DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 21 de outubro de 2005 Páx. 17.073

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2005, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se corrixen erros na do 22 de abril de 2005 polo que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio de ámbito provincial para o persoal laboral do Concello de Burela.

Vista a certificación do acordo no Pleno da Corporación Municipal en sesión ordinaria celebrada o día 26-5-2005 do convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Burela, presentada nesta delegación o 20 deste mes, relativa á corrección de erros observados na publicación do citado convenio no DOG nº 107, do 6-6-2005, procede efectuar a seguinte corrección de erros:

Páxina 9.768, artigo 2º, «Período de vixencia».

Onde di: «Este convenio terá vixencia desde o día 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro de 2007»; debe dicir: «Este convenio terá vixencia desde o día 1 de xaneiro de 2005 ata o 31 de decembro de 2007».

No parágrafo 2º do mesmo artigo 2º citado, onde di: «Os capítulos económicos serán incrementados anualmente, alomenos, e pendentes da mesa xeral de negociación, nas contías fixadas nos orzamentos xerais do Estado»; debe dicir: «Os capítulos económicos serán incrementados anualmente, alomenos, e pendentes da negociación co comité de empresa, nas contías fixadas nas leis de orzamentos xerais do Estado».

Así mesmo, procédese á publicación das táboas salariais que deberán figurar como anexo ao citado convenio e entenderse como parte integrante deste. Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a corrección do convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Burela publicado con data do 6 de xuño de 2005.

Segundo.-Remitirlle o texto do citado documento á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 23 de xuño de 2005.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Retribucións do persoal laboral do Concello de Burela ano 2005

POSTO DE TRABALLOGRUPOSALARIOANTIGÜIDADENIVEL C. DESTINOC. ESPECIFICOEXTRATOTAL

JESÚS MARTÍNEZ RIVASE-OFICIAL 1ª.6.061,80 A742,80 A143.548,28 A2.784,07 A2.189,49 A15.326,44 A

EMILIO AGUIAR LÓPEZE-OFICIAL 1ª.6.061,80 A742,80 A143.548,28 A6.711,65 A2.844,09 A19.908,62 A

JOSÉ VIZOSO PERNASE-PEÓN6.061,80 A742,80 A143.548,28 A1.066,77 A1.903,28 A13.322,93 A

JOSÉ EMILIO GARCÍA LÓPEZE-PEÓN6.061,80 A891,36 A143.548,28 A5.499,28 A2.666,79 A18.667,51 A

JAIME PICO DE BERNARDOE-PEÓN6.061,80 A891,36 A143.548,28 A2.784,07 A2.214,25 A15.499,76 A

ISMAEL GARCÍA GONZÁLEZE-PEÓN6.061,80 A742,80 A143.548,28 A5.347,28 A2.616,69 A18.316,85 A

PLÁCIDO VÁZQUEZ GÓMEZE-PEÓN6.061,80 A1.039,92 A143.548,28 A1.447,33 A2.016,22 A14.113,55 A

SANTIAGO SECO PERTEGAE-PEÓN6.061,80 A594,24 A143.548,28 A3.042,42 A2.207,79 A15.454,53 A

ÁNGEL RUBIÑOS BENB-D. BIBLIOT.10.893,60 A1.973,40 A257.206,96 A736,68 A3.468,44 A24.279,08 A

PURIFICACIÓN LÓPEZ BLANCOD-AUX. ADM.6.639,84 A594,00 A164.070,88 A890,00 A2.032,45 A14.227,17 A

ELVIRA CAYÓN LÓPEZD-AUX. ADM.6.639,84 A594,00 A164.070,88 A535,00 A1.973,29 A13.813,01 A

MANUEL CARBALLES GARCÍAE-AG. NOT.6.061,80 A445,68 A143.548,28 A2.599,15 A2.109,15 A14.764,06 A

TOTAIS78.729,48 A9.995,16 A47.283,24 A33.443,70 A28.241,93 A197.693,51 A

Oferta de emprego público 2005

POSTO DE TRABALLOGRUPOSALARIOANTIGÜIDADENIVEL C. DESTINOC. ESPECÍFICOEXTRATOTAL

AUX. ADM.D6.639,84 A0,00 A143.548,28 A1.016,77 A1.867,48 A13.072,37 A

DELINEANTEC8.120,40 A0,00 A215.506,92 A1.500,00 A2.521,22 A17.648,54 A

VACANTES: OFICIAL 1ª (6 PRAZAS)E6.061,80 A143.548,28 A10.710,72 A

AMORTIZACIÓN DE PRAZAS:

6 PRAZAS DE PEÓNS

Persoal adscrito á empresa concesionaria de recollida de lixo e limpeza viaria:

Justo Cajoto Álvarez, oficial 1ª.

Pedro Martínez Soto, peón.

Beatriz Ramil Parapar, peón.