DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Venres, 21 de outubro de 2005 Páx. 17.058

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 7 de outubro de 2005 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións editadas pola Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

En virtude do Decreto 211/2005, do 3 de agosto, estableceuse a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Así mesmo, a través dos decretos 232/2005, do 18 de agosto de 454/2005, do 1 de setembro, fíxase a estrutura orgánica dos seus departamentos e, no seu artigo 1, a estrutura básica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, departamento que asume as competencias da extinta Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e, polo tanto, sobre as materias que constitúen o contido das publicacións relacionadas nesta orde.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Así, para cumprir o mandado da Lei 6/2003, do 9 de decembro, e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, no uso das atribucións establecidas na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2005.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

ANEXO

-10ª Xuntanza de novos investigadores: 10 A.-Protección da familia, infancia e menores (4ª edición actualizada) (Serie lexislativa. Colección Sociedade e Familia): 11 A.-Multiplicamos para a igualdade: 1,50 A.-A formación para a integración laboral no antigo reformatorio de Oseira (1936-1960): 8 A.