DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 21 de outubro de 2005 Páx. 17.058

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2005, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto do convenio colectivo da empresa Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense, para os anos 2005 e 2006.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense, para os anos 2005 e 2006, código de convenio número 3200442, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28 de abril de 2005, subscrito con data do 22 de abril de 2005, en representación da parte económica pola empresa Faurecia Automotive España, S.A. (fábrica de Ourense), e pola parte social, en representación dos traballadores da factoría, polo comité de empresa e o delegado sindical da Confederación Intersindical Galega (CIG) e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e no Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta

delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 5 de maio de 2005.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo da empresa

Faurecia Automotive España, S.A. (fábrica de Ourense)

(Anos 2005 e 2006)

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Partes contratantes.

Este convenio colectivo foi negociado e subscrito pola empresa Faurecia Automotive España, S.A., (fábrica de Ourense), en representación da parte económica e polo comité de empresa e delegado sindical da Confederación Intersindical Galega (CIG) en representación dos/as traballadores/as, da factoría

de San Cibrao das Viñas (Ourense), co ámbito territorial e persoal que máis abaixo se indica.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

De acordo co establecido no artigo 83.1º do Estatuto dos traballadores, o ámbito territorial do convenio é o da empresa Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense, situada no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, e calquera outro centro que no futuro se instale na provincia de Ourense durante a vixencia deste convenio.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a totalidade do persoal pertencente ao cadro de persoal da empresa, coas excepcións que a normativa vixente prevé.

Con respecto ao persoal con contrato de duración determinada, seralle de aplicación deste convenio colectivo, excepto naqueles aspectos del que colidan coa temporalidade deses contratos.

Artigo 4º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, sen prexuízo do cal as condicións económicas se aplicarán a partir do día 1 de xaneiro de 2005.

Terá unha vixencia de 2 anos, a excepción daqueles aspectos do articulado que conteñan vixencias concretas, expirando o 31 de decembro de 2006.

Ambas as partes asinantes se comprometen a iniciar a negociación dun novo convenio un mes antes de finalizar a súa vixencia, sempre e cando se tivese denunciado o convenio con tres meses de anticipación ao seu vencemento.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

Este convenio prorrogarase pola tácita de ano en ano, de non mediar denuncia expresa por escrito dunha parte ante a outra, con tres meses de anticipación ao seu vencemento.

Artigo 6º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio colectivo se establecen co carácter de mínimas.

Todas as melloras que se implanten por normas legais ou outras serán compensables e absorbibles até onde alcance, cos aumentos e melloras existentes ou que se poidan establecer no futuro, sempre que en cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Artigo 7º.-Comisión paritaria do convenio.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3º e) do Estatuto dos traballadores, a partir da entrada en vigor deste convenio crearase unha comisión paritaria para a interpretación do convido, integrada por tres representantes titulares, e tres vogais titulares e dous suplentes elixidos por e de entre os membros do comité de empresa, todos eles integrantes das respectivas comisións negociadoras deste convenio.

As reunións desta comisión celebraranse sempre que asista o 50% máis un, ao menos, dos membros que a compoñen e para reunirse, será suficiente que unha das partes o solicite. Entre esta solicitude e a reunión mediará un prazo de 48 horas, como mínimo.

Consideraranse como acordos da comisión aqueles que fosen aprobados por maioría dentro das dúas partes; as discrepancias serán reflectidas na acta.

Caso de non haber acordo, farase que reflita as diferenzas. En ambos os casos o ditame da comisión servirá de informe e asesoramento á dirección da empresa e aos traballadores afectados. A dirección resolverá o que ache procedente no prazo de oito días e notificarao a aqueles, por se deciden acudir coa súa reclamación ante a xurisdición competente.

A comisión paritaria queda habilitada para levar a cabo as actuacións administrativas que procedan para a adecuación deste convenio colectivo, ante unha eventual reordenación ou cambio de denominación xurídica da empresa.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

TÍTULO II

Persoal

Artigo 8º.-Cadros de persoal.

A empresa dará a coñecer no transcurso do mes de marzo de cada ano un rexistro do persoal ao servizo dela, ordenado polo seu número e facendo constar os seguintes datos: nome e número do traballador, categoría laboral, antigüidade nela e antigüidade na empresa, profesión ou oficio e servizo en que traballa.

Unha copia deste rexistro será entregada ao comité de empresa xunto cun anexo en que figurará un resumo do número de compoñentes de cada categoría.

Estes datos referiranse á situación laboral e profesional dos traballadores no 1 de xaneiro de cada ano de publicación do rexistro.

Respecto ás bases de cotización á Seguridade Social, observarase o disposto na normativa legal vixente.

Artigo 9º.-Persoal de novo ingreso (período de proba).

Ao persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito e debe ficar no seu poder unha copia.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Técnicos non titulados: 2 meses.

-Administrativos: 1 mes.

-Subalternos: 1 mes.

-Aprendices e profesionais de oficio: 1 mes.

-Peóns e especialistas: 2 semanas.

Artigo 10º.-Categorías.

O persoal de Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense, estará encadrado nas categorías profesionais que determina a ordenanza de traballo para a industria química e de conformidade coas definicións que figuran nos seus anexos. Á parte das diferentes categorías existentes na actualidade na empresa, esta poderá crear outras que supoñan unha adaptación ás características propias da empresa.

Artigo 11º.-Postos especiais do persoal horario.

Aínda dentro dunha determinada categoría existen postos de traballo de diferente valor que son retribuídos de maneira distinta, mediante a prima de cualificación de posto. Nos casos especiais en que aínda non é tecnicamente posible a medición do traballo e a aplicación dun incentivo directo, cunha prima de cualificación de posto, como son os reguladores especialistas e os xefes de equipo especialistas, a empresa manterá as primas fixas de cualificación de posto actualmente establecidas, e que de acordo coas posibilidades dos servizos técnicos, irán sendo substituídas polos sistemas de incentivos.

En calquera caso, e para un mesmo posto e un mesmo rendemento, a retribución que no seu día resulte destes incentivos non deberá ser inferior á que globalmente se veña percibindo coas primas fixas de cualificación de posto.

Artigo 12º.-Xefes de equipo especialistas.

Dentro dos postos especiais citados no artigo anterior, defínese este como o do traballador que, coa categoría de especialista, asume o control do traballo dun grupo de especialistas ou peóns, baixo as ordes dun superior xerárquico, debendo estar en condicións de efectuar traballos manuais por suplencia do persoal ao seu cargo ou cando as circunstancias o requiran.

Neste caso, cando un traballador desempeña tales funcións durante un período dun ano consecutivo ou durante tres alternos, se despois cesa na súa función, manteráselle, con carácter de mínima, a prima de cualificación establecida para ese posto, até que, polo seu ascenso a superior categoría, fique superada.

Artigo 13º.-Ascensos.

Observarase o disposto na ordenanza para a industria química, coas seguintes puntualizacións:

a) Promoción automática a categoría superior.

Para as categorías que se indican a seguir os traballadores ascenderán automaticamente cando leven nelas os seguintes períodos de tempo:

-Auxiliar de organización a técnico de organización de 2ª: 1 ano.

-Calcador ou auxiliar delineante a delineante de 2ª: 1 ano.

-Auxiliar administrativo a oficial 2ª administrativo: 1 ano.

-Auxiliar laboratorio a analista de 2ª: 1 ano.

-Peón ordinario a peón especializado: 1 ano.

-Peón especializado a especialista: 2 anos.

-Especialistas a especialistas cualificados 3ª: 3 anos.

-Especialistas cualificados de 3ª a cualificado de 2ª: 3 anos.

-Xefe de equipo esp. cualif. a oficial 3ª: 3 anos.

b) Existindo vacantes por baixas de persoal:

A empresa convocará concursos que permitan clasificar o persoal para cubrir por ascenso as vacantes producidas por baixas de persoal.

Para cada concurso existirá un programa e un baremo de puntuación confeccionado pola empresa, baixo o cal poderán prepararse os traballadores, ben asistindo aos cursos da empresa, se os houber, ben por preparación libre, e as distintas probas profesionais, teóricas e prácticas, serán feitas públicas cunha anticipación mínima de 30 días a cada concurso.

Poderanse presentar aos concursos para cubrir prazas nos grupos obreiro, administrativo e técnico, nas súas diversas categorías, os traballadores que teñan unha antigüidade mínima de doce meses na categoría inferior correspondente aos postos a cubrir, dentro do subgrupo profesional respectivo.

No momento de realizar un concurso-oposición, constituirase unha comisión cualificadora como máis adiante se especifica.

c) Existindo vacantes por aumento de cadro de persoal:

As vacantes que se produzan por este motivo cubriranse nun 100% por concurso-oposición.

Se como consecuencia do concurso-oposición quedaren prazas vacantes, estas serán cubertas por libre designación da empresa.

O concurso-oposición rexerase polo punto B deste artigo, sendo, no caso que nos ocupa, concurso libre e tendo preferencia para cubrir as vacantes os da categoría inmediata inferior, coas puntualizacións que máis adiante se fan referentes á comisión cualificadora.

d) Promoción de oficiais a categoría superior.

Os traballadores coa categoría de oficial ascenderán na súa escala, precedendo exame práctico, á categoría inmediata superior, sempre que teñan acreditada unha antigüidade de 4 anos na categoría inmediata inferior.

Este ascenso producirase automaticamente sen necesidade de exame práctico, cando nos casos en que, cumpríndose a condición dunha antigüidade acreditada de 4 anos nunha determinada categoría

profesional, o oficial reúna, a xuízo da empresa, a experiencia e coñecementos necesarios para desempeñar unha categoría superior.

e) Exceptúanse do réxime de ascensos especificados nos números B e C, na súa totalidade, os ascensos a xefes de 1ª e 2ª administrativos e de organización e, en xeral, os ascensos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre outras persoas e os postos de confianza da empresa.

As probas dos concursos-oposición consistirán nun exame das aptitudes profesionais, exclusivamente.

Existirá unha comisión cualificadora destes exames, composta por tres titulares e dous suplentes representantes da empresa e tres titulares e dous suplentes elixidos por e de entre os membros do comité de empresa.

En caso de igual puntuación darase prioridade á maior antigüidade do traballador na súa categoría.

No prazo máximo de 15 días publicarase o resultado do exame.

Aos declarados aptos recoñeceráselles a nova categoría para todos os efectos o día 1 do mes seguinte ao da súa publicación.

Artigo 14º.-Traslados.

a) Traslados interiores.

A empresa poderá efectuar os traslados interiores que sexan necesarios por razóns organizativas de traballo, ben que procurará, dentro do posible, atender as peticións de traslado a outros postos de traballo que sexan solicitadas polo persoal do cadro.

Os traballadores coa categoría de especialistas que ocupen postos de traballo tóxicos serán trasladados, por petición propia, a outros postos que non presenten estas características e substituídos por persoal de novo ingreso, sempre que se produza contratación exterior e leven máis de tres anos nun de tales postos.

b) Traslados especiais.

Os traballadores que ocupen postos de traballo en cadea de pintura, aplicación de desmoldeantes e limpezas con produtos perigosos, serán trasladados a outros postos cando leven máis de tres anos traballando nun dos anteriores postos, salvo que o traballador acepte voluntariamente a permanencia neles, podendo ser destinados novamente á dita actividade, transcorridos dous anos. Na definición e regulación de postos especiais, intervirá a comisión de seguranza e hixiene no traballo.

c) Traslados a outros centros de traballo.

Observarase a normativa legal vixente.

TÍTULO III

Réxime de traballo

Artigo 15º.-Premio de asistencia.

O premio de asistencia permitirá a cada traballador desfrutar días de permiso retribuído en función da

súa asistencia ao traballo, consonte as normas que a seguir se articulan:

-Norma 1ª.

O premio de asistencia é aplicable a todo o persoal coas posibles excepcións seguintes:

Xefes de primeira e asimilados.

Xefes de taller e asimilados.

Titulados de grao superior e asimilados.

-Norma 2ª.

Para a adquisición de días aplicarase o seguinte sistema:

Persoal mensual a quenda normal: 3 días.

Persoal mensual a quendas: 4 días.

Persoal mensual a 3ª quenda: 4 días.

Persoal horario a quenda normal: 3 días.

Persoal horario a quendas: 4 días.

Persoal horario a 3ª quenda: 4 días.

-Norma 3ª.

A conta dos días obtidos cada ano féchase na última semana de decembro, sendo comunicada aos interesados antes do 15 de maio seguinte.

-Norma 4ª.

Para cada ano do calendario, o beneficio do premio de asistencia considérase adquirido para todo o persoal definido na norma 1ª e que non tivese un total de ausencias no ano superior a 15 días laborables.

-Norma 5ª.

Para a perda de días aplicarase o seguinte baremo:

De 1 día a 5 días de ausencia: 1 día.

De 6 días a 10 días de ausencia: 2 días.

De 11 días a 15 días de ausencia: 3 días.

Máis de 15 días de ausencia: todos.

-Norma 6ª.

Para os efectos do premio de asistencia non se considerarán como ausencias as vacacións, así como determinadas circunstancias definidas no anexo I deste artigo.

-Norma 7ª.

Os días xerados nun ano (A) segundo estas normas poderán ser utilizados como días de permiso ou compensados economicamente, en todo ou en parte, durante o ano seguinte (A+1) e como máximo até o 1 de maio do ano posterior (A+2). En todo caso, se en tal data ficaren días pendentes, obrigatoriamente serán aboados.

Para a utilización dos días de permiso, precisarase un aviso previo de 5 días laborais e poderanse tomar se as necesidades do servizo o permiten (absentismo inferior ao 10%).

-Norma 8ª.

Os beneficios previstos no premio de asistencia poderanse acumular cos que puideren resultar de novas normas legais e regulamentarias.

Así mesmo, as vantaxes establecidas neste premio de asistencia modifican e substitúen as concedidas polo anterior plan individual de vacacións.

-Norma 9ª.

Os días de premio de asistencia serán aboados como laborables.

ANEXO I

Circunstancias que non se consideran ausencia para efectos do premio de asistencia

no conxunto final do período

Permiso por nacemento de fillo.

Permiso por matrimonio do/a traballador/a.

Permiso por matrimonio de fillos, irmáns, pais e netos.

Permiso por falecemento de pais, fillos e cónxuxe; avós, netos, irmáns, tíos e parentes por afinidade até o 2º grao.

Baixa por accidente laboral.

Baixa con hospitalización.

Permiso por enfermidade grave do cónxuxe, fillos, pais; avós, netos, irmáns e parente por afinidade (sogros e avós políticos).

Permiso por operación de pais, fillos e cónxuxe.

Permiso (con desprazamento para consulta médica) por enfermidade de fillos ou cónxuxe.

Permiso por consulta médica do/a traballador/a fóra da provincia de Ourense.

Permiso por mudanza de domicilio.

Permiso por premio de asistencia.

Citacións oficiais.

Designación como membro de mesa electoral.

Retención pola Garda Civil (incendios).

Paro técnico.

Permiso por exames.

Permiso para doazón de sangue.

Permiso por horas acumuladas (ou a recuperar).

Saídas inferiores a media xornada.

Saídas sindicais (dentro do límite regulamentario).

Folga legal.

Artigo 16º.-Xornada laboral e vacacións.

Establécese que a xornada será a mesma en horas efectivas de traballo en cómputo anual para todo o persoal.

O número de horas efectivas de traballo en cómputo anual será de mil setecentas cinco horas, para o ano 2005, e de mil setecentas cinco horas, para o ano 2006, non entrando no cálculo deste cómputo de horas ningún tipo de descanso (mesmo os retribuídos).

Para os efectos de xornada máxima legal semanal, realizarase o cálculo correspondente tomando en consideración o cómputo anual.

Ambos contratantes acordan que a xornada pactada, os calendarios laborais e horarios vixentes son aplicación do Estatuto dos traballadores.

Para o persoal de mantemento e moldes establécense calendarios especiais. Este persoal deberá traballar os días que lle correspondan en tales calendarios, con independencia do número de horas, rotación das quendas, vacacións e descansos legais, fixados con carácter xeral.

A empresa por motivos de organización ou produtividade poderá establecer modalidades de calendarios diferentes aos existentes, pactando as condicións co comité de empresa, cun mes de anticipación á súa aplicación.

