DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 27 de outubro de 2005 Páx. 17.313

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2005 pola que se publica o estado de execución do orzamento da comunidade autónoma e as súas modificacións, e a situación da tesouraría e movementos por operacións orzamentarias e extraorzamentarias correspondentes ao segundo trimestre de 2005.

De acordo co previsto no artigo 117 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de

Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, dáselle publicidade ao estado de execución do orzamento da comunidade autónoma e ás súas modificacións, e a situación de tesouraría e movementos por operacións orzamentarias e extraorzamentarias correspondentes ao segundo trimestre de 2005, que figuran como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2005.

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda