DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 24 de outubro de 2005 Páx. 17.122

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 7 de outubro de 2005 pola que se resolve a convocatoria de subvencións a proxectos de accións de investigación-acción que teñan relación co esforzo global anti-VIH/sida en Galicia.

Por Orde do 6 de xuño de 2005, da Consellería de Sanidade (DOG nº 111, do 10 de xuño), dítanse normas para a concesión de subvencións a proxectos de accións de investigación-acción que teñan relación co esforzo global anti VIH/sida en Galicia.

O artigo 9 da citada norma establece que, examinadas pola comisión de valoración as solicitudes presentadas, se procederá á súa resolución mediante orde da Consellería de Sanidade, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, facéndose constar a contía das axudas concedidas.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Aprobar os proxectos ou accións de investigación-acción dirixidos ás persoas, asociacións, corporacións locais e universidades que se recollen no anexo desta orde, así como adxudicarlles as contías que se determinen nel.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2005.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Asociacións

(Aplicación orzamentaria: 1102.313.A.480.0)

SolicitanteTítulo proxectoImporte (A)

Comité A Coruña CascoPrevención e información sobre VIH e outras ETS en profesionais da prostitución.12.000

Prevención da infección por VIH na poboación nova e adolescente.1.400

Prevención da infección por VIH e outras enfermidades infecciosas en UDVP.9.000

Taller de consumo de menos risco e prevención de sobredoses.4.000

Mulleres.1.000

SolicitanteTítulo proxectoImporte (A)

Prevención da sida en transeúntes.1.254

Prevención da infección por VIH/sida na poboación homosexual e bisexual.5.500

Prevención da sida e educación para a saúde entre a poboación inmigrante.3.600

Programa de prevención do VIH no piso de acollida de Casco.2.000

Programa de intervención en prisión.2.000

Comité Antisida de LugoPrograma integral.10.000

Estratexias de intervención no ámbito da prostitución e dirixidas a asociacións/colectivos de mulleres. Campaña anual de prevención do VIH e outras ETS.7.000

Prevención da infección por VIH/sida en UDVP. Apoio entre compañeiros.4.500

Comité Antisida LazosIntervención preventiva e de acción global sobre o VIH/sida desde o Comité Antisida Lazos.3.500

Estudo e seguimento dos lugares públicos de consumo dos usuarios de drogas inxectables.1.800

Prevención de riscos e diminución de danos en UDVP (formación e seguimento).6.000

Proxecto de atención e apoio psicolóxico a profesionais do sexo, inmigrantes e persoas do seu contorno.2.200

Comité Cidadán Antisida de OurensePrograma de prevención e educación para a saúde na poboación xeral.5.000

Proxecto de prevención e educación para a saúde en centros tutelares de menores.5.000

Programa de formación de profesionais e voluntariado.2.000

Proxecto de investigación, prevención e asesoramento en VIH/sida a inmigrantes traballadores do sexo.4.000

Proxecto de protección (prevención e asesoramento) a clientes da prostitución.1.200

Programa de intercambio de xiringas en usuarios de drogas por vía parenteral.4.600

Proxecto de educación en uso máis seguro e prevención de sobredose en usuarios de drogas por vía parenteral.3.000

Proxecto de unidade móbil de educación sanitaria e consumo hixiénico (intercambio de xiringas, primeiros auxilios e repartición de preservativos).3.000

Programa de prevención, asesoramento e apoio emocional en VIH/sida coa poboación reclusa.3.000

Proxecto de investigación, prevención e asesoramento sobre VIH/sida coa poboación reclusa inmigrante.4.000

Proxecto de educación e prevención para a saúde.600

Programa de ocio e tempo libre.3.300

Comité Cidadán Galego Antisida (Santiago)Prevención e inmigración.1.500

Intervención-prevención en VIH/sida: unha perspectiva comunitaria.7.500

Proxecto Muller: prevención e intervención en mulleres en xeral.4.000

Prevención e intervención en poboación nova.1.200

Para entendidos.3.000

Prevención de VIH/sida en usuarios de drogas.2.000

¿Mellor non sabelo? Decídete.1.200

Comité Cidadán antiVIH Arousán (Ccanvihar)Información xeral sobre o VIH/sida5.000

Isto é unha condoneira ¡¡utilízame!! Prevención e intervención na mocidade do Salnés nos lugares de lecer.2.000

Información e prevención do VIH/sida e outras ETS nos/as traballadores/as do sexo.3.000

Cáritas Diocesana SantiagoInformación e vida: proxecto de prevención de condutas e prácticas de risco para transmisión do VIH/sida.1.000

Proxecto de prevención do VIH/sida: programa dirixido a mozos non escolarizados. Talleres e actividades nun centro de encontro de xuventude.1.600

A prevención: proxecto de acción e prevención da transmisión do VIH/sida.4.100

Proxecto de prevención do VIH/sida no colectivo de mulleres prostituídas.2.600

SolicitanteTítulo proxectoImporte (A)

Cáritas Interparroquial PontevedraProxecto Anta VIH/sida do centro de día para mulleres que exercen a prostitución de Cáritas Interparroquial Pontevedra.1.200

Cáritas Tui-VigoTalleres de educación para a saúde.3.400

Centro Ó Mencer RR. Oblatas de FerrolBáculo, accións anti-VIH/sida en contexto de prostitución do centro de recursos para a muller Ó Mencer4.000

Cruz Roja Española. GaliciaProxecto educativo para a prevención do VIH/sida e promoción de hábitos sexuais saudables en poboación adolescente.500

Proxecto de intercambio de xiringas e de acción continuada no medio comunitario (Noia e comarca)1.200

Programa de prevención/información en poboación de inmigrantes da transmisión do VIH/sida e outras ETS (Lugo)1.800

Prevención e atención de VIH/sida no centro penitenciario de Bonxe.1.200

Programa de prevención e información do VIH/sida e outras ETS para traballadoras do sexo (Lugo)1.000

Programa de prevención e información do VIH/sida e outras ETS para drogodependentes (Lugo)1.800

Programa de intervención comunitaria para prevención do VIH/sida (Monforte de Lemos)500

Programa de prevención e información do VIH/sida e outras ETS para persoas sen fogar.500

Proxecto de investigación-acción con poboación inmigrante na provincia de Ourense.1.200

Grupo de autoapoio con persoas privadas de liberdade do Centro Penitenciario Pereiro de Aguiar.500

Cruz Roja Española. Oficina Provincial de PontevedraProxecto de prevención e información en VIH/sida dirixido á poboación inmigrante do Centro Penitenciario da Lama.500

A.S.A.DIRProxecto Rúa.1.800

Asociación Luguesa de Información e Axuda ó Drogodependente (ALIAD)Proxecto de intervención con afectados de VIH/sida nos centros penitenciarios de Bonxe e Monterroso.1.400

Asociación Antidroga Antonio NocheIntervención en poboación con conduta de alto risco para a infección por hepatite e VIH.5.000

ACLCD AlboradaPrograma de prevención de VIH en centros escolares e nos espazos urbanos de ocio nocturno na cidade de Vigo.500

10ª fase do estudo epidemiolóxico sobre a infección por VIH en pacientes drogodependentes (incidencia, prevalencia, taxas de mortalidade e supervivencia) e outros factores asociados á infección (período 1982-2005).300

Programa de redución de riscos en usuarios de drogas: prevención da transmisión sexual e por vía parenteral do VIH desde o programa de drogodependencias Alborada.1.100

Programa de formación de axentes de saúde entre pacientes drogodependentes para prevención da transmisión de VIH (curso de formación e programa de Bóla de neve)900

Programa de prevención de VIH/sida en menores internados en centros de tutela.1.500

Asociación Antidroga RenacerEducación para a saúde coas traballadoras do sexo.1.500

Sexo máis seguro entre usuarios de drogas por vía parenteral.900

Asociación Antidroga VieiroTraballando o risco, para previr. Curso de prevención do VIH/sida e fomento de hábitos saudables no concello de Carballo.1.000

Asociación Cultural Monte BrancoPrograma de prevención do VIH en centros de encontro de mozos e mozas.500

Asociación Érguete Baixo MiñoPrevención do VIH/sida na muller.800

Prevención da transmisión sexual do VIH entre a mocidade na comarca do Baixo Miño.600

Prevención da infección polo VIH en UDVP1.100

Asociación Sociocultural e Prestadora de Servicios AraxeaUnidade móbil de visitas ás cadeas de mulleres. Accións preventivas do VIH no medio penitenciario.1.500

Asociación Galega para a saúde sexual (Agasex)Programa de educación e consello asistido de intervención continuada para mozos en prevención de VIH/sida.1.000

Asociación Galega de HemofiliaVIH/sida e hemofilia.1.000

Asociación O Grove ÉrguetePromoción de hábitos saudables. Educación para a prevención do VIH e información e sensibilización dirixida á comunidade e especialmente á xuventude.1.100

SolicitanteTítulo proxectoImporte (A)

Asociación MadroProxecto de diminución de riscos e danos en persoas consumidoras de opiáceos.1.500

ASUT-OurensePrevención: proxecto Recolle. 1.000

Proxecto de redución de riscos: obradoiro de uso máis seguro.2.000

Prevención: taller de sexo máis seguro.500

Proxecto de intercambio de xiringas para as fins de semana e días festivos.2.000

Asociación Rexurdir ProvincialCurso de prevención e prácticas de risco.700

ATOXPrograma de prevención e atención de enfermidades relacionadas coa drogadicción. VIH/sida.1.200

