DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 27 de outubro de 2005 Páx. 17.317

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2005, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de materiais e prefabricados da construción da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector materiais e prefabricados da construción da provincia de Lugo (código 2700395), asinado o día 30 de xuño de 2005, pola representación da Asociación de Empresarios de la Construcción de Lugo (APEC) e das centrais sindicais MCA-UGT (25,7%), Fecoma-CC.OO. (54,3%), FCM-CIG (17,1%) e de con

formidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitir o texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 28 de xullo de 2005.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Asistentes e representantes:

Representación social:

Por MCA-UGT co 25,7%:

Carlos García Vázquez, José Seijas Rouco, José Luis Combarro Infante, Manuel Golpe Gómez (asesor).

Por FECOMA-CC.OO. co 54,3%:

Ángel Barreiro Pérez, José Antonio Cabo Martínez, Jesús Varela Lodeiro, José Manuel Brea Méndez.

Por FCM-CIG co 17,1%:

Antonio Niño Saavedra, Susana Riveiro Fernández, Carmen Antas Pérez, Luis Vigo Lage, Jorgue Caldeiro Díaz (asesor).

Representación patronal (APEC):

Hipólito Trinidade Losada, Ricardo Castro López, José Bouso Alvite, Manuel Sánchez Varela, Luciano Méndez Lodos.

Asesora: Pilar Díaz Rodríguez.

Na cidade de Lugo na sede da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo, sita na avda. das Américas, 15-17 entrepl., ás 12.00 horas do día 30 de xuño de 2005, reúnense logo de convocatoria cursada para o efecto, os representantes das centrais sindicais e da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo relacionados na marxe, que forman parte da comisión deliberadora do convenio colectivo de traballo para a actividade de materiais e prefabricados da construción na provincia de Lugo, constituída o pasado día 19 de abril de 2005, co obxecto de negociar o incremento económico e actualización do referido convenio publicado no BOP de Lugo nº 241, con data do 19 de outubro de 2004. Ambas as partes, constituídas en comisión deliberadora, recoñécense a lexitimación e capacidade suficiente para negociar na representación que posúen.

Aberta a sesión e despois dunha ampla deliberación, chégase aos seguintes acordos:

Primeiro.-Aprobar a táboa de retribucións para o ano 2005, que se xunta como anexo I do corpo do convenio.

Segundo.-Aprobar o convenio colectivo de traballo para a actividade de materiais e prefabricados da construción na provincia de Lugo, para o ano 2005, cuxa redacción se xunta con todos os seus anexos (I, II, III, IV, V, VI, VII e VIII).

Terceiro.-Remitir a presente acta, a acta de constitución da mesa deliberadora, e o texto do convenio e documentación adxunta á Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Lugo para o seu rexistro e envío ao Diario Oficial de Galicia e ao BOP para a súa publicación.

Cuarto.-Que os atrasos de retribucións se aboarán no mes seguinte á publicación deste acordo no BOP ou Diario Oficial de Galicia. Aquelas empresas que aboasen cantidades á conta dos incrementos establecidos nas presentes táboas aboarán unicamente as diferenzas que resulten de aplicación.

Quinto.-Autorizar expresamente á asesora da comisión negociadora Pilar Díaz Rodríguez para que se dirixa á Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para os efectos de proceder á tramitación, depósito e publicación.

E en proba de conformidade asínase a presente acta, e documentos que xuntan os integrantes da comisión negociadora, no lugar e data expresados no encabezamento.

E en proba de conformidade é asinada a presente acta polos integrantes da comsión negociadora, no lugar e data expresados no encabezamento.

Convenio colectivo de traballo para a actividade de materiais e prefabricados para a construción da provincia de Lugo

Artigo 1º

O presente convenio colectivo regula con carácter prioritario as relacións entre empresas e traballadores da provincia de Lugo; aínda que o domicilio social da empresa radicase fóra daquela, na seguinte actividade:

Mármores, granitos, lousas (extracción e acabado), areniscas, outras rochas para a construción, cales, xesos e escaiolas, agregados, cementos naturais, formigón preparado, outros materiais da construción que non estean incluídos nos esquemas orgánicos doutras actividades. Prefabricados de xesos e escaiolas, prefabricados de cales prefabricados de formigón, terrazos, mosaicos hidráulicos, outros pavimentos de cemento, fibrocemento materiais illantes e de protección e outros materiais prefabricados.

Queda excluída, do ámbito funcional do presente convenio, a actividade de cementos artificiais, así como aquelas que teñan convenio propio concertado.

Artigo 2º.-Lexislación supletoria.

No non previsto no presente convenio será de aplicación a lexislación xeral e o convenio xeral do sector da construción publicado no BOE do 10 de agosto de 2002 e acordo sectorial nacional vixente.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

Este convenio é de aplicación a todas as empresas e traballadores comprendidos no seu ámbito funcional que realicen a súa actividade na provincia de Lugo, aínda cando o domicilio social da empresa radicase fóra dela.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

Comprende, este convenio, a totalidade dos traballadores das empresas incluídas no ámbito funcional, así como o persoal que en diante forma parte das cadros de persoal daquelas.

Quedan exceptuados os cargos de alta dirección determinados na vixente lexislación laboral.

Artigo 5º.-Vixencia e incrementos salariais.

A vixencia para efectos económicos do presente convenio será desde o 1 de xaneiro de 2005 ao 31 de decembro de 2005, logo da súa publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Malia o anterior, e en evitación do baleiro normativo que noutro caso se produciría, unha vez rematada a súa vixencia inicial, ou a de calquera das súas prórrogas, continuará rexendo na súa totalidade tanto o seu contido normativo como no obrigacional ata que sexa substituído por outro.

Artigo 6º.-Incrementos económicos.

O incremento económico encóntrase reflectido nos conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complementos salariais e extrasalariais que figuran no anexo I.

Artigo 7º.-Cláusula de garantía salarial.

No suposto de que o índice anual de prezos ao consumo (IPC) ao 31 de decembro de 2005 supere o 2,2%, efectuarase unha revisión económica no exceso producido, con efectos retroactivos desde o 1-1-2005.

Esta revisión, se é o caso, afectará os conceptos previstos no artigo 6º do presente convenio.

Artigo 8º.-Indivisibilidade e vinculación á totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e quedará sen efecto no suposto de que a xurisdición competente anulase ou invalidase algún dos pactos. Se se dese tal suposto, as partes signatarias deste convenio comprométense a reunirse dentro dos 10 días seguintes ao da firmeza da resolución correspondente, co obxecto de resolver o problema suscitado. Se no prazo de 45 días, a partir da data da firmeza da resolución en cuestión, as partes signatarias non alcanzasen un acordo, comprométense a fixar o calendario de reunións para a negociación do convenio na súa totalidade.

Artigo 9º.-Rescisión.

A denuncia de rescisión ou revisión do convenio terase que efectuar cunha antelación de tres meses á súa data de terminación, mediante comunicación escrita á outra parte.

Artigo 10º.-Absorción, compensación e condicións mínimas.

As condicións do presente convenio absorberán ou compensarán calquera outra que existan á entrada en vigor e as que puidesen establecerse durante a súa vixencia, con respecto das condicións máis beneficiosas que os traballadores teñan recoñecidas á entrada en vigor do convenio.

Artigo 11º.-Aviso previo de cesamento.

O persoal comprendido neste convenio está obrigado a comunicar, por escrito, o cesamento na empresa, cos prazos seguintes:

Persoal técnico, empregados, administrativos e mercantís:

Un mes como mínimo.

Persoal obreiro:

Oito días, como mínimo.

En ambos os casos, referidos ao día en que deben causar baixa na empresa.

Ao persoal que cesase incumprindo tal requisito descontaráselle, da liquidación, a cantidade correspondente a tantos días de haber, cantos se atrasasen en formular o aviso previo.

A notificación será presentada por duplicado e asinada polo traballador, quen recibirá un exemplar asinado pola empresa, coa data de presentación.

Artigo 12º.-Conservación do equipamento mecánico e produtividade.

Os traballadores obríganse a prestar a debida dilixencia na execución do seu traballo, colaborando na boa marcha da produción, mediante un rendemento normal e correcto.

Así mesmo, contraen a obriga, de prestar especial atención á forma de execución dos traballos co fin de obter a calidade adecuada. O persoal con mando no centro de traballo poderá rexeitar aqueles traballos ou produtos que non se axusten ás normas de calidade xeralmente admitidas polas prácticas ou que se encontren establecidas nalgunha normativa aplicable á técnica industrial de que se trate.

O traballador responsable dun equipo mecánico de traballo terá a obriga, durante a xornada de traballo e nos tempos mortos, de coidar da boa conservación e mantemento del debendo dar conta inmediata, ao empresario ou encargado da empresa de calquera defecto ou entorpecemento que se manifeste en tales instrumentos, así como nas materias primas ou produtos en curso de fabricación e responderá de todos os danos e prexuízos causados na maquinaria ou nos devanditos produtos pola súa culpa ou neglixencia.

Réxime de traballo

Artigo 13º.- Período de proba.

1. Poderá concertarse por escrito un período de proba que en ningún caso poderá exceder de:

a) Técnicos titulados superiores e medios: 6 meses.

b) Empregados:

Niveis III, excepto titulados medios, IV e V: 3 meses.

Niveis VI ao X: 2 meses.

Resto de persoal: 15 días naturais.

c) Persoal operario:

Encargados e capataces: 1 mes.

Resto de persoal: 15 días naturais.

2. Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e posto de traballo que desempeñe, como se fose de cadro de persoal, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que se poderá producir por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso, sen necesidade de previo aviso e sen que ningunha das partes teña dereito a indem

nización ningunha, debéndose comunicar a desistencia por escrito.

3. Transcorrido o período de proba sen que se producise a desistencia, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servizos prestados para efectos de permanencia na empresa.

Na situación de IT, se o empresario non desistise do contrato durante tal situación, suspenderá o período de proba.

4. Os titulares da cartilla profesional expedida pola Fundación Laboral da Construción, con contrato de fixo de obra ou outra modalidade de contrato temporal, estarán exentos do período de proba para os traballos da súa categoría profesional, sempre que conste na cartilla profesional ter acreditado o seu cumprimento en calquera empresa anterior.

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral normal de traballo establécese en 1.748 horas efectivas ao ano, que se realizará en razón de 40 horas semanais, a repartir de luns a venres a razón de 8 horas diarias, sendo inhábiles sábados e domingos, conforme o calendario laboral anexo II.

Artigo 15º.-Recuperación de horas non traballadas.

O 70% das horas non traballadas por interrupción da actividade, debido a causas de forza maior, accidentes atmosféricos, inclemencias do tempo, falta de subministracións, ou calquera outra causa non imputable á empresa, recuperaranse a razón dunha hora diaria nos días laborables seguintes, logo de comunicación aos traballadores afectados e, se é o caso, aos seus representantes legais no centro de traballo.

No suposto de que a referida interrupción alcance un período de tempo superior a vinte e catro horas efectivas de traballo, seguirase o disposto en materia de suspensión do contrato, por causa de forza maior ao disposto no convenio xeral da construción.

Todo iso mentres subsista esta obriga no convenio xeral da construción.

Artigo 16º.-Táboas de produtividade.

Incorpóranse como anexo VIII ao presente convenio, integrándose como parte del, as táboas de produtividade, que deberá executar estritamente cada traballador no tempo e condicións estipuladas, considerándose como diminucións voluntarias o non chegar a elas salvo causa xustificada e suficientemente demostrada.

As mencionadas táboas serán substituídas polas que no seu día sexan aprobadas pola comsión nacional de produtividade.

Artigo 17º.-Condicións de aplicación.

As táboas de niveis de produtividade soamente se aplicarán nos centros de traballo que teñan comité de seguridade e saúde ou representantes dos traballadores, sempre que a lei determine a existencia de ambos os órganos.

As táboas de niveis normais de produtividade poderán aplicarse en todos os centros de traballo, sempre que no posto de traballo obxecto de medición se cumpran as medidas de seguridade establecidas na lexislación vixente.

Naquelas empresas ou centros de traballo onde a lei non estableza a posibilidade de elección de representantes de traballadores por non reunir o mínimo de cadro de persoal requirido, ou resolver as disposicións que puidesen xurdir sobre a aplicación das táboas de niveis normais de produtividade, será competente o SMAC ou o Consello Galego de Relacións Laborais, ante cuxo organismo as partes en litixio se someten.

Artigo 18º.-Normas de aplicación.

Cando se decida obter verificación do cumprimento das táboas de niveis normais de produtividade a que se fai referencia ao presente convenio, a empresa deberá entregar ao traballador suxeito a tal verificación un parte de traballo, no que figurará o nome do devandito traballador, a data, a especificación da unidade e, se é o caso, o número de traballadores implicados na execución dela, así como as súas categorías e un punto para observacións.

Con carácter xeral, salvo pacto individual en contrario e dentro da xornada laboral, o parte de traballo será cuberto polo mando correspondente e asinado polo traballador en caso de conformidade, facilitándoselle copia do devandito parte.

No caso de discrepancias respecto á aplicación de calquera das unidades contidas nas táboas de niveis normais de produtividade, de desconformidade por erro aritmético na medición ou falta das condicións obxectivas nas que deba realizarse, seguirase o seguinte procedemento:

1. O traballador, directa ou persoalmente, poderá formular alegacións ante o propio xefe receptor do parte, no mesmo momento en que se suscite a discrepancia ou inicio da xornada seguinte.

De non formularse a reclamación no citado prazo, entenderase que houbo conformidade tácita entre ambas as partes.

2. De manterse a discrepancia, o traballador poderá, acompañado dun representante dos traballadores, se estivese no centro de traballo, e xunto co mando correspondente, acudir ao mando superior; neste caso o parte poderá ser formado polo representante dos traballadores, podendo facer ambas as partes as alegacións e observacións que consideren oportunas.

O prazo máximo para facer ambas as reclamacións non poderá superar en ningún caso o termo de xornada laboral inmediatamente seguinte. De non formularse reclamación algunha neste prazo, presumirase a conformidade do traballador co consignado no parte.

Artigo 19º.-Cómputo.

O cómputo da medición será semanal e referido a cada xornada de traballo.

Artigo 20º.-Publicación.

As empresas publicarán no taboleiro de anuncios de cada centro de traballo, cunha semana de antelación, a posta en práctica das táboas de produtividade.

Artigo 21º.-Revisión.

As unidades publicadas soamente poderán ser obxecto de revisión cando se produzan variacións das condicións ou métodos operativos con que se calculasen, así como en función da súa plena adaptación ás peculiaridades desta provincia.

Artigo 22.-Traballo por tarefa, axustado ou por unidade de obra, con primas á produción ou con incentivo.

1. Caracterízanse estes sistemas por poñer en relación directa a retribución coa produción do traballo, con independencia, en principio, do tempo investido na súa realización e por ter como obxectivo a consecución dun rendemento superior ao normal.

2. O traballo ou tarefa consiste na realización, por xornada, dunha determinada cantidade de obra ou traballo.

Se o traballador termina a tarefa antes de concluír a xornada diaria, a empresa poderá ofrecerlle, e este aceptar ou non, entre continuar prestando os seus servizos ata a terminación da xornada ou que abandone o traballo, dando por concluída aquela.

No primeiro caso, a empresa deberá aboar o tempo que medie entre a terminación da tarefa e a conclusión da xornada diaria como se se tratase de horas extraordinarias, pero sen que se computen estas para o efecto do límite fixado para elas no artigo 35.2º do Estatuto dos traballadores e sen que poida exixirse durante o devandito período un rendemento superior ao normal.

3. Nos traballos axustados ou por unidade de obra, e para efectos da súa retribución, soamente se atende á cantidade e calidade da obra ou traballo realizado, pagándose por pezas, medidas, anacos, conxuntos ou unidades determinadas, independentemente do tempo investido na súa realización, ben que pode estipularse un prazo para a súa terminación, en cuxo caso deberá terminarse dentro del, pero sen que poida exixirse, neste caso, un rendemento superior ao normal.

4. Nos traballos que se presten á súa aplicación, poderán establecerse primas á produtividade ou incentivos, de tal forma que aos maiores rendementos que se alcancen no traballo correspondan uns ingresos que garden respecto aos normais, polo menos, a mesma proporción que a dos devanditos rendementos en relación cos normais.

5. Se en calquera dos sistemas previstos neste artigo o traballador non alcanzase o rendemento previsto por causa non imputable á empresa nin ao traballador, este terá dereito, polo menos, ao salario fixado para a súa categoría profesional no convenio colectivo aplicable, máis un 25%.

6. Previamente á súa implantación ou revisión colectivas destes sistemas, en canto supoñen casos subsumibles nos supostos de feito do artigo 64.1º 4.ª d) ou e) do Estatuto dos traballadores, deberá solicitarse, se é o caso, aos representantes legais dos traballadores o informe que ao devandito precepto se refire, e que deberán estes emitir no prazo improrrogable de 15 días, estando suxeita a devandita implantación ou revisión ao disposto no artigo 41 do Estatuto dos traballadores.

O citado artigo terán validez en tanto en canto a teña o CGSC.

Artigo 23º.-Vacacións.

As vacacións terán unha duración de trinta días naturais, para todas as categorías, do cales 21 serán laborables. O inicio das vacacións por parte dos traballadores se fará sempre en día laborable, que non sexa venres, en tanto subsista esta obriga no convenio xeral do sector construción.

En todo momento seguirase o disposto no artigo 38 do Estatuto dos traballadores que di textualmente:

1. O período de vacacións anuais retribuídas, non substituíbles por compensación económica, será o pactado en convenio colectivo ou contrato individual. En ningún caso, a duración será inferior a trinta días naturais.

2. O período de desfrute fixarase de común acordo entre o empresario e o traballador, que tamén poderán convir na división en dous do período total. Na falta de acordo seguirase o disposto nos convenios colectivos, sobre planificación anual das vacacións, respectándose, en calquera caso, os criterios seguintes:

a) O empresario poderá excluír como período de vacacións aquel que coincida coa maior actividade produtiva da empresa, logo de consulta cos representantes legais dos traballadores.

b) Por acordo entre o empresario e os representantes legais dos traballadores poderase fixar os períodos de vacacións de todo o persoal, xa sexa en quenda organizads sucesivamente, xa sexa con suspensión total de actividades laborais, sen máis excepcións que as tarefas de conservación, reparación e similares.

c) Cando exista un réxime de quenda de vacacións, os traballadores con responsabilidades familiares teñen preferencia a que as súas coincidan cos períodos de vacacións escolares.

d) Se existise desacordo entre as partes, a xurisdición competente fixará a data que para o desfrute corresponda e contra a súa decisión non se poderá recorrer. O procedemento será sumario e preferente.

3. O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle correspondan dous meses antes, polo menos, do comezo do desfrute.

4. As vacacións desfrutaranse por anos naturais. O primeiro ano de prestación de servizos na empresa soamente se terá dereito ao desfrute da parte proporcional correspondente ao tempo realmente traballado durante o devandito ano.

5. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cese durante o transcurso do ano, terá dereito ao aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación pola súa baixa na empresa.

6. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade laboral transitoria, sexa cal fose a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ao desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase este se ao seu vencemento o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibir a diferenza entre a retribución de vacacións e a prestación de IT.

7. Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións, se sobreviñese a situación de incapacidade laboral transitoria, a duración dela computarase como días de vacación, sen prexuízo de dereito do traballador a percibir a diferenza que puidese existir entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación do IT.

Se a incapacidade temporal se producise despois de pactada a data de inicio para o desfrute individual das vacacións e antes de chegar a devandita data, o traballador manterá o dereito a desfrutar as vacacións ata o transcurso do ano natural, acordándose un novo período de desfrute despois de producida a alta da IT.

O parágrafo anterior non será de aplicación nos supostos de vacacións colectivas de todo un centro de traballo.

8. O desfrute das vacacións, como norma xeral e salvo pacto en contrario, terá carácter ininterrompido.

O período de vacacións poderá, non obstante, fraccionarse de común acordo entre empresa e traballador garantíndose a este quince días polo menos de desfrute entre os meses de maio a setembro ambos inclusive complementándose o período que lle corresponda para o desfrute no resto do ano.

9. A retribución de vacacións consistirá na cantidade fixa establecida nas táboas salariais do convenio.

10. Os días non laborables que se fixan no anexo II do calendario laboral do sector como consecuencia da adaptación da xornada por convenio, non computarán para efectos de vacacións.

Artigo 24º.-Permisos e licenzas.

1. O traballador, logo de aviso de polo menos 48 horas, salvo acreditada urxencia, e xustificación posterior, encóntrase facultado para ausentarse do traballo, mantendo o dereito á percepción de todos aqueles conceptos retributivos que non se encontren vinculados de forma expresa á prestación efectiva da actividade laboral, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días naturais por nacemento ou adopción dun fillo.

c) Un día por matrimonio de fillos.

d) Tres días naturais por falecemento do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

e) Dous días naturais por enfermidade grave do cónxuxe e parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

f) Un día por traslado do domicilio habitual.

g) Polo tempo necesario para concorrer a exames como consecuencia dos estudos que estea realizando en centros de ensino universitarios ou de formación profesional de carácter público ou privado, recoñecidos.

Cando polos motivos expresados nas letras b), c), d) e e), o traballador necesite efectuar un desprazamento para o efecto, os prazos sinalados neles incrementaranse en dous días naturais.

2. Nas mesmas condicións que as previstas no punto 1 do presente artigo, o traballador poderase ausentar do traballo polo tempo necesario para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal un período determinado de ausencia, seguirase o que esta dispoña, en canto á súa duración e compensación económica.

No suposto de que, polo cumprimento do deber ou desempeño do cargo público, o traballador perciba unha compensación económica, calquera que sexa a súa denominación, descontarase o importe da mesma da retribución a que tivese dereito na empresa.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade de prestación de traballo en máis do 20% das horas laborables nun período de tres meses, a empresa encóntrase facultada para decidir o paso do traballador afectado á situación de excedencia forzosa, con todos os efectos inherentes a ela.

3. Os traballadores, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito, sen perda ningunha de retribución, a unha hora diaria de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, e igualmente sen perda de retribución, poderá substituír este dereito por unha redución da xornada laboral en media hora diaria coa mesma finalidade. No caso de que a nai

e o pai traballen, este permiso poderá ser desfrutado unicamente por un deles.

4. O traballador que, por razóns de garda legal, teña ao seu coidado directo a algún menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retributiva, terán dereito a unha redución da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario, entre un terzo e un máximo da metade da duración daquela.

O exercicio deste dereito por parte do traballador durante os primeiros nove meses de vida do menor, é incompatible co previsto no punto 3 do presente artigo.

Réxime económico

Artigo 25º.-Percepcións económicas.

1. Do conxunto de percepcións económicas, en diñeiro ou en especie, que o traballador obtén na relación de traballo por conta allea, unhas percíbeas como retribución ou contraprestación directa pola prestación do seu traballo e son as que constitúen o salario. Outras recíbeas como compensación de gastos, como presentacións e os seus complementos e indemnizacións ou por modificacións na súa relación de traballo, non formando ningunha delas parte do salario por seren percepcións de carácter extrasalarial.

2. Percepcións económicas salariais:

a) Salario base é aquela parte da retribución que se fixa atendendo exclusivamente á unidade de tempo, co rendemento normal exixible, de acordo coa táboa salarial exposta no anexo I.

b) Complementos salariais ou cantidades que, se é o caso, deban engadirse ao salario base, atendendo ás seguintes circunstancias distintas da unidade de tempo:

Persoais, tales como antigüidade consolidada, se é o caso.

De posto de traballo, tales como as derivadas de traballo, incentivos, traballos axustados, complementos de actividade ou asistencia ou horas extraordinarias.

As cantidades que as empresas aboen libre e voluntariamente aos seus traballadores.

As pagas extraordinarias e a retribución de vacacións.

3. Percepcións económicas non salariais:

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social e os seus complementos.

b) As indemnizacións ou suplidos por gastos que tivesen que ser realizados polo traballador como consecuencia da súa actividade laboral, tales como ferramentas e roupa de traballo, así como as cantidades que se aboen en concepto de axudas de custo, gastos de viaxe ou locomoción, complementos extrasalariais, e aquelas diferenzas de aluguer ou custo de vivenda que viñese percibindo o traballador, en

aplicación do artigo 146.7º da derrogada, para o sector da construción, ordenanza laboral da construción.

c) As indemnizacións por cesamentos, mobilidade xeográfica, suspensións, extincións, resolucións de contrato ou despedimento e accidente de traballo e enfermidade profesional.

4. Aqueles complementos salariais que teñan carácter funcional ou circunstancial como os de posto de traballo, os de calidade ou cantidade de traballo realizado, e as cantidades que as empresas aboen libre e voluntariamente, consideraranse non consolidables no salario do traballador e non computarán como base das percepcións enumeradas no punto 2 dese artigo.

Artigo 26º.-Estrutura das percepcións económicas.

1. Conceptos salariais e extrasalariais que forman parte da táboa de percepcións económicas.

a) Os conceptos son os seguintes:

Salario base.

Gratificacións extraordinarias.

Complementos salariais.

Complementos extrasalariais.

b) No concepto gratificacións extraordinarias enténdese incluída a retribución de vacacións.

c) En complementos salariais considéranse incluídos todos os complementos que se pacten, que constitúan contraprestación directa do traballo e non compensación de gastos orixinados por asistir ou realizar o traballo.

d) En complementos extrasalariais considéranse incluídos cantos conceptos se pacten, de carácter indemnizatorio de gastos orixinados ao traballador pola prestación do seu traballo, tales como distancia, transporte, percorrido, ferramentas e roupa de traballo.

2. Dentro do citado espírito de homoxeneización e racionalización, acórdase establecer as proporcións que deben gardar algúns dos conceptos, en relación co total anual pactado nas táboas de percepcións económicas do presente convenio.

a) Os conceptos de salario base e gratificacións extraordinarias definidos no artigo anterior, sumados, deberán quedar comprendidos entre o 65% e o 75% do total anual das táboas do convenio para cada categoría ou nivel.

b) O complemento extrasalarial deberá quedar comprendido durante 2005 para cada categoría ou nivel retributivo, entre o 5% e o 7%.

c) Os complementos salariais sumados ocuparán a restante porcentaxe que resulte de aplicar os dous criterios anteriores sobre o total anual das táboas do convenio, para cada categoría ou nivel retributivo.

3. Ademais dos conceptos indicados, poderán existir no recibo de salarios dos traballadores as restantes percepcións a que fai referencia o artigo anterior.

Todo iso mentres subsistan estas obrigas no convenio xeral do sector da construción.

Artigo 27º.-Devengo das percepcións económicas.

1. O salario base devengarase durante todos os días naturais, polos importes que, para cada categoría e nivel, se establecen no anexo I.

2. Os complementos salariais de convenio devengaranse durante os días efectivamente traballados, polos importes que, para cada categoría e nivel, se fixen en anexo I.

3. Os complementos extrasalariais de convenio devengaranse durante os días de asistencia ao traballo, polos importes que se fixan en anexo I.

4. As pagas extraordinarias devengaranse por días naturais, na seguinte forma:

a) Paga de xuño: do 1 de xaneiro ao 30 de xuño.

b) Paga de Nadal: do 1 de xullo ao 31 de decembro.

5. A remuneración anual mencionada comprenderá todas as percepcións económicas pactadas no convenio, por nivel e categoría profesional.

De acordo coas formas de devengo, a remuneración anual virá dada pola seguinte fórmula:

RA = SB x 335 + {(PS + PE) x Número de días efectivos de traballo)} + Vacacións + PX + PN

RA = Remuneración anual.

SB = Salario base.

PS = Complementos salariais.

PE = Complementos extrasalariais.

PX = Paga de xuño.

PN = Paga de Nadal.

Artigo 28º.-Pagamento das percepcións económicas.

1. Pagamento do salario.

a) Todas as percepcións, excepto as de vencemento superior ao mes, aboaranse mensualmente, por períodos vencidos e dentro dos primeiros cinco días hábiles do mes seguinte ao do seu devengo, aínda que o traballador terá dereito a percibir quincenalmente anticipos cuxa contía non será superior ao 90% das cantidades devengadas.

b) As empresas destinarán ao pagamento, a hora inmediatamente seguinte á finalización da xornada ordinaria, nas datas habituais de pagamento. Cando por necesidades organizativas se realice o pagamento dentro da xornada laboral, esta interromperase e se prolongarase despois do horario de traballo polo tempo investido no pagamento, sen que en ningún caso tal prolongación poida exceder en máis dunha hora.

c) O tempo investido no pagamento de retribucións e anticipos á conta delas, quedará exento do cómputo da xornada laboral, considerándose como de simple permanencia no centro de traballo e por tanto non retribuído para ningún efecto.

d) As empresas quedan facultadas para pagar as retribucións e anticipos á conta deles, mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de pagamento a través de entidade bancaria ou financeira. Se a modalidade de pagamento fose cheque, o tempo investido no seu cobramento será por conta do traballador.

As empresas que estean obrigadas a efectuar o pagamento de salarios por talón bancario ingresarán o seu importe, por petición do traballador, na conta bancaria que sinale o traballador, sen que iso poida ocasionar mingua ou gasto ningún para os citados.

e) O traballador deberalle facilitar á empresa o tempo do seu ingreso ou incorporación a ela, o seu número de identificación fiscal (NIF), de conformidade coa normativa aplicable ao respecto.

2. O réxime retributivo salarial, para todos os traballadores comprendidos no presente convenio, será o establecido para cada categoría profesional nas táboas salariais que figuran como anexo.

Para unha maior simplificación dos cálculos retributivos, como anexo ao presente convenio, tamén figurará a táboa de retribucións mensuais e anuais de todas as categorías profesionais.

Para todas as categorías os salarios estipúlanse mensualmente, con independencia do número de días naturais de cada mes.

Cando proceda a aplicación do salario/día, resolverase dividindo a retribución mensual por trinta (30).

O persoal que cese durante o período de prórroga do convenio terá dereito a percibir como atrasos o tanto por cento que se determine a primeiro de ano entre a representación sindical e patronal, que terá como base o IPC previsto polo Goberno.

Artigo 29º.-Complemento de asistencia, produtividade, puntualidade.

O complemento de asistencia, produtividade e puntualidade cobrará o traballador que con rendemento normal e correcto e ademais coa debida puntualidade, non teña ningunha falta de asistencia, non xustificada, ao traballo.

Para estes efectos, non se entenden inxustificadas as faltas en situación de baixa por enfermidade ou accidente, período de vacacións, licenzas retributivas ao abeiro do CGSC e demais disposicións vixentes e licenzas retributivas con permiso ou expresa autorización da empresa.

Este complemento será satisfeito unicamente por xornada completa realmente traballada.

Polo seu carácter de complemento de calidade, queda excluído, directamente, da base de cálculo das horas extraordinarias.

Artigo 30º.-Perda do complemento de asistencia, produtividade e puntualidade.

1. Perderase, o complemento correspondente a dous días, por faltas de puntualidade que totalicen máis de trinta minutos, de atraso, nun mes natural.

2. Perderase o complemento correspondente a catro días, por faltas de puntualidade que totalicen máis de corenta e cinco minutos, de atraso, nun mes natural.

3. Perderase a totalidade do complemento mensual, por faltas de puntualidade que sumen máis de dous horas de atraso, nun mes natural.

4. A primeira xornada non traballada completa, sen que se xustifique a falta, suporá a perda de dous días de complemento; a segunda, a perda de oito días de complemento e a terceira a perda do complemento mensual.

Para a determinación do complemento diario, para efectos de penalización, dividirase o importe mensual, entre vinte e cinco (25).

As faltas ou atrasos, non xustificados, computaranse dentro de cada mes natural.

Artigo 31º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes do presente convenio acordan a conveniencia de reducir ao mínimo indispensable a realización de horas extraordinarias, axustándose aos seguintes criterios:

a) As horas extraordinarias, en todo caso, pola súa natureza, serán voluntarias de acordo coas disposicións vixentes, excepto as que teñan a súa causa en forza maior.

b) Considéranse horas extraordinarias estruturais as motivadas por pedidos ou puntas de produción, ausencias imprevistas, cambio de quenda e perda ou deterioración da produción, ou por calquera circunstancia de carácter estrutural que altere o proceso normal de produción.

c) O número de horas extraordinarias que realice cada traballador, salvo nos supostos de forza maior, non excederá de 80 ao ano (artigo 69º CGC).

d) Os importes das horas extraordinarias para cada unha das categorías é o que se determina en táboa anexo I.

e) As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso produtivo, poderán compensar a retribución das horas extraordinarias por tempos equivalentes de descanso.

No suposto de que se realizase a compensación prevista no parágrafo anterior, as horas extraordinarias compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados para elas na letra c) deste artigo.

Complementos salariais

Artigo 32º.-Aumentos periódicos por anos de servizos.

Antigüidade consolidada.

Como consecuencia do Acordo Sectorial Nacional da Construción sobre o concepto económico de antigüidade, asinado o 18 de outubro de 1996 (BOE do 21 de novembro), ambas as partes asinantes asumen os seguintes compromisos:

a) Os traballadores manterán e consolidarán os importes aos que tivesen dereito polo complemento persoal de antigüidade o 21 de novembro de 1996.

Ao importe anterior así determinado engadirase, se é o caso, a cada traballador que xa viñese percibindo algunha contía por este concepto, o importe equivalente á parte proporcional de antigüidade que o traballador tivese devengada e non cobrada ao 21 de novembro de 1996, calculándose por defecto ou por exceso, por anos completos. Para o cálculo dos importes desta parte de antigüidade devengada e non cobrada teranse en conta os importes que para cada categoría e nivel fixe cada convenio de ámbito inferior.

b) Os importes obtidos, ao abeiro do previsto na letra a), manteranse invariables e por tempo indefinido como un complemento retributivo ad personam, é dicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa, extinguíndose xuntamente coa extinción do contrato do traballador afectado coa súa empresa. Este complemento retributivo ad personam reflectirase nos recibos oficiais de salario coa denominación de antigüidade consolidada.

Artigo 33º.-Gratificacións extraordinarias.

1. Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito exclusivamente a dúas pagas extraordinarias ao ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada uno deles.

2. A contía das pagas extraordinarias será, para cada categoría ou nivel, o importe que figura na táboa salarial do anexo I máis antigüidade consolidada.

3. Estas pagas extraordinarias non se devengarán mentres dure calquera das causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 34º.-Proporcionalidade no devengo das pagas extraordinarias.

O importe das pagas extraordinarias para o persoal que, en razón da súa permanencia, non teña dereito á totalidade da súa contía, será rateado conforme os seguintes criterios:

a) O persoal que ingrese ou cese no transcurso de cada semestre natural, devengará a paga en proporción ao tempo de permanencia na empresa durante el.

b) Ao persoal que cese no semestre respectivo faráselle efectiva a parte proporcional da gratificación no momento de realizar a liquidación dos seus haberes.

c) O persoal que preste os seus servizos en xornada reducida ou a tempo parcial devengará as pagas extraordinarias en proporción ao tempo efectivamente traballado.

Artigo 35º.-Premio de regularidade.

Este premio é establecido polas empresas para fomentar a regularidade na asistencia ao traballo; fixándose no importe dunha mensualidade do salario base de cada categoría profesional, sen antigüidade nin complementos, e nas seguintes condicións:

1. Con menos de oito faltas, xustificadas ao traballo no ano natural, percibirán o importe total do premio.

2. Con máis de oito faltas xustificadas ao traballo no ano natural, e menos de quince, percibirán o 50% do premio.

3. Con máis de quince faltas xustificadas ao traballo no ano natural e ata 20 percibirán o 10% do premio.

4. Con vinte e unha ou máis faltas xustificadas ao longo de todo o ano natural, non percibirán cantidade ningunha referida a este premio.

5. Con cinco faltas inxustificadas ao longo de todo o ano natural, perderase todo dereito ao premio de regularidade no traballo, con independencia das sancións que, por faltas de asistencia, de acordo coas disposicións en vigor sobre a materia, poidan impoñerlles as empresas aos traballadores.

6. Este premio será satisfeito polas empresas no mes de setembro, referidas ao exercicio económico do ano anterior, ben que o seu cálculo económico se fará en función do salario base vixente, de cada categoría profesional, no momento que proceda o aboamento.

Para estes efectos, os períodos de desfrute de vacacións anuais regulamentarias non se computarán como faltas xustificadas así como as licenzas retribuídas ao abeiro da lexislación vixente.

Artigo 36º.-Traballos excepcionalmente penosos, tóxicos, perigosos.

1. Aos traballadores que teñan que realizar labores que resulten excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos, deberá aboárselles un incremento do 20% sobre o seu salario base. Se estas funcións se efectuasen durante a metade da xornada ou en menos tempo, o complemento será do 10%.

2. As cantidades iguais ou superiores ao complemento fixado neste artigo que estean establecidas ou sexan establecidas polas empresas, serán respectadas sempre que fosen concedidas polos conceptos de excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade, en cuxo caso non será exixible o aboamento dos incrementos fixados neste artigo. Tampouco estarán obrigadas a satisfacer os citados

aumentos aquelas empresas que os teñan incluídos, en igual ou superior contía, no salario de cualificación do posto de traballo.

3. Se por calquera causa desaparecesen as condicións de excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade, deixarán de aboarse os indicados incrementos, non tendo por tanto carácter consolidable.

4. En caso de discrepancia entre as partes sobre se un determinado traballo, labor ou actividade se debe cualificar como excepcionalmente penoso, tóxico ou perigoso, corresponde á xurisdición competente resolver o procedente.

Os incrementos económicos que, se é o caso, se deriven da citada resolución, producirán efecto a partir da data da que esta fose notificada, salvo que a resolución dispoña outra data.

Esta resolución será obxecto de recurso polas partes de acordo coa lexislación vixente.

Todo iso en tanto subsista esta obriga no convenio xeral do sector da construción.

Artigo 37º.-Traballos nocturnos.

O persoal que traballe entre as vinte e dúas horas e as seis da mañá percibirá un complemento de traballo nocturno equivalente ao 25% do salario base da súa categoría.

Se o tempo traballado no período nocturno fose inferior a catro horas, aboarase o complemento sobre o tempo traballado efectivamente. Se as horas nocturnas exceden de catro, aboarase o complemento correspondente a toda a xornada traballada.

Cando existan dúas quendas e en calquera delas se traballe soamente unha hora do período nocturno, non será aboada esta con complemento de nocturnidade.

Todo iso en tanto subsista esta obriga no convenio xeral do sector da construción.

Indemnizacións non salariais.

Artigo 38º.-Complemento extrasalarial que comprende complemento de transporte e complemento de distancia.

Co fin de simplificar o cómputo de distancia entre o domicilio do traballador e o centro de traballo, así como as indemnizacións ou suplidos polos gastos ocasionados como consecuencia da súa actividade laboral aboaráselles a todos os traballadores calquera que sexa a distancia que separe o centro de traballo do seu domicilio, as cantidades que figuran no anexo I.

Será satisfeito, unicamente, en xornada completa realmente traballada, e non será cotizable para efectos da Seguridade Social e accidentes de traballo precisamente pola súa condición de indemnizacións ou suplidos polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral.

Para a determinación, deste complemento diario, dividirase entre vinte e cinco (25) a cantidade que figura para cada categoría profesional no anexo I.

Artigo 39º.-Complemento indemnizatorio da prestación de IT por accidente de traballo.

No caso de accidente laboral ocorrido no centro de traballo e en horario de traballo, a empresa aboará un complemento que, sumado ás prestacións regulamentarias por incapacidade temporal (IT), garanta o cento por cento do salario base do convenio e complemento de asistencia, fixados na táboa de retribucións (anexo I) do presente convenio, a partir do sexto día (salvo nos casos de hospitalización que se aboará desde o primeiro día do ingreso) e durante un período máximo de seis meses, salvo que finalice antes o contrato de traballo ou a obra. Para a obtención do mencionado complemento utilizarase a seguinte fórmula:

S.C. x 30 + P.A. x 21

Fórmula: C = (----------------------------------) P.R. = r

30

Sendo: C = complemento diario.

S.C. = salario base convenio diario.

P.A.= complemento asistencia.

P.R. = prestación regulamentaria diaria.

r = resultado.

Cando o resultado da aplicación da fórmula descrita sexa negativo, non procederá aboar complemento ningún.

Artigo 40º.-Desprazamentos e axudas de custo.

Desprazamentos.-No caso de desprazamentos dos traballadores, o empresario poderá optar entre o aboamento das axudas de custo, ou o pagamento dos gastos ocasionados, debidamente xustificados.

Axudas de custo.-Establécese unha axuda de custos igual para todas as categorías, cuxos importes se sinalan a continuación:

a) Axudas de custo completa: 21 euros diarios.

b) Media axuda de custos: 8,50 euros diarios.

Artigo 41º.-Locomoción.

1. Serán de conta da empresa os gastos de locomoción que se orixinen como consecuencia da situación de desprazamento, xa sexa poñendo medios propios á disposición do traballador, xa aboándolle a compensación de 0,17 euros/km.

2. Cando o persoal desprazado que poida volver a pernoitar á súa residencia habitual houbese de empregar, como consecuencia do desprazamento, máis dunha hora en cada unha das viaxes de ida e volta ao lugar de traballo desde o centro de traballo correspondente, utilizando medios ordinarios de transporte, o exceso aboaráselle a pro rata do salario de convenio.

Artigo 42º.-Indemnizacións por desgaste de ferramenta.

A indemnización, para aqueles traballadores que a achegan, logo de determinación da empresa, será de 0,28 céntimos de euro, por cada día efectivo de traballo.

Artigo 43º.-Xubilación.

1. Recoñécense dúas clases distintas de xubilación, como medidas para fomentar o emprego:

a) Xubilación forzosa.

Como política de fomento do emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector, establécese a xubilación forzosa aos sesenta e cinco anos de idade, salvo pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

b) Xubilación anticipada.

Seguirase o disposto ao respecto na lexislación vixente en cada momento.

Queda sen efecto o contido do artigo 45.a) do convenio publicado en el BOP de Lugo nº 297, con data do 29-12-1999, sobre a xubilación voluntaria anticipada, por acordo establecido no convenio xeral do sector da construción, artigo 101, do ano 2002.

c) Xubilación parcial.

Seguirase o disposto nos artigos 166.2º do texto refundido da Seguridade Social e o 12.6º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 44º.-Indemnizacións.

1. Establécense as seguintes indemnizacións para os traballadores afectados por este convenio:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de todos os conceptos das táboas do convenio aplicable vixentes en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a cantidade de 39.000 euros.

c) En caso de incapacidade permanente total derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a cantidade de 22.000 euros.

Para a cobertura das indemnizacións previstas nas letras b) e c), as empresas subscribirán unha póliza individual ou colectiva que terán que exhibirlle ao traballador que así o solicite.

2. Salvo designación expresa de beneficiarios polo asegurado, a indemnización farase efectiva ao traballador accidentado o, en caso de falecemento, aos herdeiros legais do traballador.

3. A materia regulada neste artigo, por ser da reservada ao ámbito xeral estatal, non poderá ser obxecto de regulación en ámbito inferior, e será compensable e absorbible coas indemnizacións que por estes conceptos estivesen establecidas con anterioridade á entrada en vigor do convenio xeral.

4. As indemnizacións previstas nas letras b) e c) deste artigo serán consideradas a conta de calquera outras cantidades que puidesen ser recoñecidas como consecuencia de responsabilidades civís sempre que non deriven de condenas penais exixidas ou impostas ao empresario, debendo deducirse destas en todo caso, tendo conta da natureza civil que teñen e ambas as partes lle recoñecen. Tampouco as devanditas indemnizacións poderán servir como base para a imposición da recarga de prestacións por falta de medidas de seguridade e saúde no traballo.

5. Para os efectos de acreditar o dereito ás indemnizacións aquí pactadas considerarase como data do feito causante aquela na que se produce o accidente de traballo ou a causa determinante da enfermidade profesional.

6. As indemnizacións pactadas comezarán a obrigar aos 30 días da publicación do convenio xeral do sector da construción.

Outras disposicións

Artigo 45º.-Traballos de superior categoría.

1. Por necesidades organizativas, de produción ou de contratación, o traballador poderá ser destinado a ocupar un posto de superior categoría á que tivese recoñecida, por prazo que non exceda de seis meses durante un ano, ou oito durante dous anos, tendo dereito a percibir, mentres se encontre en tal situación, a remuneración correspondente á función efectivamente desempeñada.

2. Transcorrido o devandito período, o traballador poderá reclamar da empresa a clasificación profesional adecuada, e, se esta non resolvese favorablemente ao respecto, no prazo de quince días hábiles, e logo de informe, se é o caso, dos representantes legais dos traballadores, poderá reclamala ante a xurisdición competente, e producirá efectos se é estimada a reclamación e unha vez firme a resolución correspondente, a partir do día en que o interesado solicitou a súa adecuada clasificación.

3. Cando se realicen funcións de categoría superior, pero non proceda o ascenso por non reunir o interesado os requisitos precisos ao respecto, o traballador terá dereito a percibir a diferenza retributiva existente entre a categoría asignada e a da función efectivamente realizada.

4. Exceptúanse do anteriormente disposto os traballos de categoría superior que o traballador realice de común acordo coa empresa, co fin de prepararse para o ascenso.

5. O disposto neste artigo non será aplicable, salvo no que se refire á retribución, nos supostos de substitución por servizo militar ou prestación social substitutoria, incapacidade temporal, maternidade, permisos e excedencias, nos que a substitución comprenderá todo o tempo que duren as circunstancias que o motivasen.

Todo iso mentres subsista esta obriga no convenio xeral do sector da construción.

Artigo 46º.-Traballos de inferior categoría.

1. A empresa, por necesidades perentorias, transitorias ou imprevisibles, poderá destinar un traballador a realizar tarefas correspondentes a unha categoría profesional inferior á súa polo tempo imprescindible, comunicándollelo aos representantes legais dos traballadores, se os houber, non podendo o interesado negarse a efectuar o traballo encomendado, sempre que iso non prexudique a súa formación profesional. Nesta situación o traballador seguirá percibindo a remuneración que pola súa categoría e función anterior lle corresponda.

2. A un traballador non se lle poderá impoñer a realización de traballos propios de categoría inferior durante máis de tres meses ao ano, mentres todos os traballadores da mesma categoría non rotasen na realización das devanditas tarefas. Non se considerarán, para efectos do cómputo, os supostos de avaría ou forza maior.

3. Se o destino de inferior categoría profesional fose solicitado polo propio traballador, asignaráselle a este a retribución que lle corresponda pola función efectivamente desempeñada, pero non se lle poderá exixir que realice traballos de categoría superior a aquela pola que se lle retribúe.

Todo iso mentres subsista esta obriga no convenio xeral do sector construción.

Artigo 47º.-Roupa de traballo.

As empresas comprendidas polo presente convenio entregaranlle ao persoal operario nos meses de xaneiro e xullo de cada ano unha funda de traballo. Os de nova incorporación recibirán a devandita peza unha vez transcorrido o período de proba e as seguintes nas datas en que se entreguen ao resto do cadro de persoal.

Artigo 48º.-Salario mínimo interprofesional.

O salario mínimo interprofesional non modificará a estrutura do presente convenio nin a contía das retribucións pactadas nel sempre e cando se lle garantan ao traballador ingresos superiores, en cómputo anual aos mínimos fixados polas disposicións daquel salario mínimo interprofesional.

Artigo 49º.-Seguridade e saúde no traballo.

En todo momento se seguirá o disposto no Estatuto dos traballadores, convenio xeral da construción e demais lexislación vixente sobre a materia.

As partes signatarias acordan constituír a Comisión Mixta Paritaria Provincial Sectorial de Seguridade e Hixiene, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do presente convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo igual ao total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

a) Demandar do Ministerio de Traballo e do Goberno da Xunta de Galicia o recoñecemento oficial como interlocutor social sectorial en materia de seguridade e hixiene, tanto no seu aspecto lexislativo como no desenvolvemento dos plans e medidas formativas.

b) Estudar e acordar os mecanismos oportunos de coordinación da información provincial en materia de sinistralidade no sector, que subministrarán as comisións específicas provinciais, ou no seu defecto, as comisións paritarias dos convenios.

c) Promover cantas medidas considere tendentes a mellorar a situación do sector nesta materia, tendendo como obxecto fundamental o estender a preocupación pola seguridade a todos os niveis, fomentando campañas de mentalización, etc.

d) Acometer as xestións necesarias para obter os medios que lle permitan desenvolver as súas funcións coa eficacia adecuada.

Artigo 50º.-Contrato para traballo fixo de obra.

1. Segundo o previsto no artigo 15.1º a) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores este contrato ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados, e formalizarase sempre por escrito.

2. Con carácter xeral o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración e rematará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na devandita obra.

3. Malia o anterior, o persoal fixo de obra poderá prestar servizos a unha mesma empresa, e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia sempre que exista acordo expreso para cada un dos distintos centros sucesivos, durante un período máximo de tres anos consecutivos, salvo que os traballos da súa especialidade na última obra se prolonguen máis alá do devandito termo, sen perder a devandita condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos. Para tal efecto subscribirán o correspondente documento segundo o modelo que figura no anexo IV.

4. O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratados para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

Este cesamento deberá comunicárselle por escrito ao traballador cunha antelación de 15 días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso previo por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente aos días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable. Todo iso, sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ao cesamento.

5. Se se producise a paralización temporal dunha obra por causa imprevisible para o empresario e allea á súa vontade, tras darse conta pola empresa á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operarán a terminación de obra e cesamento previstos no punto 1, a excepción do aviso previo. A representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, a comisión paritaria provincial, disporán, se é o caso,

dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación, contados desde a notificación. O empresario contrae tamén a obriga de ofrecer de novo un emprego ao traballador cando as causas de paralización da obra desaparecesen. Esta obriga entenderase extinguida cando a paralización se converta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderá incluírse no regulado no punto 2.

Este suposto non será de aplicación en casos de paralización por conflito laboral.

6. En todos os supostos regulados nos puntos anteriores, e segundo o previsto no art. 49.1º c) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, establécese unha indemnización por cesamento, do 4,5%, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable, devengados durante a vixencia do contrato.

Artigo 51º.-Outras modalidades de contratación.

1. Os traballadores que formalicen contratos dos regulados no Real decreto 2720/1998, ou norma que o substitúa, exceptuando o contrato fixo de obra regulado no artigo anterior, terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización de carácter non salarial por cesamento do 7%, se a duración fose igual ou inferior a un ano, e do 4,5% se a duración fose superior a un ano, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable devengados durante a vixencia do contrato. Esta indemnización terá a consideración establecida pola normativa específica de aplicación, para os efectos do disposto no artigo 49.1º c) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

2. Poderase concertar o contrato de duración determinada previsto no punto 1 b) do artigo 15 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, cuxa duración máxima será de doce meses nun período de dezaoito meses, computándose a devandita duración desde que se produza a causa que xustifica a súa celebración. En tal suposto, considerarase que se produce a causa que xustifica a celebración do citado contrato nos casos previstos no texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, cando se incremente o volume de traballo ou se considere necesario aumentar o número de persoas que realicen un determinado traballo ou presten un servizo.

3. As empresas afectadas por este convenio, cando utilicen os servizos de traballadores con contratos de posta á disposición aplicarán as condicións pactadas nel.

4. Contrato para a formación:

4.1. O sector recoñece a importancia que o contrato para a formación pode ter para a incorporación, con adecuada preparación, de determinados colectivos de mozos. Esta preparación debe recoller tanto o aspecto práctico de cada oficio como o coñecemento e adecuación ao sistema educativo xeral. Debemos por iso indicar a oportunidade de que a formación, teórica e práctica, correspondente aos contratos para

a formación se leve a cabo a través das institucións formativas de que se dotou o sector.

4.2. De conformidade co establecido no punto 2 da disposición transitoria primeira do CGSC, a presente regulación substitúe integramente o establecido nesta materia nos convenios de ámbito inferior ou, se é o caso, autonómicos, sen prexuízo do estipulado nos puntos 4.9 e 4.10 do presente artigo.

4.3. O contrato para a formación terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cualificado no sector da construción.

4.4. Sen prexuízo da posible adaptación a novas tecnoloxías e a resultas da clasificación profesional actualmente prevista no seu artigo 32 do convenio xeral do sector construción, poderán ser obxecto deste contrato para a formación os oficios incluídos nos niveis VIII e IX da disposición transitoria primeira do convenio xeral do sector construción.

4.5. O contrato para a formación poderase celebrar con traballadores que cumprisen os dezaseis anos e sexan menores de vinte e un anos que non teñan titulación requirida para formalizar contrato en prácticas no oficio ou posto obxecto de formación ou aprobasen algún curso de formación profesional ocupacional homologado da mesma especialidade e cun número de horas teóricas equivalente ou superior ás previstas para a formación.

4.6. Igualmente poderá celebrarse o contrato para a formación, sen restrición ao límite superior de idade anteriormente sinalado, cos seguintes colectivos de traballadores desempregados:

-Minusválidos.

-Traballadores estranxeiros durante os dous primeiros anos de vixencia do seu permiso de traballo, salvo que acrediten a formación e experiencia necesarias para o desempeño do posto de traballo.

-Aqueles que leven máis de tres anos sen actividade laboral.

-Os que se encontren en situación de exclusión social.

-Os que se incorporen como alumnos-traballadores aos programas de escolas taller, casas de oficio e talleres de emprego.

4.7. O tipo de traballo que debe prestar o traballador en formación estará directamente relacionado coas tarefas propias do oficio ou posto cualificado, incluíndose os labores de limpeza e mantemento dos utensilios e ferramentas empregados no labor conxunto, coa dilixencia correspondente á súa aptitude e coñecementos profesionais.

Non poderán ser contratados baixo esta modalidade por razón de idade os menores de dezaoito anos para os oficios de vixilante, poceiro e entibador, nin para aquelas tarefas ou postos de traballo que expresamente fosen declarados como especialmente tóxicos, penosos, perigosos e insalubres, con independencia da prohibición legal de realizar horas

extraordinarias e traballo nocturno en calquera actividade.

4.8. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de tres anos para os contratos a que se refire o punto 4.5 precedente, nin de dous anos para os colectivos a que se refire o punto 4.6., sen prexuízo do establecido no punto 4.12.

Cando se celebre por un prazo inferior ao máximo establecido no parágrafo anterior, poderá prorrogarse antes da súa terminación por acordo entre as partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, sen que o tempo acumulado, incluído o das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O aviso previo de finalización do contrato deberá axustarse aos prazos e forma que indica o artigo 28.1º do convenio xeral do sector construción.

Expirada a duración máxima do contrato para a formación, o traballador non poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa.

4.9. Para a impartición do ensino teórico adoptarase como modalidade a de acumulación de horas nun día da semana ou ben o necesario para completar unha semana enteira de formación. No contrato deberase especificar o horario de ensino.

O empresario, no contrato de traballo, está obrigado a designar a persoa que actuará como titor do traballador en formación, que deberá ser aquela que polo seu oficio ou posto cualificado desenvolva a súa actividade auxiliada por este, podendo asumir as titorías o propio empresario, sempre que desenvolva a súa actividade profesional na mesma obra que o traballador en formación.

4.10. A retribución dos contratados para a formación será a seguinte:

Táboas salariais de contratados para a formación:

Excepto colectivos punto 4.6 deste artigo.

Primeiro ano: 60%.

Segundo ano: 70%.

Terceiro ano: 85%.

Colectivos do punto 4.6 deste artigo:

Primeiro ano: 95%.

Segundo ano: 100%.

Porcentaxes referidas ao salario do nivel IX das táboas de cada convenio.

Esta retribución enténdese referida a unha xornada do 100% de traballo efectivo.

4.11. O complemento extrasalarial regulado no artigo 64 do convenio xeral do sector construción devengarase polos contratados en formación en igual contía que o sinalado no respectivo convenio colectivo provincial para o resto dos traballadores, durante os días que dure o contrato.

4.12. Toda situación de incapacidade temporal do contratado para a formación inferior a seis meses comportará a ampliación da duración do contrato por igual tempo ao que o contrato estivese suspendido.

4.13. Se concluído o contrato, o contratado para a formación non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado acreditativo do tempo traballado con referencia ao oficio obxecto da formación e do aproveitamento que, ao seu xuízo, obtivo na súa formación práctica.

Así mesmo, o traballador contratado para a formación terá dereito a unha indemnización por cesamento do 4,5%, calculado sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

A Fundación Laboral da Construción, a través dos seus centros propios ou colaboradores, dará a cualificación a través das probas correspondentes, previamente homologadas, tanto do aproveitamento teórico como práctico, e decidirá o seu pase á categoría de oficial.

Artigo 52º.-Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, correspondentes á convocatoria da Fundación Tripartita para a Formación Continua durante os anos de vixencia do presente acordo, xestionadas pola Fundación Laboral da Construción ou outras entidades asinantes do presente convenio, o 50% das horas que precise esa acción será dentro da xornada laboral, ou deduciranse dela na devandita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denegar a asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de produción. En caso de denegación o traballador poderá recorrer ante a Comisión Territorial da FLC.

b) Os traballadores que poden asistir ás accións formativas recollidas neste artigo, non superarán anualmente o 10% das cadros de persoal, nin, naqueles centros de traballo con menos de 10 traballadores, poderá concorrer máis dun.

c) O 50% das horas a cargo da empresa suporá un máximo anual de 20 horas por traballador, podendo distribuírse nunha ou varias accións formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas a cargo da empresa o traballador terá dereito ao salario que lle correspondería como se estivese traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador haberá de acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

g) Os permisos individuais de formación, recollidos no II Acordo Nacional de Formación Continua, rexeranse polo disposto nel.

Artigo 53º.-Integración social de minusválidos.

Para os efectos do previsto no artigo 38.1º da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social de minusválidos, e tendo en consideración que as actividades e traballos nas obras comportan riscos para a saúde e seguridade dos traballadores, o cómputo do 2% realizarase sobre o persoal adscrito a centros de traballo permanentes.

Artigo 54º.-Antigüidade dos candidatos en eleccións de representantes dos traballadores.

En desenvolvemento do disposto no artigo 69.1º do Estatuto dos traballadores e pola mobilidade do persoal no sector, acórdase que no ámbito deste convenio colectivo poderán ser elixibles os traballadores que teñan dezaoito anos cumpridos e unha antigüidade na empresa, polo menos, de tres meses.

Artigo 55º.-Recibo liquidación.

1. O recibo liquidación da relación laboral entre empresa e traballador, para que produza plenos efectos liberatorios, deberá ser conforme o modelo que figura como anexo V deste convenio. A Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo editarao e proverá de exemplares a todas as empresas do sector da provincia.

2. Toda comunicación de cesamento ou de aviso previo de cesamento deberá ir acompañada dunha proposta de liquidación do modelo citado. Cando se utilice como proposta, non será preciso cubrir a parte que figura despois da data e lugar.

3. O recibo de liquidación, que será expedido pola Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo, numerado, selado e datado e terá validez unicamente dentro dos quince días seguintes á data en que foi expedido. A organización patronal de Lugo estará obrigada a levar un rexistro que conteña os datos anteriormente expresados.

4. Unha vez asinado polo traballador, o recibo de liquidación producirá os efectos liberatorios que lle son propios.

5. Nos supostos de extinción de contrato de vontade do traballador non serán de aplicación os parágrafos segundo e terceiro deste artigo.

6. O traballador poderá estar asistido por un representante dos traballadores ou, no seu defecto, por un representante sindical dos sindicatos asinantes do presente convenio no acto da sinatura do recibo de liquidación.

Artigo 56º.-Aviso previo de cesamento.

O persoal que cese incumprindo o requisito de comunicarllo á empresa por escrito, con dez días de antelación, efectivos de traballo, perderá unicamente o dereito ao cobramento de todas as percepcións correspondentes aos días de atraso no aviso previo.

Artigo 57º.-Médico de empresa.

As empresas que estivesen, ou non, obrigadas, por disposición legal, a contar co servizo de médico de

empresa, quedan facultadas para constituír o devandito servizo, por si soas por agrupación dalgunha delas, ou ben establecendo un servizo común por mediación da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo.

Sempre que as mutuas patronais ou mutualidades laborais, que cubran os riscos de accidente de traballo en cada empresa, desexen realizar recoñecementos médicos sobre posibles enfermidades profesionais, así como cando o Gabinete de Seguridade e Hixiene de Lugo programe recoñecementos periódicos no sector, as empresas estarán obrigadas a conceder o tempo necesario para realizar estas revisións médicas, logo da debida citación, por escrito, na que deberá figurar: día, hora e lugar de recoñecemento.

Artigo 58º.-Dos sindicatos e dos comités de empresa.

Seguirase o disposto para o efecto no convenio xeral do sector da construción e demais lexislación aplicable.

Artigo 59º.-Comisión mixta paritaria.

Para interpretar o contido deste convenio, vixiar o seu cumprimento e exercer funcións de arbitraxe, nos problemas ou cuestións suscitadas como con

secuencia da súa aplicación, noméase unha comisión mixta paritaria, integrada por un presidente, que será o da comisión deliberadora e como vogais un representante por cada unha das centrais sindicais, asinantes do convenio, e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo, igual ao total dos das centrais sindicais; sendo secretario o vogal de menor idade.

As partes poderán solicitar un asesor ou experto, cada unha delas.

As partes someten expresamente á devandita comisión mixta paritaria cantos problemas xurdan, individuais ou colectivos, na aplicación do presente convenio. A este respecto fíxase como requisito de procedibilidade a submisión previa do asunto á comisión mixta paritaria do presente convenio.

Artigo 60º

No non previsto por este convenio seguirase o disposto no convenio colectivo xeral do sector da construción, e acordo sectorial nacional e demais normativa legal e regulamentaria, entendéndose derrogada a Ordenanza laboral da construción do 28-8-1970, salvo en materia de clasificación profesional.

NOTAS

1) As festas locais, 8 de febreiro e 5 de outubro, refírense ao condado de Lugo. Para o resto dos concellos serán os que se determinan no calendario de festas publicado no BOP número 254 do 4-11-2004.

2) Os días sinalados como (FC) teñen tratamento de festivo no ano 2005, para lle dar cumprimento ao artigo 72.1º do convenio xeral do sector da construción, do 12 de xuño de 2002 e publicado no BOE o 10-8-2002, non perdendo, polo tanto, o seu carácter laboral para futuros convenios.

3) Cando un festivo local (FL) coincida con algún festivo convenio (FC), este pasarase ao día anterior ou posterior laboral.

4) Este calendario será de aplicación naquelas empresas que non teñan establecido o seu calendario laboral de acordo co artigo 72.4º do convenio xeral do sector.

ANEXO III

Contrato de traballo de persoal fixo de obra

........................, o........ de...... de 200

Reunidos:

Por parte da empresa,

Don/Dona...

DNI...en concepto de...

Empresa...

Nº CIF...

Domicilio...Nº SS...empresa...

Domicilio centro de traballo...Nº SS centro de traballo...

E do/a traballador/a,

Don/Dona...Nivel de estudos rematados...

Data de nacemento...DNI...Domicilio...

Acordan formalizar o presente contrato de traballo persoal fixo de obra, que se rexerá polo disposto no convenio colectivo provincial de traballo para a actividade de... subscrita o día..., e publicado no BOP de Lugo núm..., de data..., e no seu defecto polo convenio xeral do sector da construción e demais normativa de xeral observancia e polas cláusulas particulares seguintes:

1. O traballador prestará os seus servizos na categoría de... na obra de...

1.1. Non obstante, ambas as partes tamén acordan que o traballador poderá prestar sedebendo aboar a empresa a indemnización que por cesamento se establece no convenio, consistente no 4,50% sobre os conceptos salariais devengados durante a prestación de servizos.

2. O tempo convido é o de duración dos traballos da súa especialidade na obra, onde preste os seus servizos, coa particularidade establecida nos puntos 1.1 e 1.2 deste contrato, debendo comunicarse o

remate cun período de aviso previo de quince días, substituíble por unha indemnización equivalente ao importe dos conceptos salariais correspondentes aos días omitidos no aviso previo.

3. O período de proba será de... días efectivos de traballo. Durante o período de proba calquera das partes poderá dar por rematada a relación laboral, sen aviso previo nin ningunha formalidade, nin dereito a indemnización.

4. O traballador percibirá as retribucións que correspondan conforme o convenio vixente para a actividade.

5. A situación de incapacidade temporal, durante o período de proba, implicará a interrupción deste mentres dura a incapacidade, podendo rescindirse o contrato conforme o disposto na cláusula 3.

E en proba de conformidade, con todo o exposto, ambas as partes, asinan por cuadruplicado exemplar o presente documento, no lugar e data indicado.

O/A traballador/a Pola empresa

(sinatura) (selo e sinatura)

ANEXO IV

Empresa...

Traballador/a...

Categoría...

De conformidade co estipulado no artigo 28 do convenio xeral do sector da construción vixente, subscrito con data 12 de xuño de 2002, de común acordo coa empresa...

O traballador acepta prestar os seus servizos no centro de traballo...

... de ... de 20...

O/A traballador/a A empresa

ANEXO V

Relación de liquidación da relación laboral

..., con domicilio en... rúa/praza de... nº... piso.., con DNI núm... que traballou na empresa... desde... ata... coa categoría profesional de... nivel...

Declaro que recibín desta a cantidade de...euros, en concepto de liquidación total pola miña baixa na dita empresa.

Quedando así indemnizado e liquidado, por todos os conceptos que se puidesen derivar da relación laboral que unía as partes e que queda extinguida, rvizos á empresa, en distintos centros de traballo da provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos, sen perder a condición de fixo de obra, devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

1.2. Se o traballador non aceptase, de modo expreso, a prestación de servizos noutras obras distintas da indicada no contrato, darase este por rematado,

manifestando expresamente que nada máis teño que reclamar.

..., o ... de...de...

Recibín:

O/A traballor/a, Pola empresa

(data e sinatura)(sinatura e selo)

Este documento ten unha validez de 15 días naturais contados desde a data de expedición pola Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo....

Lugo, o...de...de...

(sinatura e selo)

ANEXO VI (acta ASN)

Acta da reunión 1/2005, da comisión paritaria do acordo sectorial nacional da construción 2003-2005

En representación laboral:

MCA-UGT

Saturnino Gil Serrano

Francisco Martínez Ortega

Fecoma

CC.OO.

Antonio Garde Piñera

En representación empresarial:

CNC

Carlos López de las Heras

Carlos Hernández Jiménez

Francisco Ruano Tallaeche

Francisco Santos Martín

En Madrid, o 25 de xaneiro de dous mil cinco, na sede da Confederación Nacional da Construción (CNC), reúnense os señores citados, membros da comisión paritaria do acordo sectorial nacional da construción para os anos 2003-2006 (ASN -2003-2006).

A reunión ten por obxecto dar cumprimento ao pactado no citado ASN, nos seus artigos 7 e 8.5º.

No transcurso da reunión, dado que, segundo se constata oír os asistentes a ela, a desviación producida na previsión de inflación feita polo Goberno para o 2004 foi, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), do un con dous por cento (1,2%), e que, segundo o pactado no artigo 7.2º do ASN-2003-2006, sobre cláusula de garantía salarial, para o ano 2004, ao se ter superado na dita porcentaxe a previsión de inflación, deberá efectuarse unha revisión económica no exceso de inflación producido, con efectos retroactivos do 1 de xaneiro de 2004, por unanimidade de ambas as partes, acórdase que o secretario desta comisión paritaria lle remita á Dirección Xeral de Traballo do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, para efectos do seu rexistro

e posterior publicación no BOE, os seguintes acordos:

Primeiro. Segundo o pactado no artigo 7.2º do acordo sectorial nacional da construción para os anos 2003 a 2006, o un con dous por cento (1,2%) de exceso que se produciu entre o 2% previsto polo Goberno como IPC do ano 2004 e o tres con dous por cento (3,2%), dado polo INE como IPC real do dito ano, deberase aplicar sobre as táboas salariais vixentes en 2003 dos convenios colectivos provinciais ou autonómicos do sector. Para iso, o resultado de adicionar o IPC real (3,2%) máis o incremento salarial pactado para o ano 2004 (0,8%)-3,20%+0,8%=4%, engadiráselles ás táboas salariais dos ditos convenios colectivos do ano 2003 para conformar así a táboa salarial revisada ou definitiva ao ano 2004, que deberá ter efectos do 1 de xaneiro do dito ano. Esa revisión farase sobre os conceptos previstos no art. 6.1º do ASN citado, e aplicarase tendo en conta o establecido no art. 59 do CGSC.

ANEXO VII

Notificación de subcontrata na actividade de

construción e obras públicas

A empresa........con domicilio en...CIF ou NIF..., e código de conta de cotización á Seguridade Social..., notifica á empresa...domiciliada en ..., e á Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de...que con data... subcontratou os traballos de...na obra de..., sita en..., coa empresa..., domiciliada en..., CIF ou NIF..., e código de conta de cotización á Seguridade Social..., na que a ultimamente citada empresa ten previsto empregar un número aproximado de..., traballadores por conta allea, coas categorías e especialidades de...

..............., o...de...de...

Sinatura e selo

Asdo.:....

DNI:...

Por triplicado

ANEXO VIII

Táboas de produtividade

-Tratamento superficial:

Rega asfáltica a razón de 1 a 2 kg de betume e 14 a 16 litros de grava miúda/m.

Estado inicial:

Pavimento xa tratado asfalticamente:

Superficie limpa, aínda que se inclúen pequenos repasos de limpeza e repartición da grava miúda existente de anterior tratamento.

Traballos que se van realizar:

Acondicionamento superficie.

Aplicación da rega asfáltica e a grava miúda.

Compactado.

Regular o tráfico.

Estado final:

Pavimento rematado correctamente.

Forma de medición:

Por m de pavimento completamente rematado.

Equipamento:

Maquinaria.

Cisterna rega sobre camión.

Camións con trapela en estendido grava miúda.

Apisoadora.

Persoal:

Un encargado.

Dous oficiais.

Catro peóns.

Rendemento:

Rega de 1 kg/m, 1.100 m/hora.

Rega de 1,5 kg/m, 741 m/hora.

Rega de 2 kg/m, 555 m/hora.

En superficies largas e sen tráfico, o rendemento virá limitado polo equipo de maquinaria máis o cegador.

Observacións:

Estes traballos son para estradas estreitas cun largo de 4 a 5,5 m sen cortar o tráfico, polo que hai que regular este e en curvas e sobrelargos execución manual.

-Tratamento semiprofundo.

Capa de pedra de 10 a 15 cm espesor.

Rega asfáltica de 3 kg de betume e 18 litros de grava miúda/m.

Estado inicial:

Pavimento de firme de macadam.

Pavimento de firme asfáltico/deteriorado.

Pavimento de firme flexible.

(Non se inclúe o escarificado de firmes ríxidos).

Traballos que se van realizar:

Escarificación, regulación e compactación firme existente, vertedura, estendido e compactado capa de pedra.

Rega asfáltica, capa de grava miúda e compactación.

Regular o tráfico.

Estado final:

Pavimento rematado correctamente.

Forma de medición:

Por m de pavimento completamente rematado.

Equipamento:

Maquinaria.

Motoniveladora.

Apisoadora triciclo ou similar.

Cisterna rega sobre camión.

Camión subministración pedra.

Camións con trapela vertedura grava miúda.

Persoal:

Un encargado.

Catro oficiais.

Catro peóns.

Rendemento:

375 m/hora.

En superficies largas e sen tráfico, o rendemento virá limitado polo equipo de maquinaria.

Observacións:

Estes traballos son para estrados estreitas cun largo de 4 a 5,5 m sen cortar o tráfico, polo que hai que regular este e a pedra estendida non pode separarse da rega.

Estradas con pouco ou nada de paseo, polo que hai que conter a pedra.

-Aglomerado quente.

Capa de aglomerado asfáltico de 4 a 6 m de espesor en capa de rodadura.

Estado inicial:

Pavimento limpo e coas rasantes correctas.

Traballos que se van realizar:

Auxilio e colocación de niveis e liñas.

Execución rega de imprimación e adherencia.

Estendido da capa de aglomerado.

Regulación do tráfico.

Execución sobrelargos, empalmes e xuntas de únión.

Estado final:

Pavimento rematado correctamente.

Forma de medición:

Por toneladas empregadas.

Equipamento:

Maquinaria.

Cisterna rega asfáltica sobre camión.

Apisoadora de lamia metálica en tándem.

Apiscadora de pneumáticos.

Estendedora autopropulsada.

Persoal:

Un encargado.

Catro oficiais.

Cinco peóns.

Rendemento:

55 t/hora.

Observacións:

Traballo realizado en estradas estreitas sen cortar o tráfico ou superficies con pouco largo para a maquinaria, sobrelargos en curvas e empalmes con outras estradas.

-Aglomerado quente.

Capa de nivelación ou base.

Estado inicial:

Pavimento limpo.

Traballos que se van realizar:

Auxiliar en colocación de niveis e liñas.

Execución rega de imprimación e adherencia.

Estendido da capa de aglomerado.

Regulación do tráfico.

Execución sobrelargos, empalmes e xuntas de dilatación.

Estado final:

Capa correctamente rematada.

Forma de medición:

Por toneladas empregadas.

Equipo:

Maquinaria.

Cisterna rega asfáltica sobre camión.

Estendedora autopropulsada.

Apisoadora de lamia metálica en tándem.

Apisoadora de lamia pneumática.

Persoal:

Un encargado.

Catro oficiais.

Seis peóns.

Rendemento:

62 t/hora.

Observacións:

Traballo realizado en estradas estreitas, sen cortar o tráfico ou superficies con pouco largo para a maquinaria, sobrelargos, curvas e empalmes con outras estradas.

-Reparación de fochas con aglomerado.

Estado inicial:

Pavimento sen material amontoado.

Traballos que se van realizar:

Limpeza de focha.

Recrecido de pedra.

Rega de imprimación.

Capa de aglomerado.

Compactación.

Limpeza do material sobrante.

Regulación de tráfico.

Estado final:

Fochas completamente amañadas.

Forma de medición:

Por toneladas de aglomerado empregado.

(A pedra necesaria para a base vai incluída na t de aglomerado).

Equipamento:

Maquinaria.

Camións subministración material.

Cisternas regas asfálticas.

Apisoadora.

Persoal:

Un encargado.

Dous oficiais.

Catro peóns.

Rendemento:

Dúas t de aglomerado por hora.

Observacións:

Segundo as zonas que se vaian tratar, pola abundancia de fochas ou moita superficie destas, este rendemento pode aumentarse nun 100%; se son moi escasas as fochas e hai moito desprazamento duns a outros, o rendemento baixa ata un 50%.

-Construción de armaduras con ferro.

Aceiro alta resistencia cortado e elaborado, 1.055 kg.

Rendemento: un oficial primeira.

Aceiro alta resistencia armado, 455 kg.

Rendemento: un oficial primeira.

Aceiro alta resistencia, cortado, elaborado e armado, 318 kg.

Rendemento: un oficial primeira.

Aceiro alta resistencia, colocación en obra, 1.750 kg.

Rendemento: un oficial primeira e peón especializado.

Aceiro alta resistencia, armado e colocado en obra, 464 kg.

Rendemento: un oficial primeira e peón especializado.

-Clasificación xeral das taxas de rendemento para a edificación.

00 Consideracións xerais:

01 Bases para a execución das táboas.

02 Criterios para a aplicación das táboas.

10 Movemento de materiais:

11 Carga de materiais.

12 Descarga de materiais.

13 Transporte horizontal.

14 Transporte vertical.

20 Demolicións:

21 Demolicións.

30 Movemento de terras:

31 Escavacións a ceo aberto.

32 Escavacións en gabia.

33 Escavacións en pozos e zapatas.

34 Escavacións varias.

35 Recheos e compactacións.

36 Carga de terras.

37 Transporte de terras.

38 Esteamentos.

39 Varios.

40 Alicerzados:

41 Fabricación de formigóns.

42 Encofrados para alicerces.

43 Ferrallado para alicerces.

44 Formigón para alicerces.

45 Alicerzados especiais.

46

47

48

49 Varios.

50 Estrutura:

51 Confección de formigóns.

52 Encofrados.

53

54 Posta en obra de forxados.

55 Ferrallado.

56 Posta en obra de formigóns.

57 Estrutura metálica e mixta.

58 Seguridade no traballo.

59 Varios.

60 Albanelaría.

61 Confección e posta en obra de argamasas.

62 Saneamento.

63 Cerramentos exteriores e divisións interiores.

64

65 Enfoscados, revocaduras e lucidos.

66 Cantaría.

67 Cubertas.

68 Pavimentos e sollados.

69 Chapados e alicatados.

70 Albanelaría:

71 Revestimentos de fachadas.

72 Coroacións e remates.

73 Colocación de elementos.

74

75 Axudas a oficios.

76

77

78

79 Varios.

80 Oficios:

81 Áridos.

82

83 Escaiolas.

84 Estucados.

85

86 Impermeabilización.

87 Illamento ou calorifugado.

88 Marmoristaría.

89 Pedra artificial.

90 Oficios:

91 Pintura.

92 Pozaría.

93 Sollados e alicatados.

94

95 Xesaría.

96

97

98

99

Estas unidades de rendemento pactadas aplicaranse na súa totalidade ás categorías de oficial de primeira, oficial de segunda, axudante, peón especializado e peón, coas limitacións que marque a ordenanza laboral.

-Movementos de terra.

Condicións xerais:

Os distintos tipos de terreo clasifícanse de acordo coas seguintes especificacións:

Terreos soltos:

Son aqueles que se escavan directamente con pa e sen o uso de pico, e poderán, polo tanto, ser padexados directamente. Exemplo: area, grava miúda solta, terro solta, humus, etc.

Terreos frouxos:

Son aqueles que se escavan con pa ou lixeiro uso do pico ou se poden escavar con aixada. Exemplos: terra de xardíns, terra vexetal, mesturas de areas e arxilas, areas molladas, terra gredosa, turba de pantano, etc.

Terreos duros:

Son aqueles que requiren o uso do pico, pero sen gran dificultade. Este entra máis de 10 cm no terreo. Exemplos: arxila tipo medio, arxilas pegañentas, pedra solta, grava gorda, tosco, etc.

Terreos moi duros:

Son aqueles que requiren o uso do pico, pero con algunha dificultade, deixando marcada a pegada da picada. Exemplos: arxilas fortes, margas, etc.

Terreos de tránsito:

Son aqueles sumamente duros, entra con dificultade o pico e sen ser rocha requiren ás veces o uso do compresor e martelos rompedores. Exemplos: rocha esborrallada, pedra carrexo, pedras areentas en capas delgadas, pedras de construción louseñas, etc. Considérase que os traballos realizados en gabias de largo superior a dous metros e pozos e zapatas de superficie superior a 9 metros, o seu rendemento é o mesmo que os realizados a ceo aberto.

Considérase unha altura máxima de padexado de 1,50 m, tomándose esta altura como base para a clasificación en canto a profundidades.

Nos traballos de escavación en gabias e zapatas tívose en conta o rendemento, a dificultade deles ocasionada pola existencia de apontoamento ou esteamento correspondente debidos á natureza do terreo para profundidades superiores a 1,50 metros.

Apontoamento mediante taboleiro corrido. Unha liña por metro lineal de profundidade e distancia entre codais de 1,50 a 2 metros.

Esteamento simple mediante taboleiros, correas e codais. Unha liña por metro lineal de profundidade e separación entre codais e taboleiros verticais de 1,50 a 2 metros.

Esteamento semicallado mediante taboleiros verticais. Unha liña de correas e codais por metro lineal de profundidade, codais separados de 1,50 a 2 metros e taboleiros verticais separados 0,75 m entre eixes.

Esteamento callado mediante taboleiros verticais.

Unha liña de correas e codais por metro lineal de profundidade, codais separados de 1,50 a 2 metros e taboleiros verticais xuntos.

-Estado inicial da zona de traballo e dos materiais.

Terreo rozado e limpo de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Replanteo executado.

Materiais para o seu apontoamento ou esteamento situados a menos de 25 mm do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Nos tempos establecidos nas táboas inclúense á parte da execución da partida propiamente dita e especificada en cada táboa, os seguintes conceptos:

Para as escavacións á man. Padexado das terras ao bordo da escavación. Para profundidades maiores de 1,50 metros, a formación de bancadas ou plataformas para os padexados necesarios e prevención de caída de terra dentro da gabia. Refino de paredes e fondo. Para os refinos de escavación feitas con máquina. Padexado das terras ao bordo da escavación. Limpeza e retirada de materiais e/ou equipamento.

Estado final da zona de traballo e materiais.

Unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Escavacións: por m escavados medidos sobre perfil.

Refinos: por m de superficie refinada.

Recheos: por m realizado medidos sobre perfil.

Apontoamentos e esteamentos: por m, superficie protexida.

Carga de terra: por m medidos sobre vehículo.

3. Escavación de terras efectuada á man en desmonte a ceo aberto ata 1,50 m de profundidade nos terreos de natureza dura.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Terreo rozado e limpo.

Replanteo executado.

Superficie en planta superior a 9 m.

Descrición dos traballos:

Escavación das terras.

Refino de paredes e fondo.

Padexado de terras necesario co fin de deixar a fronte de escavación limpa.

Estado dos traballos ao finalizaren estes:

Escavación rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m escavado medido sobre perfil.

Rendemento:

2,85 horas home/m.

Produción:

Por xornada de oito horas e peón, 2,8 metros cúbicos por día.

-M escavación de terra efectuada á man en gabia ata 1,50 m de profundidade en terreos de natureza compacta con ferramentas normais e vertedura dos bordos.

Estado da zona de traballo ao comezo destes:

Terreo rozado e limpo de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Replanteo executado.

Descrición dos traballos:

Escavación na gabia.

Refino de paredes e fondo de gabia.

Padexado das terras ao bordo da escavación.

Estado dos traballos ao finalizaren estes:

Escavación rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Rendemento:

3,82 horas home/m.

Produción:

Por xornada de oito horas e peón, 2,10 metros cúbicos por día.

-M escavación de terras efectuadas a man en pozos de profundidade en terreos de natureza dura.

Estado da zona de traballo ao comezo destes:

Terreo rozado e limpo.

Replanteo executado.

Superficie en planta comprendida entre 1,50 e 4 m.

Descrición dos traballos:

Evacuación das terras.

Padexado das terras ao bordo da escavación.

Refino de paredes e fondo.

Estado dos traballos ao finalizaren estes:

Escavación rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición.

Por m escavado medido sobre perfil.

Rendemento:

3,2 horas home/m.

Produción:

Por xornada de oito horas e peón, 2,5 metros cúbicos por día.

Recheo, estendido e compactado á man de grava ou grava miúda, de 20 cm de espesor en encachados de soleira.

Estado da zona de traballo ao comezo destes:

Escavación de soleira rematada.

Limpadura de obstáculos.

Zona que se vai encher delimitada.

Material de recheo almacenado no lugar de traballo, sen ser necesario o uso de carretas nin outro elemento de transporte.

Descrición dos traballos:

Estendido de grava ou similar á man.

Eliminación de posibles madeiras, entullo, etc., no material de recheo.

Compactado á man con pisón.

Estado dos traballos ao finalizaren estes:

Recheo rematado e acabado segundo a norma correspondente.

Limpos e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m escavados medidos sobre perfil.

Rendemento:

2,00 horas home/m.

Produción:

Por xornada de oito horas e peón, 4 metros cúbicos por día.

-M carga de terra á pa sobre camión ou similar con padexado simple.

Estado da zona de traballo ao comezo destes:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Terras soltas, non saturadas, amoreadas xunto ao camión ou similar, de forma que poidan cargarse con simple padexado.

Altura máxima de padexado, 2 m contados desde os pés do operario.

Terra solta é aquela que, aínda que teña humidade, non se pegue á pa.

Tamaño máximo do árido: 20 mm.

Descrición dos traballos:

Carga á pa do camión ou similar.

Estendido das terras sobre a caixa do camión ou similar.

Estado dos traballos ao finalizaren estes:

Escavación rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Vehículo cargado e terras estendidas sobre el.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medir.

Por m medido sobre caixa de vehículo.

Rendemento:

1 hora home/m.

Produción:

Por xornada de oito horas e peón, 8 metros cúbicos por día.

-M esteamento simple en gabias mediante taboleiros verticais, correas e zapatas.

Estado da zona de traballo ao comezo destes:

Zona que se vai estear semiescavada ou escavada.

Materiais necesarios dispostos a menos de 15 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Cortes necesarios.

Colocación e fixación de taboleiros verticais separados de 1,50 a 2 metros.

Colocación e fixación dunha liña de correas e codais por ml de profundidade con separación de codais de 1,50 a 2 metros, contra os taboleiros verticais.

Estado dos traballos ao finalizaren estes:

Esteamento rematado e acabado segundo a norma correspondente.

Limpos e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie protexida.

Rendemento:

0,64 horas home/m.

Produción:

Por xornada de oito horas e cuadrilla orientativa de dous oficiais, 25 m/día.

-M de refino da escavación en gabias e zapatas ata 3 metros de profundidade.

Estado da zona de traballos ao comezo destes.

Limpadura de obstáculos:

Escavación a máquina rematada.

Espesor medio do refino: cinco centímetros.

Replanteo executado.

Descrición dos traballos:

Refino das paredes e fondo da escavación.

Padexado das terras ao bordo da escavación.

Estado dos traballos ao finalizaren estes:

Refino rematado e acabado segundo a norma correspondente.

Limpos e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie refinada.

Rendemento:

0,28 horas home/m.

Produción:

Por xornada de oito horas e peón, 28 metros cadrados por día.

-Fabricación de formigóns con formigoneira.

Condicións xerais:

Estado inicial da zona de traballo e os materiais:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Áridos clasificados xunto á formigoneira e a unha distancia non superior a 3 m de fóra que poden ser padexados directamente a esta ou ben recollidos polo brazo da dragalina.

Cemento amoreado en sacos ou en silos a menos de 3 m da formigoneira.

Descrición dos traballos:

Nos tempos establecidos nas táboas inclúese, á parte da execución da partida propiamente dita e especificada en cada táboa, os seguintes conceptos:

Mantemento de materiais de achega a pé de obra.

Limpeza e lavado da maquinaria.

Recollida de restos de formigón.

Limpeza do lugar de traballo.

Descarga do formigón sobre medio de transporte.

Estado final da zona de traballo e materiais.

Maquinaria e lugar de traballo limpos e en disposición de proseguir outro ciclo de traballo.

Forma de medición:

Por m de formigón fabricado.

-Fabricación de formigón mediante formigoneira de 250 a 300 l con cargador.

Estado da zona de traballo ao comezo destes:

Limpadura de obstáculos.

Áridos clasificados.

Todos os materiais a menos de 3 m da formigoneira.

Dosificación de materiais determinada.

Descrición dos traballos:

Carga dos materiais á formigoneira.

Amasado dos materiais.

Descarga da formigoneira sobre medio de transporte (dúmper, cubo, etc.).

Limpeza da maquinaria e lugar de traballo ao finalizar este.

Estado dos traballos ao finalizaren estes:

Maquinaria e lugar de traballo limpos e en disposición de proseguir outro ciclo de traballo.

Forma de medición:

Por m de formigón fabricado.

Rendemento:

1,78 horas home/m.

Produción:

Por xornada de oito horas e home, 4,50 metros cúbicos ao día.

-Formigón para alicerces.

Condicións xerais:

Non se inclúe nos tempos establecidos a instalación fixa de tubaxe para o formigonado con bomba.

Estado da zona de traballo e os materiais:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Límite ou altura da zona que se vai formigonar replanteado.

Equipamento necesario situado a unha distancia inferior a 25 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Nos tempos establecidos nas táboas inclúense, á parte da execución da partida propiamente dita e especificada en cada táboa, os seguintes conceptos:

Manexo dos elementos necesarios, sobre placas co fin de non pisar as zonas de traballo.

Rega previa dos encofrados de madeira.

Recepción do formigón a partir do medio de transporte, vertido, estendido e vibrado daquel.

Para o formigón posto con bomba, montaxe, desmontaxe e limpeza de tubería non fixa.

Limpeza e retirada do equipamento e restos de materiais.

-Estado da zona de traballo e materiais:

Superficie rematada co usual acabado.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Para unidades en contacto co terreo. Por m formigonado medido sobre perfil. Para o resto das unidades. Por m formigonado medido sobre plano.

-M posta en obra de formigón en zapatas illadas de alicerzado, ata 6 m de volume.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Formigón de limpeza e armadura colocados.

Altura de formigonado replanteada.

Volume máximo de cada zapata 6 m.

Descrición dos traballos:

Limpeza da superficie de zapata.

Recibido, vertedura, estendido e vibrado do formigón.

Limpeza do formigón sobrante e equipamento.

Estado dos traballos ao finalizaren estes:

Zapata formigonada e rematada co usual acadado.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Se non está encofrada: por m formigonado medido sobre perfil.

Se está encofrada: por m formigonado medido sobre plano.

Rendemento:

En horas homes/m.

Produción:

Por xornada de oito horas e home, en metros cúbicos/día.

Tipo de vertedura: directo con camión formigoneira.

Rendemento: 0,24.

Produción: 33.

Tipo de vertedura: con gobelete de 250 litros.

Rendemento: 0,57.

Produción: 114.

-Encofrados en estrutura.

Condicións xerais:

Considerouse para encofrar só superficies planas, salvo que se especifique na unidade correspondente.

Os apontoamentos dos encofrados considéranse realizados con esteos metálicos telescópicos sobre soleiras ou forxados, salvo indicación en contrario.

Estado inicial da zona de traballo e os materiais:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Materiais necesarios en planta.

Replanteo executado.

Descrición dos traballos:

Nos tempos establecidos nas táboas inclúense, á parte da execución da partida propiamente dita e especificada en cada táboa, os seguintes conceptos:

Apontoamento e arriostamento necesarios para a correcta execución dos traballos.

Marcado do límite do formigonado.

Desencofrado.

Recollida e amoreamento dos encofrados ata o seu posterior uso, así como o material sobrante.

Subida da planta ata a que se precise, con axuda de guindastre, de elementos necesarios para o encofrado.

Estado final da zona de traballo e dos materiais:

Unidade terminada e rematada segundo a norma correspondente.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Materiais recollidos, amoreados ata o seu posterior uso.

Forma de medición:

Por m de superficie encofrado en contacto co formigón.

-2. Encofrado e desencofrado a unha cara en muros de ata metro de altura.

Estado da zona de traballos ao comezo destes:

Limpadura de obstáculos.

Materiais en planta ou a unha distancia inferior a 25 metros do lugar de traballo.

Cotas e eixes de referencia marcados.

Armadura colocada.

Descrición dos traballos:

Colocación encofrado, mesmo apromado.

Marcado límite formigonado.

Desencofrado.

Recollida e amoreamento dos encofrados ata o seu posterior uso, así como o material sobrante.

Traslado de materiais a outra planta ou lugar de traballo con axuda de guindastre.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Materiais recollidos e amoreados para o seu posterior uso.

Forma de medición:

Por m de superficie de encofrado en contacto co formigón.

Rendemento:

En horas homes/m.

Produción:

Por xornada de oito horas e cuadrilla orientativa de dous oficiais, por m/día.

Tipo de encofrado: taboleiros de madeira xa confeccionados, ata 1,50 m de superficie.

Rendemento: 1,06.

Produción: 15.

Chapas metálicas de ata 1 m de superficie.

Rendemento: 1,06.

Produción: 15.

-M encofrado e desencofrado en piares de ata 3 m de altura e 0,16 m de sección.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Materiais en planta.

Cotas e eixes de referencia marcados.

Armadura colocada.

Descrición dos traballos:

Colocación de encofrado, mesmo apromado.

Marcado límite formigonado.

Desencofrado.

Recollida e amoreamento dos encofrados ata o seu posterior uso, así como o material sobrante.

Traslado de materiais a outra planta, con axuda de guindastre.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Materiais recollidos e amoreados para o seu posterior uso.

Forma de medición:

Por m de superficie de encofrado en contacto con formigón.

Rendemento:

En horas home/m.

Produción:

Por xornada de oito horas e cuadrilla orientativa de dous oficiais, por m/día.

Tipo de encofrado: taboleiros de madeira previamente confeccionados.

Rendemento: 1.

Produción: 16.

Chapas metálicas de pequena dimensión, ata 0,5x0,5 m.

Rendemento: 0,66.

Produción: 24.

-Metros lineais. Montaxes e colocación de sopandas ata 3 m de altura de apontoamento.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Materiais en planta.

Cotas e eixes de referencia marcados.

Descrición dos traballos:

Traslado de planta do material.

Montaxe e colocación de sopandas e arriostamentos necesarios.

Retirada de sopandas.

Achega e amoreamento en planta.

Carga sobre medio de elevación, descarga e amoreado en planta seguinte.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Materiais recollidos e amoreados para o seu posterior uso.

Forma de medición:

Por metro lineal de sopanda útil.

Rendemento:

0,25 horas home/m l.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa de dous oficiais, 64 m lineal/día.

-Posta en obra de forxado.

Condicións xerais:

Considérase que os materiais necesarios están dispostos na obra, non incluíndose nos tempos establecidos a descarga e disposicións correspondentes.

Estado inicial da zona de traballo e os materiais:

Limpeza de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Materiais necesarios vixentes, bovedillas, casetóns, etc., reunidos na obra.

Encofrado totalmente rematado.

Replanteo necesario executado.

Descrición dos traballos:

Nos tempos establecidos nas táboas inclúense, á parte da execución da partida propiamente dita e especificada en cada táboa, os seguintes conceptos.

Carga dos materiais no medio de elevación, descarga, distribución e colocación no lugar axeitado; no caso de realizarse a descarga directamente de camión a forxado, utilizando o medio de transporte necesario, está incluída esta operación.

Recollida e limpeza de materiais rotos ou en mal estado.

Estado final da zona de traballo e materiais.

Materiais do forxado en posición correcta.

Materiais rotos ou en mal estado recollidos.

Limpeza e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Para viguetas: por m lineal sobre vigueta colocada.

Para casetóns ou bovedillas: por m de forxado colocado, descontándose os ocos superiores a 1 m.

-M colocado en bovedillas cerámicas ata 20 cm de altura.

Estado da zona de traballos ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Bovedillas dispostas na obra.

Sopandas e viguetas colocadas.

Descrición dos traballos:

Carga, descarga, distribución e colocación das bovedillas.

Recollida e retirada de bovedillas rotas ou en mal estado.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e lista para posteriores traballos.

Materiais rotos ou en mal estado retirados.

Forma de medición:

Por m de forxado colocado, descontándose ocos superiores a 1 m.

Rendemento:

0,23 horas home/día.

Produción:

Por xornada de 8 horas e home, 34 m/día.

-Colocación de viguetas presentadas de ata 4 m de lonxitude.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Viguetas dispostas e clasificadas en obras.

Sopandas colocadas.

Descrición dos traballos:

Carga, descarga, distribución e colocación de viguetas:

Recollida e retirada de material roto ou en mal estado.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e lista para posteriores traballos.

Materiais rotos ou en mal estado retirados.

Forma de medición:

Por m lineal medido sobre vigueta colocada.

Rendemento:

0,105 horas home/m lineal.

Produción:

Por xornada de 8 horas e home, 75 m lineal/día.

-Posta en obra de formigón en estrutura.

Condicións xerais:

Non se inclúe nos tempos establecidos a formación de plataformas de traballo, o curado do formigón, protección contra as xeadas, nin para o formigonado con bomba a instalación fixa do tubo.

Estado inicial da zona de traballo e dos materiais:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Límite e/ou altura da zona de formigón replanteados.

Equipamento necesario (vibradores, ferramentas, etc.) en planta ou a menos de 25 m do lugar de traballo.

Plataformas de traballo en planta.

Encofrado totalmente rematado.

Descrición dos traballos:

Nos tempos establecidos nas táboas inclúense, á parte da execución da partida propiamente dita e especificada en cada táboa, os seguintes conceptos:

Manexo dos elementos necesarios sobre forxados e soleiras, co fin de non pisar as zonas de traballo.

Rega previa dos encofrados de madeira.

Recepción do formigón a partir do medio de transporte, vertido, estendido e vibrado del.

Transporte do equipamento e plataforma dun lugar a outro de traballo, incluíndo paso dunha planta a outra.

Limpeza do equipamento e resto dos materiais.

Estado final da zona de traballo e materiais:

Superficie rematada co usual acabado, salvo indicación en contrario.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de formigón colocado medido sobre plano.

-M posta en obra de formigón en masa en soleiras de 5 a 20 cm de espesor medio, recibido e vertido directamente con camión formigoneira de consistencia plástica.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Límite e/ou altura da zona que se vaia formigonar, replanteados.

Equipamento necesario situado no lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Manexo dos elementos necesarios sobre as soleiras, co fin de non pisar as zonas de traballo.

Rega previa do formigón a partir do camión formigoneira; vertedura, estendida ata 4 m desde o posto de vertedura e vibrado del. Colocación da protección necesaria para o fraguado do formigón.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Superficie rematada co rasanteo finalizado a regra e tolerancia inferior a 1 cm con regra de 2 m.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de formigonado medido sobre perfil.

Rendemento:

1,20 horas home/m.

Produción:

Por xornada de oito horas e equipo orientativo de tres peóns, 20 m/día.

-M, posta en obra de formigón en piares ata 3 m de altura e ata 0,16 m de sección, con guindastre e gobelete de 250 litros.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Altura de formigonado replanteada.

Plataforma de traballo rematada e en planta.

Equipamento necesario en planta a menos de 25 metros do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Colocación en posición da plataforma de traballo.

Rega de encofrado se é de madeira.

Recibido, vertedura e vibrado do formigón.

Igualación da superficie do formigón.

Limpeza de formigón sobrante.

Traslado da plataforma de traballo.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Piar formigonado segundo norma correspondente.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de formigón colocado medido sobre o plano.

Rendemento:

1,70 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e home, 4,70 m/día.

-M posta en obra de formigón en muros ata 3 m de altura e de 30 a 50 cm de espesor, con guindastre e gobelete de 250 litros.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Límites da zona que se vaia formigonar marcados.

Plataforma de traballo rematada.

Equipamento necesario de 25 m do lugar de traballo.

Armadura e encofrados rematados.

Descrición dos traballos:

Colocación en posición da plataforma de traballo.

Rega do encofrado se é de madeira.

Recibido, vertedura, estendido e vibrado do formigón.

Igualación da superficie de formigón.

Limpeza do formigón sobrante.

Limpeza do equipo.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada, segundo a norma correspondente.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de formigón colocado sobre plano.

Rendemento:

1,39 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e home, 5,75 m/día.

-M posta en obra de formigón en forxados alixeirados, con guindastre e gobelete de 250 litros.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Límites da zona que se vaia formigonar marcados.

Equipamento necesario en planta a menos de 25 m do lugar de traballo.

Armadura e encofrados rematados.

Descrición dos traballos:

Colocación de regras.

Limpeza de superficie en encofrado.

Rega do encofrado.

Recibido, vertedura, estendido e vibrado do formigón.

Regrado e repaso da superficie do formigón.

Limpeza do formigón sobrante.

Limpeza do equipamento.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e superficie co usual acabado.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Rendemento:

1,33 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e home, 6 m/día.

Formato dos ladrillos cerámicos.

Para a realización destas táboas tivéronse en conta as dimensións dos seguintes materiais cerámicos:

Denominación: ladrillo oco rasilla.

Medidas en cm: 2,5x12x25; 3x12x25.

Ladrillo oco sinxelo.

Medidas en cm: 4x12x25; 6x12x25; 7x12x25; 4x20x50.

Ladrillo oco dobre.

Medidas en cm: 7x12x25; 9x12x25; 7x20x50; 9x20x50.

Ladrillo oco triplo.

Medidas en cm: 11x12x25; 12x12x25; 12x20x50.

Ladrillo macizo e alixeirado.

Medidas en cm: 5x12x25; 6x12x25.

Ladrillo perforado.

Medidas en cm: 4x12x25; 5x12x25; 6x12x25; 7x12x25; 9x12x25.

Ladrillo macizo ou alixeirado cara á vista.

Medidas en cm: 5x12x25; 7x12x25; 9x12x25.

-Confección de pastas e argamasa.

Condicións xerais:

Estado inicial da zona de traballo e dos materiais:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Materiais necesarios xunto á formigoneira e a unha distancia non superior a 3 m de forma que a area ou argamasa de cal poida ser padexada directamente á formigoneira ou cargador. Auga e cemento, en sacos ou a granel, a unha distancia similar.

Estará xunto á formigoneira, antes de iniciarse o traballo, o medio de transporte de argamasa correspondente.

Descrición dos traballos:

Nos tempos establecidos nas táboas inclúense, á parte da execución da partida propiamente dita e especificada en cada táboa, os seguintes conceptos:

Mantemento de materiais a pé de obra.

Limpeza e lavado da maquinaria.

Recollida do resto de argamasa.

Limpeza do lugar de traballo.

Descarga da argamasa sobre medio de transporte.

Estado final da zona de traballo e materiais.

Maquinaria e lugar de traballo limpo e en disposición de proseguir outro ciclo de traballo.

Forma de medición:

Para a argamasa, por m de argamasa confeccionada.

-M confección de argamasa de cemento, con formigoneira de 250 litros con cargador.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Materiais dispostos a menos de 3 m da formigoneira.

Descrición dos traballos:

Carga dos materiais á formigoneira.

Amasado dos materiais.

Descarga da formigoneira sobre medio de transporte (carreta, dúmper, gobelete, etc.).

Limpeza da formigoneira e lugar de traballo ao remataren este.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Argamasa amasada e descargada.

Maquinaria e lugar de traballo limpos e en disposición de proseguir outro ciclo de traballo.

Forma de medición:

Por m de argamasa confeccionada.

Rendemento:

2,16 horas home/m.

Produción:

Por xornada de oito horas e home 3,70 m/día.

-Saneamento.

Condicións xerais:

Estado inicial da zona de traballo e os materiais:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Escavacións rematadas e fondo delas compactado e chan. Suponse unha profundidade máxima das escavacións de 1,50 m salvo caso en contrario.

Replanteos e niveis realizados.

Na execución das baixantes, a estada colgante, se é preciso, estará xa montada e a punto para ser utilizada.

Materiais e equipamento necesarios, situados a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Nos tempos establecidos nas táboas inclúense, á parte da execución da partida propiamente dita e especificada en cada táboa, os seguintes conceptos:

Montaxe e desmontaxe, así como o traslado dunha zona a outra da estada sinxela, para alcanzar unha altura de traballo de ata 4 m.

Nas estadas colgadas, o seu movemento vertical, pero non a súa montaxe e desmontaxe.

Na execución das baixantes inclúense tamén a colocación de argolas de suxeición de tubos a teitos e paredes, rexuntado de unións e repaso dos buratos efectuados para lograr os diversos empalmes. Non se consideran os tempos de furado das plantas e paredes.

Limpeza, recollida e amoreamento de entullo e/ou material sobrante xunto ao lugar de traballo.

Estado final da zona de traballo e materiais:

Unidade terminada e rematada segundo a norma correspondente.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Para tubaxes: por m l. executado, non descontándose a lonxitude das arquetas.

Para arquetas: por unidade realizada.

Para baixantes: por m l. de lonxitude realmente colocada, vai incluída unha peza especial por planta. Todas as pezas especiais de máis por planta consideraranse como incremento dos m l., contando por cada peza especial de máis dun m l. de tubaxe.

-Ml. colocación de tubaxes de cemento recibidas con argamasa de cemento e corchetes de ladrillo.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Gabia aberta e soleira de formigón realizada.

Replanteos e niveis necesarios realizados.

Materiais necesarios a menos de 15 m do lugar.

Descrición dos traballos:

Colocación da tubaxe.

Recibido con argamasa de cemento.

Anelado con corchetes de ladrillo.

Fabricación de argamasa.

Limpeza interior do tubo.

Estado dos traballos ao remate destes:

Tubaxe rematada e lista para posteriores traballos.

Materiais rotos ou sobrantes retirados.

Forma de medición:

Por m l. de tubo colocado, sen descontar lonxitude de arquetas.

Rendemento:

En horas home/m l.

Produción:

Por xornada de oito horas e cuadrilla orientativa dun oficial, un axudante e medio peón, en m l./día.

Diámetro da tubaxe: ata 20 cm.

Rendemento: 0,53.

Produción: 37,73.

Diámetro: 40 cm.

Rendemento 1.

Produción: 30,76.

Diámetro: 40 cm.

Rendemento: 1

Produción: 20.

Diámetro: 50 cm.

Rendemento: 1,10.

Produción: 18,18.

-Cerramentos exteriores e divisións interiores.

Condicións xerais:

Para todas as fábricas de ladrillo considéranse xuntas verticais e xuntas horizontais de 10 a 12 milímetros de espesor, salvo indicación en contrario.

Estado inicial da zona de traballo e os materiais:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Replanteo executado.

Cercos ou contracercos colocados.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Nos tempos establecidos nas táboas inclúense, á parte da execución da partida propiamente dita e especificada en cada táboa, os seguintes conceptos:

Traslado ao longo de toda a zona de traballo, incluíndo o paso dunha planta a outra, de todas as ferramentas e/ou utensilios necesarios para realizar o traballo.

Montaxe e desmontaxe, así como o traslado dunha zona a outra de traballo, de burros ou estadas sinxelas necesarios para alcanzar unha altura de traballo de ata 3 m.

Nas estadas colgadas, o seu movemento vertical, pero non a súa montaxe e desmontaxe.

Colocación de regras e cordas.

Limpeza de cada zona de traballo, así como a dos traballos executados: recollida e amoreamento xunto ao lugar de traballo.

Estado final da zona de traballo e os materiais:

Unidade rematada e acabada segundo as normas correspondentes.

Cascotes e materiais sobrantes amoreados xunto ao lugar de traballo.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Nas paredes con ángulo, a medición farase pola cara de maior desenvolvemento.

No caso de que as paredes, pola súa altura ou outras causas, requiran esforzos a base de piares, a forma de medición será polo desenvolvemento da cara onde estean estes.

Para as fábricas ordinarias: por m de superficie realizada, descontándose todos os ocos superiores a 1 m.

Para as fábricas a cara vista: por m de superficie realizada.

Non se descontarán os ocos inferiores a 1,5 m, de 1,50 a 4 m descontarase o 50% e os maiores

de 4 m descontarase o 100%, medíndose neste último caso as gornicións polo seu desenvolvemento.

-M fábrica de ladrillo oco (4x12x25) de 4 cm de espesor (tabique) sentado con argamasa de xeso.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Replanteo executado.

Cercos e contracercos colocados.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Fabricación de argamasa de xeso.

Colocación de regras e cordas.

Execución do tabique.

Limpeza da zona e dos traballos.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie realizada, descontándose todos os ocos superiores a 1 m.

Rendemento:

0,66 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial e un axudante, 24 m/día.

-M fábrica de ladrillo oco sinxelo (4x12x25) de 4 cm de espesor (tabique), sentado con argamasa de cemento.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Replanteo executado.

Cercos ou contracercos colocados.

Material situado en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Colocación de regras e cordas.

Execución da fábrica.

Limpeza da zona e dos traballos.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie realizada, descontándose todos os ocos superiores a 1 m.

Rendemento:

0,80 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial e un axudante, 20 m/día.

-M fábrica de ladrillo oco dobre (9x12x25) dun pé de espesor, sentado con argamasa de cemento.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Replanteo executado.

Cercos ou contracercos colocados.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Colocación de regras e cordas.

Execución da fábrica.

Limpeza da zona e dos traballos.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo as normas correspondentes.

Limpeza e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie realizada, descontándose todos os ocos superiores a 1 m.

Rendemento:

1,06 horas homes/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial e un axudante, 15 m/día.

-M fábrica de ladrillo oco dobre (9x12x25) dun pé de espesor, sentado con argamasa de cemento.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Replanteo executado.

Cercos ou contracercos colocados.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Colocación de regras e cordas.

Execución da fábrica.

Limpeza da zona e dos traballos.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo as normas correspondentes.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie realizada, descontándose todos os ocos superiores a 1 m.

Rendemento:

1,77 horas home/m.

Produción:

Por xornada de oito horas e cuadrilla orientativa dun oficial e un axudante, 9 m/día.

-M fábrica de ladrillo macizo ou alixeirado ordinario (5x12x25) de medio pé de espesor, sentido con arga masa de cemento.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Replanteo executado.

Cercos ou contracercos colocados.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Colocación de regras e cordas.

Limpeza da zona e dos traballos.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Limpeza e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie realizada, descontándose todos os ocos superiores a 1 m.

Rendemento:

1,33 horas homes/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial e un axudante, 12 m/día.

-M fábrica de ladrillo macizo ou alixeirado ordinario dun pé de espesor, sentado con argamasa de cemento.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Replanteo executado.

Cercos ou contracercos colocados.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Colocación de regras e cordas.

Execución da fábrica.

Limpeza da zona e dos traballos.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo as normas correspondentes.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie realizada, descontándose todos os ocos superiores a 1 m.

Rendemento:

2,28 horas homes/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial e un axudante, 7 m/día.

-M fábrica de ladrillo macizo ou alixeirado a cara vista (5x12x25) de medio pé de espesor, sentado con arga masa de cemento.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Replanteo executado.

Cercos ou contracercos colocados.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Colocación de regras e cordas.

Execución da fábrica.

Limpeza da zona e dos traballos.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo as normas correspondentes.

Limpeza e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie realizada. Non se descontarán os ocos inferiores a 1,50 m; de 1,50 a 4 m descontarase o 50% e os maiores de 4 m descontarase o 100%, medíndose neste último caso as gornicións polo seu desenvolvemento.

Rendemento:

2 horas home/m.

Produción:

Por xomada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial e un axudante, 8 m/día.

-M fábrica de ladrillo macizo ou alixeirado a cara vista (9x12x25), dun pé de espesor, sentado con argamasa de cemento.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

padura de obstáculos.

Replanteo executado, miras postas e niveis pasados.

Cercos ou contracercos colocados.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 10 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Colocación de regras e cordas.

Execución da fábrica.

Limpeza da zona e dos traballos.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo normas correspondentes.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie realizada. Non se descontarán os ocos inferiores a 1,50 m; de 1,50 a 4 m descontarase o 50%, e os maiores de 4 m descontarase o 100% medíndose neste último caso as gornicións polo seu desenvolvemento.

Rendemento:

3,2 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial e un axudante, 5 m/día.

-Ude. recibido de cercos de madeira para ocos interiores con argamasa de xeso, ata 2 m de superficie.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Material en planta a menos de 15 m do lugar de traballo.

Divisións interiores replanteadas.

Niveis pasados.

Dimensións do cerco, estándar, para follas normalizadas de 0,625 ou 0,725 metros.

Descrición dos traballos:

Confección da argamasa e xeso.

Colocación e recibido do cerco.

Limpeza da zona e dos traballos.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por unidade de cerco correctamente colocado.

Rendemento:

1 hora home/unidade.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial e un axudante, 6 unidades/día.

-Enfoscados, revocos e lucidos.

Condicións xerais:

Estado inicial da zona de traballo e os materiais.

Limpeza de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Paredes e teitos con todas as súas caixas, encanamentos, etc., colocadas e tapadas.

Argamasa de cemento confeccionada.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Nos tempos establecidos nas táboas inclúense, á parte da execución da partida propiamente dita e especificada en cada táboa, os seguintes conceptos:

Formación de arestas en esquinas e cantos.

Colocación de gardavivos.

Manter as superficies co grao de humidade necesario, antes de proceder ao enfoscado e revoco e supurado posterior.

Para as unidades con argamasa de xeso, a fabricación desta.

Traslado ao longo da zona de traballo incluíndo o paso dunha planta a outra, de todas as ferramentas e/ou utensilios.

Montaxe e desmontaxe, así como o traslado dunha zona a outra de traballo en planta, de burros ou estadas sinxelas, necesarios para alcanzar unha altura de traballo de ata 3 m.

Limpeza de cada zona de traballo, así como a de traballos executados: (rebarbas, resto de argamasa, etc.) recollida e amoreamento xunto ao lugar de traballo.

Estado final da zona de traballo e materiais:

Unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Materiais sobrantes xunto ao lugar de traballo.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Para os enfoscados, gornicións e lucidos sen gornicións: por m de superficie executada, non descontándose todos os ocos.

Para os enfoscados, gornicións e lucidos con gornicións por m de superficie executada, non descontándose os ocos menores de 2 m; de 2 a 4 m descontaranse o 50% e os maiores de 4 m descontarase o 100%, medíndose neste último caso as gornicións polo seu desenvolvemento.

-M enfoscado a boa vista de cemento fratasado en paredes, con espesor de 15 a 20 mm.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Argamasa confeccionada.

Materiais situados en planta e a unha distancia nun superior a 15 m do lugar de traballo: caixas, tubaxes, etc., colocadas e tapadas.

Descrición dos traballos:

Enfoscado e fratasado de paredes.

Formación de arestas.

Colocación de gardavivos.

Montaxes, desmontaxe e traslado en planta de burros ou estadas sinxelas, ou ben movemento en vertical de estadas colgadas.

Limpeza dos traballos executados, mesmo elementos existentes en paredes.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie executada, descontándose todos os ocos que non leven gornición.

Rendemento:

0,84 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial e un axudante, 19 m/día.

Enfoscado a boa vista de cemento fratasado en teitos, con espesor de 15 a 20 mm en superficies maiores de 15 m.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Argamasa confeccionada.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Caixas, tubaxes, etc., colocadas e tapadas.

Descrición dos traballos:

Enfoscado e fratasado en teitos.

Formación de arestas.

Montaxe, desmontaxe e traslado en planta de burros ou estadas sinxelas.

Limpeza dos traballos executados, mesmo elementos existentes en teitos.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie executada, descontándose todos os ocos.

Rendemento:

1,05 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial e un axudante, 15 m/día.

-M enfoscado mestrado con argamasa de cemento fratasado en paredes, con espesor de 20 a 25 mm.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Argamasa confeccionada.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Caixas, encanamentos, etc., colocados e tapados.

Descrición dos traballos:

Execución de mostras verticais, aproximadamente cada 0,80 m.

Enfoscado e fratasado en paredes.

Colocación de gardavivos.

Montaxe, desmontaxe e traslado de burros ou estadas sinxelas, ou ben movemento vertical de estadas penduradas.

Limpeza dos traballos executados, mesmo elementos existentes en paredes.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie executada, descontándose todos os ocos.

Rendemento:

1 hora home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial e un axudante, 16 m/día.

-Execución da falsos teitos de escaiola totalmente terminados, a falta de pintura soamente en superficies inferiores a 20 m (cociñas, cuartos de baño, corredores, descansos de escaleiras, etc.). Estes teitos enténdense cun descolgamento máximo de 50 cm en cuartos normais de vivendas, con altura de teitos entre 2,50 a 3 metros, incluída realización de estadas por parte do traballador. Tanto a madeira para as ditas estadas como os materiais necesarios situaranse en planta e a unha distancia máxima de 15 a 20 cm do lugar de faena.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo. Punto nivel por lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Montaxe e desmontaxe, así como o traslado en planta dunha zona a outra de traballo, de burros ou estadas sinxelas necesarios para alcanzar unha altura de traballo de ata 3 m de forxado.

Trazado perimetral do nivel.

Colocación das regras necesarias para soporte de placas en horizontal.

Peza recibida con esparto, escaiola e arame galvanizado, mesmo adhesivos para xuntas.

Os puntos verticais de agarre ao forxado deberán ser por m como mínimo.

Amasado da pasta, utilización desta en estado plástico.

Punto de luz rematado.

Repaso das xuntas e acabado final.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Deberase acometer aos paramentos verticais, deixando o canteado perimente correctamente acabado.

Unidade rematada e disposta para pintar.

Forma de medición:

Por m de escaiola colocada, deducindo ocos superiores a 0,52 m.

Rendemento:

0,8 horas home/m.

Produción:

En xornada de 8 horas e home, 10 m/día.

-Ml. de execución de cortineiros de escaiola, totalmente rematado e a falta de pintura soamente, cun desenvolvemento máximo de 15x15 cm (en calquera das dependencias dos inmobles). Estes cortineiros enténdense colocados sobre forxado ou falsos teitos de escaiola en unión con paramentos verticais a unha altura non superior a 3 m, incluída a realización de estadas por parte do traballador. Tanto a madeira para as ditas estadas coma os materiais necesarios situaranse en planta e a unha distancia máxima de 15 a 20 m do lugar de faena.

Estado da zona de traballo ao comezo destes:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Descrición dos traballos:

Montaxe e desmontaxe, así como o traslado en planta dunha zona a outra de traballo, de burros ou estadas sinxelas necesarios para alcanzar unha altura de traballo de ata 3 m de forxado.

Trazado en paramentos verticais a nivel e colocación das regras necesarias para soporte das pezas en horizontal.

Peza recibida con esparto, escaiola e arame galvanizado e mesmo adhesivos para xuntas.

Os puntos de agarre aos paramentos serán continuos, sen separación entre si, e os do forxado serán dous por metro lineal como mínimo.

Amasado da pasta e utilización desta en estado plástico.

Repaso das xuntas.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Deberanse acometer aos paramentos verticais, deixando o canteado perimetral e a tabica vertical e o vivo totalmente dereito, perfilado e acabado.

Unidade rematada e disposta para pintar.

Forma de medición:

Por m l. de cortineiro de escaiola colocado.

Rendemento:

0,75 horas home/m l.

Produción:

Por xornada de 8 horas e home, 14 m lineais/día.

-Ml. de execución de escuadro de escaiola de ata 50 cm, máximo de desenvolvemento, totalmente rematada e a falta de pintura soamente, en superficies inferiores a 10 m l. en calquera das dependencias do inmoble. O descolgamento destes escuadros pode variar en relación ao desenvolvemento máximo citado destes e serán colocados cunha altura de 2,50 a 3 metros do forxado, incluída a realización de estadas por parte do traballador. Tanto a madeira para as ditas estadas como os materiais necesarios situaranse en planta e a unha distancia máxima de 15 a 20 metros do lugar da faena.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Descrición dos traballos:

Montaxe e desmontaxe, así como o traslado en planta dunha zona a outra de traballo, de burros ou estadas sinxelas necesarios para alcanzar unha altura de traballo de ata 3 m do forxado.

Trazado perimetral de nivel e apromado.

Colocación das regras nceesarias para o soporte das pezas en vertical e en horizontal.

Peza recibida con esparto, escaiola e arame galvanizado, mesmo adhesivos para xuntas.

Os puntos de agarre ao forxado e aos paramentos deberán ser continuos, sen separacións entre si.

Amasado da pasta, utilización dela en estado plástico.

Repaso das xuntas e acabado final.

Estado dos traballos ao final destes:

Deberase acometer aos paramentos verticais e ao forxado, deixando o canteado perimetral de para

mento e forxado correctamente acabado e o vértice totalmente dereito e perfilado.

Unidade rematada e disposta para pintar.

Forma de medición:

Por ml. de escuadro de escaiola colocado.

Rendemento:

0,72 horas home/m l.

Produción:

Por xornada de 8 horas e home, 11 metros lineais por día.

-M de execución de tabique de escaiola de 6 cm de espesor en medidas de 0,50x0,67 metros. Estes tabiques enténdense cun máximo de altura de 3 m, incluída a realización de estadas por parte do traballador. Tanto a madeira para as ditas estadas como os materiais necesarios situaranse en planta e a unha distancia máxima de ... metros do lugar de faena.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos, excepto materiais e estadas. E replanteo executado.

Descrición dos traballos:

Colocación e apromado de miras.

Pezas colocadas e pegadas con adhesivo especial rematando o forxado cunha tira de porespán, adhesivo, escaiola e esparto.

Colocación e apromado de cercos e recibido destes con escaiola, adhesivo, esparto e cravos.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Tabique terminado e rematado a falta do repaso final.

Forma de medición:

Por m a cinta corrida e sen descontar ocos, salvo os de fachadas.

Rendemento:

0,33 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e home, 24 m/día.

-Ml. de execución de moldura perimetral de escaiola, totalmente rematada e a falta de pintura soamente, con desenvolvemento máximo de 7x7 cm en toda clase de superficies (en calquera das dependencias dos inmobles). Estas molduras enténdense colocadas sobre forxados ou falsos teitos de escaiola, a unha altura non superior a 3 m, incluída a realización de estadas por parte do traballador. Tanto a madeira para as ditas estadas como os materiais necesarios situaranse en planta e a unha distancia máxima de 15 a 20 m do lugar da faena.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución destes.

