DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 24 de outubro de 2005 Páx. 17.120

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de setembro de 2005 pola que se autoriza o cesamento de actividades do centro privado Technical School da Coruña.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado concertado Technical School da Coruña, no cal solicita o cesamento de actividades do dito centro.

Resultando que o centro privado Technical School obtivo, por Resolución do 20 de marzo de 2002 (DOG do 29 de abril), autorización para ciclos formativos de grao medio.

Resultando que o antedito centro privado tiña, por Orde do 6 de xullo de 2005 (DOG do 18 de xullo), concertadas unha (1) unidade do ciclo formativo de grao medio Xestión administrativa e unha (1) unidade do ciclo formativo de grao medio Comercio.

Vistos o Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27 de decembro), polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar o cesamento de actividades do centro privado Technical School da Coruña, segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde, que

dando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Segundo.-A extinción da autorización acordada no punto anterior é, así mesmo, causa de extinción do concerto educativo, con efectos económico-administrativos do 2 de outubro de 2005.

Terceiro.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2005.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Enderezo: Real, 36.

Código do centro: 15005294.

Denominación: Technical School.

Autorización do cesamento de actividades do centro.