DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Martes, 25 de outubro de 2005 Páx. 17.178

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 23 de setembro de 2005 pola que se resolve a cesión en propiedade de equipos portátiles e material auxiliar de excarceración, para misións de protección civil, aos concellos e mancomunidades de concellos galegos.

Pola Orde do 21 de abril de 2005 (DOG nº 84, do 3 de maio) a Consellería de Xustiza, Interior

e Administración Local anunciou as normas para a cesión en propiedade de equipos portátiles e material auxiliar de excarceración, para misións de protección civil, aos concellos e mancomunidades de concellos galegos.

Vista a proposta de resolución feita pola comisión avaliadora, en aplicación do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 2005,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo á aplicación 13.03.231A.623.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005, a cesión en propiedade de equipos portátiles e material auxiliar de excarceración para misións de protección civil, aos concellos que a seguir se relacionan.

Relación que se cita

CONCELLOMATERIAL

CEDEIRAEQUIPO PORTÁTIL DE EXCARCERACIÓN

A FONSAGRADAEQUIPO PORTÁTIL DE EXCARCERACIÓN

MACEDAEQUIPO PORTÁTIL DE EXCARCERACIÓN

O CARBALLIÑOBOMBA HIDRÁULICA

BRIÓNCIZALLA HIDRÁULICA

MELIDECIZALLA HIDRÁULICA

MUXÍACIZALLA HIDRÁULICA

SARRIACIZALLA HIDRÁULICA

A GUDIÑACIZALLA HIDRÁULICA

XOVEEQUIPO MULTIUSOS

SANTA COMBACOXÍNS ELEVADORES

CANGASCOXÍNS ELEVADORES

Segundo.-Notificarlles o contido desta resolución aos concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde.

En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2005.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA