DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 31 de outubro de 2005 Páx. 17.490

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 541/2005, do 21 de outubro, polo que se nomean os membros da Xunta Electoral de Galicia.

Os números 1º c) e 1º d) do artigo 14 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, modificada pola Lei de Galicia 15/1992, do 30 de decembro, establecen que a Xunta Electoral de Galicia está composta, entre outros, por catro vogais maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e por catro vogais profesores en activo das facultades de Dereito, de Ciencias Políticas ou de Socioloxía das universidades de Galicia.

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como a presidenta do Parlamento de Galicia, mediante cadanseu escrito dirixido a esta Presidencia, comunican os vogais designados en virtude do artigo 14.1º c) e d) da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia.

Polo exposto e en cumprimento do disposto no artigo 15.1º da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear, por proposta do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, vogais da Xunta Electoral de Galicia os maxistrados do dito tribunal que a seguir se indican:

-José Antonio Ballestero Pascual.

-Julio César Cibeira Yebra-Pimentel.

-Antonio Jesús Outeiriño Fuente.

-José Elías López Paz.

Artigo 2º

Nomear, por proposta da presidenta do Parlamento de Galicia, vogais da Xunta Electoral de Galicia os profesores que a seguir se indican:

-Jesús Martínez Girón.

-Ángel Gómez-Iglesias Casal.

-Antonio Xavier Ferreira Fernández.

-José Antonio Portero Molina.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e un de outubro de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA