DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 03 de novembro de 2005 Páx. 17.626

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 11 de outubro de 2005 pola que se aproba a conta xeral de liquidación e se distribúe o caudal remanente da herdanza intestada de Purificación Fernández García.

Antecedentes:

Por denuncia de Manuel Fernández Santos, con NIF 33657723-Y, do 23 de abril de 1997, iniciouse o expediente para o recoñecemento da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Purificación Fernández García, de acordo co disposto nos artigos 153 e 154 da Lei 4/1995, do 24 de maio, do dereito civil de Galicia, que regulan a sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Purificación Fernández García, co derradeiro domicilio en Friol, finou o 21 de outubro de 1996, non tendo outorgado testamento, datos que quedan acreditados polo Xulgado de Primeira Instancia número tres de Lugo.

Por auto do 20 de xaneiro de 1998 o Xulgado de Primeira Instancia número tres de Lugo declarou vacante a súa herdanza, adxudicando esta á Comunidade Autónoma de Galicia.

O 7 de decembro de 1999 publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se daba publicidade á apertura do prazo de información pública do dito expediente, non habendo ningunha solicitude ao reparto da dita herdanza.

Fundamentos xurídicos:

Lei 4/1995, do 24 de maio, do dereito civil de Galicia, artigos 153 e 154.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento que executa a Lei 3/1985.

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime administrativo das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Código civil.

Adoptadas pola Secretaría Xeral e do Patrimonio as oportunas medidas de conservación e administración, presentada a conta xeral de liquidación da herdanza e feitas as correspondentes propostas de distribución do caudal hereditario,

RESOLVO:

1. Estimar conforme a seguinte conta xeral de liquidación da herdanza de Purificación Fernández García.

A. Bens e dereitos.

Bens inmobles no concello de FriolValor (A)

Venda construción existente na parcela 108, polígono 861.051,77

Venda parcela 108, polígono 862.271,00

Venda parcela 109, polígono 864.502,00

Venda parcela 14, polígono 2434.734,00

Venda parcela 61, polígono 245416,00

Parcela 57 polígono 86129,82

Parcela 59 polígono 86129,82

Parcela 60 polígono 86230,79

Parcela 202 polígono 247519,27

Parcela 194 polígono 247562,55

Parcela 95 polígono 241323,10

Parcela 315-6 polígono 247729,87

Total de bens e dereitos: 15.599 A.

B. Total líquido: 15.599,99 A.

No citado expediente non hai gastos imputables ao caudal hereditario.

Tendo en conta:

-O caudal hereditario remanente líquido resultante: 15.599,99 A.

-A denuncia efectuada sobre a totalidade dos bens do causante por Manuel Fernández Santos.

-A inexistencia de solicitudes.

a) Conceder ao único denunciante, Manuel Fernández Santos, con NIF 33657723-Y, o dereito a percibir o premio previsto no artigo 20 do Decreto 94/1999, cuantificado na cantidade de 1.560 A, resultado de aplicar a porcentaxe regulamentaria do 10% á parte que proporcionalmente corresponde aos bens relacionados na súa denuncia do caudal líquido que se obtivese, 15.599,99 A.

b) Integrar no patrimonio da comunidade autónoma os predios sitos no concello de Friol no polígono 86, parcelas 57, 59 e 60, polígono 241, parcela 95 e polígono 247, parcelas 194, 202 e 316-316 debido á inexistencia de compradores despois de varios intentos de venda.

c) Que se proceda ao ingreso na Caixa Xeral do Tesouro da Comunidade Autónoma de Galicia da cantidade líquida remanente, que ascende a 11.414,77 A, co apercibimento de que este importe deberá quedar afecto a establecementos de asistencia social ou institucións de cultura, preferentemente radicados na última residencia da causante, concello de Friol e, en todo caso, en territorio galego.

2. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra dela poderase interpoñer: recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, perante este órgano administrativo de conformidade cos artigos 107, 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurí

dico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou ben directamente recurso contecioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Galicia, conforme o disposto nos artigos 46, 10 e 14 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que o interesado considere exercitar calquera outro recurso que estime oportuno.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2005.

P.D. (Orde 18-8-2005)

Juan Hernández López

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda