

b) Complementos salariais ou cantidades que, se é o caso, deban adicionarse ao salario base, atendendo ás seguintes circunstancias distintas da unidade de tempo:

Persoais, tales como antigüidade consolidada, se é o caso.

De posto de traballo, tales como as derivadas de traballo, incentivos, traballos feitos, complementos de actividade ou asistencia ou horas extraordinarias.

As cantidades que as empresas aboen libre e voluntariamente aos seus traballadores.

As pagas extraordinarias e a retribución de vacacións.

3. Percepcións económicas non salariais:

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social e os seus complementos.

b) As indemnizacións ou suplidos por gastos que tivesen que ser realizados polo traballador como consecuencia da súa actividade laboral, tales como ferramentas e roupa de traballo, así como as cantidades que se aboen en concepto de axudas de custo, gastos de viaxe ou locomoción, complementos extrasalariais e aquelas diferenzas de aluguer ou custo de vivenda que viñese percibindo o traballador, en aplicación do artigo 146.7º da derrogada, para o sector da construción, ordenanza laboral da construción.

c) As indemnizacións por cesamentos, mobilidade xeográfica, suspensións, extincións, resolucións de contrato ou despedimento e accidente de traballo e enfermidade profesional.

4. Aqueles complementos salariais que teñan carácter funcional ou circunstancial como os de posto de traballo, os de calidade ou cantidade de traballo, e as cantidades que as empresas aboen libre e voluntariamente, consideraranse non consolidables no salario do traballador e non se computarán como base das percepcións enumeradas no punto 2 dese artigo.

Artigo 19º.-Estrutura das percepcións económicas.

1. Conceptos salariais e extrasalariais que forman parte da táboa de percepcións económicas.

a) Os conceptos son os seguintes:

Salario base.

Gratificacións extraordinarias.

Complementos salariais.

Complementos extrasalariais.

b) No concepto gratificacións extraordinarias enténdese incluída a retribución de vacacións.

c) En complementos salariais considéranse incluídos todos os complementos que se pacten, que constitúan contraprestación directa do traballo e non compensación de gastos orixinados por asistir ou realizar o traballo.

d) En complementos extrasalariais considéranse incluídos cantos conceptos se pacten, de carácter indemnizatorio de gastos orixinados ao traballador pola prestación do seu traballo, tales como distancia, transporte, percorrido, ferramentas e roupa de traballo.

2. Dentro do citado espírito de homoxeneización e racionalización, acórdase establecer as proporcións que deben gardar algúns dos conceptos, en relación co total anual pactado nas táboas de percepcións económicas deste convenio.

a) Os conceptos de salario base e gratificacións extraordinarias definidos no artigo anterior, sumados, deberán quedar comprendidos entre o 65% e o 75% do total anual das táboas do convenio para cada categoría ou nivel.

b) O complemento extrasalarial deberá quedar comprendido, durante 2005 para cada categoría ou nivel retributivo, entre o 5% e o 7%.

Durante os restantes anos da vixencia deste convenio estas porcentaxes variarán segundo a seguinte escala:

c) Os complementos salariais sumados ocuparán a restante porcentaxe que resulte de aplicar os dous criterios anteriores sobre o total anual das táboas do convenio, para cada categoría ou nivel retributivo.

3. Ademais dos conceptos sinalados, poderán existir no recibo de salarios dos traballadores as restantes percepcións a que fai referencia o artigo anterior.

Todo iso mentres subsistan estas obrigas no convenio xeral do sector da construción.

Artigo 20º.-Devengo das percepcións económicas.

1. O salario base devengarase durante todos os días naturais, polos importes que, para cada categoría e nivel, se establecen no anexo I.

2. Os complementos salariais de convenio devengaranse durante os días efectivamente traballados, polos importes que, para cada categoría e nivel, se fixen no anexo I.

3. O complemento extrasalarial de convenio devengarase durante os días de asistencia ao traballo, polos importes que se fixan no anexo I.

4. As pagas extraordinarias devengaranse por días naturais, na seguinte forma:

a) Paga de xuño: do 1 de xaneiro ao 30 de xuño.

b) Paga de Nadal: do 1 de xullo ao 31 de decembro.

5. A remuneración anual mencionada comprenderá todas as percepcións económicas pactadas no convenio, por nivel e categoría profesional.

De acordo coas formas de devengo, a remuneración anual virá dada pola seguinte fórmula:

RA=SBx335+{(CS+CE)xnúmero de días efectivos de traballo)}+vacacións+PX+PN.

RA=Remuneración anual.

SB=Salario base.

CS=Complementos salariais.

CE=Complementos extrasalariais.

PX=Paga de xuño.

PN=Paga de Nadal.

Artigo 21º.-Pagamento das percepcións económicas.

1. Pagamento do salario.

a) Todas as percepcións, excepto as de vencemento superior ao mes, aboaranse mensualmente, por períodos vencidos e dentro dos primeiros cinco días hábiles do mes seguinte ao do seu devengo, aínda que o traballador terá dereito a percibir quincenalmente anticipos cunha contía non superior ao 90% das cantidades devengadas.

b) As empresas destinarán ao pagamento a hora inmediatamente seguinte á de finalización da xornada ordinaria, nas datas habituais de pagamento. Cando por necesidades organizativas se realice o pagamento dentro da xornada laboral, esta interromperase e prolongarase despois do horario de traballo polo tempo investido no pagamento, sen que en ningún caso tal prolongación poida exceder en máis dunha hora.

c) O tempo investido no pagamento de retribucións e anticipos a conta delas quedará exento do cómputo da xornada laboral, considerándose como de simple permanencia no centro de traballo e, por tanto, non retribuído para ningún efecto.

d) As empresas quedan facultadas para pagar as retribucións e anticipos a conta delas, mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de pagamento a través de entidade bancaria ou financeira. Se a modalidade de pagamento fose o cheque, o tempo investido no seu cobramento será por conta do traballador.

As empresas que veñan obrigadas a efectuar o pagamento de salarios por talón bancario ingresarán o importe deles, por petición do traballador, na conta bancaria que sinale o traballador, sen que iso poida ocasionar mingua ou gasto para os citados.

e) O traballador deberá facilitarlle á empresa, no momento do seu ingreso ou incorporación a ela, o seu número de identificación fiscal (NIF), de conformidade coa normativa aplicable ao respecto.

2. O réxime retributivo salarial, para todos os traballadores comprendidos neste convenio, será o establecido para cada categoría profesional nas táboas salariais que figuran como anexo.

Para unha maior simplificación dos cálculos retributivos, como anexo a este convenio, tamén figurará a táboa de retribucións mensuais e anuais de todas as categorías profesionais.

Para todas as categorías, os salarios estipúlanse mensualmente, con independencia do número de días naturais de cada mes.

Cando proceda a aplicación do salario/día, resolverase dividindo a retribución mensual por trinta (30).

O persoal que cese durante o período de prórroga do convenio terá dereito a percibir como atrasos o tanto por cento que se determine o primeiro de ano entre a representación sindical e patronal, que terá como base o IPC previsto polo Goberno.

Artigo 22º.-Complemento de asistencia, puntualidade e produtividade.

Establécese este complemento, do que a contía figura no anexo I, para os traballadores que, con rendemento normal e correcto e ademais coa debida puntualidade, non teñan ningunha falta de asistencia, non xustificada, ao traballo.

O dito complemento será satisfeito unicamente por xornada completa realmente traballada.

No suposto de hospitalización do traballador, percibirá o complemento completo pero, neste caso, non será cotizable á Seguridade Social nin accidentes de traballo pola súa condición de indemnización ou suplidos polo gastos realizados como consecuencia da súa situación laboral.

Polo seu carácter de complemento de calidade, queda excluído, directamente, da base de cálculo do importe das horas extraordinarias.

Artigo 23º.-Perda do complemento de asistencia, puntualidade e produtividade.

A primeira xornada non traballada completa suporá a perda de catro días de complemento.

A segunda xornada non traballada completa suporá a perda de dez días de complemento.

A terceira xornada non traballada completa suporá a perda do importe total mensual do dito complemento.

As faltas non xustificadas computaranse dentro de cada mes natural.

Para a determinación do complemento diario, para todos os efectos, dividirase entre vinte e cinco (25) a cantidade que figura baixo este concepto nas táboas de salarios. A perda deste complemento é indepen

dente das sancións que por comisión de faltas de asistencia poidan ser impostas pola empresa, de acordo coas disposicións en vigor sobre a materia.

Para estes efectos non se entenden como faltas inxustificadas as faltas en situación de baixa oficial por enfermidade ou accidente, vacacións, licenzas retribuídas ao abeiro do convenio xeral do sector e demais disposicións legais e licenzas retribuídas con permiso ou expresa autorización da empresa. A perda deste complemento é independente das sancións que, por comisión de faltas de asistencia, poidan ser impostas pola empresa, de acordo coas disposicións en vigor sobre a materia.

Puntualidade. Respecto ao horario de traballo, por parte dos traballadores, a puntualidade é de necesaria observancia e exixiráselles a todos os traballadores comprendidos neste convenio.

Enténdese por puntualidade a presenza do persoal á hora de comezo da xornada, no seu centro de traballo, así como non abandonar o traballo antes da finalización daquela.

Complementos salariais

Artigo 24º.-Antigüidade consolidada.

Como consecuencia do Acordo Sectorial Nacional da Construción sobre o concepto económico de antigüidade, asinado o día 18 de outubro de 1996 (BOE do 21 de novembro), asumen ambas as partes asinantes os seguintes compromisos:

a) Os traballadores manterán e consolidarán os importes aos que tivesen dereito polo complemento persoal de antigüidade o 21 de novembro de 1996.

Ao importe anterior así determinado adicionarase, se é o caso, a cada traballador que xa viñese percibindo algunha contía por este concepto, o importe equivalente á parte proporcional de antigüidade que o traballador tivese devengada e non cobrada o 21 de novembro de 1996, calculándose por defecto ou por exceso, por anos completos. Para o cálculo dos importes desta parte de antigüidade devengada e non cobrada teranse en conta os importes que para cada categoría e nivel fixe o convenio.

b) Os importes obtidos, ao abeiro do previsto na letra a), manteranse invariables e por tempo indefinido como un complemento retributivo ad personam, isto é, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa, extinguíndose xuntamente coa extinción do contrato do traballador afectado coa súa empresa. O dito complemento retributivo ad personam reflectirase nos recibos oficiais de salario coa denominación de antigüidade consolidada.

Artigo 25º.-Gratificacións extraordinarias.

1. Os traballadores afectados por este convenio terán dereito exclusivamente a dúas pagas extraordinarias ao ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada un deles, respectivamente.

2. A contía das pagas extraordinarias será, para cada categoría ou nivel, o importe que figura na táboa salarial do anexo I, máis antigüidade consolidada.

3. As ditas pagas extraordinarias non se devengarán mentres dure calquera das causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 26º.-Proporcionalidade no devengo das pagas extraordinarias.

O importe das pagas extraordinarias para o persoal que, en razón da súa permanencia, non teña dereito á totalidade da súa contía, será rateado conforme os seguintes criterios:

a) O persoal que ingrese ou cese no transcurso de cada semestre natural devengará a paga en proporción ao tempo de permanencia na empresa durante este.

b) Ao persoal que cese no semestre respectivo faráselle efectiva a parte proporcional da gratificación no momento de realizar a liquidación dos seus haberes.

c) O persoal que preste os seus servizos en xornada reducida ou a tempo parcial devengará as pagas extraordinarias en proporción ao tempo efectivamente traballado.

Artigo 27º.-Indemnizacións non salariais.

1. Complemento extrasalarial. Comprende complemento de transporte e distancia ata 12 km do centro urbano e roupa e calzado de traballo.

Será satisfeito, unicamente, en xornada realmente traballada completa e non será cotizable para os efectos de Seguridade Social e accidentes de traballo, precisamente pola súa condición de indemnización ou suplido polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral.

Para a determinación deste complemento diario dividirase entre vinte e cinco (25) a cantidade que figura, para cada nivel profesional, neste artigo e nas táboas de retribucións mensuais e anuais anexas a este convenio.

Os traballadores comprendidos neste convenio aos que se lles exixa levar uniforme, serán provistos del pola empresa.

Os importes mensuais deste complemento para cada nivel fíxanse na táboa anexa.

2. A paga de estudos atópase integrada nos importes de xuño e Nadal do anexo I.

Artigo 28º.-Compensación por enfermidade en accidente de traballo.

En caso de enfermidade común, accidente non laboral, accidente de traballo ou enfermidade profesional, o persoal en situación de IT percibirá, con cargo á empresa, polo período dun ano como máximo, o salario que lle corresponda por este convenio, incrementado coa antigüidade que, se é o caso, teña consolidada.

A empresa descontará deles, durante o dito período de tempo, as prestacións económicas que lle corresponda aboar ao INSS.

Artigo 29º.-Xubilación.

Recoñécense dúas clases distintas de xubilación, como medidas para fomentar o emprego:

a) Xubilación forzosa.

Como política de fomento do emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector, establécese a xubilación forzosa aos sesenta e cinco anos de idade, agás pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

b) Xubilación anticipada.

Seguirase o disposto ao respecto na lexislación vixente en cada momento.

Queda sen efecto o contido do artigo 45.a) do convenio publicado no BOP de Lugo nº 297, de data 29-12-1999, sobre xubilación voluntaria anticipada, por acordo establecido no convenio xeral do sector da construción, artigo 101, do ano 2002.

c) Xubilación parcial.

Seguirase o disposto nos artigos 166.2º do texto refundido da Seguridade Social e 12.6º do Estatuto dos traballadores.

Outras disposicións

Artigo 30º.-Salario mínimo.

O salario mínimo interprofesional non modificará a estrutura deste convenio nin a contía das retribucións salariais pactadas nel sempre e cando se lle garantan ao traballador ingresos superiores, en cómputo anual aos mínimos fixados polas disposicións daquel salario mínimo interprofesional.

Artigo 31º.-Dos sindicatos e dos comités de empresa.

Haberá que aterse ao disposto para o efecto no convenio xeral do sector e demais lexislación xeral aplicable.

Artigo 32º.-Contrato para traballo ou fixo de obra.

1. Segundo o previsto no artigo 15.1º a) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, este contrato ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados, e formalizarase sempre por escrito.

2. Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración, e terminará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

3. Non obstante o anterior o persoal fixo de obra poderá prestar servizos a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia, sempre que exista acordo expreso para cada un dos distintos centros sucesivos, durante un período máximo de tres anos consecutivos, agás que os traballos da súa especialidade na última obra se

prolonguen máis alá do dito termo, sen perder a dita condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos. Para tal efecto subscribirán o correspondente documento segundo o modelo que figura no anexo IV.

4. O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratados para a súa execución. Deberá reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

Este cesamento deberáselle comunicar por escrito ao traballador cunha antelación de 15 días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso previo por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente aos días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable. Todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento.

A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ao cesamento.

5. Se se producise a paralización temporal dunha obra por causas imprevisibles para o empresario e allea á súa vontade, tras lle dar conta a empresa á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operarán a terminación de obra e cesamento previstos no suposto 1, agás o aviso previo. A representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, a comisión paritaria paritaria provincial, disporán, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación, contado desde a notificación. O empresario contrae tamén a obriga de ofrecerlle de novo un emprego ao traballador cando as causas de paralización da obra desaparecesen. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se converta en definitiva. Logo do acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderá incluírse no regulado no punto 2.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflito laboral.

6. En todos os supostos regulados nos puntos anteriores e segundo o previsto no artigo 49.1º c) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, establécese unha indemnización por cesamento do 4,5% calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable devengados durante a vixencia do contrato.

Artigo 33º.-Outras modalidades de contratación.

1. Os traballadores que formalicen contratos dos regulados no Real decreto 2720/1998, ou norma que o substitúa, exceptuando o contrato fixo de obra regulado no artigo anterior, terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización de carácter non salarial por cesamento do 7%, se a duración fose igual ou inferior a un ano, e do 4,5% se a duración fose superior a un ano, calculada sobre

os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable devengados durante a vixencia do contrato. Esta indemnización terá a consideración establecida pola normativa específica de aplicación, para os efectos do disposto no artigo 49.1º c) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

2. Poderase concertar o contrato de duración determinada previsto no punto 1.b) do artigo 15 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, cuxa duración máxima será de doce meses nun período de dezaoito meses, computándose a dita duración desde que se produza a causa que xustifica a súa realización. En tal suposto, considerarase que se produce a causa que xustifica a realización do citado contrato, nos casos previstos no texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, cando se incremente o volume de traballo ou se considere necesario aumentar o número de persoas que realicen un determinado traballo ou presten un servizo.

3. As empresas afectadas por este convenio, cando utilicen os servizos de traballadores con contratos de posta á disposición, aplicarán as condicións pactadas nel.

4. Contrato para a formación:

4.1. O sector recoñece a importancia que o contrato para a formación pode ter para a incorporación, con adecuada preparación, de determinados colectivos de mozos. Esta preparación debe recoller tanto o aspecto práctico de cada oficio como o coñecemento e adecuación ao sistema educativo xeral. Debemos por iso indicar a oportunidade de que a formación teórica e práctica, correspondente aos contratos para a formación, se leve a cabo a través das institucións formativas de que se dotou o sector.

4.2. De conformidade co establecido no punto 2 da disposición transitoria primeira do CXSC, a devandita regulación substitúe integramente o establecido nesta materia nos convenios de ámbito inferior ou, se é o caso, autonómicos, sen prexuízo do estipulado nos puntos 4.9 e 4.10 deste artigo.

4.3. O contrato para a formación terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cualificado no sector da construción.

4.4. Sen prexuízo da posible adaptación a novas tecnoloxías e a resultas da clasificación profesional actualmente prevista no artigo 32 do convenio xeral do sector da construción, poderán ser obxecto deste contrato para a formación os oficios incluídos nos niveis VIII e IX da disposición transitoria primeira do convenio xeral do sector da construción.

4.5. O contrato para a formación poderase realizar con traballadores que fixesen os dezaseis anos e sexan máis novos de vinte e un anos que non teñan

titulación requirida para formalizar contrato en prácticas no oficio ou posto obxecto de formación ou aprobasen algún curso de formación profesional ocupacional homologado da mesma especialidade e cun número de horas teóricas equivalente ou superior ás previstas para a formación.

4.6. Igualmente, poderá celebrarse o contrato para a formación, sen restrición ao límite superior de idade anteriormente sinalado, cos seguintes colectivos de traballadores desempregados:

-Minusválidos.

-Traballadores estranxeiros durante os dous primeiros anos de vixencia do seu permiso de traballo, agás que acrediten a formación e experiencia necesarias para o desempeño do posto de traballo.

-Aqueles que leven máis de tres anos sen actividade laboral.

-Os que se atopen en situación de exclusión social.

-Os que se incorporen como alumnos-traballadores aos programas de escolas-obradoiro, casas de oficio e obradoiros de emprego.

4.7. O tipo de traballo que debe prestar o traballador en formación estará directamente relacionado coas tarefas propias do oficio ou posto cualificado, incluíndose os labores de limpeza e mantemento dos utensilios e ferramentas empregados no labor conxunto, coa dilixencia correspondente á súa aptitude e coñecementos profesionais.

Non poderán ser contratados baixo esta modalidade por razón de idade, os menores de dezaoito anos para os oficios de vixilante, poceiro e estibador, nin para aquelas tarefas ou postos de traballo que expresamente fosen declarados como especialmente tóxicos, penosos, perigosos e insalubres, con independencia da prohibición legal de realizar horas extraordinarias e traballo nocturno en calquera actividade.

4.8. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de tres anos para os contratos aos que se refire o punto 4.5. precedente, nin de dous anos para os colectivos a que se refire o punto 4.6., sen prexuízo do establecido no punto 4.12.

Cando se realice por un prazo inferior ao máximo establecido no parágrafo anterior, poderase prorrogar antes da súa terminación por acordo entre as partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, sen que o tempo acumulado, incluído o das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O aviso previo de finalización do contrato deberase axustar aos prazos e forma que indica o artigo 28.1º do convenio xeral do sector da construción.

Expirada a duración máxima do contrato para a formación, o traballador non poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa.

4.9. Para a impartición do ensino teórico adoptarase como modalidade a de acumulación de horas nun día da semana ou ben o necesario para completar unha semana enteira de formación. No contrato deberase especificar o horario de ensino.

O empresario, no contrato de traballo, vén obrigado a designar a persoa que actuará como titor do traballador en formación, que deberá ser aquela que, polo seu oficio ou posto cualificado, desenvolva a súa actividade auxiliada por este, podendo asumir as titorías o propio empresario, sempre que desenvolva a súa actividade profesional na mesma obra que o traballador en formación.

4.10. A retribución dos contratados para a formación será a seguinte:

Táboas salariais de contratados para a formación:

Agás colectivos do punto 4.6. deste artigo.

Primeiro ano: 60%.

Segundo ano: 70%.

Terceiro ano: 85%.

Colectivos do punto 4.6. deste artigo:

Primeiro ano: 95%.

Segundo ano: 100%.

Porcentaxes referidas ao salario do nivel IX das táboas de cada convenio.

A dita retribución enténdese referida a unha xornada do 100% de traballo efectivo.

4.11. O complemento extrasalarial regulado no artigo 64 do convenio xeral do sector da construción devengarano os contratados en formación en igual contía que o sinalado no respectivo convenio colectivo provincial para o resto dos traballadores, durante os días en que dure o contrato.

4.12. Toda situación de incapacidade temporal do contratado para a formación inferior a seis meses comportará a ampliación da duración do contrato por igual tempo ao que o contrato estivese suspendido.

4.13. Se, concluído o contrato, o contratado para a formación non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado acreditativo do tempo traballado con referencia ao oficio obxecto da formación e do aproveitamento que, ao seu xuízo, obtivo na súa formación práctica.

Así mesmo, o traballador contratado para a formación terá dereito a unha indemnización por cesamento do 4,5%, calculado sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

A Fundación Laboral da Construción, a través dos seus centros propios ou colaboradores, dará a cualificación a través das probas correspondentes, previamente homologadas, tanto do aproveitamento teórico como práctico, e decidirá o seu pase á categoría de oficial.

Artigo 34º.-Recibo de liquidación.

1. O recibo de liquidación da relación laboral entre empresa e traballador, para que produza plenos efectos liberatorios, deberá ser conforme o modelo que figura como anexo V deste convenio. A Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo editarao e proverá de exemplares a todas as empresas do sector da provincia.

2. Toda comunicación de cesamento ou de aviso previo de cesamento deberá ir acompañada dunha proposta de liquidación do modelo citado. Cando se utilice como proposta, non será preciso cubrir a parte que figura despois da data e lugar.

3. O recibo de liquidación, que será expedido pola Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo, numerado, selado e datado e terá validez unicamente dentro dos quince días seguintes ao da data en que foi expedido. A organización patronal de Lugo virá obrigada a levar un rexistro que conteña os datos anteriormente expresados.

4. Unha vez asinado polo traballador, o recibo de liquidación producirá os efectos liberatorios que lle son propios.

5. Nos supostos de extinción de contrato por vontade do traballador non serán de aplicación os parágrafos segundo e terceiro deste artigo.

6. O traballador poderá estar asistido por un representante dos traballadores ou, no seu defecto, por un representante sindical dos sindicatos asinantes deste convenio no acto da sinatura do recibo de liquidación.

Aviso previo de cesamento

O persoal que cese incumprindo o requisito de comunicarllo á empresa por escrito, con dez días de antelación, efectivos de traballo, perderá unicamente o dereito ao cobramento de todas as percepcións correspondentes aos días de atraso no aviso previo.

Artigo 35º.-Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, correspondentes á convocatoria da Fundación Tripartita para a Formación Continua, durante os anos de vixencia deste acordo, xestionadas pola Fundación Laboral da Construción, ou outras entidades asinantes do presente convenio, o 50% das horas que precise esa acción será dentro da xornada laboral, ou deduciranse dela na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denegar a asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante reso

lución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de produción. En caso de denegación o traballador poderá recorrer ante a comisión territorial da FLC.

b) Os traballadores que poden asistir ás accións formativas recollidas neste artigo non superarán anualmente o 10% dos cadros de persoal, nin, naqueles centros de traballo con menos de 10 traballadores poderá concorrer máis de un.

c) O 50% das horas a cargo da empresa suporá un máximo anual de 20 horas por traballador, podéndose distribuír nunha ou en varias accións formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas a cargo da empresa o traballador terá dereito ao salario que lle correspondería como se estivese traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador deberá acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

g) Os permisos individuais de formación, recollidos no II Acordo Nacional de Formación Continua, rexeranse polo disposto nel.

Artigo 36º.-Antigüidade dos candidatos en eleccións de representantes dos traballadores.

En desenvolvemento do disposto no artigo 69.1º do Estatuto dos traballadores e pola mobilidade do persoal no sector, acórdase que no ámbito deste convenio colectivo poderán ser elixibles os traballadores que teñan 18 anos cumpridos e unha antigüidade na empresa, polo menos, de tres meses.

Artigo 37º.-Indemnizacións.

1. Establécense as seguintes indemnizacións para os traballadores afectados por este convenio:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de todos os conceptos das táboas do convenio aplicables vixentes en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a cantidade de 39.000 euros.

c) En caso de incapacidade permanente total derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a cantidade de 22.000 euros.

Para a súa cobertura das indemnizacións previstas nos puntos b e c), as empresas subscribirán unha póliza individual ou colectiva que haberán de lle exhibir ao traballador que así o solicite.

2. Salvo designación expresa de beneficiarios polo asegurado, a indemnización farase efectiva ao traballador accidentado ou, en caso de falecemento, aos herdeiros legais do traballador.

3. A materia regulada neste artigo, por ser da reservada ao ámbito xeral estatal, non poderá ser obxecto de regulación en ámbito inferior, e será compensable e absorbible coas indemnizacións que por estes conceptos estivesen establecidas con anterioridade á entrada en vigor do convenio xeral.

4. As indemnizacións previstas nos puntos b) e c) deste artigo serán consideradas a conta de calquera outra cantidade que puidese ser recoñecida como consecuencia de responsabilidades civís sempre que non deriven de condenas penais exixidas ou impostas ao empresario, debendo deducirse destas en todo caso, tendo en conta da natureza civil que teñen e que ambas as partes lle recoñecen. Tampouco as ditas indemnizacións poderán servir como base para a imposición da recarga de prestacións por falta de medidas de seguridade e saúde no traballo.

5. Para os efectos de acreditar o dereito ás indemnizacións aquí pactadas considerarase como data do feito causante aquela en que se produce o accidente de traballo ou a causa determinante da enfermidade profesional.

6. As indemnizacións pactadas comezarán a obrigar aos 30 días da publicación do convenio xeral do sector da construción.

Artigo 38º.-Comisión mixta paritaria.

Para interpretar o contido deste convenio, vixiar o seu cumprimento e exercer funcións de arbitraxe nos problemas ou cuestións suscitadas como consecuencia da súa aplicación, noméase unha comisión mixta paritaria, integrada por un presidente, que será o da comisión deliberadora e como vogais, un representante por cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio, e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios de la Construción de Lugo, igual ao total dos das centrais sindicais; será secretario o vogal de menor idade.

As partes poderán solicitar un asesor ou experto, cada unha delas.

As partes someten expresamente á dita comisión mixta paritaria cantos problemas xurdan, individuais ou colectivos, na aplicación deste convenio. A este respecto fíxase como requisito para proceder, a submisión previa do asunto á comisión mixta paritaria do presente convenio.

Artigo 39º

No non previsto por este convenio haberá que aterse ao disposto no convenio colectivo xeral do sector da construción, e Acordo Sectorial Nacional, e demais normativa legal e regulamentaria, entendéndose derrogada a Ordenanza laboral da construción do 28-8-1970, salvo en materia de clasificación profesional.

NOTAS

1) As festas locais, 8 de febreiro e 5 de outubro, refírense ao concello de Lugo. Para o resto dos concellos serán os que se determinan no calendario de festas publicado no BOP número 254 do 4-11-2004.

2) Co fin de adecuar a xornada ás 1.748 horas efectivas de traballo previstas no ano 2005, os traballadores disporán de 8 días e 4 horas de libre disposición que se fixarán en cada empresa por acordo entre a dirección e os traballadores ou os seus representantes legais.

3) Cando un festivo local (FL) coincida con algún festivo convenio (FC), este pasarase ao día anterior ou posterior laboral.

4) Este calendario será de aplicación naquelas empresas que non teñan establecido o seu calendario laboral de acordo co artigo 72.4º do convenio xeral do sector.

ANEXO III

Contrato de traballo de persoal fixo de obra

........................, ........ de...... de 200

Reunidos:

Por parte da empresa,

Don/Dona...

DNI...en concepto de...

Empresa...

Nº CIF...

Domicilio...Nº SS...empresa...

Domicilio centro de traballo...Nº SS centro de traballo...

E do/a traballador/a,

Don/Dona...Nivel de estudos rematados...

Data de nacemento...DNI...Domicilio...

Acordan formalizar o presente contrato de traballo persoal fixo de obra, que se rexerá polo disposto no convenio colectivo provincial de traballo para a actividade de... subscrita o día..., e publicado no BOP de Lugo núm..., de data..., e no seu defecto polo convenio xeral do sector da construción e demais normativa de xeral observancia e polas cláusulas particulares seguintes:

1. O traballador prestará os seus servizos na categoría de... na obra de...

1.1. Non obstante, ambas as partes tamén acordan que o traballador poderá prestar servizos á empresa, en distintos centros de traballo da provincia durante un período máximo de 3 anos consecutivos, sen perder a condición de fixo de obra, devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

1.2. Se o traballador non aceptase, de modo expreso, a prestación de servizos noutras obras distintas da indicada no contrato, darase este por finalizado, debendo aboar a empresa a indemnización que por cesamento se establece no convenio, que consiste no 4,50% sobre os conceptos salariais devengados durante a prestación de servizos.

2. O tempo convido é o de duración dos traballos da súa especialidade na obra, onde preste os seus

servizos, coa particularidade establecida nos puntos 1.1 e 1.2 deste contrato, debendo comunicarse o remate cun período de aviso previo de quince días, substituíble por unha indemnización equivalente ao importe dos conceptos salariais correspondentes aos días omitidos no aviso previo.

3. O período de proba será de... días efectivos de traballo. Durante o período de proba calquera das partes poderá dar por rematada a relación laboral, sen aviso previo nin ningunha formalidade, nin dereito a indemnización.

4. O traballador percibirá as retribucións que correspondan conforme o convenio vixente para a actividade.

5. A situación de incapacidade temporal, durante o período de proba, implicará a interrupción deste mentres dura a incapacidade, podendo rescindirse o contrato conforme o disposto na cláusula 3.