Descrición dos traballos:

Montaxe e desmontaxe, así como o traslado en planta dunha zona a outra de traballo, de burros ou estadas sinxelas, necesarios para alcanzar unha altura de traballo de ata 3 m de forxado.

Trazado perimetral en falso teito ou forxado.

Lixeiro picado en forxado ou falsos teitos de escaiola, para posteriormente pegar con adhesivos as molduras ás ditas superficies previamente picadas, repasando as xuntas e os canteados con escaiola: amasado da pasta, e utilización desta (de escaiola ou adhesivos) en estado plástico.

Repaso das xuntas e bispeis saíntes ou entrantes e acabado final.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Moldura perimetral totalmente canteada, dereita e perfilada.

Unidade rematada e disposta para pintar.

Forma de medición:

Por m l. de moldura en todo o seu perímetro.

Rendemento:

0,32 horas home/m l.

Produción:

Por xornada de 8 horas e home, 25 m l./día.

-Ml. de execución de fosa perimetral de escaiola en medidas de 3x3 cm, 4x4 cm e 5x5 cm, totalmente rematadas e a falta de pintura soamente, en superficies superiores a 10 m l (corredores, salóns, comedores, dormitorios, portais, caixa de escaleiras, etc.). Estas fosas enténdense sobre falsos teitos de escaiola cun descolgamento máximo de 50 cm e unha altura de 2,50 a 3 m. Tanto a madeira para as ditas estadas como os materiais necesarios situaranse en planta e a unha distancia máxima de 15 m do lugar de faena.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Descrición dos traballos:

Montaxe e desmontaxe, así como o traslado dunha zona a outra, de burros ou estadas sinxelas, necesarios para alcanzar unha altura de traballo de ata 3 m de forxado.

Trazado perimetral de nivel.

Colocación das regras necesarias para o soporte das pezas en horizontal.

Pezas recibidas con esparto, escaiola e arame galvanizado, mesmo adhesivos para xuntas.

Os puntos verticais de agarre ao forxado deberán ser dous por metro lineal como mínimo.

Amasado da pasta, utilización desta en estado plástico.

Repaso das xuntas e acabado final.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Canteado perimetral completamente acabado e a liña vertical totalmente dereita.

Unidade rematada e disposta para pintar.

Forma de medición:

Por m l de fosa en todo o seu perímetro.

Rendemento:

0,33 horas home/m l.

Produción:

Por xornada de 8 horas e home, 24 m l./día.

-Oficios de impermeabilización.

Condicións xerais:

O operario disporá de conexións de auga e electricidade no lugar de traballo, co fin de que poida conectar a elas.

Disporá, así mesmo, dos medios de elevación e maquinistas correspondentes para a suba de materiais e ferramentas. Nos rendementos establecidos o material está en planta de traballo e a unha distancia non superior a 15 m.

Na medición descontaranse todos os ocos superiores a 1 m.

Na superficie ou volume que hai que considerar entenderase a totalidade da obra.

As horas perdidas por inclemencias do tempo, producidas por chuvias, neves, xeadas ou coriscadas, non se computarán para efectos de aplicación destas táboas.

Para a aplicación das táboas de impermeabilización considérase necesaria a cuadrilla formada por oficial máis axudante ou peón especial.

Na medición á que se refiren estas táboas non deberá superar o 10% destes as correspondentes a rodapés, xuntas, caldeiretas, chemineas e remates.

O combustible que se vai utilizar será gas industrial ou propano.

Para a realización destas unidades os operarios deberán usar calzado adecuado.

Para os traballos de asfaltado en quente e emulsión en vertical entregaranse dúas fundas máis por operario e ano.

-M colocación de lámina impermeabilizante adherida.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Superficie limpa e lisa.

Regos, medias canas, etc., realizados.

Superficie que se considerará de cada cuberta de 250 a 500 m. Superficies de rodapés, sumidoiros, chemineas, xuntas de dilatación ou remates que se van impermeabilizar inferiores ao 10% da superficie.

Cuberta plana.

Lonxitude media dos panos, maiores de 5 m.

Descrición dos traballos:

Execución capa de impermeabilización a base de emulsión en frío.

Colocación da lámina, incluíndo a execución de lapelas e contornos e adherencia á superficie.

Soldada a lume.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Lámina colocada e unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Forma de medición:

Por m de lámina vista.

Rendemento:

0,188 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial e un axudante ou peón especial, 85 m/día.

-M colocación de lámina impermeabilizante armada e autoprotexida con aluminio encofrado. Pegado ao lume.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Chapa de compresión realizada.

Regatas, medias canas, etc. realizadas.

Superficie que se vai considerar de cada cuberta superior a 500 m.

Cuberta praza.

Lonxitude media dos panos superior de 5 m.

Descrición dos traballos:

Pegado e/ou soldado da tea totalmente adherida.

Repaso e pintado de xuntas.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Lámina de aluminio colocada e unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Forma de medición:

Por m de lámina vista.

Rendemento:

0,188 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial máis un axudante ou peón especial, 85 m/día.

-M de illamento ou calorifugado de condutos de aire reguladores cilíndricos en chapa, con manta de fibra de vidro ou similar, con soporte de papel e selado de xuntas con papel engomado e cuberto con malla metálica tipo galiñeiro, con estadas e material a pé de obra e desenvolvemento por metro lineal de 1 m a 2 m de conduto.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Material situado en planta a unha distancia non superior a 30 m do lugar de traballo.

Enténdese que o tubo está perfectamente colocado e recibido.

Descrición dos traballos:

Montaxe e desmontaxe, así como o traslado dunha zona a outra de traballo, de burros ou estadas sinxelas necesarios para alcanzar unha altura de traballo de ata 3 m.

Colocación manual de illamento ou calorifugado de ata 60 mm de espesor, selado de xuntas con papel engomado e colocación de malla metálica cosida a cada 1,20 metros, mesmo curvas, T, enxertos, reducións e demais accesorios colocados ata un máximo dun 15% das ditas pezas especiais sobre o total de superficie calorifugada.

Estado da zona de dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada coa calidade usual.

Forma de medición:

Por m medido o desenvolvemento polo exterior do illamento pola lonxitude do conduto a cinta corrida. Non se descontarán ocos inferiores a 0,50 m de superficie.

Rendemento:

0,25 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e equipo orientativo dun oficial e máis un axudante, 64 m/día.

-M de sollado de mármore e pedra pulidos de orixe en superficie continua, máximo de 3 cm de espesor en pezas desde 0,06 m ata 0,40 m sen reberetes, talleados ou debuxos especiais.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Materiais situados en planta a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Cercos ou contracercos e botes sifónicos colocados.

Soporte do pavimento listo.

Replanteo de superficie.

Superficie de 4 a 10 m.

Descrición dos traballos:

Replanteo de superficie, niveis e liñas.

Confección, transporte e estendido da argamasa ata un máximo de 3 cm de espesor.

Colocación do sollado, mesmo cortes para a adaptación do perímetro e ocos de instalacións.

Trades realizados con elementos mecánicos.

Repasos e mastiqueados de defectos de colocación.

Preparación da fachada e caleado.

Limpeza dos traballos efectuados.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada cunha tolerancia máxima de 3 mm con regra de 2 m, non medido sobre cellas.

Forma de medición:

Por m de superficie realizada, non descontándose ocos exentos inferiores a 0,20 m.

Rendemento:

1,45 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial e máis un axudante, 11 m/día.

-Ml. de peaña ou penal de mármore ou pedra natural ata 30 cm de largo e máximo de 4 cm de groso, mesmo limpeza con materiais a pé de obra.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Materiais situados en planta a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Oco disposto para a colocación da peaña.

Descrición dos traballos:

Replanteo de niveis ou liñas.

Confección, transporte e vertedura da argamasa para asentamento do penal.

Colocación da peaña con tentos cun máximo de pendente do 10%, rexuntado entre pedras.

Limpeza dos traballos executados.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Penal: rematado e macizado, preparado para posteriores remates de albanelaría.

Peaña: rematada e preparada para posteriores macizados e remates de albanelaría.

Forma de medición:

Por ml. medido sobre o lado de maior lonxitude.

Rendemento:

En horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial e máis un axudante en m/día.

Rendemento: peaña, 0,94; produción: 17.

Rendemento: penal, 0,73; produción: 22.

-Chanzo con tabica ata 1,20 m de longo.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Replanteo de superficies.

Descrición dos traballos:

Replanteo de superficies, niveis e liñas.

Colocación de chanzo e a súa tabica, mesmo cortes para adaptación deles a excepción do caixeado de varandas.

Repasos e mastiqueados de defectos de colocación.

Preparación da calea e caleado.

Limpeza dos traballos executados.

Estado da zona de traballo ao rematar este:

Unidade rematada e acabada cunha tolerancia máxima de 3 mm con regra de 2 m sempre e cando os grosos de chanzo non varíen en 2 mm.

Forma de medición:

Por unidades de chanzos realizados.

Rendemento:

0,80 horas home/ude.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial máis un axudante, 20 ude./día.

-Chanzo con tabica superior a 1,20 m de longo.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Replanteo de superficies.

Descrición dos traballos:

Replanteo do chanzo e a súa tabica, mesmo cortes para a adaptación deles, a excepción do caixeado de varanda.

Repasos e mastiqueados de defectos de colocación.

Preparación da calea e caleado.

Limpeza dos traballos executados.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada cunha tolerancia máxima de 3 mm con regra de 2 m sempre e cando os grosos de chanzo non varíen en 2 mm.

Forma de medición:

Por unidade de chanzo realizada.

Rendemento:

0,88 horas home/ude.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial máis un axudante, 18 ude./día.

-Zanquín colocado a montacabalo.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución deles.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Replanteo de superficie.

Descrición dos traballos:

Replanteo de superficies, niveis e liñas.

Colocación de zanquín, mesmo cortes para a adaptación deles.

Repasos e mastiqueados de defectos de colocación.

Preparación da fachada e caleado.

Limpeza dos traballos efectuados.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e colocada cunha tolerancia máximade 3 mm con regrade 2 m.

Forma de medición:

Por unidade de zanquín colocado.

Rendemento:

0,2 horas home/Ude. 40 Ude. oficial.

Produción:

Por xornada de 8 horas e oficial, 40 ude./día.

-Zanquín colocado a cartabón.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Materiais situados en planta a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Replanteo de superficie.

Descrición dos traballos:

Replanteo de superficies, niveis e liñas.

Colocación de zanquín, mesmo cortes para a adaptación deles.

Repasos e mastiqueados de defectos de colocación.

Preparación da fachada e caleado.

Limpeza dos traballos efectuados.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e colocada cunha tolerancia máxima de 3 mm con regra de 2 m.

Forma de medición:

Por unidades de zanquín colocado.

Rendemento:

0,26 horas home/ude.

Produción:

Por xornada de 8 horas e oficial, 30 ude./día.

-Recercado de ocos, xambas e linteis en ocos non inferiores a 3 m l. de desenvolvemento.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Materiais situados en planta a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Replanteo de superficie.

Sopandas colocadas cando sexan necesarias.

Descrición dos traballos:

Replanteo de superficies, niveis ou liñas.

Colocación de recercado, mesmo cortes para adaptación ao perímetro do oco. Trades realizados con elementos mecánicos para aplicación de engrampados.

Preparación da fachada e caleado.

Limpeza dos traballos executados.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada cunha tolerancia máxima de 3 mm con regra de 2 m, non medido sobre as caixas.

Forma de medición:

Por m l. de traballo realizado.

Rendemento:

0,8 horas home/m l.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial e un axudante, 20 m l./día.

-M de carpintaría de madeira, dar nós de goma laca, imprimado plastecido, lixado e acabado con dúas mans de cor ao óleo sintético (pintura). Considéranse portas enrasadas macizas e ocos ata 2,70 m de altura.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Cerco ou contracerco imprimado.

Descrición dos traballos:

Suba de materiais polo operario ata un máximo de 10 kg de peso dúas veces por día.

Movemento de escaleiras para unha altura non superior a 3 m.

Limpeza, dado de goma dos nós, man de imprimación en portas e tapaxuntas e plastecido de bispeis, fisuras, golpes e cravos (non tendido do poro nin vetas de madeira), lixado lixeiro de toda a superficie e aplicación de dúas mans de cor ao oleo ou esmalte graxo ao uso. A folla dada a rolo ou brocha, e o cerco de brocha ou peite.

Limpeza de toda a ferraxe se se manchase.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada, coa calidade usual.

Forma de medición:

M por m, medíndose a folla polas súas dúas caras e o cerco os m l. polo seu desenvolvemento, que se sumará á superficie que mida a folla.

Rendemento:

0,50 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e oficial, 16 m/día.

-M plástico liso sobre paramento de xeso ou escaiola en horizontais de aseos, baños, cociñas e terrazas, lixado, aparellado ou imprimado, plastecido e acabado con dúas mans de pintura plástica.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Materiais e útiles sóbeos o mesmo operario dúas veces ao día, ata 10 kg de peso cada vez. Se fose necesario máis material, facilitaríase en planta.

Descrición dos traballos:

Movemento de escaleiras para unha altura non superior a 2,85 m.

Lixado de xeso mal estendido e barbas ou riscaduras do trollo (non está incluído o lixado de ondulacións).

Plastecido xeral de todas as imperfeccións e replastecido.

Lixado final aos plastecidos con repaso de fondo deles.

Dúas mans de pintura plástica (cor segundo documentación técnica), aplicadas a brocha ou rolo.

Limpeza de todo o que se manchase en todos os elementos de azulezos e apliques de luz, mecanismos, zócalos, carpintaría de madeira ou metálica.

Estado da zona de traballo ao remataren este:

Unidade rematada e acabada, coa calidade usual.

Rendemento:

0,2 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e un home, 40 ude./día.

-M, témpera picada sobre paramentos de xeso en horizontais e verticais. Lixado, plastecido, aparellado, e unha man de témpera acabada con rolo de picar (rematados segundo documentación técnica).

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impidan a correcta execución dos traballos.

Materiais situados en planta a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Movemento de escaleiras para unha altura non superior a 2,85 m.

Lixado de xeso mal estendido e barbas ou riscaduras do trollo (non está incluído o lixado de ondulacións nin o quitado de escaiola que caia sobre o paramento despois de estar realizado o lucido do xeso, tampouco está incluído quitar as salpicaduras da argamasa que caian ao realizar a soleira).

Primeira man de aparello con imprimación de acetato.

Plastecido de golpes e pequenas imperfeccións.

Brochazos de imprimación de acetato aos plastecidos.

Unha man de témpera (cor segundo documentación técnica), acabado con rolo de picar.

Limpeza de todo o que se manchase en todos os elementos de apliques de luz, mecanismos, zócalos, carpintaría de madeira ou metálica, etc. (non hai que limpar o chan).

Estado da zona de traballo ao rematar este:

Unidade rematada e acabada, coa calidade usual.

Forma de medición:

Descontaranse aqueles ocos que non teñan gornición, os ocos que ocupen unha superficie de máis de 4 m por unha cara, aínda que teñan gornición, descontarase o oco e aumentarase o que mida a citada gornición.

Rendemento:

0,16 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e dous homes, 100 m/día.

-M, limpeza e minio ou antioxidante sobre ferrollos de varandas, balcóns e peitorís cunha altura mínima de 0,70 metros.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impida a correcta execución dos traballos.

Exenta de argamasa de cemento, escaiola ou xeso.

Material e útiles sóbeos o mesmo operario.

Descrición dos traballos:

Limpeza de graxa e lixado ou cepillado da superficie que se vaia pintar.

Limpeza de óxidos e graxas, lixado ou cepillado e aplicación de capa antioxidante (non se inclúen ferrollos artísticos ou xardinaría).

Aplicación dunha man de antioxidante ou minio.

Limpeza de zonas manchadas por aplicación de antioxidante ou minio.

Estado da zona de traballo ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada, coa calidade usual.

Forma de medición:

Medir por dúas caras de extremo a extremo.

Onde existan tubos verticais de planta a planta, estes non se medirán, pero o rendemento será reducido un 10%.

Rendemento:

0,22 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e un home, 35 m/día.

-M laca-tapaporos sobre carpintaría de madeira nobre, limpeza de superficie e dúas mans de tapaporos. Considéranse portas enrasadas e ocos ata 2,80 metros de altura.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impidan a correcta execución dos traballos.

Subida de materiais polo propio operario ata un máximo de 10 kg de peso dúas veces ao día.

Descrición dos traballos:

Movemento de escaleiras ata unha altura non superior a 2,80 m.

Limpeza da superficie e primeira man de tapaporos aplicada a brocha ou peite.

Lixado de toda a superficie e segunda man de tapaporos aplicada a brocha ou peite.

Limpeza de toda a ferraxe se se manchase.

Estado da zona de traballo ao rematar este:

Unidade rematada e acabada, coa calidade usual.

Forma de medición:

Por m medíndose a folla polas súas dúas caras e o cerco os m l. polo seu desenvolvemento, que se sumará á superficie que mida a folla.

Rendemento:

0,20 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e un home, 40 m/día.

-M, empapelado sobre paramentos de xeso en verticais. Lixado, plastecido, aparellado e colocación de papel pintado normal con cose en rolos de 20x0,50 metros (non están incluídos os papeis vinílicos nin outros revestimentos especiais).

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impidan a correcta execución dos traballos.

Descrición dos traballos:

O papel e engrudo sóbeos o propio operario preparando el mesmo o engrudo ao pé do traballo.

Movemento de escaleiras, ata unha altura non superior a 2,80 m.

Ao oficial que non sexa práctico na colocación de papel concederáselle un prazo de trinta días en compañía dun colocador, sendo ese oficial ou práctico o que coloque o papel, máis quince días el só para poderlle aplicar esta táboa de rendementos.

Lixado de xeso mal estendido e barbas ou riscaduras do trollo (non están incluídos o lixado de ondulacións nin o quitado da escaiola que caia sobre o paramento despois de estar realzado o lucido do xeso. Tampouco está incluído quitar as salpicaduras da argamasa que caian ao realizar a soleira).

Aparellado a brocha ou rolo e plastecido de golpes.

Instalacións de papel sobre o paramento, logo de engrudo e cortado a medida.

Limpeza de todo o que se manchase en todos os elementos de apliques de luz, mecanismos, zócalos, carpintaría de madeira ou metálica, etc., recollendo todos os retrincos e desperdicios do papel do chan.

Estado da zona de traballo ao rematar este:

Unidade rematada e acabada, coa calidade usual.

Forma de medición:

Descontaranse aqueles ocos que non teñan gornición; os ocos que ocupen unha superficie de máis de 4 m por cara, aínda que teñan gornición, descontarase o oco e aumentarase o que mida a citada gornición.

Rendemento:

0,18 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e un home, 44 m/día.

-M, alicatado azulexos cerámicos con pezas de 0,02 m ata 0,03 m.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Estado da zona de traballo, limpa de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Materiais en planta a unha distancia non superior a 10 m l. do lugar de traballo.

Estarán colocados os soportes de aparellos e conexións.

Superficies maiores de 13 m e cun máximo de 540 m l. de arestas cada 13 m.

Descrición dos traballos:

Desembalaxe de azulexos e inmersión destes en auga.

Rega da superficie.

Confección da argamasa.

Replanteo, montaxe e desmontaxe, así como o traslado dunha zona a outra de traballo, dos burros ou estadas sinxelas necesarios para alcanzar unha altura de traballo de ata 2,70 m l. Colocación, mesmo cortado de pezas, recadro de buracos, caixas, billames, etc.

Preparación da fachada e rexuntado.

Limpeza dos traballos executados, mesmo elementos existentes en paredes (bañeiras incluídas).

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Lugar e faena limpo cando se terminen os traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie realizada.

Rendemento:

1,18 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial e máis un axudante 13,50 m/día.

-M sollados de terrazos a masa rechea con pezas desde 0,06 m ata 0,25 m.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Estado da zona de traballo limpa de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Superficies superiores a 10 m.

Materiais en planta a unha distancia non superior a 15 m l. do lugar de traballo.

Cun grosor para argamasa máximo de 4 a 5 cm.

Descrición dos traballos:

Replanteo do pavimento e mollado de materiais.

Desembalaxe.

Confección, transporte e estendido de argamasa ata un máximo de 4 a 5 cm de espesor.

Colocación de baldosa, mesmo cortes para bordos, cantos e ocos.

Preparación da fachada e rexuntado.

Limpeza dos traballos executados, traslado do material sobrante dun lugar de traballo a outro.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Lugar de faena limpo cando se rematen os traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie realizada.

Rendemento:

0,71 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial e máis un axudante, 22,50 m/día.

Táboas de rendementos mínimos (AC.10-5-1979, BOP 8-1979, IL 2.144).

Vista a acta da comisión de estudo e fixación das unidades de rendemento establecida no título 45 do convenio colectivo da construción e obras públicas desta provincia, polo que se aproba a táboa de rendementos del. Esta Delegación Provincial de Traballo, en uso das facultades que a vixente normativa lle confire, procede á súa aprobación e publicación no BOP, para os efectos oportunos.

ACTA

En Madrid, o 18 de maio de 1979, reúnese no domicilio de AECOM, sito en Serrano, número 40, primeiro dereita, a comisión de estudo e fixación das unidades de rendemento establecida no parágrafo terceiro do artigo 45 do convenio colectivo provincial vixente para o grupo de construcións e obras públicas, con asistencia dos señores que arriba se indican, en nome e representación da central sindical Comisiones Obreras e da Asociación de Empresarios da Construción de Madrid, e acordan o seguinte:

1. Facer constar na presente acta que a comisión de estudo e fixación de unidades de rendemento chegou a un acordo coa fixación dos rendementos das seguintes unidades, que figuran como anexo á presente acta: 38.02, 38.10, 44.21, 44.31, 44.35, 52.12, 52.41, 56.12, 56, 56.14, 56.21, 63.13, 63.30, 64.20, 64.40, 65.42, 65.44, 65.46, 67.01, 67.02, 67.11, 67.20, 77.10 e 91.30.

2. Que, en proba de conformidade, asinan a acta os representantes de Comisiones Obreras e AECOM que figuran arriba, para os efectos sinalados no citado convenio.

-M esteamento semicallado en gabias e zapatas mediante taboleiros verticais, correas e zapatas.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Zona que se vaia estear semiescavada ou escavada. Materiais necesarios a menos de 15 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Cortes necesarios.

Colocación e fixación de taboleiros verticais separados de 0,75 m entre eixes.

Colocación e fixación dunha liña de correas e codais por m l. de profundidade con separación de codais de 1,50 a 2 metros contra os taboleiros verticais.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Esteamento rematado e acabado segundo a norma correspondente.

Limpadura e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie protexida.

Rendemento:

1 hora home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa de dous oficiais, 16 m/día.

M apontoamento de traballo ao seu comezo.

Zona que se vaia apontoar semiescavada ou escavada.

Materiais necesarios dispostos a menos de 15 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Cortes necesarios.

Colocación e fixación dunha liña de taboleiro corrido por m l. de profundidade e codais con separación de 1,50 a 2 m.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Apontoamento rematado e acabado segundo a norma correspondente.

Limpadura e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie protexida.

Rendemento:

0,35 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa de dous oficiais, 45 m/día.

Posta en obra de formigón en vigas riostas.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Formigón de limpeza e armadura colocados.

Altura de formigón replanteado.

Descrición dos traballos:

Limpeza da superficie.

Recibido, vertedura, estendido e vibrado do formigón.

Igualación da superficie de formigón.

Limpeza do formigón sobrante.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Viga riosta, formigonada e rematada co usual acabado.

Limpadura e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Se non está encofrada: por m formigonado, medido sobre perfil.

Se está encofrada: por m formigonado, medido sobre plano.

Rendemento:

En horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e home, en m/día.

Tipo de vertedura: directa con camión formigoneira.

Rendemento: 0,33. Produción: 24,00.

Tipo de vertedura: con gobelete de 250 l.

Rendemento: 0,80. Produción: 10,00.

-M posta en obra de formigón para limpeza (15 cm de espesor medio) vertido con guindastre gobelete de 250 l.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Fondo da escavación nivelado, compactado e limpo.

Descrición dos traballos:

Recibido, vertedura e estendido do formigón.

Igualación a boa vista da superficie do formigón.

Limpeza do formigón sobrante e equipo.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Fondo de alicerce limpo e a punto para recibir armadura.

Forma de medición:

Por m de formigón estendido medido sobre perfil.

Rendemento:

0,13 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e home, 80 m/día.

-M posta en obra de formigón en gabias de alicerzado sen armaduras.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Gabias escavadas e a punto para formigonar.

Altura do formigonado replanteada.

Descrición dos traballos:

Recibido, vertedura, estendido e vibrado do formigón.

Igualación e refino da superficie de formigón.

Limpeza do formigón sobrante e equipamento.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Gabia formigonada e rematada co usual acabado.

Limpadura e posta a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de formigón medido sobre perfil.

Rendemento:

En horas home/m.

Produción:

Por xornada de traballo de 8 horas e home, en m/día.

Tipo de vertedura: directa con camión formigoneira.

Rendemento: 0,23. Produción: 34,00.

Tipo de vertedura: con guindastre e gobelete de 250 l.

Rendemento: 0,50. Produción: 16,00.

-M posta en obra de formigón en piar en muros de ata 3 m de altura, con paneis metálicos ou mixtos de 5 a 10 m de superficie, con axuda de guindastre.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Materiais en planta, ou a unha distancia inferior a 25 m do lugar de traballo.

Cotas e eixes de referencia marcados.

Armadura colocada.

Panel de encofrado premontado.

Descrición dos traballos:

Colocación encofrado, mesmo apromado.

Marcado límite de formigonado.

Desencofrado.

Recollida e amoreamento dos encofrados ata o seu posterior uso, así como o material sobrante.

Traslado dos materiais a outra planta ou lugar de traballo, con axuda de guindastre.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Materiais recollidos e amoreados para o seu posterior uso.

Forma de medición:

Por m de superficie de encofrado en contacto con formigón.

Rendemento:

0,88 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa de dous oficiais, 18,00 m/día.

-M encofrado e desencofrado a dúas caras en muros de ata 3 m de altura.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Materiais en planta, ou a unha distancia inferior a 25 m do lugar de traballo.

Cotas e eixes de referencia marcados.

Para o encofrado con paneis de 5 a 10 m, premontado destes.

Descrición dos traballos:

Colocación de encofrado, mesmo apromado.

Marcado límite de formigonado.

Desencofrado.

Recollida e amoreado dos encofrados ata o seu posterior uso, así como o material sobrante.

Traslado dos materiais a outra planta ou lugar de traballo, con axuda de guindastre.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Materiais recollidos e amoreados para o seu posterior uso.

Forma de medición:

Por m de superficie de encofrado en contacto co formigón.

Rendemento:

En horas home/m.

Produción:

Por m de superficie de encofrado en contacto co formigón.

Rendemento:

En horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa de dous oficiais por m/día.

Tipo de encofrado: taboleiros de madeira xa confeccionados ata 1,50 m de superficie.

Rendemento: 1,00. Produción: 16,00.

Chapas metálicas de ata 1,00 m m de superficie.

Rendemento: 1,00. Produción: 16,00.

Paneis metálicos ou mixtos de 5 a 10 m de superficie con axuda de guindastre.

Rendemento: 0,88. Produción: 18,00.

-M encofrado e desencofrado de vigas de 0,30 m de largo e de 0,30 e 0,50 m de altura, con taboleiros de madeira previamente confeccionados.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Cotas e eixes de referencia marcados.

Materiais necesarios en planta.

Descrición dos traballos:

Colocación de cabaletes e nivelado destes.

Colocación e aliñación do fondo de viga.

Colocación laterais, esteado exterior e colocación de latiguillos en taboleiros exteriores.

Colocación de elemento plano ou babeiro para apoio do forxado na parte superior do lateral de viga.

Colocación de separadores.

Marcado límite de formigonado.

Desencofrado.

Recollida e amoreamento dos encofrados ata o seu posterior uso, así como o material sobrante.

Traslado dos materiais a outra planta, con axuda de guindastre.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Materiais recollidos e amoreados para o seu posterior uso.

Forma de medición:

Por m de superficie de encofrado en contacto con formigón.

Rendemento:

1,33 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa de dous oficiais, 12 m/día.

-M posta en obra de formigón en piares de ata 3 m de altura e sección superior a 0,15 m con guindastre e gobelete de 250 litros.

Estado da zona de traballo ao comezo destes:

Limpadura de obstáculos.

Altura de formigonado replanteada.

Plataforma de traballo rematada e en planta.

Equipamento necesario en planta a menos de 25 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Colocación en posición da plataforma de traballo.

Rega do encofrado se é de madeira.

Recibido, vertedura e vibrado do formigón.

Igualación da superficie do formigón.

Limpeza do formigón sobrante.

Traslado da plataforma de traballo.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Piar formigonado segundo norma correspondente.

Forma de medición:

Por m de formigón colocado, medido sobre plano.

Rendemento:

1,45 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e home, 5,50 m/día.

-M posta en obra de formigón en muros ata 3 m de altura e de 30 a 50 cm de espesor con bomba.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Límites da zona que se vaia formigonar marcados.

Plataforma de traballo rematada.

Equipo necesario a menos de 25 m do lugar de traballo.

Armadura e encofrados rematados.

Descrición dos traballos:

Colocación en posición da plataforma de traballo.

Rega do encofrado se é de madeira.

Recibido, vertedura, estendido e vibrado do formigón.

Igualación da superficie de formigón.

Limpeza do formigón sobrante.

Limpeza de equipamento.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada segundo a norma correspondente.

Limpadura e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de formigón colocado medido sobre plano.

Rendemento:

0,44 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e home, 18 m/día.

-M posta en obra de formigón en masa en soleiras de 15 a 20 cm de espesor medio, vertedura con guindastre e gobelete de 250 litros.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Límites e/ou altura da zona que se vaia formigonar, replanteados.

Equipamento necesario situado no lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Manexo dos elementos necesarios sobre as soleiras, co fin de non pisar as zonas de traballo.

Rega previa do encofrado de madeira.

Vertedura, estendido e vibrado do formigón.

Rega e repasado da superficie que se vai formigonar.

Limpeza do formigón sobrante.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Superficie rematada con rasanteo terminado a regra e tolerancia inferior a 1 cm con regra de dous metros.

Limpadura e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de formigonado medido sobre perfil.

Rendemento:

0,94 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e home, 8,5 m/día.

-Posta en obra de formigón en vigas illadas verticais con guindastre e gobelete de 250 litros.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Límites da zona que se vai formigonar marcados.

Armadura e encofrados rematados.

Plataforma de traballo rematada.

Descrición dos traballos:

Colocación en posición da plataforma de traballo.

Rega do encofrado se é de madeira.

Recibido, vertedura, estendido e vibrado do formigón.

Igualación da superficie do formigón.

Limpeza do formigón.

Limpeza do equipamento.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada segundo a norma correspondente.

Limpadura e posta a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de formigón colocado, medido sobre plano.

Rendemento:

1,45 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e home, 5,50 m/día.

-M fábrica de ladrillo oco dobre (9x12x25) de 9 cm de espesor (tabicón), sentado con argamasa de cemento.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Replanteo executado.

Cercos ou contracercos colocados.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Colocación de regras.

Execución de fábrica.

Limpeza da zona e dos traballos.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo norma correspondente.

Limpadura e posta a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie realizada descontándose todos os ocos superiores a 1 m.

Rendemento:

0,88 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial máis un axudante, 8 m/día.

-M fábrica formada por bloques de formigón alixeirado fixado con argamasa de cemento.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Replanteo executado.

Cercos ou contracercos colocados.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Colocación de regras e cordas.

Execución da fábrica.

Limpeza da zona e dos traballos.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Limpadura e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie realizada, descontándose todos os ocos superiores a 1 m.

Rendemento:

Hora home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial máis un axudante en m/día. Espesor do bloque de 20 cm de espesor.

Rendemento: 1,33. Produción: 15,15.

Espesor do bloque: 12 cm de espesor.

Rendemento: 1,00. Produción: 15,00.

-Ude. fixación de cercos para ocos exteriores con argamasa de cemento.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Materiais en planta a menos de 15 m do lugar de traballo.

Niveis pasados.

Descrición dos traballos:

Colocación e fixado do cerco.

Limpeza da zona dos traballos.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Limpadura e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por unidade de cerco correctamente colocado.

Rendemento:

Horas home/unidade.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa de un oficial e un axudante, en ude./día.

Superficie do oco: ata 2 m.

Rendemento: 1,33. Produción: 12,00.

Superficie do oco: maior de 2 m.

Rendemento: 1,6. Produción: 10,00.

-Ml. conduto simple de ventilación colocado con elementos prefabricados recibidos con argamasa de cemento.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Materiais situados en planta a menos de 15 m do lugar de traballo.

Replanteo executado.

Rozas e buratos executados.

Descrición dos traballos:

Recibido e colocación dos elementos, mesmo soportes (varelas, angulares, etc.) de suxeición ao forxado.

Movemento en planta de estadas ou burros.

Limpeza da zona e dos traballos.

Estado dos traballos ao finalizaren estes.

Unidade terminada e acabada segundo a norma correspondente.

Limpadura e posta a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por ml. de lonxitude executada.

Rendemento:

0,94 horas home/m l.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial máis un axudante, 17 m l./día.

-M gornecido mestrado de xeso negro, con espesor de 20 a 25 mm.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Caixas, tubaxes, etc., colocadas e tapadas.

Descrición dos traballos:

Confección de argamasa de xeso.

Execución de mestre.

Gornición da superficie.

Colocación de gardavivos.

Montaxe, desmontaxe e traslado en planta de burros ou estadas sinxelas.

Limpeza dos traballos executados, mesmo elementos existentes en paredes e/ou teitos.

Estado dos traballos ao finalizaren estes:

Unidade terminada e acabada segundo a norma correspondente.

Limpadura e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie executada descontándose todos os ocos.

Rendemento:

En horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial máis un axudante, en m/día.

Tipo de superficie: en paredes.

Rendemento: 0,94. Produción: 17,00.

Tipo de superficie: en teitos.

Rendemento: 1,23. Produción: 13,00.

-M tendido de xeso negro a boa vista, con espesor de 15 a 20 mm.

Estado da zona de traballo ao comezo destes:

Limpadura de obstáculos.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Caixas, tubaxes, etc., colocadas e tapadas.

Descrición dos traballos:

Confección da argamasa de xeso.

Tendido da superficie.

Formación de arestas.

Colocación de gardavivos.

Montaxe, desmontaxe e traslado en planta de burros ou andamios sinxelos.

Limpeza dos traballos executados, mesmo elementos existentes en paredes e/ou teitos.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Limpadura e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie executada descontándose todos os ocos.

Rendemento:

En horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial máis un axudante, en m/día.

Tipo de superficies: en paredes.

Rendemento: 0,59. Produción: 27,00.

Tipo de superficies: en teitos.

Rendemento: 0,76. Produción: 21,00.

-M lucidos de xeso branco en paredes e teitos.

Estado da zona de traballo ao comezo destes:

Limpadura de obstáculos.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Caixas, tubaxes, etc., colocadas e tapadas.

Descrición dos traballos:

Confección da argamasa de xeso.

Lucido da superficie.

Montaxe, desmontaxe e traslado en planta de burros ou estadas sinxelos.

Limpeza dos traballos executados, mesmo elementos existentes en paredes e/ou teitos.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Limpadura e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie executada descontándose todos os ocos que non leven gornición.

Rendemento:

0,37 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial máis un axudante, 43 m/día.

-Cubertas.

Condicións xerais:

Estado inicial da zona de traballo e os materiais:

Limpadura de obstáculos que impidan ou dificulten a correcta execución dos traballos.

Replanteo executado.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Nos tempos establecidos nas táboas inclúense, á parte da execución da partida propiamente dita e especificada en cada táboa, os seguintes conceptos:

Traslado ao longo da zona de traballo de todas as ferramentas e/ou utensilios necesarios para realizar o traballo.

Montaxe e desmontaxe, así como o traslado dunha zona a outra de traballo, de burros ou estadas sinxelos necesarios para alcanzar unha altura de traballo de ata 3 m.

Para as unidades fixadas con argamasa de xeso, confección desta.

Execución das ligadas necesarias para a correcta trabazón das diversas paredes entre si.

Manter as pezas de cerámica co grao de humidade necesario, antes de proceder á súa colocación.

Colocación de regras e cordas.

Limpeza de cada zona de traballo, así como a dos traballos executados.

Recollida e amoreamento xunto ao lugar de traballo.

Estado final da zona de traballo e materiais:

Unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Cascotes e materiais sobrantes amoreados xunto do lugar de traballo.

Limpadura e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

En paredes aplicarase o mesmo criterio que no capítulo 63. Cerramentos exteriores e divisións interiores.

Para planta ou vertentes de cubertas, por metros cadrados de superficie en planta, non descontándose os ocos inferiores a 1 m.

-M cuberta á catalá con dobre taboleiro de rasilla, sentado o primeiro con argamasa de xeso e o segundo con argamasa de cemento, sobre tabiquiños de H.D. sentado con argamasa de cemento, separados a 50 cm e dunha altura media de 30 cm.

Estado da zona de traballo ao comezo destes:

Limpadura de obstáculos.

Materiais situados en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Replanteo realizado.

Descrición dos traballos:

Execución de tabiquiños, separados a 50 cm e dunha altura media de 30 cm, mesmo tabiquiños transversais rixidizadores, se son necesarios e papel cartón ou outro material entre taboleiro e tabiquiños.

Fabricación da argamasa de xeso.

Execución de taboleiros.

Sollado final con baldosín.

Limpeza da zona e dos traballos.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Cuberta rematada a falta de bateaugas e acabada segundo a norma correspondente.

Limpadura e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie realizada en planta, descontándose os ocos superiores a 1 m.

Rendemento:

1,45 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial máis un axudante, 11 m/día.

-M dobre taboleiro de rasilla en superficies inclinadas, o primeiro sentado con argamasa de xeso e o segundo con argamasa de cemento.

Estado da zona de traballo ao comezo destes:

Limpadura de obstáculos.

Materiais en planta e a unha distancia non superior a 15 m do lugar de traballo.

Replanteo realizado.

Soporte dos taboleiros realizados.

Descrición dos traballos:

Fabricación da argamasa de xeso.

Execución dos taboleiros.

Limpeza da zona e dos traballos.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Limpa e a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por m de superficie real construída.

Rendemento:

1,14 horas home/m.

Produción:

Por xomada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial máis un axudante, 14 m/día.

-Ml. colocación de bordo recto, mesmo alicerzado rexuntado.

Estado da zona de traballo ao comezo destes:

Terreo explanado e limpo de obstáculos.

Replanteo e niveis realizados.

Materiais necesarios a menos de 15 m do lugar de traballo.

Descrición dos traballos:

Confección da argamasa.

Colocación do bordo, mesmo alicerzado.

Nivelación e apromado do bordo.

Rexuntado.

Limpeza do bordo e retirada do entullo e material sobrante.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada segundo a norma correspondente.

Limpa e posta a punto para posteriores traballos.

Forma de medición:

Por ml. de lonxitude realmente colocado.

Rendemento:

Horas home/m l.

Produción:

Por xomada de 8 horas e cuadrilla orientativa dun oficial máis un axudante, en metros lineais.

Largo do bordo: 10 cm.

Rendemento: 0,72. Produción: 22,00.

Largo do bordo: 14 cm.

Rendemento: 0,88. Produción: 18,00.

-M laca ou verniz sobre carpintaría de madeira nobre, tapado de cravos con cera, lixado de toda a superficie e unha man de remate con verniz ou laca; considéranse portas enrasadas e ocos ata 2,80 m de altura.

Estado da zona de traballo ao comezo deste:

Limpadura de obstáculos que impidan a correcta execución destes.

Subida de materiais polo propio operario ata un máximo de 10 kg de peso dúas veces ao día.

Descrición dos traballos:

Plastecido de cravos, lixado e unha man de verniz ou laca.

Movemento de escaleiras ata unha altura non superior a 2,80 m.

Limpeza de toda a ferraxe se se manchase.

Estado dos traballos ao remataren estes:

Unidade rematada e acabada coa calidade usual.

Forma de medición:

Por m, medíndose a folla polas súas dúas caras e o cerco polo seu desenvolvemento, que se sumará á superficie que mida a folla.

Rendemento:

0,22 horas home/m.

Produción:

Por xornada de 8 horas e un home, 40 m/ día.