Colectivo MouchoProxecto de prevención de riscos e diminución de danos en usuarios de drogas.600

Prevención de VIH e enfermidades de transmisión sexual.300

Limpeza e seguimento das condicións dos lugares públicos de consumo de drogas inxectables no ámbito xeográfico da Coruña.700

Programa de intercambio de xiringas no punto de venda e consumo Penamoa da Coruña (PIJ traballo de campo en Penamoa).1.800

Fase de EncuentroPrograma de prevención dirixido a familiares de enfermos de VIH/sida.1.100

Médicos del MundoCentro de redución de danos para usuarios e usuarias de drogas na cidade de Vigo (Cereda).4.200

Asociación Pontevedresa Síndrome de Down XuntosObradoiro de información e sensibilización sobre o VIH/sida.1.200

F.A.A.V. Eduardo ChaoProxecto Ser (Proser)3.000

Chisem Asociación para a prevención e intervención psicolóxicaPrograma de prevención do VIH/sida e outras ETS: obradoiro de sexo máis seguro para adolescentes.1.200

Asociación AvanteObradoiro de educación para a saúde.600

Sociedade Galega de ContracepciónPrograma de educación afectivo-sexual e de prevención do VIH/sida en centros escolares das comarcas de Ribadavia e O Carballiño.600

Asociación de inmigrantes e emigrantes retornados AsimesEscola de adultos Aprende a protexer a túa saúde e campaña sensibilización ao colectivo de mariñeiros inmigrantes.1.000

KomunalMultifoco IV de promoción e mellora da saúde.2.000

Corporacións locais

(Aplicación orzamentaria: 1102.313.A.460.0)

SolicitanteTítulo proxectoImporte (A)

Concello de AbegondoProxecto de accións de información e prevención de condutas de risco e enfermidades de transmisión sexual.500

Concello de CangasPrograma de prevención de VIH/sida.600

Concello de CatoiraPrograma de prevención do VIH/sida.500

Concello de CulleredoProxecto de obradoiro de información e prevención do sida500

Concello de FenePrograma de afectividade e sexualidade Feneafectox.500

Concello de FradesPrograma coeducativo de desenvolvemento sexual.400

Concello da GuardaCampaña de información e EpS.500

Concello do GroveSexualidade e sida, cousa de tod*s.600

Concello de LugoMuller, sida e drogas.1.000

Concello de MarínTalleres de sexo seguro.400

Aula itinerante.600

Concello de MesíaPromoción de hábitos saudables para a prevención da infección do VIH-sida.500

Concello de NigránPlan integral de acción VIH/sida Nigrán.500

Concello de OrdesA mocidade e a prevención do VIH/sida.400

As mulleres e a prevención do VIH/sida.600

Concello de OurolPrevención do VIH/sida.400

Concello de PoioPrograma de intercambio de xiringas: Nas túas mans.600

Concello de PonteareasPrevención do VIH con adolescentes en situación de risco: obradoiro e educación para a saúde.500

Campaña información, sensibilización e prevención VIH/sida para mozos.500

Programa de prevención do VIH co colectivo de Mulleres: educación sexual.500

SolicitanteTítulo proxectoImporte (A)

Concello de SantiagoPrograma de prevención de transmisión de VIH/sida dirixido a usuarios e ex-usuarios de drogas: obradoiro de sexo máis seguro e obradoiro de consumo de menos risco.1.000

Programa de prevención de transmisión do VIH/sida dirixido a menores do centro tutelado San Vicente Viqueira de Roxos. Usuarios e ex-usuarios de drogas.900

Programas de rúa ou de achegamento con participación de usuarios e ex-usuarios: Bóla de neve.1.225

Programa preventivo VIH/sida dirixido ao colectivo gay de Compostela.900

Programa Kamelamos guinar (queremos contar), dirixido ao colectivo específico de xitanos e xitanas.2.900

Programa de prevención de VIH/sida dirixido a adolescentes: Taller de sexo máis seguro.500

Concello de TordoiaProxecto de promoción de hábitos sexuais saudables.400

Concello de TuiActividades de formación prevención do VIH/sida.500

Concello de Vila de CrucesPrevención do VIH.500

Universidades

(Aplicación orzamentaria: 1102.313.A.440.0)

SolicitanteTítulo proxectoImporte (A)

Universidade de Vigo (Facultade de Ciencias da Educación)Programa de redución de riscos sexuais en internas/os do Centro Penitenciario Pereiro de Aguiar.1.300

Investigación sobre condutas sexuais de risco en adolescentes ata 19 anos.1.000

Investigación-acción sobre VIH en poboación adolescente que esgotou a escolaridade obrigatoria sen obter o título de graduado en ensino secundario.3.000

Universidade de Vigo (Área de Medicina Preventiva)O alumnado do Campus de Pontevedra ante a sida.1.000