E en proba de conformidade, con todo o exposto, ambas as partes asinan por cuadruplicado exemplar o presente documento, no lugar e data indicado.

O/A traballador/aPola empresa

(sinatura)(selo e sinatura)

ANEXO IV

Empresa...

Traballador/a...

Categoría...

De conformidade co estipulado no artigo 28 do convenio xeral do sector da construción vixente, subscrito con data 12 de xuño de 2002, de común acordo coa empresa...

O traballador acepta prestar os seus servizos no centro de traballo...

... de ... de 20...

O/A traballador/aA empresa

ANEXO V

Relación de liquidación da relación laboral

..., con domicilio en... rúa/praza de... nº... piso.., con DNI núm... que traballou na empresa... desde... ata... coa categoría profesional de... nivel...

Declaro que recibín desta a cantidade de ... euros, en concepto de liquidación total pola miña baixa na dita empresa.

Quedando así indemnizado e liquidado, por todos os conceptos que se puidesen derivar da relación laboral que unía as partes e que queda extinguida, manifestando expresamente que máis nada teño que reclamar.

..., ... de... de...

Recibín:

O/A traballor/a,Pola empresa

(data e sinatura)(sinatura e selo)

Este documento ten unha validez de 15 días naturais contados desde a data de expedición pola Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Lugo....

Lugo, ...de... de...

(sinatura e selo)

ANEXO VI (acta ASN)

Acta da reunión 1/2005, da comisión paritaria do acordo sectorial nacional da construción 2003-2005

En representación laboral:

MCA-UGT

Saturnino Gil Serrano

Francisco Martínez Ortega

Fecoma

CC.OO.

Antonio Garde Piñera

En representación empresarial:

CNC

Carlos López de las Heras

Carlos Hernández Jiménez

Francisco Ruano Tallaeche

Francisco Santos Martín

En Madrid, o 25 de xaneiro de dous mil cinco, na sede da Confederación Nacional da Construción (CNC), reúnense os señores citados, membros da comisión paritaria do acordo sectorial nacional da construción para os anos 2003-2006 (ASN -2003-2006).

A reunión ten por obxecto dar cumprimento ao pactado no citado ASN, nos seus artigos 7 e 8.5º.

No transcurso da reunión, dado que, segundo se constata oír os asistentes a ela, a desviación producida na previsión de inflación feita polo Goberno para o 2004 foi, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), do un con dous por cento (1,2%), e que, segundo o pactado no artigo 7.2º do ASN-2003-2006, sobre cláusula de garantía salarial, para o ano 2004, ao se ter superado na dita porcentaxe a previsión de inflación, deberá efectuarse unha revisión económica no exceso de inflación producido, con efectos retroactivos do 1 de xaneiro de 2004, por unanimidade de ambas as partes, acórdase que o secretario desta comisión paritaria lle remita á Dirección Xeral de Traballo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, para efectos do seu rexistro e posterior publicación no BOE, os seguintes acordos:

Primeiro. Segundo o pactado no artigo 7.2º do acordo sectorial nacional da construción para os anos 2003 a 2006, o un con dous por cento (1,2%) de exceso que se produciu entre o 2% previsto polo Goberno como IPC do ano 2004 e o tres con dous por cento (3,2%), dado polo INE como IPC real do dito ano, deberase aplicar sobre as táboas salariais vixentes en 2003 dos convenios colectivos provinciais ou autonómicos do sector. Para iso, o resultado de adicionar o IPC real (3,2%) máis o incremento salarial pactado para o ano 2004 (0,8%)-3,20%+0,8%=4%, engadiráselles ás táboas salariais dos ditos convenios colectivos do ano 2003 para conformar así a táboa salarial revisada ou definitiva ao ano 2004, que deberá ter efectos do 1 de xaneiro do dito ano. Esa revisión farase sobre os conceptos previstos no art. 6.1º do ASN citado, e aplicarase tendo en conta o establecido no art. 59 do CGSC.

ANEXO VII

Notificación de subcontrata na actividade de

construción e obras públicas

A empresa........con domicilio en...CIF ou NIF..., e código de conta de cotización á Seguridade Social..., notifica á empresa... domiciliada en ..., e á Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de... que con data... subcontratou os traballos de... na obra de..., sita en..., coa empresa..., domiciliada en..., CIF ou NIF..., e código de conta de cotización á Seguridade Social..., na que a ultimamente citada empresa ten previsto empregar un número aproximado de..., traballadores por conta allea, coas categorías e especialidades de...

..............., ...de... de...

Sinatura e selo

Asdo.:....

DNI:...

Por triplicado