Cando o persoal a quendas traballe unha xornada durante a cal non lle corresponda traballar ao de quenda normal, nos servizos e talleres destes últimos estableceranse, a criterio dos correspondentes responsables, reténs de asistencia segundo as necesidades que os mesmos aprecien.

Aos afectados por estes reténs compensaránselles as horas traballadas coas do día da semana que escollan, de acordo coas necesidades do servizo.

O período de vacacións será de 30 días (trinta) naturais.

Cada ano de vixencia deste convenio colectivo, a empresa, tendo en conta as súas necesidades organizativas e produtivas, e co obxecto de axustar as vacacións ás dos seus clientes, sempre que estean acordes coa lexislación laboral vixente, proporá á representación dos traballadores o período de desfrute de vacacións que, normalmente, se fixará en época estival.

O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica, no entanto ao persoal que non continúe durante o transcurso do ano, aboaráselle o salario correspondente á parte de vacacións a que teña dereito e non tiver desfrutado, como concepto integrante da súa liquidación por baixa na empresa.

Así mesmo, establécese o cómputo plurianual da xornada denominado bolsa de horas, cuxo desenvolvemento se recolle en documento para o efecto.

Artigo 17º.-Licenzas.

O traballador, precedendo aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración polo tempo e os motivos que máis abaixo se indican. A remuneración á cal aquí se fai referencia consistirá en salario convenio e antigüidade,

acrecentándose para o persoal horario a prima de produción correspondente aos días ou horas de licenza coincidentes con xornadas laborables.

Matrimonio: 15 días naturais.

Nacemento fillo: 3 días laborables que se poderán desfrutar dentro dos quince días seguintes ao parto. En caso de necesidade de desprazamento, serán 4 días.

Falecemento:

Pais, titores, fillos ou cónxuxe do traballador: 5 días naturais.

De avós, netos e irmáns do traballador: 3 días naturais.

De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 3 días naturais.

De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 3 días naturais.

De tíos do traballador e de tíos do cónxuxe: 1 día natural.

De cónxuxe dos irmáns políticos: 1 día natural.

Se existe necesidade de desprazamento nestes cinco últimos casos, corresponderá un día natural máis.

Enfermidade grave:

De pais, titores, fillos e cónxuxe do traballador: até 3 días naturais (valorando circunstancias de cada caso). En caso de necesidade de desprazamento, corresponderá un día máis.

De avós, netos e irmáns do traballador: 2 días naturais.

De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 2 días naturais.

De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 2 días naturais.

Se existe necesidade de desprazamento nestes tres últimos casos, corresponderán dous días naturais máis.

Considerarase como desprazamento aquel que sexa superior aos límites da Comunidade Autónoma galega.

Operacións sen hospitalización: de pais, fillos ou cónxuxes: 1 día natural.

Matrimonio: de pais, fillos, irmáns e netos: 1 día laborable.

Traslado de domicilio habitual: 1 día laborable.

Permisos por exames oficiais: polo tempo necesario para concorrer aos exames correspondentes sempre e cando estea matriculado en centros oficiais ou recoñecidos polo Ministerio de Educación e Ciencia, e que cursen con regularidade estudos para a obtención dun título académico ou profesional, segundo o teor da Lei xeral de educación, con posterior xustificación.

Cumprimento de deber público: polo tempo indispensable para o cumprimento inescusable de carácter público e persoal, con posterior xustificación.

As referencias que ao longo do artigo se fan ao cónxuxe do/a traballador/a, nos epígrafes de falecemento, enfermidade grave e matrimonio de fillos e demais familiares, entenderanse tamén realizadas á parella de feito deste, sempre que se acredite a convivencia previa á data do feito causante e durante este, mediante certificado expedido polo correspondente rexistro de unións de feito e, de non existir, mediante documento oficial.

Artigo 18º.-Excedencias.

As excedencias concederanse de acordo co establecido na ordenanza laboral química e Lei do Estatuto dos traballadores.

A empresa admitirá o excedente nun prazo máximo de 15 días a partir da data en que expire a excedencia, sempre que o tiver solicitado dentro do prazo regulamentario e que se encontre en condicións de aptitude para o seu traballo habitual.

Ao serlle concedida a excedencia daráselle ao traballador un certificado do servizo médico da empresa en que consten as súas condicións de aptitude ou limitación para o traballo, sempre que el mesmo o solicite.

Se o traballador, tendo transcorrido como mínimo o 75% do tempo de excedencia concedido, solicitase o seu reingreso, admitirase a súa solicitude para a primeira vacante que exista da súa categoría.

O comité de empresa poderá solicitar se lle dea coñecemento dos rexeitamentos que se producisen ás solicitudes de reingreso dos excedentes.

Artigo 19º.-Licenzas sen soldo.

Excepcionalmente a empresa concederá licenzas sen soldo por un período de tempo máximo de tres meses, aos traballadores fixos de cadro de persoal, cunha antigüidade de 6 meses na mesma e por motivos de carácter excepcional, debidamente xustificados, tales como enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou pais.

Estas licenzas sen soldo concederanse sempre que o total das concedidas non supere o número de catro para o grupo das categorías de peón, especialistas e especialistas cualificados e o número de dous para o grupo do resto de categorías.

Para ter dereito a unha nova licenza sen soldo deberán transcorrer, como mínimo, dous anos completos desde a data de terminación da anterior.

Tamén se concederán licenzas sen soldo a aqueles traballadores que o soliciten para realizar exames non previstos no artigo 17º.

TÍTULO IV

Réxime de retribucións

A) Tempos e rendementos.

Artigo 20º.-Tempos.

Os tempos determinaranse polos procedementos de cronometraxe e valoración empregados até a data

polos servizos técnicos da empresa, e poden ser estimados, provisorios e definitivos. Ao pórse en marcha unha nova operación ou unha modificación de posto e até que sexa posible realizar a primeira cronometraxe, aplicaranse os tempos estimados, que serán obtidos por apreciación.

Consideraranse como tempos provisorios os obtidos na primeira cronometraxe dun traballo novo ou modificado, que se producirá logo que os servizos técnicos consideren dunha garantía mínima a estabilización do método e a práctica do operador.

Consideraranse tempos definitivos os asignados a cada traballo na segunda cronometraxe, que se realizará logo que as condicións mecánicas e operatorias se encontren totalmente estabilizadas, non debendo normalmente producirse despois de seis meses da primeira cronometraxe para os postos individuais, nin de doce meses para as cadeas e traballos colectivos.

Artigo 21º.-Revisión dos tempos.

Os tempos definitivos non poderán ser modificados, excepto nos casos seguintes:

a) Por modificación dos medios: máquinas, equipamentos, ferramentas, etc.

b) Por mellora do proceso operatorio, calquera que sexa a orixe da mellora.

c) Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de análise do posto.

d) Por errores de cálculo comprobables nas gamas e follas de análise.

e) Nos postos considerados como de tempos variables por circunstancias alleas a eles, como retoque de pezas por transporte, recuperación de pezas defectuosas, etc.

Nestes postos os tempos serán revisados periódica e sistematicamente sen atinxiren nunca a consideración de definitivos. Nos casos de discrepancia individual observarase o disposto no artigo 5 e 6 da ordenanza de traballo para a industria química.

Artigo 22º.-Aplicación dos tempos.

A empresa adoptará o sistema de prima individual en todos os casos en que sexa tecnicamente posible e mentres a organización de traballo non aconselle o contrario.

Cando un operario deba pasar dun posto produtivo a outro produtivo non parecido, facilitaráselle que no novo posto consiga o seu Kb habitual mediante as compensacións de aprendizaxe.

Se traballa a prima individual, a compensación do aprendizaxe consistirá en aboarlle toda a quincena o Kb obtido nos últimos días, sen exceder o Kb medio obtido nas tres últimas quincenas no posto anterior.

Esta compensación, cuxa duración máxima será de dúas quincenas, deixará de facerse se o operario

non mellora diariamente o seu Kb. Se o cambio se produciu despois dos seis primeiros días da quincena, ou dura menos de seis días impedindo ao operario chegar a un Kb razoable, pagaráselle toda a quincena o Kb proporcional que resultaría de seguir en toda ela o mesmo progreso observado nos días de aprendizaxe.

Se traballa en grupos colectivos, cobrará o Kb que obteña o grupo, e, para que este Kb non baixe con motivo da falta de práctica do novo operario, emitiránselle a este solicitudes de aprendizaxe diarias, en función das horas doutros operarios produtivos que haxa que empregar para completar o posto do novo operario.

Estas solicitudes seranlle aboadas, así mesmo, ao Kb medio que obteña o grupo, até un máximo de vinte horas para cambio de posto dentro dun mesmo grupo ou cando o operario xa tiver traballado nese grupo, e, até un máximo de corenta horas, nos demais casos.

Proporcionaráselle a todo traballador, se o solicita, o tempo cronometrado individual ou de grupo que se empregue para calcular a súa prima e, nas cadeas, o das operacións asignadas ao traballador, especificado por operacións.

Artigo 23º.-Rendementos.

Establécese que o rendemento mínimo será o chamado Kb=0,75, equivalente a 45 minutos hora, para efectos do disposto na normativa legal vixente, así como para os efectos disciplinarios oportunos.

Establécese como rendemento normal ou habitual do traballador, para efectos do preceptuado no artigo 54.2º e) do Estatuto dos traballadores, o que o mesmo viñese obtendo en precedentes períodos de tempo, podéndose considerar como período para determinar o rendemento normal un mínimo dun mes e un máximo dun ano. Cando non exista medio de comparación propio dun posto de traballo, considerarase como rendemento normal o que obtivesen outros traballadores no mesmo posto ou similar.

O período de tempo para determinar que existe continuidade no baixo rendemento a que se refire o citado artigo 54.2º e) do Estatuto dos traballadores, será diferente segundo se trate dun traballador ou ben afecte a un grupo de traballadores, máxime se como consecuencia disto derivase escándalo ou producise indisciplina ou incitación a outros traballadores a secundar tal actitude.

No que se refire a traballadores/as que ocupan postos non cronometrados e unicamente cando se trate dun caso illado, será necesario, para considerar continuidade suficiente no baixo rendemento, que este se producise no período dun mes despois de ser apercibido.

Artigo 24º.-Comisión paritaria de tempos.

Para atender sobre as reclamacións individuais nacidas da aplicación do sistema de análise e control

de rendementos persoais, existirá unha comisión paritaria de tempos, composta por 4 membros representantes da dirección (dous titulares e dous suplentes) e 4 membros do comité de empresa (dous titulares e dous suplentes).

De entre, e polos compoñentes da comisión, elixirase un presidente e un secretario, cuxos cargos deberán recaer en membros de ambas as representacións.

Todos os membros titulares da comisión disporán de vinte horas retribuídas ao mes para o desempeño das súas funcións.

Reunións da comisión paritaria: haberá dous tipos de reunións: ordinarias e extraordinarias. As ordinarias terán lugar cada 3 meses dentro da súa primeira quincena. Terán carácter de extraordinarias as convocadas por iniciativa xustificada de calquera das dúas representacións.

Todas as reunións, tanto ordinarias como extraordinarias, deberán ser convocadas polo presidente e secretario cun prazo de 48 horas de anticipacón, con indicación de lugar de reunión, día, hora e orde do día.

A comisión paritaria enviará informe de todas as reunións que celebre ao comité de empresa e á dirección da mesma.

De solicitalo, a comisión paritaria será informada dos rendementos obtidos polos diferentes talleres de fábrica en cada unha das quincenas do ano.

B) Condicións económicas.

Artigo 25º.-Salarios.

O 1 de xaneiro de 2005 os salarios de fábrica experimentarán un aumento do 2,5% que se aplicará de forma proporcional para todos os traballadores e sobre salarios e primas, e para o ano 2006, o aumento será o IPC oficialmente previsto máis o 0,5% que se aplicará o 1 de xaneiro sobre as táboas resultantes do ano anterior, unha vez efectuada a revisión salarial se a houber.

a) Retribución do persoal horario.

Componse de salarios convenio, prima de produción (nos casos establecidos) e prima de posto (nos casos establecidos).

O salario convenio que, con carácter de mínimo corresponde a cada categoría, é o seguinte:

Peóns ordinarios: 3,4842 A brutos/h ou 27,8739 A brutos/día.

Peóns especializados: 3,5751 A brutos/h ou 28,6010 A brutos/día.

Especialistas: 3,6660 A brutos/h ou 29,3283 A brutos/día.

Especialistas cualificados 3ª: 3,7109 A brutos/h ou 29,6874 A brutos/día.

Especialistas cualificados 2ª: 3,7558 A brutos/h ou 30,0461 A brutos/día.

Especialistas cualificados 1ª: 3,8006 A brutos/h ou 30,4049 A brutos/día.

Esp. cal. xefe equipo: 3,9154 A brutos/h ou 31,3231 A brutos/día.

Oficiais de 3ª: 4,3002 A brutos/h ou 34,4013 A brutos/día.

Oficiais de 2ª: 4,5163 A brutos/h ou 36,1300 A brutos/día.

Oficiais de 1ª: 4,7258 A brutos/h ou 37,8063 A brutos/día.

b) Retribución do persoal mensual e táboas de retribucións mínima.

As retribucións do persoal mensual serán incrementadas para o ano 2005, en 2,5% e para o ano 2006, no IPC oficialmente previsto máis o 0,50%.

Táboa de retribucións mínimas:

-Grupo administrativo:

Xefe administrativo 1ª: 25.553,84 A brutos/ano.

Xefe administrativo 2ª: 22.724,39 A brutos/ano.

Oficial administrativo 1ª: 20.461,72 A brutos/ano.

Oficial administrativo 2ª: 17.350,57 A brutos/ano.

Auxiliar administrativo: 15.936,40 A brutos/ano.

-Grupo técnico:

Técnico de taller:

Contramestre: 22.724,39 A brutos/ano.

Encargado: 20.461,72 A brutos/ano.

Técnicos de organización:

Xefe organización 1ª: 25.553,84 A brutos/ano.

Xefe organización 2ª: 23.572,89 A brutos/ano.

Técnico organización 1ª: 21.310,22 A brutos/ano.

Técnico organización 2ª: 19.330,43 A brutos/ano.

Auxiliar de organización: 17.492 A brutos/ano.

Técnicos titulados:

Enxeñeiro: 22.724,39 A brutos/ano.

Licenciado: 22.724,39 A brutos/ano.

Enxeñeiro técnico: 19.330,43 A brutos/ano.

Graduado social: 19.330,43 A brutos/ano.

Artigo 26º.-Complemento de puntualidade e prima de asistencia.

Para todas as categorías de persoal horario a súa aplicación manterase de acordo cos criterios actuais sobre as horas ordinarias, pero aumentando o seu valor, para o 2005 a 0,1473 A brutos/h, e para o ano 2006 o IPC oficialmente previsto máis o 0,50%.

Para o persoal mensual, a prima de asistencia e puntualidade para o 2005 será de 267,2014 A brutos/ano, e para o ano 2006, o IPC oficialmente previsto máis o 0,50%, sendo as súas normas de aplicación as mesmas que se utilizan para o persoal horario.

Artigo 27º.-Primas de produción directa.

As primas de produción directa devengaranse e aplicaranse segundo o establecido no artigo 30 deste texto, seguindo o criterio:

Para o ano 2005, o minuto producido terá un valor de 0,0399 A, até 54 minutos hora (Kb 0,90) e de 0,0434 A para os minutos hora que excedan 54 ou, o que é o mesmo, aplicaranse as fórmulas seguintes:

Até Kb 0,90 prima=2,3954 AxKb A/hora.

Desde Kb 0,91 prima=2,6035-0,1872 AxKb A/hora.

Para o ano 2006, aplicarase o IPC oficialmente previsto máis o 0,50%.

Artigo 28º.-Primas de produción indirecta.

(Tarifa fixa-mantemento-moldes).

Para o ano 2005, pagaranse de acordo co coeficiente de rendemento obtido e mediante a aplicación da fórmula seguinte:

Prima en A/hora=1,7933xcoeficiente+0,6873 A/h.

Para o ano 2006, aplicarase o IPC oficialmente previsto máis o 0,50%.

Artigo 29º.-Primas de cualificación de postos de peóns e especialistas.

Para o ano 2005, devénganse sobre os tempos establecidos no artigo 30 e a partir, como é habitual, do rendemento Kb=0,75, cos valores seguintes:

1) 0,0376 A/hora producido.

2) 0,0655 A/hora producido.

3) 0,1315 A/hora producido.

4) 0,2530 A/hora producido.

5) 0,3563 A/hora producido.

6) 0,4958 A/hora producido.

7) 0,6164 A/hora producido.

8) 0,7553 A/hora producido.

9) 0,8946 A/hora producido.

A prima fixa de cualificación de posto establécese en:

Para reguladores especialistas=0,7700 A/h.

Para o ano 2006, aplicarase o IPC oficialmente previsto máis o 0,50%.

Artigo 30º.-Aplicación das primas de produción en persoal horario.

Aplicaranse, como é habitual, sobre:

a) Tempos efectivos de traballo, co valor correspondente ao rendemento realizado individual ou colectivamente.

b) Tempos de descanso ou valor mínimo garantido (Kb=0,60) no persoal afectado.

c) Vacacións (30 días) ou a súa proporción.

d) Pagas extraordinarias de xullo e Nadal (25 días) ou a súa proporción, nos tres últimos meses traballados.

Así mesmo, aplicaranse sobre as horas de licenzas retribuídas conforme o artigo 17º.

Para as alíneas c) e d), así como para as licenzas retribuídas, aplicaranse os valores medios das primas de produción obtidas nos tres últimos meses traballados.

Artigo 31º.-Primas de postos non cronometrados.

Para o ano 2005, a prima fixa para os postos non cronometrados establécense cos seguintes valores:

Peóns ordinarios: 1,6755 A brutos/h.

Peóns especializados: 1,7627 A brutos/h.

Especialistas: 1,8500 A brutos/h.

Especialistas cualificados 3ª: 1,8500 A brutos/h.

Especialistas cualificados 2ª: 1,8500 A brutos/h.

Especialistas cualificados 1ª: 1,8500 A brutos/h.

Esp. cal. xefe equipo: 1,9285 A brutos/h.

Oficiais de 3ª: 2,0618 A brutos/h.

Oficiais de 2ª: 2,1397 A brutos/h.

Oficiais de 1ª: 2,2027 A brutos/h.

Para o ano 2006, aplicarase o IPC oficialmente previsto máis o 0,50%.

Artigo 32º.-Postos tóxicos, penosos e perigosos.

Para o ano 2005, será aumentada a contía das primas, pasando todo o persoal afectado por este concepto a cobrar 0,1421 A brutos/h.

Para o ano 2006, aplicarase o IPC oficialmente previsto máis o 0,50%.

Artigo 33º.-Complemento por condicións especiais de traballo.

Os postos de traballo definidos segundo o artigo 14º b) deste convenio terán dereito a unha bonificación por un importe de 0,1546 A brutos/h de presenza no posto, estando incluído nese importe a parte proporcional das pagas extras e vacacións. Para o ano 2006 aplicaráselle o IPC previsto+0,50%.

Artigo 34º.-Complemento por traballo nocturno.

O complemento por traballo nocturno, nos casos aplicables, consistirá no trinta e cinco por cento do salario base.

Artigo 35º.-Antigüidade.

O valor da antigüidade para 2005 será o seguinte, por cada trienio que corresponda:

-Persoal horario: 0,0668 A brutos/h.

-Persoal mensual: 227,2351 A brutos/ano.

Para o ano 2006, aplicarase o IPC oficialmente previsto máis o 0,50%.

O complemento por antigüidade pagarase a partir do 1 de xaneiro do ano en que se cumpra cada trienio se a data de vencemento é anterior ao 30 de xuño, e a partir do 1 de xullo do ano respectivo nos casos en que o vencemento teña lugar no segundo semestre deste.

Artigo 36º.-Complemento por xornada a quendas.

É un complemento salarial de posto de traballo aplicable ao persoal que traballe en quendas rotativas de mañá e tarde ou noite.

Devengarase sobre as horas efectivas de traballo e sobre o número de horas polo concepto prima de produción nas pagas extraordinarias e nas vacacións. O valor para o ano 2005, fíxase en 0,1652 A brutos/h e para o ano 2006, aplicarase o IPC oficialmente previsto máis o 0,50%.

Para o persoal que traballa máis de tres quendas rotativas, o valor para o ano 2005 fíxase en 0,2405 A brutos/h, e para o ano 2006 aplicarase o IPC oficialmente previsto máis o 0,50%.

Artigo 37º.-Complemento por adaptación xornada laboral.

a) Para o ano 2005 aboarase o importe de 298,73 A ou a súa proporción para todos os traballadores fixos e eventuais que, estando de alta no ano 2001, tivesen continuado en vigor o seu contrato até a data ou renovación do mesmo no 2003.

Este importe ratearase en función dos días de permanencia na empresa en cómputo anual, actualizándose cada ano na porcentaxe de incremento que se acorde para o convenio colectivo. Este número non será de aplicación para o persoal que tiver causado alta a partir do 1-1-2002.

b) Para o ano 2005 aboarase o importe de 250 A en concepto de adaptación do calendario laboral a todo o persoal fixo, e eventuais con contrato DOS, actualizándose cada ano na porcentaxe de incremento que se acorde para o convenio colectivo.

Artigo 38º.-Horas extraordinarias.

O valor da hora extraordinaria será de 0,0047 A por cada 6,01 A do salario anual nos conceptos: salario convenio, antigüidade e prima de produción, se é o caso, que individualmente corresponda.

A empresa deberá comunicar aos traballadores afectados a necesidade de traballar en horas extraordinarias cunha anticipación suficiente, e, cando menos, deberase efectuar 24 horas antes do día en que se deban realizar, salvo naqueles casos considerados de forza maior ou para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, caso en que se considerará obrigatoria a prestación.

Se as circunstancias técnicas e produtivas así o exixiren, a empresa poderá establecer a realización dun máximo de 80 horas extraordinarias por traballador e ano.

A posible realización deste tipo de horas extraordinarias será voluntaria e terá carácter xeral.

Artigo 39º.-Gratificacións extraordinarias.

As pagas extraordinarias do mes de xullo e Nadal serán aboadas a razón de 25 días laborables e 5 festivos, cada unha delas.

A empresa aboará as pagas extraordinarias do mes de xullo e Nadal, completas, a todos os traballadores que estivesen en situación de IT no semestre anterior, tomando como prima base a media dos tres últimos meses traballados.

Artigo 40º.-Revisión salarial.

Para o ano 2005, procederase a unha revisión salarial a partir do mes en que o IPC real supere de maneira continuada o IPC previsto (2%). Se anteriormente a este mes se tiveren producido oscilacións superiores e inferiores do IPC real respecto do IPC previsto, a regularización durante o período de oscilacións será a diferenza que exista entre a media aritmética dos IPC deste período e o IPC previsto, sempre e cando esta diferenza sexa positiva. Esta revisión salarial farase efectiva unha vez que constate fidedignamente no 31-12-2005 tal circunstancia o INE. Os correspondentes novos niveis servirán de base para a negociación dos salarios para o ano 2006.

Para o ano 2006, procederase a unha revisión salarial a partir do mes en que o IPC real supere de maneira continuada o IPC previsto. Se anteriormente a este mes se tiveren producido oscilacións superiores e inferiores do IPC real respecto do IPC previsto, a regularización durante o período de oscilacións será a diferenza que exista entre a media aritmética dos IPC deste período e o IPC previsto, sempre que esta diferenza sexa positiva. Esta revisión salarial farase efectiva unha vez que constate fidedignamente no 31-12-2006 tal circunstancia o INE. Os correspondentes novos niveis servirán de base para a negociación dos salarios para o ano 2007.

TÍTULO V

Previsión e política social

Artigo 41º.-Formación.

Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense, continuará a potenciar as súas accións de formación destinadas ao conxunto do persoal para o seu perfeccionamento profesional e a súa adaptación permanente ás novas tecnoloxías de produción e aos novos métodos de organización e xestión.

O plan establecido para 2005 e 2006 prevé cubrir as seguinte áreas:

-Automatismos e novas tecnoloxías.

-Organización e métodos.

-Calidade.

-Informática e microinformática.

-Recursos humanos.

-Técnicas específicas do taller.

-Idiomas.

-Prevención de riscos laborais.

-E.S.P.

-I.P.

-Management.

-Ambiente.

-Formacións específicas e outras.

A asistencia aos diferentes cursos virá determinada pola necesidade de proporcionar ao persoal os coñecementos requiridos para un desenvolvemento eficaz das súas funcións e unha correcta adaptación á evolución técnica e organizativa da empresa.

A empresa proporcionará trimestralmente á representación dos traballadores información sobre o grao de cumprimento do plan de formación.

Artigo 42º.-Bolsas de estudo.

Para o ano 2005, a empresa concederá 10.815,07 A destinadas a bolsas de estudo, coa seguinte distribución:

Euros para carreiras superiores.

Euros para carreiras medias.

Euros para BUP e COU.

Euros para estudos EXB+FP 1º e 2º grao.

Euros outros estudos (a criterio da comisión).

No caso de ficaren bolsas de estudos sen conceder, estas serán aplicadas aos fillos dos traballadores.

Para percibir o importe das bolsas de estudo será imprescindible presentar o comprobante da matrícula e a factura dos libros e materiais de ensino para os estudos indicados.

Para a selección de solicitudes crearase unha comisión paritaria composta por catro membros do comité de empresa e catro representantes da dirección, que actuarán segundo as normas que a propia dirección estableza, presidida por un dos representantes da empresa con voto de calidade.

Para o ano 2006, aplicarase o IPC oficialmente previsto máis o 0,50%.

Artigo 43º.-Vivendas.

Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense, mantén o fondo de 76.000 A, para o ano 2005 e 76.000 A, para o ano 2006, como dotación para préstamos destinados á adquisición, construción e reparación de vivenda propia, que se utilice ou se vaia utilizar como domicilio familiar, dando preferencia ás vivendas en réxime de cooperativa ou de iniciativa oficial.

Ao persoal eventual exixiráselle que ao menos teña acreditado un ano de antigüidade ininterrompida na empresa e o aval dun empregado fixo de cadro de persoal.

As características principais destes préstamos serán as seguintes:

-Importe máximo: 6.010,121 A.

-Prazo de devolución: 5 anos.

-Interese: 2%.

A dirección establecerá as diferentes contías dos préstamos en función da situación familiar e as normas para a súa concesión.

Para a concesión dos préstamos crearase unha comisión paritaria composta por dous membros do comité de empresa e dous representantes da dirección, presidida por un dos representantes da empresa con voto de calidade.

Artigo 44º.-Seguro de viaxes.

A empresa manterá os seguros de accidentes que actualmente ten establecidos para o persoal que, por necesidades do servizo teña de desprazarse a unha localidade distinta do seu centro de traballo, sendo os riscos que se cobren os de morte ou invalidez, sendo o capital asegurado o importe de 18.000 A.

Artigo 45º.-Seguro de vida.

A empresa manterá o seguro colectivo de vida que ao seu cargo ten actualmente establecido para todo o persoal do cadro.

O capital asegurado será equivalente ao salario anual, entendendo por tal, se é o caso, o salario convenio, prima de produción e antigüidade, tomando como referencia o nivel salarial do 1 de xaneiro de cada ano.

Para o ano 2005, o capital asegurado será o equivalente ao salario anual evolucionado nun 25%, e garantiranse os riscos alternativos seguintes:

-Morte natural: aboamento do capital asegurado.

-Invalidez permanente total: aboamento do capital asegurado.

-Invalidez permanente absoluta: aboamento do capital asegurado.

-Grande invalidez: aboamento do capital asegurado.

-Morte por accidente: aboamento de dúas veces o capital asegurado.

Para o ano 2005, aboarase un complemento lineal de 12.000 A en caso de morte ou incapacidade derivada de accidente.

Para o ano 2006, aboarase un complemento lineal de 18.000 A en caso de morte ou incapacidade derivada de accidente.

A cobertura deste seguro atinxe a totalidade do cadro de persoal fixa e eventual da empresa en situación de activo, entendendo tamén como tal a situación legal de incapacidade transitoria.

A cobertura asegurada de incapacidade permanente total farase efectiva no momento de causar baixa na cadro de persoal da empresa e do recoñecemento legal de tal situación.

Acórdase, así mesmo, que a súa cobertura se estenda até o máximo previsto no artigo 131.bis 2 da Lei da Seguridade Social, segundo redacción dada pola Lei 42/1994, do 30 de decembro, como situación legal de invalidez provisoria. Para isto é imprescindible que os afectados, no mes de xaneiro de cada ano, informen e xustifiquen ante a empresa as súas circunstancias. Nestes casos os capitais asegurados, manterán o nivel que tiñan no momento de finalización do prazo de incapacidade transitoria.

Artigo 46º.-Mutualidade de previsión social.

A achega da empresa á mutualidade de previsión social, durante a vixencia deste convenio colectivo, fíxase no importe de 1,42 A por cada mutualista pertencente a Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense.

Esta cantidade actualizarase cada ano na porcentaxe que se acorde para o convenio colectivo.

Artigo 47º.-Economato.

Para o ano 2005 aboaráselle a cada traballador/a fixo de cadro de persoal a suma de 257,25 A brutos anuais, máis un complemento de 274,84 A anuais, como compensación pola supresión do economato laboral. Estas cantidades actualizaranse cada ano na porcentaxe de incremento que se acorde para o convenio colectivo.

Para o ano 2006, aplicarase o IPC oficialmente previsto máis o 0,50%.

Artigo 48º.-Prestación complementaria por incapacidade transitoria.

Nas baixas por accidente laboral ocorrido durante o tempo de presenza na fábrica, incluídos os in itinere, a empresa aboará desde o primeiro día de baixa e até o vixésimo día de baixa, ambos inclusive, a diferenza entre as prestacións e demais remuneracións percibidas e o 100% do seu salario real individual.

Ao un tempo, se a baixa o fose por enfermidade ou accidente non laboral, sempre que exista hospitalización do traballador, a empresa aboará desde o primeiro día de hospitalización e até o vixésimo día de baixa, ambos inclusive, a diferenza entre as prestacións e demais remuneracións percibidas, e o 100% do seu salario real individual.

Nos casos de IT por enfermidade común, a empresa aboará ao/á traballador/a o 60% do seu salario nos 3 primeiros días na primeira enfermidade que o mesmo teña en cómputo anual.

Artigo 49º.-Financiamento de vehículos.

Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense, manterá para o ano 2005 o fondo de 30.050,61 A e para o ano 2006 o fondo de 30.050,61 A como dotación para préstamos desti

nados á adquisición de vehículos novos ou usados de fabricación española.

As características principais destes préstamos serán as seguintes:

-Importe máximo: 3.005,061 A.

-Prazo de devolución: 4 anos.

-Xuro: 3%.

Para a concesión dos préstamos terase en conta a situación familiar do solicitante, a súa antigüidade na empresa; dándose preferencia aos traballadores que carezan de vehículo sobre os que o teñan.

Ao persoal eventual exixiráselle que ao menos teña acreditado un ano de antigüidade ininterrompida na empresa e o aval dun empregado fixo do cadro de persoal.

Durante 2005 se creará unha comisión paritaria para a concesión dos préstamos, composta por dous membros representantes do comité e por outros tantos membros representantes da dirección. A comisión estará presidida por un dos representantes da dirección con voto de calidade.

Artigo 50º.-Prevención de riscos laborais.

O comité de seguranza e saúde laboral e a dirección da empresa, serán os encargados de velar polo cumprimento da Lei de prevención de riscos laborais e de calquera outra lexislación nesta materia. Para isto, Faurecia Automotive España, S.A., fábrica de Ourense, proverá os medios precisos ao seu alcance en colaboración cos traballadores, para mellorar a calidade de vida, as condicións de traballo e a formación en materias preventivas de riscos laborais.

A Lei 31/1995, do 8 de decembro, constitúese como a norma básica de actuación para todas as partes implicadas en materia de prevención de riscos laborais e a un tempo manterase como principio de xestión da seguranza en toda a fábrica a integración da prevención de riscos laborais no conxunto de actividades e decisións, con este fin, para todos os sectores e coa colaboración, tanto dos delegados de prevención como dos servizos de prevención, elaborarase un plan anual de prevención.

-Funcións do comité de seguranza e saúde laboral.

O comité entenderá daqueles problemas referentes á seguranza e saúde laboral, como son:

Examinar a frecuencia dos accidentes e enfermidades profesionais, para poder detectar os postos en que se producen e as condicións que os crean, así como coñecer as investigacións realizadas polos técnicos da empresa ao respecto.

Investigar as causas dos accidentes e das enfermidades profesionais producidas na empresa, con obxecto de evitaren uns e outros, e nos casos graves e especiais, practicar as informacións correspondentes.

Solicitar, a través do servizo de seguranza, do persoal directivo, técnico e mandos intermedios da empresa, prohiban ou paralicen, se é o caso, os traballos en que se advirta perigo inminente de accidentes ou doutros sinistros profesionais cando non sexa posible o emprego dos medios adecuados para evitalos.

O comité de seguranza e saúde laboral terá dereito a estar asistido dentro da fábrica polos técnicos do Gabinete Técnico Provincial de Seguranza e Hixiene para o estudo de calquera problema.

Así mesmo, poderá solicitar información sobre procesos, materiais e condicións ambientais relacionados con aqueles postos específicos, cuxo estudo necesite realizar.

-Reunións.

O comité de seguranza e saúde laboral reunirase cada 2 meses para analizar as situacións observadas polos delegados de prevención na fábrica ou sectores dela, especialmente sobre materias de riscos potenciais, equipamentos de protección persoal e prácticas inseguras. E ao mesmo tempo para analizar o grao de cumprimento do plan anual de prevención.

Tamén se poderán reunir por iniciativa, quer da dirección da empresa quer dos delegados de prevención.

-Plan de formación.

O plan de formación da empresa incluirá a formación teórico-práctica necesaria en materia preventiva, tanto en aspectos xerais como específicos do posto de traballo ou funcións a desempeñar. Prestarase especial atención ao persoal de nova incorporación.

Artigo 51º.-Sistema de clasificación profesional.

Consistirá en implantar un novo método de valoración de postos máis sinxelo e adaptado ás novas necesidades e profesionalidade derivada da evolución tecnolóxica.

-Procedemento de evolución profesional do persoal horario.

Farase unha identificación das competencias potenciais de todos os traballadores e desenvolverase o concepto de polivalencia funcional. Enténdese como polivalencia funcional a aptitude para dominar completamente en cantidade e calidade unha etapa lóxica na fabricación dun produto destinado ao automóbil ou dun proceso produtivo.

Enténdese por etapa lóxica na fabricación dun produto destinado ao automóbil o conxunto ordenado e relacionado de tarefas dunha ou varias especialidades propias da técnica de fabricación deles (loxística, control, mantemento, fabricación, etc.).

Enténdese por proceso produtivo un conxunto de operacións de produción que teñen por obxecto obter ou transformar un elemento funcional dun produto destinado ao automóbil (taboleiro de bordo, parachoques, ebanistarías, pezas periféricas, etc.).

-Niveis de polivalencia e a súa equiparación profesional.

1º nivel polivalencia=especialista cualificado 3ª: persoa que domina máis de dous postos dun proceso produtivo ou GAP.

2º nivel polivalencia=especialista cualificado 2ª: persoa que domina todo un proceso produtivo ou GAP e, ademais, é capaz de formar outros operadores no seu GAP.

3º nivel polivalencia=especialista cualificado 1ª: persoa que domina máis dunha GAP ou procesos produtivos de diferente tecnoloxía e capaz de formar outros operadores nas GAP que domina.

-Criterios de aplicación do novo sistema.

Realizada e constatada a identificación das competencias potenciais de todos os especialistas e especialistas cualificados, asignaráselles a categoría provisoria ao nivel de polivalencia que lle corresponda.

Non obstante nos casos en que a categoría profesional actual for superior á que resultase da aplicación deste novo sistema, respectaráselle o nivel retributivo da categoría actual.

-Principios de progresión até especialista cualificado de 1ª.

A progresión profesional até a categoría de especialista cualificado de 1ª baséase no principio da polivalencia funcional. Esta progresión desenvolverase da maneira seguinte:

-A integración en novas funcións levará parella a formación práctica e técnica necesaria.

-A promoción a nivel superior de polivalencia unha vez demostrado o dominio do nivel de polivalencia, en cantidade e calidade.

-Se a calidade, cantidade, nivel de participación, cumprimento de normas de seguranza e capacidade de formación, se é o caso, non foren satisfactorias e non permitiren unha proposta de evolución, as razóns das insuficiencias serán precisadas no curso dunha entrevista co traballador en presenza dalgún representante do comité de empresa, e confirmadas por escrito.

Artigo 52º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará o seu persoal das adecuadas prezas de roupa de traballo. O uso delas será obrigatorio para a estadía dentro da área de planta taller.

Todo o persoal, excepto o administrativo e técnico, percibirá dous equipamentos completos consistentes en dous pantalóns, dous polos ou dúas camisas e dúas cazadoras ou dúas suadeiras.

O persoal administrativo e técnico percibirá dúas batas cada ano ou unha bata e un polo.

O persoal que traballe no exterior ou en zonas en que se alcancen baixas temperaturas, recibirá a roupa de abrigo e de chuvia necesaria.

Nos talleres enque se manipulen graxas, pinturas, ácidos ou outras materias corrosivas, o comité de seguranza e saúde laboral, determinará a dotación adecuada en cantidade e calidade.

Estes equipamentos serán entregados ao inicio da contratación e nos meses de marzo e setembro.

Artigo 53º.-Dereitos sindicais.

-Competencias do comité de empresa.

1. Recibir información, que se lle facilitará trimestralmente, sobre a evolución xeral do sector económico a que pertence.

Así mesmo, ao comité de empresa facilitaráselle en cada reunión ordinaria (reunión trimestral) información sobre situación da produción e vendas da empresa, previsible evolución de contratación de persoal, absentismo e as súas causas, e das sancións impostas por faltas moi graves.

2. Ter a representación colectiva dos traballadores da empresa na negociación do convenio colectivo de empresa.

3. Coñecer a relación de horas extras polos TC 2 de cada traballador que as realice.

4. Coñecer o balance, a conta de resultados, a memoria e os demais documentos que se dean aos accionistas, e nas mesmas condicións que a estes.

5. Coñecer os modelos de contrato escrito que se utilicen na empresa e recibir da dirección copia básica dos contratos de traballo que se asinen, notificación das prórrogas e das liquidacións.

6. Controlar e vixiar as condicións de seguranza e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.

7. Dispor cada un dos membros do crédito de horas mensuais retribuídas legalmente establecido para o exercicio das súas funcións sindicais ou de representación.

Os membros do comité de empresa que pertenzan á mesma central sindical, se o consideran conveniente, poderán acumular as horas mensuais retribuídas que lles correspondan para o desenvolvemento das súas funcións sindicais ou de representación nun ou varios deles.

A vontade de acumular as referidas horas deberá ser comunicada cada mes por escrito ao departamento de persoal con anticipación (mínima de tres días) ao inicio do mes ao cal lle corresponda a acumulación. Na comunicación deberá estar asinada e facer constar de forma expresa e precisa tanto o excedente do crédito horario mensual como o beneficiario da acumulación.

8. Será informado de calquera sanción que se impoña pola dirección da empresa, mesmo nas correspondentes a infracción leve, e con aplicación en todo caso ao previsto no artigo 55.1º do Estatuto dos traballadores.

-Seccións sindicais.

A empresa recoñece o dereito á existencia no seu seo das seccións sindicais, nos termos establecidos na Lei orgánica de liberdade sindical nº 11, do 2 de agosto de 1985.

O delegado sindical, no caso de que conforme o preceptuado no artigo 10 da Lei anteriormente citada corresponda á existencia del, non terán por qué ser membros do comité de empresa.

-Dereitos dos delegados sindicais.

Serán dereitos dos delegados sindicais os seguintes:

1. Asistir ás reunións do comité de empresa, comité de seguranza e hixiene no traballo e comités paritarios de interpretación, con voz e voto.

2. Ter acceso á mesma información e documentación que a empresa teña que pór á disposición do comité de empresa, de acordo co regulado a través da lei, estando obrigados a gardar sixilo profesional nas materias en que legalmente proceda.

3. Ter as mesmas garantías recoñecidas pola lei para os membros do comité de empresa.

4. Ser escoitados pola empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten os traballadores en xeral e os afiliados ao seu sindicato.

5. Ser, así mesmo, informados e oídos pola empresa con carácter previo, acerca dos despedimentos e sancións que afecten aos afiliados ao seu sindicato, cando conste de forma fidedigna á empresa tal condición de afiliado.

6. Recadar cotas dos seus afiliados, manter reunións con estes e repartir propaganda sindical, todo isto fóra das horas de traballo e sen perturbar a actividade normal da empresa.

Aplicarase en todo caso ao réxime establecido no artigo 10.3º 3) da Lei orgánica de liberdade sindical.

En todo o non previsto neste artigo, observarase o disposto na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 54º.-Pago de nóminas e recibos de salarios.

A liquidación das nóminas de todo o persoal levarase a efecto os días 16 do mes seguinte ao que correspondan, cubrindo os quince días de atraso, cunha entrega á conta equivalente a unha quincena teórica, calculada cos valores e horarios do convenio colectivo vixente. A entrega inicial á conta percibiraa o persoal con contrato superior a un ano.

Así mesmo, establécese como recibo individual de salarios o modelo actualmente vixente, salvo que por modificacións ou implantacións de novos sistema de nómina fixeren necesario aplicar outro modelo.

Artigo 55º.-Xubilación forzosa.

Co fin de propiciar a consolidación da empresa e os seus postos de traballo, así como a posibilidade de creación de novos empregos, establécese a xubi

lación obrigatoria á idade de 65 anos. En consecuencia, cumpridos os 65 anos, o/a traballador/a causará baixa no cadro da empresa, salvo que non reúna o tempo mínimo de carencia para causar dereito á pensión de xubilación, caso en que poderá continuar traballando o tempo indispensable para isto.

Artigo 56º.-Xubilación parcial.

Os/as traballadores/as poderanse acoller á xubilación parcial, ao abeiro do artigo 166.2º da Lei da seguridade social, e ao artigo 12.6º do Estatuto de traballadores, unha vez cumpridos os 60 anos de idade, se reúnen as condicións xerais exixidas para causar dereito á pensión contributiva de xubilación, na forma e condicións que se establecen nos números seguintes:

1. O acceso á xubilación parcial terá carácter voluntario tanto para o traballador como para a empresa, a cal, en función do número de solicitantes, do carácter do posto de traballo desenvolvido polo peticionario ou doutras circunstancias de orde económica, produtiva, organizativa ou lexislativa, poderá pospor a solicitude de xubilación parcial que leva asociada a contratación dun revecista, por un tempo máximo de seis meses.

2. A redución de xornada a practicar con aqueles que accedan á xubilación parcial, unha vez aceptada pola empresa a súa solicitude, será o máximo legal permitido, do 85% da xornada anual.

3. A solicitude deberase remitir á empresa cunha anticipación mínima de tres meses á data prevista de xubilación parcial, salvo no caso do persoal técnico, administrativo e profesionais, nos cales o aviso previo será de seis meses.

4. O 15% da xornada que corresponde de traballo efectivo acumularase nos meses inmediatamente seguintes á xubilación parcial e a xornada completa. Aínda cando a empresa poderá optar por retribuír sen exixir a cambio a prestación efectiva de servizos e sen prexuízo da aplicación da seguinte escala de bonificacións:

4.1. Con trinta ou máis anos de antigüidade na empresa, recoñécese unha dispensa absoluta do traballo.

4.2. Con vinte anos de antigüidade na empresa e até vinte e nove, recoñécese unha dispensa do 75% do traballo.

4.3. Con dez anos de antigüidade na empresa e até dezanove, recoñécese unha dispensa do 50% do traballo.

4.4. Todo isto sen prexuízo do acordo a que poida chegar o traballador ou traballadora e a empresa.

5. Até que o traballador ou traballadora xubilados parcialmente cheguen á idade ordinaria de xubilación, a empresa deberá manter un contrato de revezamento nos termos previstos pola lexislación vixente, podéndose concertar con outro traballador en situación de desemprego ou que teña concertado coa empresa un contrato de duración determinada.

6. A implantación, posta en marcha e execución do programa de xubilación parcial será compatible con outras medidas que se poidan adoptar para a adaptación do cadro de persoal do centro de traballo ás previsións do programa de produción. Así mesmo, a contratación temporal baixo a modalidade de revezamento será compatible coas restantes modalidades de contratación temporal actualmente practicadas.

7. Nos casos de discrepancias entre as partes remitirase a cuestión á comisión paritaria, que resolverá no ámbito das súas funcións e no prazo máximo de trinta días.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Regulación subsidiaria.

En todo o non previsto neste convenio e demais normativa de índole xeral, as partes contratantes expresamente conveñen en que o texto da ordenanza de traballo para a industria química, do 24 de xullo de 1974, se aplicará a título de dereito dispositivo en canto estas materias non estean reguladas por normativa expresa.

Segunda.-Vinculación á totalidade.

No suposto de a xurisdición laboral, no exercicio das atribucións que lle son propias, invalidar algún dos pactos do convenio, quedaría este sen efecto, debendo ser reconsiderado de novo na súa totalidade, para o que se deben reunir as partes contratantes a través das súas respectivas comisións negociadoras.

Terceira.-Supostos previos.

Como parte das estipulacións deste convenio colectivo, ambos os contratantes manifestan a súa intención de informar e discutir previamente en reunión conxunta todas aquelas cuestións de incidencia colectiva, que, se for o caso, poidan ser susceptibles de litixio administrativo ou xurisdicional.

ANEXO I

(Anos 2005 e 2006)

A) Relación de complementos non previstos no convenio para os anos 2005/2006:

-Complemento festivo:

Xornada laboral en festivo: 4,5206 A/h.

Xornada laboral en festivo extra: 2,9578 A/h.

-Complemento por descanso en recuperación voluntaria: 4,7200 A/h.

-Correquenda: 0,1237 A/h.

-Complemento de voluntariedade de quenda fixo noite: 1,0512 A/h.

Para o ano 2006 aplicarase o IPC oficialmente previsto máis o 0,50%.

B) Outros acordos:

B1) Para o ano 2005 e 2006 a empresa concederá 3 días de permiso de asistencia a todos os traballadores, a desfrutar colectivamente e relacionado coa bolsa de horas.

B2) Mellora de emprego: ao abeiro do artigo 15 do Estatuto dos traballadores, segundo redacción dada pola Lei 63/1997 e Real decreto 2720/1998, que desenvolve o citado artigo 15 do Estatuto dos traballadores, e con base no principio de contribuír á competitividade da empresa, á mellora de emprego e á redución da temporalidade e rotación deste, chégase aos seguintes acordos:

1. Definición e natureza dos contratos.

Por razón da permanencia ao servizo da empresa, os traballadores clasificaranse en:

-Fixos.

-Interinos.

-Temporais.

1.1. Son traballadores fixos os vinculados á empresa en virtude dun contrato de traballo celebrado por tempo indefinido de forma verbal ou escrita.

1.2. Son traballadores interinos os que substitúen un traballador durante a súa ausencia por causas de enfermidade (IT), servizo militar, prestación social substitutoria e outras de natureza análoga que obriguen á empresa a reservar a súa praza ausente.

1.3. Son traballadores temporais os vinculados á empresa por un contrato de duración determinada de natureza conxuntural, estrutural ou formativa.

Os contratos de duración determinada por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos poderán ter unha duración máxima de 9 meses, dentro dun período de 12 meses, contados a partir do momento en que se produzan estas causas, todo isto por remisión expresa ao convenio xeral da industria química.

Os contratos de duración determinada para a realización dunha obra ou servizo determinado, unha vez identificados os sectores con substantividade propia no ámbito da empresa, acórdase que sexan de aplicación aos traballadores que desenvolvan a súa actividade nas áreas relacionadas cos vehículos X84 de Renault e M59, C15 ou N68 de Citroën ou calquera outro vehículo que no transcurso da vixencia deste convenio se puider implantar.

Ambas as partes se comprometen a fixar anualmente os criterios xerais relativos á adecuada relación entre o volume destas dúas modalidades contractuais e o cadro de persoal total da empresa, en atención ao carácter estacional, conxuntural ou estrutural da actividade en que estas circunstancias se poidan producir, co obxecto de poder levar a cabo unha mellor adecuación dos recursos humanos á produtividade da fábrica.

No suposto de que algunha autoridade invalide a cláusula do convenio xeral da industria química a que se fixo remisión, o número 1.3 referente a contratos de duración determinada por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos quedará sen efecto.

Ourense, 22 de abril de 2005.