DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 27 de outubro de 2005 Páx. 17.367

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2005 pola que se convoca un curso básico de protección.

Dentro das actividades programadas para o ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a celebración dun curso básico de protección, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer as teorías e as técnicas de protección estática e dinámica, así como sobre a protección de personalidades.

-Saber cómo operan os grupos terroristas, qué tipo de armas e artefactos explosivos adoitan utilizar.

-Dominar diversas técnicas do tiro policial e da condución de seguridade na protección de persoas.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local dos concellos de Galicia e aos membros da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, que non tivesen ningunha das edicións anteriores sobre este mesmo curso.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 9 de novembro de 2005, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 15 ao 17 de novembro.

O horario será de 9.30 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 horas os días 15 e 16; e o día 17 en horario de 10.00 a 14.00 horas, cunha duración de 20 horas lectivas.

Contido.

I. Seguridade, protección e autoprotección.

II. Condución de seguridade en protección.

III. Técnicas de tiro policial en protección.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 11 de novembro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.

Lugar.

O curso desenvolverase no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na Avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 13 de outubro de 2005.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA