DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 25 de outubro de 2005 Páx. 17.189

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2005 pola que se convoca un curso sobre metodoloxía da investigación policial.

Dentro das actividades programadas para o ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a celebración dun curso sobre metodoloxía da investigación policial, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer os fundamentos da operativa nas investigacións policiais.

-Dominar as técnicas básicas e os procedementos aplicables á investigación.

-Dotar os alumnos dos coñecementos fundamentais nesta temática.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local de Galicia e aos membros da Unidade do CNP adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

30 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 7 de novembro de 2005, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada,

ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 14 ao 18 de novembro.

O horario será o seguinte:

Día 14 e 16: de 16.00 a 20.30 horas.

Días 15 e 17: de 9.30-14.00 e de 15.30 a 19.00 horas.

Día 18: de 9.00 a 14.00 horas.

Contido.

1. Técnicas básicas de investigación.

2. Investigación de delitos contra o patrimonio e contra as persoas.

3. Investigación inicial dos delitos relacionados coa delincuencia organizada.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase publica o día 9 de novembro a partir das 14.00 horas, no taboleiro

de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.

Lugar.

O curso desenvolverase no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, no Concello da Estrada.

Certificado de aproveitamento.

Ao remate do curso entregaráselle un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el e superen as correspondentes probas de coñecementos.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 13 de outubro de 2005.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA