DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Luns, 24 de outubro de 2005 Páx. 17.119

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 10 de outubro de 2005 sobre aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Xunqueira de Ambía (Ourense).

O Concello de Xunqueira de Ambía remite o plan xeral de ordenación municipal para a súa aprobación definitiva de conformidade co previsto no artigo 85.5º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

De conformidade co disposto polo artigo 89.1º da Lei 9/2002, a competencia para a aprobación definitiva dos plans xerais de ordenación municipal correspóndelle á conselleira competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio.

Con data do 21-4-2005 o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ditara orde pola que, conforme co previsto no artigo 85.5º b) da Lei 9/2002, resolveu non aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Xunqueira de Ambía, mentras non fosen emendadas unha serie de deficiencias que o citado plan presentaba.

A Dirección Xeral de Urbanismo emite informe-proposta, de data 10-10-2005, sobre o plan xeral sometido a aprobación definitiva. Segundo este informe, o plan xeral agora presentado emenda axeitadamente a maior parte das deficiencias anteriormente detectadas, mais aínda subsiste algunha delas.

Visto canto antecede, ao abeiro do disposto no artigo 85.5º a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e por proposta do director xeral de Urbanismo segundo informe de 10-10-2005, apróbase definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Xunqueira de Ambía, coa expresa indicación do seguinte:

-Por mor da discrepancia existente entre o plano de ordenación a escala 1/5.000 e o plano 4.36 de ordenación a escala 1/2.000, o ámbito do solo urbano de Xunqueira de Ambía é o contido neste último plano, que é o de maior precisión.

-Entenderanse por non aprobados e polo tanto quedan sen efecto os textos da cartela do plano de ordenación 1 a escala 1/5.000 SU-1 solo urbano consolidado e SU-2 solo urbano non consolidado.

De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar a normativa e ordenanzas do plan aprobado definitivamente no BOP.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2005.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes